Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Banja Luka

Coord.:44°46′21″N17°11′33″L / 44.7725,17.1925
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2016.)
Modelo:Xeografía políticaBanja Luka
Бања Лука (sr)Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 44°46′21″N17°11′33″L / 44.7725,17.1925
EstadoBosnia e Hercegovina
Entidade territorial administrativaRepública SerbiaEditar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación185.042(2013)Editar o valor en Wikidata (149,36hab./km²)
Xeografía
Superficie1.238,89 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude163 mEditar o valor en Wikidata
Creación6 de febreiro de 1494Editar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataDraško Stanivuković(2020–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal78000Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico051Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Hakkâri
Focșani(pt)Traducir
Graz
Concello de Västerås
Sremska Mitrovica(pt)Traducir
Kranj(pt)Traducir(1965–)
Patras(1995–)
Moscova(2003–)
Kaiserslautern(2003–)
Belgrado(2003–)
Lviv(2004–)
Novi Sad(2006–)
Bari(2007–)
Bitonto(pt)Traducir(2008–)
Modi'in-Maccabim-Re'ut(pt)Traducir(2010–)
Campobasso(2010–)
Nizhnii Novgorod(2021–)Editar o valor en Wikidata

Sitio webbanjaluka.rs.baEditar o valor en Wikidata

Banja Luka é a segunda cidade deBosnia e Hercegovina cunha poboación de 196 500 habitantes. É tamén a capital daRepública Serbia e o principal centro da rexión coñecida comoBosanska Krajina. A cidade localízase no noroeste de Bosnia, na ribeira dorío Vrbas.

Historia

[editar |editar a fonte]

Hai evidencias da presenza romana na rexión durante os primeiros séculos da nosa era, e mesmo un antigo forte no centro da cidade. Os eslavos asentáronse na rexión noséculo VII e a primeira mención á cidade data de1494. Durante o goberno otomán Banja Luka foi a capital da provincia de Bosnia, e a fins doséculo XVI a cidade desenvolveuse enormemente grazas a Ferhat Pasa Sokolovic, que posibilitou que Banja Luka se convertese nun dos centros comerciais e políticos de Bosnia, no século XIX produciuse unha forte emigración serbia nos arredores, pero a cidade permaneceu sendo de maioría musulmá.

A ocupación austríaca supuxo a occidentalización e industrialización de Banja Luka e ao se formarIugoslavia a cidade converteuse no centro da provincia de Vrbas. Durante asegunda guerra mundial, o réximeUstasha crota ocupou Banja Luka, os xudeus sefardís foron deportados aos campos de concentración deJasenovac eStara Gradiska, e o7 de febreiro de1942 os ustashas mataron a 2 500 serbios en Drakulici, Motike e Sargovac (localidades do concello de Banja Luka). En1969 a cidade foi devastada por un sismo que destruíu moitos edificios.

Logo do establecemento da República Serbia, Banja Luka converteuse de facto no centro da entidade (oficialmente en 2003). Calcúlanse en 70 000 os croatas e bosníacos que tiveron que deixar o municipio entre 1992 e 1995 como parte da limpeza étnica que sufriu a República Serbia, ademais moitos serbios opostos á guerra e á política da República Serbia tamén tiveron que marchar da cidade. As 16 mesquitas da cidade, que databan do século XV e XVI, destruíronse na guerra e aínda non se reconstruíron, en parte pola oposición dunha parte dos serbios.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Banja Luka ocupa uns 96,2 km² na parte noroeste de Bosnia, norío Vrbas. A media de altitude da cidade é de 163m por riba do nivel do mar, e está rodeada de outeiros.

Parque en Banja Luka.

O nacemento do río Vrbas atópase a uns 90 km máis cara ó sur, e os afluentes Suturlija, Crkvena e Vrbanja mestúranse con este río en Bania Luka.

A zona que rodea a cidade componse debosque, ademais hai importantes montañas un pouco máis lonxe. Banja Luka está construída no valhomónimo, que se atopa nunha zona de transición entre montañas altas e baixas. Os cumios máis importantes son Manjača (1 214 metros), Čemernica (1 338 metros) e Tisovac (1 172 metros). Todos eles forman parte dosAlpes Dináricos.

Clima

[editar |editar a fonte]

Banja Luka posúe unclima continental, coninvernos fríos everáns cálidos. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 21,3 Cº, mentres que as temperaturas máis baixas son en xaneiro, cunha media duns 0,8 Cº.

Asprecipitacións anuais en Banja Luka son de 988 mm. Esta cidade ten unha media de 143 días chuviosos ó ano. Por mor da altalatitude na que se atopa, neva varias veces tódolos anos. Padece de fortes ventos procedentes do norte e do nordeste.

Cidades irmás

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Banja LukaModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Banja_Luka&oldid=6638082»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp