![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1903![]() Wakefield, Reino Unido ![]() |
Morte | 20 de maio de 1975![]() St Ives, Reino Unido(pt) ![]() ![]() |
Grupo étnico | Pobo británico![]() |
Educación | Royal College of Art(pt)![]() Leeds Arts University(en) ![]() Wakefield Girls' High School(en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura![]() |
Lugar de traballo | Leeds(en)![]() Hampstead Carbis Bay(en) ![]() Roma Londres St Ives(pt) ![]() ![]() |
Ocupación | escultora, fotógrafa, artista, debuxante, pintora, artista visual![]() |
Período de actividade | 1924![]() ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta earte pública![]() |
Movemento | Modernismo catalán![]() |
Representante | Pace Gallery(en)![]() ![]() |
Participou en | |
11 de xullo de 1959 | Documenta II(en)![]() |
16 de xullo de 1955 | documenta(en)![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ben Nicholson(1938–1951) John Skeaping(1924–1933) ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih,![]() Concise Dictionary of Women Artists(en) ![]() A Historical Dictionary of British Women, (p.214) ![]() |
Sitio web | barbarahepworth.org.uk![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dame Jocelyn Barbara HepworthDBE, nada enWakefield o10 de xaneiro de1930 e finada enSt Ives o20 de maio de1975 foi unha escultora e artistainglesa. A súa obra é un exemplo domodernismo e particularmente aescultura moderna. Foi unha das poucas artistas femininas da súa xeración que acadou prominencia internacional.[1] Xunto con artistas comoBen Nicholson eNaum Gabo, Hepworth foi unha figura líder da colonia de artistas que residía enSt Ives durante asegunda guerra mundial.
Jocelyn Barbara Hepworth naceu en 1903 enWakefield,West Riding of Yorkshire, como a filla máis vella de Gertrude eHerbert Hepworth.[2] O seu pai era enxeñeiro civil para West Riding County Council, e en 1921 converteuse en County Surveyor.[2] Hepworth asistiu áWakefield Girls' High School, onde recibiu premios de música aos doce anos, como indica Sophie Bowness en "Rhythm of the Stones: Barbara Hepworth and Music"[3][4] e gañou unhabolsa para estudar enLeeds School of Art a partir de 1920. Foi alí onde coñeceu ao seu compañeiroHenry Moore.[2] Fixéronse amigos e trabaron unha rivalidade amistosa que durou moitos anos. Hepworth foi a primeira que esculpiu as figuras furadas características da obra de ambos. Eles lideraron o camiño ao modernismo en escultura.
A pesar de intentar gañar unha posición nun ambiente dominado polos varóns,[5] Hepworth logrou unha bolsa para asistir áRoyal College of Art (RCA) de Londres, onde estudou dende 1921 ata que obtivo o seu diploma en 1924.[6]
Tralos seus estudos en RCA, Hepworth viaxou aFlorencia en 1921, cunha bolsa deWest Riding.[1] Hepworth tamén foi finalista doPrix-de-Rome, que gañou o escultorJohn Skeaping.[1] Logo de viaxar con el a Siena e Roma, ambos casaron o 13 de maio de 1925 en Florencia.[2] En Italia, Hepworth aprendeu a tallar omármore con Giovanni Ardini.[2] Hepworth e o seu home volveron a Londres en 1926, exhibindo as súas obras no seu piso.[2] En 1929 naceu en Londres o seu fillo Paul.[1]
Os seus primeiros traballos estaban interesados na abstracción e os movementos artísticos do continente. En 1933, viaxou conBen Nicholson a Francia, onde visitaron os estudos deJean Arp,Pablo Picasso eConstantin Brâncuşi.[2] Hepworth involucrouse máis tarde no movemento artístico con base en París,Abstraction-Création.<[7] En 1933, cofundou o movementoUnit One con Nicholson ePaul Nash, o críticoHerbert Read e o arquitectoWells Coates.[8] O movemento buscaba unificarsurrealismo eabstracción na arte británica.[8]
Hepworth tamén axudou a dar a coñecer artistas continentais entre o público británico. En 1937 fixo o deseño deCircle: An International Survey of Constructivist Art, libro de 300 páxinas sobre os artistasconstrutivistas publicado en Londres e editado por Nicholson,Naum Gabo eLeslie Martin.[9]
Hepworth casou con Nicholson o 17 de novembro de 1938 no rexistro deHampstead, ao norte de Londres, despois de que este se divorciase da súa esposaWinifred.[10] A parella tivotrixéminos en 1934, Rachel, Sarah e Simon. Rachel eSimon convertéronse tamén en artistas. A parella divorciouse en 1951.[11]
Hepworth, Nicholson e os seus tres fillos foron a vivir aCornualla co inicio dasegunda guerra mundial en 1939.[12] Hepworth viviu nos estudios de Trewyn enSt Ives dende 1949 ata a súa morte en 1975.[12] Dixo que "descubrir o estudio de Trewyn foi unha espicie de maxia. Aquí había un estudio, un patio e un xardín onde podía traballar ao aire libre e espazo".[12] St Ives convertérase nun refuxio para moitos artistas durante a guerra. O 8 de febreiro de 1949, Hepworth e Nicholson cofundaron aPenwith Society of Arts en Castle Inn; dezanove artistas foron membros fundadores, incluíndoPeter Lanyon eBernard Leach.[13]
Hepworth foi tamén unha debuxante habilidosa. Despois de que a súa filla Sarah fose hospitalizada en 1944, trabou amizade co cirurxián Norman Capener.[14] Por invitación de Capener, asistiu a procementos cirúrxicos e entre 1947 e 1949 creou preto de oitenta debuxos de salas de operacións en xiz, tinta e lapis.[14][15] Hepworth estaba fascinada polas semellanzas entre cirurxiáns e artitas, afirmando: "Hai, paréceme, unha afinidade próxima entre o traballo e a estratexia dos médicos e os cirurxiáns, e os pintores e escultores".[14]
En 1950, a obra de Hepworth foi exhibida no pavillón británico da XXVBienal de Venecia[2] xunto con traballos deMatthew Smith eJohn Constable.[16] A Bienal de 1950 foi a última en que se exhibiron artistas contemporáneos británicos xunto con artistas do pasado.[16] Dous encargos públicos,Contrapunctal Forms eTurning Forms, se expuxeron noFestival of Britain de 1951.
Durante este período, Hepworth cambiou de traballar só en pedra e madeira para traballar tamén con bronce e arxila.[12] Hepworth empregou habitualmente o seu xardín en St Ives, que deseñou co seu amigo o compositorPriaulx Rainier, para ver os bronces de grande escala.[12]
O seu fillo máis vello, Paul, faleceu o 13 de febreiro de 1953 nun accidente de avión mentres servía naRoyal Air Force en Tailandia.[17] Na igrexa parroquial de St Ives existe un memorial na súa memoria,Madonna and Child.[18]
Agotada, en parte pola morte do seu fillo, Hepworth viaxou a Grecia coa súa amigaMargaret Gardiner en agosto de 1954.[17] VisitaronAtenas,Delfos e moitas illas do Exeo.[17]
Cando Hepworth volveu a St Ives, descubriu que Gardiner lle enviara un gran cargamento de madeira deguarea nixeriana.[17] A pesar de que só recibiu un tronco, Hepworth viu que a carga dende Nixeria ata os peiraos de Tilbury era de dezasete toneladas.[17] Entre 1954 e 1956 Hepworth esculpiu seis pezas coa madeira de guarea, moitas delas inspiradas pola súa viaxe a Grecia, como "Corinthos" (1954) e "Curved Form (Delphi)" (1955).[17]
A artista incrementou enormemente o espazo do seu estudio cando adquiriu o Palais de Danse, estudio de cinema e danza ao outro lado da rúa en Trewyn en 1960. Empregou este novo espazo para traballar en encargos a grande escala.[19]
Hepworth tamén experimentou coalitografía ao final da súa carreira. Creou dúas series litográficas coa Curwen Gallery e o seu director Stanley Jones, unha en 1969 e outra en 1971.[20] A primeira titulouse "The Aegean Suite" (1971) e estaba inspirada pola viaxe a Grecia en 1954 conMargaret Gardiner.[21] A artista tamén creou unha serie de litografías titulada "Opposing Forms" (1970) coaMarlborough Fine Art de Londres.[21]
Barbara Hepworth faleceu nun incendio accidental no seu estudio de Trewyn o 20 de maio de 1975 aos 72 anos.[22]
Hepworth recibiu en 1959 o Grand Prix da Bienal de São Paulo.[1] Tamén recibiu o premio Freedon de St Ives en 1968 como recoñecemento das súas fundamentais contribucións á cidade.[1] Recibiu graos honoríficos de Birmingham (1960), Leeds (1961), Exeter (1966), Oxford (1968), Londres (1970) e Manchester (1971).[10] Foi nomeada CBE en 1958 e DBE en 1965.[10] En 1973 foi elixida membro honoraria daAmerican Academy of Arts and Letters.[23]
Trala súa morte, o seu fogar e estudio en St Ives converteuse noBarbara Hepworth Museum, que dende 1980 está baixo control daTate.[1]
En 2011 abriuThe Hepworth Wakefield no seu fogar deWakefield. O museo foi deseñado polo arquitectoDavid Chipperfield.[24]
En xaneiro de 2015 anunciouse que aTate Britain ía organizar a primeira grande exposición en Londres da obra de Hepworth dende 1968. Traería máis de 70 das súas obras, incluíndo as principais tallas e bronces polas que é célebre. Incluiría tamén fotografías inéditas do arquivo de Hepworth, como un autorretrato enfotograma creado na década de 1930 ecollages fotográficos experimentais.[25]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbara Hepworth![]() |