Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bacterias púrpuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bacterias púrpura crecendo nunhacolumna de Winogradsky.

Asbacterias púrpuras oubacterias fotosintéticas púrpuras sonproteobacterias que sonfotótrofas, é dicir, poden realizar afotosíntese.[1] Teñen ospigmentosbacterioclorofilaa oub, e varios tipos decarotenoides, que lles dan coloracións que van desde o púrpura, ao vermello, castaño ou laranxa. Non corresponden a un grupotaxonómico, senón a un tipo de bacteria fotosintética, xa que hai dous grupos de bacterias púrpura: púrpurasdo xofre (Chromatiales en parte) e púrpurasnon do xofre (Rhodospirillacea), nos cales tamén hai heteroxeneidade.

Metabolismo

[editar |editar a fonte]

A absorción de enerxía da luz da fotosíntese ten lugar nestas bacterias encentros de reacción damembrana plasmática, que forma pregamentos cara ao interior da célula para formar sacos, tubos, ou láminas, o que incrementa moito a área superficial dispoñible.

Como moitas outras bacterias fotosintéticas (excepto ascianobacterias), as bacterias púrpuras non producenoxíxeno, porque odoante de electróns utilizado na súa fotosíntese non é a auga (da cal procede o oxixeno). Nalgunhas delas, chamadasbacterias púrpuras do xofre, este doante é osulfuro ou oxofre elemental. No outro grupo de bacterias púrpuras, chamadas bacterias púrpuras non do xofre, úsase tipicamente ohidróxeno como doante, aínda que algunhas poden usar en pequenas cantidades outros compostos. Anteriormente estes grupos eran consideradosfamilias, paro as árboresfiloxenéticas feitas comparando os seus ARN indicaron que as bacterias púrpuras fotosintéticas están formadas en realidade por varios grupos separados, e cada un deles está máis emparentado pola súa conta con outras proteobacterias non fotosintéticas que co resto das bacterias púrpuras.

Historia

[editar |editar a fonte]

As bacterias púrpura foron as primeiras bacterias nas que se descubriu afotosíntese anoxixénica, que non desprende oxíxeno como subproduto, senón outra substancia, xeralmente o xofre. Isto probouse ao establecer por primeira vez a reacción das bacterias a diferentes concentracións de oxíxeno. O resultado foi que as bacterias se movían rapidamente afastándose mesmo de trazas mínimas de oxíxeno. Despois, tomouse unha placa de bacterias e enfocouse unha luz nunha parte da placa deixando o resto escuro. Como as bacterias non podían sobrevivir sen luz, todas se moveron á zona iluminada, que quedou ateigada de células. Se o subproduto da fotosíntese destas bacterias era o oxíxeno, as distancias entre elas terían que facerse cada vez maiores a medida que se producía máis oxíxeno. Pero debido ao comportamento das bacterias baixo a luz, concluíuse que o subproduto fotosintético non podía ser o oxíxeno.

Evolución

[editar |editar a fonte]

Teorizouse que algunhas bacterias púrpuras están relacionadas coasmitocondrias ehidroxenosomas, que se orixinaron comobacterias simbióticas de eucariotas que se acabaron por converter enorgánulos celulares. As comparacións das súas estruturas proteicas indican que hai entre elas e as mitocondrias un antepasado común.[2]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

As bacterias púrpurasnon do xofre encóntranse entre asAlphaproteobacteria eBetaproteobacteria, e comprenden os seguintes grupos:

Rhodospirillales
     Rhodospirillaceaepor exemploRhodospirillum
     Acetobacteraceaepor exemploRhodopila
Rhizobiales
     Bradyrhizobiaceaepor exemploRhodopseudomonas palustris
     Hyphomicrobiaceaepor exemploRhodomicrobium
     Rhodobiaceaepor exemploRhodobium
Outras familias
     Rhodobacteraceaepor exemploRhodobacter
     Rhodocyclaceaepor exemploRhodocyclus
     Comamonadaceaepor exemploRhodoferax

As bacterias púrpurasdo xofre están incluídas nasGammaproteobacteria, e forman a orde dasChromatiales, pero nesa orde desde a década do 2000 incluíronse dous xéneros,Halothiobacillus eGranulosicoccus, que non son fotosintéticos. A semellanza entre a maquinaria fotosintética destas diferentes liñaxes indica que teñen unha orixe común, debido a que teñen un devanceiro común ou a que se produciu unhatransferencia lateral de xenes.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. D.A. Bryant & N.-U. Frigaard (2006). "Prokaryotic photosynthesis and phototrophy illuminated".Trends Microbiol.14 (11): 488.PMID 16997562.doi:10.1016/j.tim.2006.09.001. 
  2. E T Bui, P J Bradley, and P J Johnson. A common evolutionary origin for mitochondria and hydrogenosomes. PNAS.[1]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bacterias_púrpuras&oldid=6378496»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp