Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Bahrain[1] (enárabe:البحرين;al-Baḥrayn), tamén coñecido como oReino de Bahrain (enárabe:مملكة البحرينMamlakat al-Baḥrayn), é un país doOriente Medio. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e 50 illas naturais e 33illas artificiais adicionais, centradas nailla de Bahrain que representa ao redor do 83 por cento da masa terrestre do país. Está situado noGolfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas conQatar polo sur e o leste; e conArabia Saudita polo oeste e o noroeste, unidos polaPonte do Rei Fahd.
Segundo o censo de 2020, a poboación do país ascende a 1.501.635 habitantes, dos cales 712.362 son nacionais de Bahrein.[2] Bahrain abarca uns 760 kilometros cadrados (290 sq mi),[3] e é aterceira nación máis pequena de Asia despois dasMaldivas eSingapur.[4] A capital e cidade máis grande éManama.
Bahrain foi poboado desde tempos prehistóricos. A súa estratéxica posición noGolfo Pérsico fixo que fose controlada e influenciada polosasirios,babilonios,gregos,persas e finalmente polosárabes, na que a illa converteuse aoislam. Bahréin foi coñecida en tempos antigos comoDilmun, Tylos (nome dado polos gregos), Awal ou Mishmahig cando foi parte doImperio Persa.
As illas foron nun principio refuxio dos musulmáns garmatas, sendo ocupadas porPortugal en1507. No período de1602 a1783 pasaron a estar baixo a dependencia dePersia como un territorio cun goberno ocasional. En1783 é gobernada pola dinastía árabe dosal Khalifa xa como un jecato independente separado de Persia. Debido ás pretensións de Persia de recapturar as illas, someteuse en1861 baixo protectarado británico, a cambio de protección e foi ratificado segundo os Tratados de1880,1892 e1913. Aínda asíIrán reivindicou para si a posesión do arquipélago, aínda que renunciou ás súas pretensións en1970 e en1980.
En1932 comézase a escavar pétroleo na zona. Na década de 1950 comezan a xurdir movementos de reivindicación nacionalista que reclamaban a independencia.
En1968 Bahrain integrouse naFederación dos Emiratos Árabes, aínda que tres anos despois decidiu independizarse,14 de agosto de1971, manténdose á dinastía dosal Khalifa á fronte do Estado, e oxeque asume o título deemir. Ese mesmo mes asinouse un tratado de amizade conGran Bretaña que retirou as súas tropas da rexión e en decembro asinouse un novo tratado cosEstados Unidos de forma que a mariña americana obtivo permiso para instalarse na base naval deal-Jufayr.
En xuño de1973 promulgouse unha nova constitución que deu lugar á elección do primeiro parlamento democrático elixido por sufraxio universal no mes de decembro. Pero, tras saltar un conflito entre a asemblea e o EmirIsa bin Sulman al Khalifa xusto un ano despois, disolveuse a asemblea nacional e procedeuse á detención de varias decenas de membros da oposición. A constitución foi suspendida e todos os poderes foron asumidos polo EmirIsa bin Sulman al Khalifa.
En1977Estados Unidos evacuou a base naval deal-Jufayr. A revolución iraniana repercutiu no país na década dos 80 debido ao efecto que producía un podersunnita sobre unha poboación maioritariamentechiíta, como consecuencia deste feito, en1981 créase o clandestinoFronte para a Liberación Nacional eIrán reivindica, de novo, algunhas das illas do emirato. Bahrain asinará entón un acordo de defensa conArabia Saudita e entrará a formar parte doConsello de Cooperación do Golfo. En1983 permitiuse a formación da organización parasindical dos Traballadores do Petróleo.
Na década de 1990 creceu a presión por reformas políticas, con protestas durante1994 e1995, á súa vez en1996 o goberno detén a 29 persoas acusándoas de estar implicados nun complot para derrocar a monarquía e instaurar unha república islámica acusando a Irán desta conspiración.
En 1999 o Emir Isa bin Sulman al Khalifa morre e o seu filloHamad bin Isa al Khalifa herda o trono. No2002 o Emir asume o trono como Rei.
Bahrain é unha monarquía hereditaria baixo o mandato da familiaAl Khalifa. ORei de Bahrain é oxefe de Estado e oPrimeiro Ministro éxefe do goberno. Ambos os postos están ocupados por membros da familia Al Khalifa, sendo o reiHamad bin Isa Al Khalifa e o Primeiro Ministro, o seu filloSalman bin Hamad Al Khalifa. Ambos gobernan baixo a consulta dos seus ministros. O sistema xudicial é relativamente independente do goberno e baséase en diversas fontes legais, incluíndo aLei Islámica sunnita e xiíta. O novo rei está traballando para impor dereitos civís e incrementar as reformas democráticas. Celebráronse eleccións municipais no2002 e eleccións lexislativas no2004. O Rei Hamad ten tamén intencións de crear unha cámara lexislativa composto por delegados elixidos conformado de homes e mulleres.
O primeiromunicipio de Bahrain foi o municipio deManama de oito membros que foi establecido en xullo de 1919.[12] Os membros do municipio eran elixidos anualmente, dicíase que o municipio foi o primeiro municipio establecido nomundo árabe.[12] O municipio encargábase de limpar estradas e alugar edificios a arrendatarios e tendas. En 1929, acometeu ampliacións de estradas, así como a apertura de mercados ematadoiros.[12] En 1958, o municipio iniciou proxectos dedepuración de augas. Bahrein xa comprendía catro municipios:Manama,Hidd,Al Muharraq eRiffa.[13] Durante os seguintes 30 anos, os catro municipios dividíronse en 12 municipios a medida que crecian asentamentos comoHamad Town eIsa Town.[13] Estes municipios eran administrados desdeManama baixo un consello municipal central cuxos membros eran nomeados polo rei.[14]
As primeiras eleccións municipais que se celebraron en Bahrein despois da independencia en 1971 foron en 2002.[15] A máis recente foi en 2010. A continuación móstranse os concellos:
Despois do 3 de xullo de 2002, Bahrein dividiuse en cincogobernacións administrativas, cada unha das cales ten o seu propiogobernador.[16] Estas gobernacións son:
Está constituído por un arquipélago de 33 illas, das cales as principais son: ailla de Bahrain, onde se atopa a capital,Manama, cun tamaño de 48km de norte para Sur e 16 km de leste para oeste supondo o 85% da superficie total do estado; e a próxima illa deMuharraq (de 18km²) unida á anterior por unha estrada elevada sobre un dique fronte aManama.
Outras illas de menor importancia son as illasHawar con 50km², fronte á costa deQatar; a deserta illa deUmm Na'san (na costa occidental de Bahréin), con 19km², unida coa illa de Bahréin e Arabia Saudita coa Calzada do Rei Fahd; e a illa deSitra de 10km² situada na costa oriental onde se concentra unha importante industria, a illa está conectada por unha estrada elevada á illa de Bahréin.
Bahréin non ten accidentes de importancia exceptuando oJabal ad-Dukhan ouMontaña de Fume (polo aspecto que presenta os días quentes e húmidos). Este pico é a maior altitude do arquipélago con 137m de altura, e está situado no centro da illa de Bahréin. Bahréin atópase no golfo pérsico.
Só as terras ao norte e noroeste desta montaña son aproveitables para a agricultura de datileras e hortos, grazas á utilización depozos artesianos,mananciais eplantas desalinizadoras. O resto de terras, ao sur, leste e oeste dela, son desérticas con algúns pequenos pantanos.
En canto ao clima, os invernos poden considerarse fríos con choivas dispersas (74mm/ano), duran de decembro a febreiro e o clima vese influenciado por sistemas de baixas presións doMediterráneo que viaxan cara ao leste polo golfo. Os veráns son quentes e con gran humidade con temperaturas entre 38 e 42°C ehumidades relativas entre o 67 e o 82%.
A economía de Bahréin está baseada fundamentalmente nopetróleo. En1932 comezou a explotarse o primeiro pozo de petróleo da rexión, que aínda que é de tamaño modesto, a produción anual descendeu por baixo das 3 Mt, permitiu a modernización do estado.
No entanto, existen importantes reservas degas natural (180.000 millóns de m³) e outro tipo de actividades industriais:refinaría de petróleo de 12 Mt de capacidade que procesa petróleo doSudán; fundición dealuminio (120.000 t/ano) que importa o mineral debauxita de ultramar, e fábricas decemento.
En canto outro tipo de actividades do sector servizos, pódese dicir que estas cada vez teñen unha maior repercusión na economía do arquipélago, debido ao papel de praza financeira internacional de grande actividade que é Bahréin. É sede de numerososbancos, dispón dezona franca e desenvolveu unha importante infraestrutura portuaria e de comunicacións por estrada.
A pesar de todo isto a renda media é a máis baixa de todos os pequenos estados petroleiros dogolfo Pérsico.
Evolución da poboación entre 1960 e 2010 (cifras daDAES, 2012). Poboación en miles de habitantes.
Ao ano2007, Bahrein ten unha poboación de 708.500 habitantes. O 62.4% naceu neste país e o restante 37.6% son inmigrantes na súa maioría africanos e asiáticos. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 74 anos. O 89.1% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.57.
A relixión oficial de Bahréin é oislam, cunha poboación composta maioritariamente porxiítas esunnitas, pero hai pequenas minoríasxudías ecristiás. Moitos bahreníes son de orixe árabe, aínda que algunhas tribos son de orixe persa ("Bahaareyneh-gaan").
As comunidades actuais poden ser clasificadas como os Al Khalifa, tribos árabes aliadas á familia Al-Khalifa, os Baharnah (árabes xiítas), os Howilla (árabes sunnitas de Persia), árabes sunnitas (de Arabia), Ajam (xiítas persas), hindús que foron traídos a Bahréin en éraa do petróleo (son chamados Banyan) e unha pequena comunidadexudía, entre outros grupos.
A Bahrain adóitaselle describir como o "Oriente Medio Lixeiro": un país que mestura unha infraestrutura dunha modernidade extrema cunha identidade definitivamente persa, só que a diferenza doutras nacións da zona, a súa riqueza non é só un reflexo da magnitude da súa riqueza petrolífera, senón que está unida tamén á creación dunha poboación indíxena de clase media. Este feito único diferenciador do Golfo Pérsico tradúcese en que Bahrain tende a ser máis liberal en xeral que os seus veciños. Aínda que o islam é a relixión maioritaria, os bahreiníes destacan pola súa tolerancia, o que fai posible ver mesquitas xunto a igrexas, un templo hindú, unha Gurudwara Sikh e unha sinagoga xudía. Este país converteuse en lugar de acollida para diversas comunidades vítima da persecución noutros lugares.
Agora resulta habitual atopar seminarios sobre temas que antes eran insólitos, como problemas maritales e sexo e abuso infantil. Outra nova faceta de que ilustra o status bahreiní en canto a apertura ten que ver con que é o país máis prolífico en canto á publicación de libros dentro do mundo árabe, con 132 títulos publicados en 2005 para unha poboación de 700.000. En comparación, a media do total da comunidade árabe é de sete libros publicados por cada millón de habitantes en 2005, segundo o Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento.
↑Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303.ISBN9788482887524.Bahrain
↑"Bahrain 2020 Census".Information and eGovernment Authority. 28 de febreiro de 2021. Arquivado dendeo orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 5 de abril de 2021.
↑"Bahrain".IMUNA | NHSMUN | Model UN(eninglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
↑12,012,112,2"History of Municipalities". Ministry of Municipalities Affairs and Urban Planning – Kingdom of Bahrain. Arquivado dendeo orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 5 de xullo de 2012.
↑"Bahrain Government". Permanent Mission of the Kingdom of Bahrain to the United Nations. Arquivado dendeo orixinal o 3 de xuño de 2012. Consultado o 5 de xullo de 2012.