Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bandeira de Groenlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Groenlandia
Bandeira de Groenlandia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción21 de xuño de1985[1]
Cores     Vermello     Branco

Abandeira de Groenlandia (groenlandés:Kalaallit erfalasuat,dinamarqués:Grønlands flag) é un dos símbolos oficiais deGroenlandia, e foi deseñada polonativo groenlandésThue Christiansen.[2] Represéntanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande disco levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca. A bandeira enteira mide 12 por 18 partes; cada banda mide 6 partes; o disco é dun diámetro de oito partes, horizontalmente desviado 7 partes respecto ó centro, e centrado verticalmente.

O seu nome local engroenlandés éErfalasorput, que significa "a nosa bandeira", peroAappalaartoq (que significa "a vermella") é tamén empregada, tanto para abandeira dinamarquesa como para a bandeira groenlandesa.Hoxe en día os groenlandeses colocan tanto aErfalasorput como aDannebrog, usualmente a carón unha da outra.

Groenlandia tivo a idea dunha bandeira propia por vez primeira en1973 cando cinco groenlandeses propuxeron unha bandeira verde, azul e branca. Ó ano seguinte, un xornal solicitou once propostas de deseño (todas pero que unha fose unhacruz nórdica) e preguntoulle á xente para ver cal era a máis popular. ADannebrog foi a preferida pola gran maioría. De pouco valeu ese esforzo.

Historia

[editar |editar a fonte]

En1978,Dinamarca deulle oautogoberno a Groenlandia, facendo dela un membro en pleno dereito doReino de Dinamarca. O goberno autónomo fixo unha chamada oficial para propostas de bandeiras, recibindo 555 (das cales 293 foron enviadas por groenlandeses). O comité encargado de tomar a decisión non atopou consenso e fíxose unha nova chamada. Finalmente a actual bandeira deseñada por Christiansen gañou por unha estreita marxe a unha bandeira branca e verde coa cruz nórdica con 14 votos fronte a 11. A bandeira de Christiansen foi adoptada oficialmente o21 de xuño de1985.

En honor ó décimo aniversario daErfalasorput, aOficina de Correos de Groenlandia lanzou selos conmemorativos e un folleto do seu autor. El describiu a banda branca representando osglaciares e a capa de xeo, que cobre máis do 80% da illa; a banda vermella, oocéano; o semicírculo vermello, o sol, coa súa parte de abaixo afundida no océano; e o semicírculo branco, osicebergs e placas de xeo. O deseño lembra tamén a unha posta de sol.

Outras propostas

[editar |editar a fonte]
  • A primeira proposta de 1973, coas cores verde, branca e azul.
    A primeira proposta de 1973, coas cores verde, branca e azul.
  • A proposta coa cruz nórdica creada por Sven Tito Achen en 1984 que foi derrotado por pouco pola bandeira actual.
    A proposta coa cruz nórdica creada porSven Tito Achen en 1984 que foi derrotado por pouco pola bandeira actual.
  • Proposta anónima en 1991 (branco para o xeo de Groenlandia, verde polo nome de "Groenlandia")
    Proposta anónima en 1991 (branco para o xeo de Groenlandia, verde polo nome de "Groenlandia")
  • Outra proposta baseada no mesmo deseño pero coa cor verde.
    Outra proposta baseada no mesmo deseño pero coa cor verde.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Politics in Greenland – Government of Greenland". Arquivado dendeo orixinal o 2017-10-15. Consultado o2014-09-01. 
  2. "Greenland's flag".Nordic Council. Arquivado dendeo orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 8 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Bandeira de GroenlandiaModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Groenlandia

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Bandeiras dos estados deAmérica
  • Bandeiras de países con status especial
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bandeira_de_Groenlandia&oldid=7292459»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp