A cidade é famosa polos seus balnearios e as augas termais. Se cadra é por iso que se converteu nun importante destino de vacacións e de descanso, sobre todo para xente adiñeirada. Os seus balnearios atraen xubilados, e o seu casino, xente de gran poder adquisitivo.
Até1931, a cidade chamábase unicamente Baden, mais para diferenciala darexión de Baden, duplicáronlle o nome. A cidade ten 54 160 habitantes (decembro de 2015).
Dise que o emperadorromanoCaracalla frecuentaba o lugar; na súa lembranza, unhas das termas levan actualmente o seu nome.
Noséculo XIX, aburguesía europea comezou a tomar Baden-Baden como un lugar de descanso. Xurdiron grandes estabelecementos termais, teatro, hipódromo e o casino, un dos máis luxosos do mundo. Tamén aquí está un dos últimoscastelos habitados deEuropa.
Tras a fin dasegunda guerra mundial, Baden-Baden foi sede do comando central das forzas de ocupación francesas en Alemaña.