Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bangladesh

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:24°01′N89°52′L / 24.02,89.87
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaBangladesh
গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ (bn)
বাংলাদেশ (bn)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna

HimnoAmar Sonar BanglaEditar o valor en Wikidata

Lema«Bangladesh Godidog»Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialNymphaea nouchali (flor nacional)Editar o valor en Wikidata
Epónimolingua bengalíEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 24°01′N89°52′L / 24.02,89.87
CapitalDaccaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Barisal(pt)Traducir(1993–)
Chittagong
Dhaka(pt)Traducir
Khulna(pt)Traducir
Mymensingh(pt)Traducir(2015–)
Rajshahi(pt)Traducir
Rangpur(pt)Traducir(2010–)
Sylhet(pt)Traducir(1995–)Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación171.466.990(2023)Editar o valor en Wikidata (1.161,94hab./km²)
Lingua oficiallingua bengalíEditar o valor en Wikidata
RelixiónislamEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie147.570 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de BengalaEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMowdok Mual(pt)Traducir (1.054 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoGolfo de Bengala (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación26 de marzo de 1971Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoSistema Westminster(pt)Traducir
República parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataMohammad Shahabuddin(pt)Traducir(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Bangladesh(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataMuhammad Yunus(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoJatiya Sangsad(en)Traducir ,(Escano: 350)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court BangladeshEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal416.264.802.185 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Moedataka(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bd e.বাংলাEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+880Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999Editar o valor en Wikidata
Código de paísBDEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbangladesh.gov.bdEditar o valor en Wikidata
Youtube: UCdf7GabtLtI8a6Gu2clXdHwBNE: XX453080Editar o valor en Wikidata
Este artigo amosaletras bengalís. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Bangladesh[1] ouBangladés[2] (enbengalí: বাংলাদেশ), formalmenteRepública Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশGônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado daAsia Meridional, localizado no fértildelta do Ganxes. Fai fronteira coaRepública da India polo norte, oeste e leste, conMyanmar polo sueste e coGolfo de Bengala polo sur. Está separado doNepal e deBután polo territorio indio coñecido comoCorredor de Siliguri. Xunto co estado indio deBengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística deBengala. O nome deBangladesh significa "País de Bengala" enlingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitadas durante aPartición de Bengala e aIndia británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado dePaquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, onacionalismo e adesobediencia civil conduciron áGuerra de Liberación de Bangladesh en 1971, que resultou na separación eindependencia mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unhademocracia multipartidista secular. O país enfrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.[3]

Bangladesh é unharepública parlamentaria cun parlamento electo chamadoJatiyo Sangshad. Cunha poboación de máis de160 millóns de persoas nun territorio de 147 570 km², Bangladesh é ooitavo país do mundo máis poboado, así como o estado máis densamente poboado do planeta. Osbengalís son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un ricopatrimonio cultural. As catro meirandes relixións do país son oislam (89%), ohinduísmo (9%), obudismo (1%) e ocristianismo (0.5%).

Bangladesh é considerada unhaeconomía dos próximos once. De acordo coasNacións Unidas no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables.[4][5][6] A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades comoDacca eChittagong foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o país continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ócambio climático.

Bangladesh é un pioneiro e membro fundador deASACR. É o maior contribuidor do mundo dasForzas da paz das Nacións Unidas. É membro doD-8, doBIMSTEC e daCommonwealth, daOrganización da Conferencia Islámica, doMovemento de Países Non Aliñados e doG-77.

Historia

[editar |editar a fonte]

Antigüidade

[editar |editar a fonte]
A rexión era coñecida polos antigos gregos e romanos comoGangaridai (Nación do Ganxes), e así aparece noMapamundi de Ptolemeo.
Antiga Somapura, patrimonio da humanidade da UNESCO no norte de Bangladesh.
EmperadorAkbar celebrando a vitoriaMughal en Bengala.
Mesquita do sesenta piares, parte daCidade mesquita de Bagerhat, patrimonio da humanidade da UNESCO.

Os restos decivilización na gran rexión deBengala datan de hai catro mil anos, cando a rexión estaba habitada polos antigos polos pobosdravídicos,indoarios, tibetobirmanos e austrasiáticos. A orixe exacta da palabra "Bangla" ou "Bengala" é incerta, mais pénsase que podería proceder deBang/Vanga, a tribo dravídica que se asentou nesta área no -1000.[7][8]

A rexión era coñecida polosantigos gregos eromanos comoGangaridai, ou "Nación do Ganxes". A historia antiga de Bengala está protagonizada por numerosascidade estado, oujanapadas, como Vanga,Samatata ePundravardhana. OImperio Mauryan liderado porAśoka conquistou Bengala noséculo II, e a rexión foi absorbida no goberno das sucesivas dinastíasMagadha durante varios séculos. Após o colapso do Imperio Magadha, un líder local chamadoShashanka acadou o poder e fundou un poderoso pero efémero reino. Logo dun período deanarquía, a dinastía bengalí e budistaPala gobernou a rexión durante catrocentos anos, seguida pola hindúDinastía Sena.

Oislam foi introducido na rexión de Bengala noséculo VIII polos mercadores árabes e os misioneirossufís, e a subsecuente conquista musulmá de Bengala noséculo XII axudou a espallar o islam na rexión.[9]Bakhtiar Khilji, un xeneral turco, derrotou aLakshman Sen da Dinastía Sena e conquistou grandes anacos de Bengal no ano 1204. A rexión foi gobernada poloSultanato de Bengala e a confederación Baro-Bhuiyan durante os seguintes séculos. Noséculo XVI, oImperio Mughal fíxose con Bengala, eDacca converteuse nun importante centro da administración provincial Mughal.

Os xeógrafos medievais europeos situaron oparaíso na desenbocadura doGanxes, e malia que isto non era certo, Bengala foi probablemente a máis rica parte do subcontinente ata oséculo XVI. A partir de 1517, os comerciantesportugueses de Goa foron atravesando o mar cara a Bengala. Só en 1537 lles foi permitido asentarse e ter as aduanas abertas en Chittagong. En 1577, o emperador MughalAkbar permitiu ós portugueses construír asentamentos permanentes e igrexas.[10] A influencia dos comerciantes europeos medrou ata que aCompañía Británica das Indias Orientais gañou o control de Bengala coaBatalla de Plassey en 1757.[11] A sangueta rebelión de 1857, coñecida comoRebelión india, motivou a transferencia da autoridade á Coroa, cun vicerrei británico que gobernase a administración.[12] Durante o control colonial, a fame asolou aAsia Meridional varias veces, como aGran fame bengalí de 1943 que acabou con 3 millóns de vidas.[13]

OImperio Maratha, un imperio hindú que invadiu ósmogois noséculo XVIII, devastou os territorios controlados polos Nawab de Bengala entre 1742 e 1751. Nunha serie de ataques a Bengala e Bihar, logo controladas polos Nawab, os Maratha acabaron coa economía bengalí, que non foi quen de resistir o seu embate continuo. Nawab Ali Vardi Khan fixo a paz conMaratha mediante a cesión de Orissa e parte deBengala Occidental ó imperio. Ademais, unimposto – oChauth, que ascendía a unha cuarta parte dos ingresos totais – foi aplicado en parte de Bengala e Bihar. Este imposto ascendía a vintelakhs para Bengala e doce lakhs para Bihar por ano.[14][15] Despois da derrota Maratha en Panipat por unha coalición de forzas musulmás, o imperio volveu estar baixo o control do xeneral Maratha Madhoji Sindhia e invadiron Bengala outra vez. OImperio Británico acabou co pagamento do Chauth invadindo o territorio de Bengala na década de 1760. Os ataques continuaron ata que os Maratha foron finalmente derrotados polos británicos despois dasGuerras Anglo-Maratha, entre 1777 e 1818.

Século XX

[editar |editar a fonte]
Estudantes daUniversidade de Dacca durante oMovemento pola lingua bengalí.

Os comerciantes europeos chegaron no fin doséculo XV e finalmente aCompañía Británica das Indias Orientais dominou a rexión no final doséculo XVIII, a partir de onde os británicos estenderon o seu dominio sobre toda aIndia. Cando a independencia india foi alcanzada en1947, motivacións políticas de orixe relixiosa causaron a división da rexión de Bengala entre oPaquistán musulmán e a India hindú.

Despois da independencia, Bengala foi dividida entre os dous novos países: a parte leste chamadaBengala Oriental, correspondente ao actual Bangladesh, e a parte oeste, que é o estado indio da Bengala Occidental. A abolición do sistema Zamidari (que dividía a sociedade en señores propietarios dos bens e terras, e plebeos) na Bengala Oriental en1950, foi o maior marco no movemento para levar ao “Estado Popular”. O Movemento da Lingua de1952 estableceu o dereito da comunidade bengalí a falar a súa propia lingua. Paga a pena mencionar a importancia dese movemento, por ter sido a única revolución feita apenas para preservar o dereito á lingua nai, e por esta razón, aUNESCO recoñeceu o día 21 de febreiro como o día internacional da lingua nai. En 1955, o goberno do Paquistán mudou o nome da provincia de Bengala Oriental paraPaquistán Oriental.

Paquistán Oriental era dominado e desprezado polo Paquistán Occidental, que compuña o resto do Paquistán (Punxab Occidental,Sindh, Baluquistán e a Provincia da Fronteira Noroeste). A frecuente explotación da poboación maioritaria bengalí por unha minoría non bengalí irritou o pobo de ambos os lados do Paquistán. A tensión chega ao máximo en1971 cando, despois da divulgación do resultado das eleccións, que daba a maioría esmagadora do parlamento á Liga Awami (167 dos 169 asentos reservados ao Paquistán Oriental), o presidente paquistaní Yahya Khan rexeitou aceptar o resultado.

Baixo o liderado de Sheikh Mujibur Rahman, tamén coñecido comoBongobondhu (amigo de Bengala), Bangladesh comeza a súa loita pola independencia. O ataque do exército paquistaní no 25 de marzo de 1971 sobre os civís bengalís foi un dos máis sanguentos xenocidios en tempos recentes. Practicamente toda a elite intelectual bengalí foi eliminada. Debido ao esforzo do Paquistán Occidental en manter o país libre de xornalistas estranxeiros, os números precisos do xenocidio son difíciles de conseguir, mais estímase en 50 000 o número de mortos nos primeiros tres días da entón chamada “Operación Holofote” do exército paquistaní. Máis de dez millóns de bengalís fuxiron para a veciña India.

A guerra da liberación de Bangladesh tivo lugar durante aguerra fría. OsEstados Unidos e mailaChina, ao consideraren a guerra un asunto interno de Paquistán, preferiron apoiar o Paquistán Occidental. Por outra banda, aIndia, aUnión Soviética, oXapón e os países occidentais demostraron solidariedade con Bangladesh. Para gañar vantaxe sobre o eixe China-Estados Unidos-Paquistán, o Tratado de Amizade Indo-Soviético foi asinado o 9 de agosto do 1971.

A India, debido á súa localización xeográfica e ao seu antagonismo militar co Paquistán, apoiou vehementemente a guerra da liberación, especialmente despois de que a URSS tamén apoiase a causa. Estratexicamente, a independencia de Bangladesh significaría un punto menos de ataque do Paquistán á India. Certamente o goberno rexional daría apoio ás terras dos grupos étnicos. O 27 de marzo do1971, a primeira ministra daIndiaIndira Gāndhi, expresou total apoio á loita bengalí pola liberdade. A fronteira Bangladesh-India foi aberta. Os gobernos dos estados indios deBengala Occidental,Bihar,Assam, Meghalaya e Tripura estableceron campos de refuxiados ao longo da fronteira. Eses campos volvéronse de inmediato lugares de recrutamento para combatentes na loita pola liberación bengalí. O cuartel xeral das forzas de Bangladesh foi establecido enCalcuta, comezando a funcionar o 12 de abril de 1971. O tenente coronel M. A. Rab e o capitán A. K. Khandaker foron designados como Xefe e Vice-Xefe respectivamente.

Durante a guerra, baixo severa oposición do goberno do Paquistán, aBBC continuou a cobertura a través da radio BBC Bangla no sur daAsia. Entre os esforzos internacionais para aumentar a concienciación houbo o “Concerto para Bangladesh” promovido polo ex-BeatleGeorge Harison.

Sheikh Mujibur Rahman, identificado como o influenciador máis carismático dos bengalís, foi preso polo goberno paquistaní. Antes de ser preso, fixo unha declaración formal de independencia o 26 de marzo. Desde entón o26 de marzo é considerado o día da independencia de Bangladesh. Primeiro M. A. Hannan o 26 de marzo e deseguido o 27 de marzo Ziaur Rahman, entón maior do exército, que se tornaría despois presidente, declaran a independencia de Bangladesh en nome do Pai da NaciónBongobondhu (Sheikh Mujibur Rahman), usando un transmisor de radio temporal en Kalurghat próximo ao porto da cidade deChittagong (aínda que algunhas persoas de Bangladesh, particularmente os membros do Partido Nacionalista de Bangladesh dixesen que Sheikh Mujibur Rahman foi quen declarou a independencia de Bangladesh primeiro). Coa axuda dos oficiais bengalís do exército, o apoio humanitario de civís e militares da India, Bangladesh rapidamente formou oMukti Bahini (Combatentes da Liberdade), un grupo armado. Alén dos perturbadores ataques ao exército paquistaní residente, o Mukti Bahini deu apoio de intelixencia local ás tres unidades tácticas de 80 000 soldados do exército indio que atacaron o exército paquistaní de ocupación no comezo de decembro de 1971. O tenente xeneral A. A. K. Niazi, do exército paquistaní, rendeuse ao exército indio o 16 de decembro de 1971. A India fixo 93 000 prisioneiros de guerra que foron mantidos en campos na India para evitar a furia da poboación de Bangladesh. A nova nación de Bangladesh fíxose efectiva e Sheikh Mujibur Rahman, preso polo Paquistán en marzo, retornou triunfalmente para ser o primeiro ministro da nación. A India retirou as súas tropas de Bangladesh tres meses despois do final da guerra. O Paquistán, axudado por partidarios en Bangladesh, cometeu crimes de guerra antes e durante o conflito e as lembranzas do horror entre os bengalís non cicatrizaron ata hoxe.

Sheikh Mujibur Rahman converteuse despois presidente de Bangladesh. El, xunto coa maioría da súa familia, foi masacrado por un grupo de oficiais do exército decepcionados co goberno o 15 de agosto de1975. Despois da súa morte, o Maior Xeneral Khaled Mosharraf conduciu un golpe militar o 3 de novembro de 1975. Khaled Mosharraf foi asasinado nun contragolpe o 7 de novembro de1975, en Dhaka, levando ao Xeneral Ziaur Rahman ao poder. El enseguida gañaría a Presidencia. Mais en1981, Ziaur Rahman morreu noutro golpe, en Chittagong. En1982 o XeneralHosain Mohammad Ershad conduciu un sanguento golpe e despois o presidente Ahsan Uddin Choudhury, un ex-membro da Suprema Corte de Xustiza. Ershad despois declarouse a si mesmo presidente e inaugurou un novo partido político denominado Xanadal, que el despois renomeou como PartidoJatiya. O goberno de Ershad durou ata1990. Unha revolta popular forzou a Ershad a renunciar e abrir camiño a unha democracia parlamentaria. Desde entón, Bangladesh tivo tres mandatos de goberno electos democraticamente.

Política

[editar |editar a fonte]

OPresidente, que ocupa o posto deXefe de Estado, posúe un posto maiormente cerimonial, ficando o poder real noPrimeiro Ministro, que é oXefe de Goberno. O presidente é electo para un mandato de 5 anos e os seus poderes limitados son substancialmente expandidos durante os períodos de goberno provisorio, principalmente controlando a transición ao novo goberno. Un goberno provisional, presidido por un conselleiro en xefe (o último Xefe de Xustiza) e un grupo de conselleiros independentes elixidos pola sociedade civil, toma o poder durante os tres meses de campaña electoral ao parlamento. Durante este período o presidente ten xurisdición sobre o Ministerio de Defensa e do de Asuntos Exteriores.

O primeiro ministro é nomeado polo presidente e debe ser un membro do parlamento que teña o liderado sobre os demais membros do parlamento. O gabinete é composto de ministros seleccionados polo primeiro ministro e nomeados polo presidente.

O parlamento único de Bangladesh é a Casa da Nación ouJatiya Sangsad, composta de 300 membros electos polo voto popular para 5 anos de mandato. O alto corpo xudicial é a Suprema Corte, sendo os xefes do Tribunal Superior de Xustiza e outros xuíces nomeados polo presidente.

Organización territorial

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Organización territorial de Bangladesh.

Bangladesh está dividido en sete divisións administrativas,[16] que reciben o nome da súa capital administrativa:Barisal,Chittagong,Dacca,Khulna,Rajshahi,Sylhet eRangpur.

As divisións están organizadas en distritos (zila). Hai 64 distritos en Bangladesh, cada un deles subdividido enupazila (subdistritos) outhana. Cada área ten a súa estación de policía, agás nas áreas metropolitanas.Dacca é a capital e maior cidade de Bangladesh.

BangaldeshDivisiónBanglaCenso da Poboación de 2011[17]Área (km2)[17]Densidade de poboación
2011 (persoas/km2)[17]
Maior cidade

Divisións de Bangladés
Barisalবরিশাল8 325 66613 297626Barisal (328 278)
Chittagongচট্টগ্রাম28 423 01933 771841Chittagong (2 592 439)
Daccaঢাকা47 424 41831 1201 523Dacca (7 033 075)
Khulnaখুলনা15 687 75922 272704Khulna (663 342)
Rajshahiরাজশাহী18 484 85818 1971 015Rajshahi (449 756)
Rangpurরংপুর15 787 75816 317960Rangpur (343 122)
Sylhetসিলেট9 910 21912 596780Sylhet (479 837)
Bangladeshবাংলাদেশ144 043 697147 570976Dacca (7 033 075)

Principais cidades

[editar |editar a fonte]
PosiciónCidadePoboación (censo de 2011)[17]
1Dacca10,468,510
2Chittagong3,761,337
3Khulna1,448,975
4Narayanganj1,406,963
5Sylhet479,837
6Tongi476,350
7Rajshahi449,756
8Bogra350,397
9Barisal328,278
10Comilla326,386

[18]

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa de Bangladés
Mapa de Bangladés

Bangladesh está emprazado nundelta dun río nosubcontinente indio o cal ten unha costa composta dunha extensaxunglapantanosa nogolfo de Bengala coñecida como oSundar Ban ("fermosa selva"), hábitat natural dotigre de Bengala. O delta tan densamente poboado está formado pola confluencia dos ríosGanges (nome local: Padma),Brahmaputra (Yamuna), eMeghna e os seusafluentes, os cales descenden desde oHimalaia. As terras de aluvión de Bangladesh son moi fértiles, ao mesmo tempo que vulnerables ás inundacións e áseca. Unha importante parte do territorio de Bangladesh formouse a partir dos sedimentos que os múltiples ríos que se entrelazan e flúen na rexión depositaron.

As únicas montañas fóra da chaira son ostreitos de outeiros de Chittagong (montaña de máxima altura: oKeokradong con 1230m) no sueste e adivisión de Sylhet no nordés.

A medio camiño dotrópico de Cáncer, o clima de Bangladesh é tropical, cun inverno suave desde outubro ata marzo, un húmido e caloroso verán desde marzo ata xuño e unmonzón húmido, cálido e chuvioso desde xuño ata outubro. Os desastres naturais como asinundacións,ciclóns tropicais ou ostornados afectan ao país todos os anos, coas súas consecuencias endeforestación, a degradación da terra e aerosión.

Dacca é a capital do país e a cidade máis grande. Outras cidades importantes sonChittagong,Rajshahi eKhulna.Cox's Bazar, ao sur de Chittagong, é apraia natural máis longa do mundo, cuns 120 quilómetros de lonxitude.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Bangladesh.

A pesar dos prolongados esforzos nacionais e internacionais para mellorar a situación económica e social, Bangladesh continúa sendo unha nación subdesenvolvida e superpoboada. Aínda que máis da metade doPIB sexa xerado polo sector de servizos, máis ou menos dous terzos da poboación están empregados do sector agrícola, sendo oarroz o produto máis importante.

Entre os maiores impedimentos para o crecemento inclúense frecuentes ciclóns e enchentes, un rápido crecemento na forza de traballo que non ten sido absorbida pola agricultura, uso ineficiente dos recursos enerxéticos (como ogas natural), a distribución insuficiente de enerxía eléctrica, e a implantación lenta de reformas económicas, causadas por batallas políticas e corrupción. No2001,2002 e2003, a Transparencia Internacional colocou Bangladesh no cumio da lista dos países máis corruptos do mundo.

Desde xuño de2004, Bangladesh ten sido devastado polo peor asolagamento dos últimos 6 anos, que levou á morte 628 persoas, cubrindo cerca de 60% do país. Preto de 20 millóns de persoas precisaron de comida por causa da perda das colleitas, e a industria téxtil que fica con cerca de 80% do que o país exporta, tivo os seus lucros diminuídos. Estimacións oficiais identifican prexuízos de cerca de US$ 7 billóns.

Mapas e imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Mapa (1996)
    Mapa (1996)
  • Delta do río Ganxes
    Delta do río Ganxes
  • Demografía
    Demografía

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009).Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo.Do Cumio.ISBN 978-84-8289-328-0. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303.ISBN 9788482887524. 
  3. Banco Mundial (2007)."Bangladesh: Strategy for Sustained Growth".World Bank.org(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 29 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2010. 
  4. United Nations Development Programme in Bangladesh:HDR 2010 recognises Bangladesh's great progress over timeArquivado 15 de xaneiro de 2013 enWayback Machine.. 5 de novembro de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2012.
  5. "Meeting Millennium Development Goals". BBC News. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  6. "Ban lauds Bangladesh’s progress on women’s and children’s health".UN News Center (United Nations). 15 de novembro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  7. James Heitzman and Robert L. Worden, ed. (1989). "Early History, 1000 B.C.-A.D. 1202".Bangladesh: A country study. Library of Congress.ISBN 82-90584-08-3.OCLC 15653912. 
  8. Bharadwaj, G (2003). "The Ancient Period". En Majumdar, RC.History of Bengal. B.R. Publishing Corp. 
  9. Eaton, R (1996).The Rise of Islam and the Bengal Frontier. University of California Press.ISBN 0-520-20507-3.OCLC 26634922. 
  10. D'Costa, Jerome (1986).Bangladeshey Catholic Mondoli (The Catholic Church in Bangladesh). Dhaka: Pratibeshi Prakashani. 
  11. Baxter
  12. Baxter, pp. 30–32
  13. Sen, Amartya (1973).Poverty and Famines. Oxford University Press.ISBN 0-19-828463-2.OCLC 10362534. 
  14. Stewart Gordon (1993).The Marathas 1600–1818. Cambridge University Press. pp. 133–.ISBN 978-0-521-26883-7. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  15. Brijen Kishore Gupta (1966).Sirajuddaullah and the East India company, 1756–1757, background to the foundation of British power in India. Brill Archive. pp. 134–. GGKEY:RS7D7HRH8KA. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  16. "Rangpur becomes a division". bdnews24.com. 25 de xaneiro de 2010. Arquivado dendeo orixinal o 07 de abril de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  17. 17,017,117,217,3"2011 Population & Housing Census: Preliminary Results"(PDF). Bangladesh Bureau of Statistics. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. 
  18. "Bangladesh: Divisions, Districts, Major Cities & Municipalities - Statistics & Maps on City Population". Citypopulation.de. Consultado o 11 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Bangladesh

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bangladesh&oldid=6959453»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp