Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Badalona

Coord.:41°26′00″N2°14′00″L / 41.4333,2.2333
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBadalona
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 41°26′00″N2°14′00″L / 41.4333,2.2333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonèsEditar o valor en Wikidata
CapitalBadalona(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación227.083(2024)Editar o valor en Wikidata (10.711,46hab./km²)
Número de fogares88 (1553)Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua cataláEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie21,2 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude6 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Santo padrónAnastasi de Lleida(en)Traducir eAsunción de MaríaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataXavier García Albiol(2023–)Editar o valor en Wikidata
Orzamento278.300.000 €Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08910–08918Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(+34) 934Editar o valor en Wikidata
Código INE08015Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT080155Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbadalona.catEditar o valor en Wikidata

Badalona é un concello e cidade da costa central deCataluña, que forma parte dacomarca doBarcelonès, naprovincia de Barcelona. Dende1897 está consideradacidade.

Situada na costa domar Mediterráneo, ocupa parte do delta dorío Besòs e as faldras da Serra da Marina. A cidade está rodeada polos concellos deSant Adrià de Besòs,Santa Coloma de Gramenet,Tiana,Montgat,Sant Fost de Campsentelles eMontcada i Reixac. Está situado no extremo norte da comarca, a escasos metros ao norte deBarcelona.

Cos seus 215.848 habitantes en2017, Badalona é a cuarta cidade máis poboada deCataluña, trasBarcelona,L'Hospitalet de Llobregat eTerrassa, e a 23ª deEspaña. Forma parte daárea metropolitana de Barcelona.

Os restos arqueolóxicos atopados nos barrios de Llefià e de Sistrells remontan a súa historia aoNeolítico, pero a fundación da poboación produciuse ao redor do ano 100 aC, baixo o nome romano deBaetulo.

Historia

[editar |editar a fonte]
Termas romanas

Tense constancia de presenza humana en Badalona a partir do 3500 a.C., é dicir, a época de sedentarización doNeolítico medio recente. Así como de diferentes e primixenios asentamentosiberos elaietanos. Sobre algúns deles, asentáronse con posterioridade, os romanos, creandoBaetulo,[1] no seu afán de frean aoscartaxineses, que se asentaron xa en Empúries.

A partir doséculo X vólvese a configurar en Badalona un núcleo urbano na antiga cidade romana, ocupando a Badalona medieval desde orío Besòs ao mar, e desde o outeiro deMontgat ata a serra Litoral. Azoutada por pragas e pestes, ademais dos ataques dos piratas tunisianos, fan que a baixaIdade Media sexa considerado para Badalona como un período de recesión, pero de consolidación como núcleo urbano que nese momento só producía para a súa propia subsistencia. O mosteiro de Sant Jeroni de la Murtra (fundado en1416), foi moi relevante na súa época; a punto estiveron de celebrarse nel as Cortes en1472, no marco da Guerra Civil Catalá.

Segundo o Barón de Maldá no seuCalaix de Sastre, onde explica a vida badalonesa de principios doséculo XIX, Badalona pasara a comerciar os seus excedentes no gran mercado emerxente barcelonés, que empezaba a mirar cara á industrialización. Administrativamente, Badalona continuou funcionando coa insaculación ata que se viu afectada poloDecreto de Nova Planta. O nivel de vida do municipio, aos poucos, foi dirixíndose cara ao inexorable proceso de industrialización que catapultou o éxodo rural e a economía catalá do século XIX.

Ata mediados do século XIX, Badalona vive un proceso de inmigración desde aCataluña interior, debido ao éxodo rural, que fixo aumentar a poboación do municipio a 12.600 habitantes en1860. Estes foron os que protagonizaron o crecemento demográfico, pero tamén urbanístico badalonés. A chegada do tren á cidade na mítica liñaBarcelona-Mataró foi o arranque definitivo. A industria chegaba da man deBarcelona, á vez que se trasladou á cidade condal a industria alimentaria da zona. Ademais, en1897, a raíña rexenteMaría Cristina outorgaba o título de cidade a Badalona.

Badalona desde o mar

Badalona, como é lóxico, non estivo exenta de sufrir tanto aditadura dePrimo de Rivera como aGuerra civil española e a posterior ditadura deFrancisco Franco. Foi a ditadura a que marcou o freo da efervescencia cultural de Badalona.

A finais dos anos1980 inaugurouse o Paseo Marítimo, co que Badalona se abría cara ao mar. Badalona está inmersa hoxe, logo de ser subsede dosXogos Olímpicos de 1992, nun proceso convulso de transformacións urbanísticas e a chegada dos novos inmigrantes que fan disto, un dos novos retos doséculo XXI. Entre esas actuacións están a recuperación da fachada marítima ou a construción doporto.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Badalona é unha cidade de mar e de montaña. ASerra de la Marina pasa pola parte norte e oeste do termo municipal. Podemos destacar as montañas da Amigó, co cerro da Coscollada, de 466 metros de altitude, o cerro de les Maleses, con 462 metros, e o de Fra Rafael, con 414 metros entre outros. Tamén a serra de Mosques d'Ase, cunha altitude de ata 131 metros, a Serra de Montigalà, preto dos 150 metros, a Serra Mediterrània cun máximo de 171 metros, a Serra d'en Boscà, ata os 206 metros e a serra d'en Caritg, con cerros de preto de 80 metros de altitude. Tamén cabe destacar asrieras, abundantes na cidade: riera deCanyet, riera de Sant Joan (ou de Sant Jeroni), riera de Canyadó e riera Matamoros son algunhas das máis importantes. As catro liñas azuis onduladas sobre fondo branco que aparecen na bandeira e no escudo de Badalona representan esas catro rieras. Ademais hai fontes na parte de montaña que regan as rieras.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución demográfica de Badalona

Badalona é o terceiro municipio deCataluña en número de habitantes. Dos seus 217.093 habitantes en2008, 187.743 eran de orixe española (86,5%) e o resto do estranxeiro, sendo as comunidades demarroquís (5.048),paquistanís (4.426) echineses (3.365) as máis importantes.[2]

Gráfica de evolución demográfica de Badalona[3] entre 1842 e 2021

Distritos e barrios

[editar |editar a fonte]
División administrativa de Badalona.

Badalona está formada por 35 barrios agrupados en 6 distritos, que son os seguintes:[4]

  • Distrito 1: Canyadó, Casagemes, Centre, Coll i Pujol, Dalt de la Vila, Manresà, Progrés
  • Distrito 2: La Pau, Lloreda, Montigalà Occidental, Nova Lloreda, Puigfred, Sant Crist de Can Cabanyes, Sistrells
  • Distrito 3: Bonavista, Bufalà, Canyet, Les Guixeres, Mas Ram, Montigalà Oriental, Morera, Pomar, Pomar de Dalt
  • Distrito 4: La Salut, Sant Antoni de Llefià, Sant Joan de Llefià, Sant Mori de Llefià
  • Distrito 5: Can Claris, Congrés, El Raval, Gorg, La Mora
  • Distrito 6: Artigues, El Remei, Sant Roc

Transporte

[editar |editar a fonte]

A cidade de Badalona está perfectamente conectada cos concellos limítrofes e especialmente coa cidade deBarcelona e oaeroporto do Prat. Por estrada, os principais accesos son as autoestradasC-31 eB-20 e a estrada nacionalN-II, ademais de estradas locais que unen Badalona conMollet del Vallès eMontcada i Reixac.

Chegan á cidade dúas liñas da rede demetro de Barcelona. AL2 une a cidade co centro deBarcelona e ten cinco paradas en Badalona. Unha delas, a de Gorg, é a cabeceira daL10, que ten outras dúas estacións na cidade. Tamén chega o tranvía, coas liñas T5 e T6 doTrambesòs.

Conta tamén cunha ampla oferta de autobuses urbanos e interurbanos, diúrnos e nocturnos, operados porTUGSAL eTMB. Ademais ten dez paradas detaxi e máis de 20 km decarril bici.

Xunto á praia atópase aestación de Badalona detren, con servizos da liña R1 deproximidades. Máis ao sur está oporto de Badalona, porto deportivo e pesqueiro da cidade.

Festividades

[editar |editar a fonte]
"Cremada del Dimoni"

A Festa Maior de Badalona celébrase o15 de agosto, día da Ascensión da Virxe, na honra áMare de Déu d'Agost. Aínda así a festividade máis celebrada en Badalona son as Festas de Maio (Les festes de Maig) celebradas en maio, o11 de maio día do patrón da cidade e festivo, San Anastasio, quen foi martirizado na Torre Mena (edificio emblemático da cidade) noséculo XVII. A noite anterior, o 10 de maio, celébrase a festa daCremada del Dimoni (queima do demo) na praia, onde se queima un demo de madeira na area, mentres se lanzan fogos artificiais.

Esta xornada está chea de actividades:correfocs, o baile do Áliga, habaneras,cremats, a sardiñada, bailes de rúa e desde a súa fundación en1998 as actuacións dosCastellers de Badalona “els Gegants de Badalona” e "Els diables". Esta festividade de maio foi declarada Ben Cultural de Interese Turístico en1990. Ademais parece ser que se atopan datadas en1635; Rafael d'Amat i de Cortada (Barón de Maldá) describiunas no seuCalaix de Sastre.

Badalona dá acubillo a diversas festas que renden homenaxe a santos como San Sebastián (patrón escollido polo pobo), San Pedro (patrón dos pescadores), ou aPassada de San Antón (patrón dos animais de cuadra de pé redondo, é dicir, con pezuño). Badalona tamén celebra a procesión doCorpus, a do Carme, a Procesión dos Misterios, documentada noséculo XVII e caracterizada polo silencio, ademais da Noite de Reis en que estes chegan á cidade desde a praia. A estas engádenselles as festividades típicas de Cataluña como oEntroido, aDiada de Cataluña,Sant Jordi ou aNoite de San Xoán.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Interior do Pavelló Olímpic

Cidades irmandadas

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Mestre, 1998: p. 84, entrada: "Badalona"
  2. Institut d'Estadística de Catalunya (ed.)."Evolución da poboación total e estranxeira. 2000-2012 Badalona".Població estrangera. Evolució. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  3. Instituto Nacional de Estadística (España)."Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 15 de outubro de 2023. 
  4. Ajuntament de Badalona (ed.)."Barrios, distritos e códigos postais". Arquivado dendeo orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Badalona
Abrera  · Aguilar de Segarra  · Aiguafreda  · Alella  · Alpens  · Ametlla del Vallès, l'  · Arenys de Mar  · Arenys de Munt  · Argençola  · Argentona  · Artés  · Avià  · Avinyó  · Avinyonet del Penedès  · Badalona  · Badia del Vallès  · Bagà  · Balenyà  · Balsareny  · Barberà del Vallès  · Barcelona  · Begues  · Bellprat  · Berga  · Bigues i Riells del Fai  · Borredà  · Bruc, el  · Brull, el  · Cabanyes, les  · Cabrera de Mar  · Cabrera d'Anoia  · Cabrils  · Calaf  · Calders  · Caldes de Montbui  · Caldes d'Estrac  · Calella  · Calonge de Segarra  · Calldetenes  · Callús  · Campins  · Canet de Mar  · Canovelles  · Cànoves i Samalús  · Canyelles  · Capellades  · Capolat  · Cardedeu  · Cardona  · Carme  · Casserres  · Castell de l'Areny  · Castellar de n'Hug  · Castellar del Riu  · Castellar del Vallès  · Castellbell i el Vilar  · Castellbisbal  · Castellcir  · Castelldefels  · Castellet i la Gornal  · Castellfollit de Riubregós  · Castellfollit del Boix  · Castellgalí  · Castellnou de Bages  · Castellolí  · Castellterçol  · Castellví de la Marca  · Castellví de Rosanes  · Centelles  · Cercs  · Cerdanyola del Vallès  · Cervelló  · Collbató  · Collsuspina  · Copons  · Corbera de Llobregat  · Cornellà de Llobregat  · Cubelles  · Dosrius  · Esparreguera  · Esplugues de Llobregat  · Espunyola, l'  · Esquirol, l'  · Estany, l'  · Figaró-Montmany  · Fígols  · Fogars de la Selva  · Fogars de Montclús  · Folgueroles  · Fonollosa  · Font-rubí  · Franqueses del Vallès, les  · Gaià  · Gallifa  · Garriga, la  · Gavà  · Gelida  · Gironella  · Gisclareny  · Granada, la  · Granera  · Granollers  · Gualba  · Guardiola de Berguedà  · Gurb  · Hospitalet de Llobregat, l'  · Hostalets de Pierola, els  · Igualada  · Jorba  · Llacuna, la  · Llagosta, la  · Lliçà d'Amunt  · Lliçà de Vall  · Llinars del Vallès  · Lluçà · Malgrat de Mar  · Malla  · Manlleu  · Manresa  · Marganell  · Martorell  · Martorelles  · Masies de Roda, les  · Masies de Voltregà, les  · Masnou, el  · Masquefa  · Matadepera  · Mataró  · Mediona  · Moià  · Molins de Rei  · Mollet del Vallès  · Monistrol de Calders  · Monistrol de Montserrat  · Montcada i Reixac  · Montclar  · Montesquiu  · Montgat  · Montmajor  · Montmaneu  · Montmeló  · Montornès del Vallès  · Montseny  · Muntanyola  · Mura  · Navarcles  · Navàs  · La Nou de Berguedà  · Òdena  · Olèrdola  · Olesa de Bonesvalls  · Olesa de Montserrat  · Olivella  · Olost  · Olvan  · Orís  · Oristà  · Orpí  · Òrrius  · Pacs del Penedès  · Palafolls  · Palau-solità i Plegamans  · La Palma de Cervelló  · Pallejà  · El Papiol  · Parets del Vallès  · Perafita  · Piera  · Pineda de Mar  · El Pla del Penedès  · Pobla de Claramunt, la  · La Pobla de Lillet  · Polinyà  · El Pont de Vilomara i Rocafort  · Pontons  · Prat de Llobregat, el  · Prats de Lluçanès  · Els Prats de Rei  · Premià de Dalt  · Premià de Mar  · Puigdàlber  · Puig-reig  · Pujalt  · La Quar  · Rajadell  · Rellinars  · Ripollet  · Roca del Vallès, la  · Roda de Ter  · Rubí  · Rubió  · Rupit i Pruit  · Sabadell  · Sagàs  · Saldes  · Sallent  · Sant Adrià de Besòs  · Sant Agustí de Lluçanès  · Sant Andreu de la Barca  · Sant Andreu de Llavaneres  · Sant Antoni de Vilamajor  · Sant Bartomeu del Grau  · Sant Boi de Llobregat  · Sant Boi de Lluçanès  · Sant Cebrià de Vallalta  · Sant Celoni  · Sant Climent de Llobregat  · Sant Cugat del Vallès  · Sant Cugat Sesgarrigues  · Sant Esteve de Palautordera  · Sant Esteve Sesrovires  · Sant Feliu de Codines  · Sant Feliu de Llobregat  · Sant Feliu Sasserra  · Sant Fost de Campsentelles  · Sant Fruitós de Bages  · Sant Hipòlit de Voltregà  · Sant Iscle de Vallalta  · Sant Jaume de Frontanyà  · Sant Joan de Vilatorrada  · Sant Joan Despí  · Sant Julià de Cerdanyola  · Sant Julià de Vilatorta  · Sant Just Desvern  · Sant Llorenç d'Hortons  · Sant Llorenç Savall  · Sant Martí d'Albars  · Sant Martí de Centelles  · Sant Martí de Tous  · Sant Martí Sarroca  · Sant Martí Sesgueioles  · Sant Mateu de Bages  · Sant Pere de Ribes  · Sant Pere de Riudebitlles  · Sant Pere de Torelló  · Sant Pere de Vilamajor  · Sant Pere Sallavinera  · Sant Pol de Mar  · Sant Quintí de Mediona  · Sant Quirze de Besora  · Sant Quirze del Vallès · Sant Quirze Safaja  · Sant Sadurní d'Anoia  · Sant Sadurní d'Osormort  · Sant Salvador de Guardiola  · Sant Vicenç de Castellet  · Sant Vicenç de Montalt  · Sant Vicenç de Torelló  · Sant Vicenç dels Horts  · Santa Cecília de Voltregà  · Santa Coloma de Cervelló  · Santa Coloma de Gramenet  · Santa Eugènia de Berga  · Santa Eulàlia de Riuprimer  · Santa Eulàlia de Ronçana  · Santa Fe del Penedès  · Santa Margarida de Montbui  · Santa Margarida i els Monjos  · Santa Maria de Besora  · Santa Maria de Martorelles  · Santa Maria de Merlès  · Santa Maria de Miralles  · Santa Maria de Palautordera  · Santa Maria d'Oló  · Santa Perpètua de Mogoda  · Santa Susanna  · Santpedor · Sentmenat  · Seva  · Sitges  · Sobremunt  · Sora  · Subirats  · Súria  · Tagamanent  · Talamanca  · Taradell  · Tavèrnoles  · Tavertet  · Teià  · Terrassa  · Tiana  · Tona  · Tordera  · Torelló  · La Torre de Claramunt  · Torrelavit  · Torrelles de Foix  · Torrelles de Llobregat  · Ullastrell  · Vacarisses  · Vallbona d'Anoia  · Vallcebre  · Vallgorguina  · Vallirana  · Vallromanes  · Veciana  · Vic  · Vilada  · Viladecans  · Viladecavalls  · Vilafranca del Penedès  · Vilalba Sasserra  · Vilanova de Sau  · Vilanova del Camí  · Vilanova del Vallès  · Vilanova i la Geltrú  · Vilassar de Dalt  · Vilassar de Mar  · Vilobí del Penedès  · Viver i Serrateix
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Badalona&oldid=6616769»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp