Bad Moon Rising é o segundo álbum de estudio da bandaestadounidense derock alternativoSonic Youth, o primeiro que editaron a través do seloHomestead Records en marzo de1985.
En certo modo pode considerarse un álbum conceptual, falando sobre o lado escuro dosEstados Unidos, moitas veces usando o concepto da demencia, tema recorrente nos primeiros anos deSonic Youth. Inclúe referencias á obsesión e á demencia, aCharles Manson, aoheavy metal, o satanismo e aos encontros dos primeiros colonos europeos cos nativos americanos.
Publicado con moi boas recensións da prensa musical independente,Bad Moon Rising foi o primeiro traballo da banda en combinar meterial experimental con pezas transicionais e segues.[1] O álbum estivo precedido do sinxelo "Death Valley '69", que non entrou nas listas dos Estados Unidos e o Reino Unido (o tema foi despois regravado para o álbum e publicado novamente como sinxelo no mes de xuño). O nome do disco procede da canción"Bad Moon Rising" deCreedence Clearwater Revival.[2]
Unha edición remasterizada en vinilo de 180 gramos foi editada o día15 de febreiro do2011[3].
Cara A |
---|
N.º | Título | Letras/voces | Duración |
---|
1. | "Intro" | Instrumental | 1:10 |
2. | "Brave Men Run (In My Family)" | Gordon | 3:37 |
3. | "Society Is a Hole" | Moore | 5:57 |
4. | "I Love Her All the Time" | Moore | 7:27 |
Cara B |
---|
N.º | Título | Letras/voces | Duración |
---|
1. | "Ghost Bitch" | Gordon | 5:20 |
2. | "I'm Insane" | Moore | 4:07 |
3. | "Justice Is Might" | Moore | 4:21 |
4. | "Death Valley '69"(conLydia Lunch) | Lunch e Moore | 5:10 |
Cancións extra do CD |
---|
N.º | Título | Duración |
---|
9. | "Satan Is Boring" | 5:06 |
10. | "Flower" | 3:36 |
11. | "Halloween" | 5:00 |
12. | "Echo Canyon" | 1:08 |
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Álums ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Coma Ciccone Youth | |
---|
Series SYR | |
---|
Sinxelos | |
---|
Videos | |
---|
Proxectos paralelos | |
---|
Artigos relacionados | |
---|
|