O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte conOurense. O seu principal núcleo éA Valenzá, vila dormitorio de Ourense. Cara ao norte está orío Miño, ao que se dirixe orío Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.
No monte da Piteira (480 m) realizáronse en1974 unhas escavacións arqueolóxicas nas que se atoparon restos de asentamentos dopaleolítico. NoMuseo de Ourense consérvanse restos de cantos rodados de cuarcita, sílex, cuarzo, coitelos de dorso e útiles para a caza.
Durante acultura castrexa a zona estaba habitada poloscoelernos. Nocastro de Trelle (635 m) atopouse un brazalete de finais daidade de bronce, conservado noMuseo de Lugo. No monte Nondedeu, no lugar das Pipileiras, atopouse un brazalete similar, estando os dous decorados con motivos triangulares e reticulados feitos mediante excisións. Outro poboado da época é o Castro de Louredo.
Tralaromanización de Galicia abandonáronse os castros e habitáronse zonas de chaira máis próximas ao río Miño. Na aldea de Loiro atopáronse restos dunhavillae, como tellas e moedas.
Na Cova do Lobo asentáronse os construtores da primitiva capela visigótiga de Barbadás. Omosteiro de Celanova, fundado no ano936, tivo forte influencia nestas terras. No ano 1110 construíuse a igrexa de San Martiño de Loiro, de estilo románico. No ano 1113 a zona pasou a estar baixo o señorío dadiocese de Ourense. No ano 1133 o reiAfonso VII de León concedeu ao monte Louredo un castelo e o seu coto, e a vila de Loiro ao bispo Martiño.
En 1348 Barbadás viuse afectada polapeste negra, chegada dende o porto deBaiona. Isto, xunto coas guerras civís e os enfrontamentos entre nobres e a poboación campesiña e mercadores, provoca unha forte crise.
AGran Guerra Irmandiña provocou o derribo do Castelo Ramiro entre os anos 1467 e 1469. Entre 1486 e 1507 houbo un gran preito entre a cidade de Ourense e a veciñanza da zona pola Barca de Lagar Queimado. Se ben o xuíz Sancho Ruíz de Villegas mandou inutilizar a barca, continuou navegando polo río.
No ano 1820 constituíuse o concello da Valenzá, pertencente ao partido xudicial de Ourense. TralaDivisión territorial de España en 1833 o municipio de Sobrado do Bispo intégrase no da Valenzá, que en 1851 pasa a denominarse Barbadás.
Santa María de Sobrado do Bispo.San Martiño de Loiro.San Lourenzo de Piñor.
Aigrexa de Santa María de Sobrado do Bispo é un templo de orixe románica. No exterior ten grandes contrafortes e ménsulas no tellado. Na portada lateral ten un arco apuntado de transición ao gótico, coroado por unha arquivolta de bólas. No interior hai un retablo barroco. Nesta mesma parroquia está acapela de San Xoán, de estilo neogótico.
Aigrexa de San Martiño de Loiro foi construída en 1110 e modificada posteriormente. Da primeira etapa conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica. Ten dúas portas laterais, e na fachada principal unha porta con arquivoltas e tres mediacanas rodeando o tímpano, que ten unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz. Sobre ela hai unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas. Na cuberta da nave hai unha cruz, e no testeiro da ábsida unAgnus Dei.
Aermida de San Bieito, na Cova do Lobo, é un pequeno templo, onde se celebra unha romaría.
Aigrexa de San Bernabeu da Valenzá construíuse en 1576, trala epidemia que asolagou a zona entre 1569 e 1571. Ten unha capela pegada, mandada construír en 1584 polo capitán Tomé Rodríguez Punxín, retornado das Indias.
Aigrexa de San Lourenzo de Piñor é do século XVI. A fachada está flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por un fornelo coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un deseño renacentista, e o acceso ao templo faise mediante unha grande escalinata barroca. O campanario está coroado cunha balaustrada.
Opazo de Bentraces foi construído no século XV como residencia episcopal do mosteiro de Celanova. A familia portuguesa Soarez Tanxil transformouno en casa señorial. Da primeira época consérvase a área que une as tres edificacións actuais.
Opazo de Piñor é do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina con ampla balaustrada barroca. Ten dúas edificacións anexas de dúas alturas, a máis moderna de planta rectangular. Dispón dunha capela próxima o edificio. A leira está rodeada por un muro de pedra.
Acapela de San Amaro, en Barbadás, ten unpeto de ánimas.
↑Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M. Castro Figueiras; Mª Cristina Rodríguez Ricart.Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo.ISBN 978-84-8158-696-1