Bloque Nacionalista Galego (BNG) | |
---|---|
Fronte de partidos políticos deGaliza | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Portavoz Nacional | Ana Pontón |
Mocidades | Galiza Nova |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
Historia | |
Fundación | 1982 |
Precedido por | Bloque Nacional-Popular Galego |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Soberanismo[1][2] Socialismo Ecoloxismo[3] Pacifismo[4] Feminismo[3] |
Posición política | Esquerda |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 25 / 75 |
Congreso dos Deputados | 1 / 350 |
Senado | 1 / 266 |
Parlamento Europeo | 1 / 61 |
Deputados provinciais en Galicia | 15 / 108 |
Alcaldías en Galicia | 36 / 313 |
Concelleiros en Galicia | 590 / 3.721 |
Outros datos | |
Sede | Avda. Rodríguez de Viguri, 16-Baixo, 15703Santiago de Compostela |
Publicación | BE-NE-GÁ ao día |
Na rede | |
bng.gal | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
OBloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización políticanacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase naesquerda do espectro político. O BNG tiña, en2018, 7.800 militantes,[5] e 591 concelleiros e 36 alcaldes en2023[6] en diversosconcellos de Galiza. Logo daseleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o BNG ten 25 representantes noParlamento de Galicia. Tamén chegou a ter uneurodeputado noParlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG éAna Miranda Paz).[7]
A Voceira Nacional éAna Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe aXavier Vence. O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988,Galiza Nova.
Nos anos 60 fúndase aUnión do Povo Galego (UPG) e oPartido Socialista Galego (PSG), partidosnacionalistas de caráctercomunista esocialista. No ano1975 fúndase aAsemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), fronte impulsada pola UPG coma plataforma de mobilización social e base para o futuro establecemento dunha candidatura electoral nacionalista. No ano1977 a UPG e a AN-PG constituíron oBloque Nacional Popular Galego (BNPG) que concorreu ás eleccións.
En outubro de1981 celebrouse a primeira convocatoria paraelixir o Parlamento de Galicia. Estas eleccións gañounasAlianza Popular e os partidos nacionalistas galegos acadaron un discreto resultado, o BNPG en coalición co PSG conseguiu tres escanos:Bautista Álvarez,Lois Diéguez Vázquez eClaudio López Garrido. Os tres foron expulsados da cámara por negárense a prestar xuramento áConstitución española de 1978, con carácter retroactivo, pois xa levaban varios meses exercendo o seu labor como representantes nacionalistas.[8]
A UPG e a AN-PG acordaron a comezos de1982 reformular o proxecto formando unha fronte nacionalista que abranguese a maior amplitude posible, con diversas tendencias no seu interior. A primeira xuntanza celebrouse o15 de maio e nela participaron AN-PG, UPG, PSG,Galicia Ceibe (OLN),Asamblea de Nacionalistas Galegos,Colectivo Libertario Arco da Vella e independentes deSantiago eA Coruña que subscribiron un chamamento para a unidade do nacionalismo baixo os principios do recoñecemento do carácter plurinacional do Estado e do dereito de autodeterminación, do antiimperialismo, do autogoberno, da autoorganización e do pluralismo e a democracia interna e que levará á constitución dunha Comisión Xestora Nacional de 22 membros na que ademais dos grupos que participaran na xuntanza anterior están aERGA e independentes deVigo e o Condado, posteriormente integrouseAvance Nacionalista, formado por independentes da Coruña.
No seo da Comisión Xestora, as diferentes forzas presentaban as súas alternativas. O PSG dálle grande importancia á unidade do sindicalismo nacionalista e á participación nas institucións. Galicia Ceibe pola contra defende o boicot activo ás eleccións e a ruptura democrática. Avance Nacionalista propón que a nova organización rexeite todas as leis e procure a independencia nacional como única forma de dar sentido á soberanía. Nunha xuntanza celebrada o27 de xuño apróbase o programa político da organización, defínese como unha organización nacionalista que non explicita a independencia, aínda que ve a creación dun Estado propio como algo preciso; a nova organización debe buscar a compatibilidade da vía institucional coa mobilización social na defensa dos intereses nacionais e populares. En posteriores xuntanzas establécense asembleas territoriais nas que se discutiu o documento aprobado antes da celebración da Asemblea fundacional. O11 de xullo, a Asemblea de Nacionalistas Galegos decide retirarse da Comisión Xestora por considerar que a nova fronte estaba ao servizo dos partidos e pola falta dun programa político mínimo, con todo, os seus militantes continuaron a traballar a título individual na creación da nova organización.
O25 e26 de setembro de 1982 tivo lugar noFrontón Municipal de Riazor da Coruña a Asemblea fundacional da nova fronte, previa desaparición do BNPG; esta nova forza preténdese interclasista, polo que se rexeita que o seu obxectivo final sexa unha sociedade socialista e a adopción da bandeira vermella, e asúmese a de Galicia coa estrela dos cinco cabos. O nome que resulta elixido para a nova organización é o de Bloque Nacionalista Galego, agrupando áAN-PG (que deixará de actuar tras esta Asemblea), á UPG, ao PSG e a outros colectivos independentes, xa que Galicia Ceibe decide deixar a organización ao decidirse na Asemblea Constituínte que o BNG participe nas eleccións, e o Colectivo Arco da Vella tamén a abandona por non estar conforme co nome elixido.
Naseleccións xerais de 1982 a coalición Bloque-PSG tivo 38.522 votos, estes resultados electorais levaron a un debate interno no seo do PSG, o que leva a celebración dun Congreso extraordinario en xaneiro de1983 no que se decide abandonar o BNG, mais un nutrido grupo de militantes do PSG segue no BNG co nome deColectivo Socialista (CS). O PSG fusionaríase conEsquerda Galega (EG).
Enabril dese mesmo ano celebráranse eleccións locais, as primeiras ás que concorría o BNG, obtendo 50.491 votos e 117 concelleiros/as.[9]
Endecembro de1984 tivo lugar a II Asemblea Nacional en Santiago de Compostela. Nela definiuse a posición do BNG en aspectos fundamentais do seu proxecto político como oecoloxismo, ofeminismo, oensino, a lingua ou a cultura.
Ao longo dese ano o BNG desenvolveu unha inxente actividade contra o desmantelamento industrial provocado pola política de "reconversión", participando activamente nas tres folgas xerais que teñen lugar en Galiza. Asemade, desenvolveu accións de protesta contra o que consideraba a apropiación e manipulación dos restos mortais deCastelao, recibindo como resposta unha dura represión policial. O recordo do político nacionalista foi o motivo doDía da Patria Galega, xornada na que o nacionalismo volveu acceder ao recinto histórico de Compostela despois de anos de prohibición[9].
Naseleccións autonómicas de 1985 o BNG só acada un escano, o do portavoz nacional e candidato Xosé Manuel Beiras, mentres queCoalición Galega consegue 11 escanos, e o Partido Socialista Galego-Esquerda Galega gaña 3 escanos. As eleccións vólveas gañarAlianza Popular baixo o nome deCoalición Popular de Galicia.
Os resultados electorais culminaron unha etapa de debate interno que desembocou na celebración dunha Asemblea Extraordinaria en Santiago o 15 de decembro, na que o BNG rectificou a súa táctica política a respecto da esixencia regulamentaria de acatar a Constitución para acceder ao Parlamento. Esta rectificación converteuse nun paso fundamental para o desenvolvemento do BNG no seu obxectivo de defender os intereses de Galiza.[9]
En1986 a UPG ten unha escisión, creándose o Colectivo 22 de marzo que deu orixe á formación en xullo doPartido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), de carácterindependentista e comunista. O BNG ten de escoller a dirección política a tomar e escolle un camiño máis moderado. O BNG, liderado porBeiras desradicalízase para tentar gañar máis votos. Na terceira asemblea, o Partido Comunista de Liberación Nacional (que despois formará aFrente Popular Galega (FPG)) é expulsado da fronte por apoiar aHerri Batasuna.
Ese mesmo ano, tería lugar en marzo o referendo sobre a permanencia de España naOTAN, no que o BNG fixo campaña a favor do non. Naseleccións ás Cortes españolas de xuño acadaríase a cifra de 27 049 votos. Ante os actos oficiais de celebración do cincuentenario do plebiscito doEstatuto de Autonomía de 1936, respondeu con actos e mobilizacións a favor dodereito á autodeterminación ante o que o BNG consideraba unha manipulación dos feitos.[9]
Nos días 7 e 8 defebreiro de1987 tivo lugar noCarballiño a III Asemblea Nacional. A militancia aprobou os mecanismos que permitirían a actualización das tácticas e das formas de traballo político iniciando o proceso de apertura da Fronte á sociedade galega. No marco dos actos daMesa pola Normalización Lingüística en defensa do idioma galego foi presentada unha nova imaxe corporativa.[9]
Ante aseleccións ao Parlamento Europeo de 1987, acreditou na necesidade de configurar unha candidatura nacionalista unitaria para levar a voz de Galiza a Europa. As conversas entre as formacións nacionalistas non frutificaron, quedando o BNG como a única candidatura galega. No contexto das eleccións europeas o PCLN situárase fóra do BNG pola decisión de apoiar a candidatura deHerri Batasuna, vulnerando os acordos do Consello Nacional. En xuño celebráronse conxuntamente as eleccións europeas e municipais, o BNG obtivo 53 116 votos nas primeiras e 61 256 e 139 concelleiros/as nas segundas. Con estes resultados, converteuse na primeira organización nacionalista en número de votos.[9]
Ante a crise que atravesaban as institucións galegas, o BNG presentara en setembro dese mesmo ano un Proxecto de Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento económico, político, social e cultural de Galiza. Este proxecto, coñecido como Lei de Bases, configuraríase na estrutura sobre a que se habería edificar o programa do Bloque no marco político vixente daquela[9].
En xullo de1988 créase a organización xuvenil nacionalistaGaliza Nova, que pasaría a integrarse no BNG. A celebración do 25 de xullo tería lugar este ano co slogan "Proxecto común", que sintetizaba a liña de renovación e integración impulsada pola III Asemblea Nacional. Ante a vaga de lumes que asolagaba Galiza ese ano, o BNG impulsou, xunto con diversas asociacións e colectivos ecoloxistas, a primeira iniciativa lexislativa popular que xorde en Galiza co obxecto de defender o patrimonio forestal galego.[9]
Enfebreiro de1989 tivo lugar a IV Asemblea Nacional enLugo. Os debates asemblearios centráronse na configuración dunha estratexia política ante a crise na que está sumida Galiza. Decidiuse presentar candidato á Presidencia da Xunta en consecuencia coa nova estratexia política aprobada dous anos antes no Carballiño[9]. Naseleccións autonómicas de 1989 o BNG conseguiu 5 deputados con 105 703 votos (Xosé Manuel Beiras Torrado,Bautista Álvarez Domínguez,María Pilar García Negro,Alberte Xulio Rodríguez Feijoo eFrancisco Trigo Durán), conseguindo crear ungrupo parlamentario propio. OPartido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) e a FPG non obtiveron ningún escano. O PSG-EG conseguiu dous escanos. En xuño do mesmo ano tiveron lugar as segundas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que o BNG, como única candidatura galega, reforzaría a súa posición como a primeira forza dentro do nacionalismo con 46 052 votos. Enoutubro celebráronse tamén anticipadamenteeleccións ás Cortes española, nas que se acadarían 47 763 votos.[9]
En xuño de1990 a Comisión Permanente fixo público o documento "Análise do BNG perante a situación económica de Galiza" no que se analizaba a realidade galega e se consideraba imprescindíbel a unidade do nacionalismo galego en torno a uns principios básicos. O slogan “Entre todos” presidiría o Día da Patria dese mesmo ano, no que participaría por primeira vez o PNG-PG.[9]
En xaneiro de1991 celebrouse enVigo a V Asemblea Nacional. Asinábase o protocolo de integración de Galiza Nova. Ese ano viña desenvolvéndose unha intensa campaña co slogan "Galiza autodeterminación" que culminou o 6 de decembro nunha manifestación en Santiago de Compostela na que participaron máis de 10 000 persoas.[9] 1991 foi tamén o ano no queInzar e PNG-PG se integraron BNG.
Por outra banda, en maio tiveran lugar aseleccións municipais nas que o Bloque presentara 162 candidaturas coas que obtiveron 107 932 votos e 241 concelleiros/as. EnAllariz o BNG acadou por vez primeira unha rotunda maioría absoluta da man deAnxo Quintana. EnFene anovábase por terceira vez a maioría absoluta ostentada desde 1983.
En1992 manifestouse no apoio e participou activamente na Folga Xeral nacional do 2 de abril, un grupo de independentes dentro do Bloque crearon o colectivoEsquerda Nacionalista (EN) e no outono impulsouse unha campaña contra oTratado de Maästricht , organizando actos explicativos en toda a nación sobre as consecuencias da Europa do capital. Finalmente, en decembro, celebrábase unha multitudinaria festa na Coruña co gallo do 10º aniversario da fundación do BNG.[9]
En marzo de1993 convocábase a VI Asemblea Nacional, que tería lugar na Coruña. Áseleccións ás Cortes españolas de xuño, o BNG concorrería co lema "Galiza con forza própria", obtendo 126 965 votos e ficando ás portas de obter representación nas provincias da Coruña e Pontevedra. O compromiso do BNG por unhaEuropa dos Pobos fundamentou a participación da organización no Forum Internacional enDinamarca onde se reuniran organizacións e personalidades de diversos países europeos críticos co modelo de Europa consagrado polo Tratado de Maästricht.[9]
Naseleccións autonómicas o BNG acada 269 233 votos e 13 deputados. Tras o fracaso nesas elecciónsUnidade Galega (UG), antigoPSG-EG, incorporaríase tamén ao Bloque. O avance electoral exprésase no incremento colleitado nas cidades nas que se converte na segunda forza política.[9]
O avance na unidade do nacionalismo no plano político plasmaríase no plano sindical coa reunificación do sindicalismo nacionalista que culminaba en1994 coa fundación daConfederación Intersindical Galega (CIG). A integración de UG en decembro culminaría o proxecto de unidade do nacionalismo iniciado en 1982. Nas eleccións europeas de xuño o BNG obtivo 139 221 votos. O Día da Patria adicouse á conmemoración do 50º aniversario de "Sempre en Galiza".[9]
Aseleccións municipais de marzo de 1995 supuxeron a consolidación do avance do BNG, nas que obtivo 208 098 votos e 428 concelleiros.[9]
En decembro de1995 celebrouse naFeira de Mostras de Ferrol a VII Asemblea. A definición dos criterios de actuación do BNG nas Cortes Xerais e os eixos que debían artellar unha alternativa de goberno en Galiza centraron os traballos asemblearios. No plano cara á consolidación organizativa, aprobouse o desenvolvemento dos Estatutos orixinarios[9].
Naseleccións ás Cortes españolas de marzo de1996 o BNG obtivo 220 147 votos, conseguindo por vez primeira na súa historia dúas actas noCongreso dos Deputados de España,Guillerme Vázquez eFrancisco Rodríguez. A actuación organizativa e política foi dirixida neste ano a estabelecer un contacto directo coa sociedade co obxectivo de conformar unha alternativa aoPartido Popular, celebrándose en outubro un acto masivo en Santiago de Compostela no que se presenta a alternativa e a Xosé Manuel Beiras como candidato á presidencia da Xunta. Deste xeito, o BNG concorre áseleccións ao Parlamento galego de 1997 cun programa de goberno, acadando un éxito sen precedentes ao conseguir 395 435 votos e 18 deputados, converténdose na segunda forza política de Galiza por diante doPSdeG-PSOE.[9]
En xuño de1998 tivo lugar enOurense a VIII Asemblea Nacional. Esta Asemblea marcou un fito no desenvolvemento da organización xa que nela se adecuaban as estratexias políticas á súa condición de alternativa de goberno. Unha das consecuencias desta Asemblea foi a sinatura daDeclaración de Barcelona, xunto conPNV eCDC, como entente na defensa do recoñecemento do carácter plurinacional doEstado español. A esta Declaración séguiríanlle as deGasteiz e a de Santiago de Compostela, que afondarían nos acordos de Barcelona.[9]
En maio de1999 o BNG impulsou a creación daFundación Galiza Sempre e volve concorrer en solitario áseleccións ao Parlamento Europeo de xuño, obtendo 349 079 votos e por vez primeira un deputado na persoa de Camilo Nogueira.
Naseleccións municipais obtéñense 290 187 votos e 585 concelleiros, o que supuxo un avance cualitativo xa que entraron no goberno en cinco das sete cidades galegas, en tres delas ocupando a alcaldía;[9]Miguel Anxo Fernández Lores enPontevedra,Xaime Bello en Ferrol eLois Pérez Castrillo en Vigo. Tamén se acadan maiorías absolutas en concellos de tamaño intermedio comoAllariz,Fene,Poio ou nasPontes, así como outros máis pequenos comoVilar de Santos.[10]
Naseleccións ás Cortes españolas do ano 2000 o BNG obtivo 306 268 votos e 3 deputados eAnxo Quintana foi designadosenador polo Parlamento galego, acadaría así o BNG por primeira vez representación na Cámara Alta, completando deste xeito a súa presenza en todos os foros de representación. Ese mesmo ano, o BNG converteuse en membro de pleno dereito doPartido Democrático dos Pobos de Europa - Alianza Libre Europea e en maio constituiríase no Parlamento Europeo o Intergrupo de nacións sen Estado, sendo nomeado presidente do mesmo Camilo Nogueira. Tamén se presentou en xuño, en Santiago de Compostela, o manifesto “Un compromiso responsábel co país”, no que o BNG pretendía establecer un diálogo aberto coa sociedade para construír a alternativa de goberno en Galiza. Asemade, participou activamente nas actividades da “Marcha Mundial de Mulleres”con delegación propia nas manifestacións que tiveron lugar enBruxelas eNova York á vez que presentaba o seu novo sitio web: www-bng-galiza.org.[9]
En xaneiro de2001 o BNG presentou unha moción de censura no Parlamento de Galicia ante a xestión da Xunta fronte ao problema das “vacas tolas” . Ese mesmo ano e antes da celebración da IX Asemblea Nacional, o BNG exerceu de anfitrión no Encontro do Intergrupo de Nacións sen Estado no Parlamento europeo celebradas en Santiago de Compostela.[9]
En febreiro de 2001 tivo lugar en Santiago de Compostela a IX Asemblea Nacional, na que se reforza a idea do BNG como alternativa de goberno. O Bloque participaría activamente na folga de xuño contra os recortes sociais promovidos polo Goberno deAznar. En outubro celebráronse aseleccións ao Parlamento de Galicia nas que obtivo 346 423 votos e 17 deputados, manténdose como segunda forza no Parlamento a pesar de descender o seu número de apoios con respecto ás eleccións anteriores e igualar en escanos co PSdeG-PSOE. O BNG tamén participaría activamente nas masivas mobilizacións contra a novaLei Orgánica de Universidades (LOU).[9]
En abril de2002 o BNG celebra na Coruña a X Asemblea Nacional. Nesta Asemblea adóptanse resolucións significativas como a substitución da Permanente pola Executiva Nacional que pasa a ser un órgano elixido pola Asemblea. O Bloque apoiou a folga xeral do 20 dexuño contra o decreto doGoberno español de reforma do sistema de cobertura do desemprego. En Vigo, celebraríase o Acto de Conmemoración do XX Aniversario do BNG. Por outra banda, aFundación Galiza Sempre, en colaboración conGaliza Nova, organizaba os días 24 e 25 dexullo dese mesmo ano a primeira edición doFestigal.[9]
En novembro, perante a xestión dacatástrofe ecolóxica producida polo buque Prestige, apoiou a autoorganización do pobo galego esixindo a depuración de responsabilidades políticas e solucións para reparar os danos e impedir que catástrofes desta caste volvan producirse. A iniciativa do BNG é respondida por numerosas entidades asociativas de Galiza. Desta iniciativa xurdiu o 21 de novembro a Plataforma CidadáNunca Máis. A indignación social ante o comportamento do Goberno español e da Xunta culminarían na presentación dunha moción de censura ao presidenteFraga que sería debatida no Parlamento de Galiza o 12 de decembro.[9]
En2003 o BNG participou como parte activa na manifestación das “maletas” celebrada o 9 de febreiro na Coruña e na marcha aMadrid do día 23, que congregou centos de miles de galegos na capital do Estado e impulsou iniciativas en todos os ámbitos fronte á invasión deIraq. Naseleccións municipais presentou 307 listas e obtivo 325 331 votos e 595 concelleiros, pasando a formar goberno en 42 Concellos, en 19 ostentando a alcaldía. O resultado obtido naprovincia da Coruña situouno nunha posición central para impulsar o cambio naDeputación, accedendo así a un goberno no que Xaime Bello sería o seu vicepresidente. Estas eleccións supuxeron un novo fito para o Bloque, xa que obtivo o mellor resultado da súa historia nunhas eleccións locais.[9]
Ennovembro de2003, após a XI Asemblea Nacional, houbo un troco xeracional no BNG, no queAnxo Quintana sucedeu aBeiras como voceiro nacional e candidato á presidencia daXunta de Galicia. O rival de Quintana fora, entón, o eurodeputadoCamilo Nogueira, quen acadou 600 votos fronte os 1 700 do senador. Xosé Manuel Beiras pasa a ser elixido Presidente do Consello Nacional, cargo de nova creación.
Naseleccións xerais de 2004, o BNG comeza unha crise polo continuo retroceso de votos, xa que só consegue 208 688 votos que lle dan 2 escanos no Congreso dos Deputados e ningún noSenado, aínda que por cota parlamentaria autonómica é escollido senador polo BNGFrancisco Jorquera, quen substituíra a Anxo Quintana o ano anterior. Na investidura doPresidente do Goberno de España votouse a favor da candidatura deJosé Luis Rodríguez Zapatero.[11]
Aínda que coaseleccións ao Parlamento Europeo, nas que, despois de presentarse en coalición coPNV eCiU (Galeusca), queda con dous eurodeputados, a redución do número de eurodeputados correspondentes ao Estado incidira negativamente na perda de representantes. Así e todo, en xullo do2004, Anxo Quintana, establece cambios na cúpula do partido e foi presentado o documento de bases para un novo Estatuto de Nación para Galiza, no que se contiñan os criterios que debían orientar o proceso de reforma estatutaria. Este documento desenvolveuse no Foro polo Novo Estatuto con representantes de distintos ámbitos sociais e profesionais, coa finalidade de dotar ao BNG de achegas e de implicar á sociedade neste debate.[9]
Tras aseleccións autonómicas de 2005 o BNG entrou no goberno de coalición presidido polo socialistaEmilio Pérez Touriño no que o BNG tivo a vicepresidencia, que ocuparía Anxo Quintana coasconsellarías de Relacións Institucionais e Benestar Social. Así mesmo, o BNG encargouse das consellerías de Cultura (Ánxela Bugallo), Industria (Fernando Blanco), Medio Rural (Alfredo Suárez Canal) e Vivenda (Teresa Táboas), de nova creación.
Tamén participaría ese ano o BNG na Asemblea Xeral de Galeuscat en Madrid, que marcou o inicio dunha nova andaina da alianza, fundando en xaneiro do ano seguinte a Tribuna Galeuscat dotándose de órganos permanentes de coordinación parlamentaria nas Cortes españolas. O arranque da campaña do 25 de xullo de2006 tivo lugar o 28 de xuño, coincidindo co 70º aniversario do plebiscito do Estatuto de autonomía do 36, coa presentación en Santiago da Alianza Galeuscat, que contou coa presenza dos líderes do BNG, PNV e CiU e numerosa asistencia representativa do mundo social en Galiza.[9]
Na XII Asemblea Nacional, celebrada en Santiago de Compostela o 2 e 3 de decembro de2006, presentáronse catro candidaturas ao Consello Nacional, a oficial encabezada por Anxo Quintana e co apoio da UPG e dos independentes deRoberto Mera conseguiu 1.646 votos (62.57%) obtendo 31 representantes no Consello. A segunda candidatura foiEncontro Irmandiño (EI) liderada por Xosé Manuel Beiras que conseguiu 449 votos (17.09%), obtendo 9 representantes;A Alternativa encabezada porRosario Fernández Velho e que conta co apoio de Camilo Nogueira e EN conseguiu 291 votos (11.06%), conseguindo 5 representantes.
A última candidatura foi oMovemento pola Base (MpB), formada sobre todo por membros de Galiza Nova e encabezada polo sindicalista da CIGFermín Paz, que conseguiu 245 votos (9.32%) e 5 representantes. Trala votación chegouse a un acordo entre as diferentes candidaturas para a repartición dos membros da Executiva Nacional, a candidatura oficial leva 10 dos 15 membros, os outros cinco repártense entre EI e A Alternativa, o MpB apoiou o acordo malia quedar fóra da Executiva. Tamén se decidiu modificar a composición da seguinte Asemblea Nacional para que fose por delegados e non como antes aberta a todos os militantes.
A súa presenza institucional nese momento era de 595 concelleiros, 15 deputados provinciais, 13 deputados autonómicos, 2 deputados no Congreso dos Deputados, un senador e ningún eurodeputado.
Naseleccións municipais de maio de 2007, acadou o 19,15% dos sufraxios. Agudizou a súa caída nas cidades, lonxe da mensaxe intelectual e rebelde que tanto éxito colleitara nos anos noventa en segmentos urbanos e xuvenís do electorado. Este descenso compensouno con contundentes vitorias en vilas medias comoCarballo,Arzúa,Teo,Monforte de Lemos,Bueu,O Porriño ouPontecesures, ocupando espazos rurais e sociais que vai abandonando o Partido Popular. O estancamento tamén se compensou con perspectivas de maior poder institucional en concellos edeputacións (A Coruña e Lugo). Este resultado traduciuse de xeito global en 32 alcaldías e 37 cogobernos, o BNG conseguía así o maior número de representantes nas institucións locais da súa historia[9].
NasEleccións Xerais 2008 en España repetiu os resultados do 2004, acadando un deputado pola Coruña e unha deputada por Pontevedra.
Nesta lexislatura foi chave para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2009, cos seus dous deputados no Congreso, conseguindo 125 millóns de euros extra dos 2.020 millóns previstos inicialmente para Galicia (76 deles en materia de Fomento[12]), ademais de varios traspasos de competencias[13]. Isto foi, en palabras do portavoz do BNG no congreso,Francisco Jorquera, "o investimento maior no noso territorio en toda a historia". Así pois, o apoio do Bloque a estes orzamentos provocou o rexeitamento das emendas á totalidade, sacando adiante os orzamentos no seu primeiro trámite[14].
Tras perderen un escano (de 13 a 12) naseleccións ao Parlamento galego de 2009, celebradas o 1 de marzo, e que se saldaron coa maioría absoluta por un escano do PP, a executiva do BNG recoñeceu os malos resultados e dimitiu ante o Consello Nacional o 14 de marzo[15].
O 18 de abril realizáronse asembleas comarcais para elixir os delegados que concorreron á Asemblea Nacional extraordinaria do 10 de maio. Nestas asembleas comarcais presentáronse 3 listas:Alternativa pola Unidade (ApU, impulsada pola UPG),Listas Abertas (impulsada polo EI), e+BNG. Tamén se presentaron outras listas nalgunhas comarcas como Independentes do Val Miñor,Movemento Galego ao Socialismo (MGS), Esquerda Socialista Galega e Independentes do Ribeiro. O resultado deu unha maioría de delegados para ApU[16].
O 10 de maio celebrouse a Asemblea nacional extraordinaria, na que se presentaron catro listas: Alternativa pola Unidade (ApU, encabezada por Guillerme Vázquez), Máis BNG (+BNG, encabezada porCarlos Aymerich), Encontro Irmandiño (encabezada por Xosé Manuel Beiras) e Máis Alá (impulsada polo MGS e encabezada porRafa Villar). A elección ó Consello Nacional deu como resultado: 23 membros de ApU, 18 de +BNG, candidatura de Encontro 7 representantes e 2 para Máis Alá[17]. Da votación para a Executiva Nacional autoexcluíuse o Encontro Irmandiño, liderado por Beiras[18]. Presentáronse, pois, á executiva dúas listas: a de ApU (na que se integraba un representante de Máis Alá) e a de +BNG. A lista encabezada por Guillerme Vázquez obtivo 1189 votos (55,1% de apoio) o que lle outorgou 8 representantes, mentres que a encabezada por Carlos Aymerich conseguiu 969 votos (44,9% de apoio) e 7 representantes[19]. Así pois, Guillerme Vázquez resultaba elixido portavoz nacional do BNG, en substitución de Anxo Quintana[20].
AsEleccións municipais de 2011 supuxeron a saída do BNG dos gobernos de coalición de Ferrol e da Coruña por mor das maiorías absolutas acadadas polo PP e por vez primeira diminuíu o número de concelleiros totais acadados con respecto ás anteriores eleccións. Pese ao descenso, grazas ás maiorías obtidas e os apoios doutras forzas políticas, principalmente do PSdeG-PSOE, foi quen de acceder a un total de 29 alcaldías: naBola, naPobra do Brollón,Arbo, Allariz,Arzúa,Cariño, Bueu,Carballo,Vimianzo,Castrelo de Miño, Carnota,Monforte de Lemos,Maceda,Maceda de Trives,Mondoñedo,Mugardos, Poio,Pontecesures, Pontevedra,Rianxo,Ribadeo,Riotorto,Salceda de Caselas,San Sadurniño,Teo,Tomiño, Vilar de Santos, naMezquita eZas[21].
O sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro de2012 celebrouse a XIII Asemblea Nacional[22] noRecinto feiral de Amio en Santiago de Compostela, na que se elixiu a dirección, así como o voceiro nacional e o seu candidato para a Xunta. Presentáronse tres listas:Alternativa pola Unidade (ApU), co apoio da UPG e con Guillerme Vázquez para voceiro e Francisco Jorquera para candidato; unha lista encabezada porMáis Galiza (+G) e EI (+G-EI), co apoio do CS, PNG-PG, EN, Inzar, UG eEspazo Socialista Galego, con Xosé Manuel Beiras para voceiro e Carlos Aymerich para candidato; e unha lista de MGS, encabezada por Rafa Villar.[23][24][25] Finalmente, Guillerme Vázquez resultou reelixido portavoz nacional con 2.123 votos fronte Xosé Manuel Beiras, con 1.823 votos; e Francisco Jorquera candidato á presidencia da Xunta con 2.338 votos (53 %) fronte aos 2.043 votos (46 %) conseguidos por Carlos Aymerich. A Executiva formouse con 7 membros de ApU, 7 de +G-EI e 1 de MGS; así mesmo, a votación do Consello Nacional deparou 2.164 apoios (48 %) para ApU, 2.026 (45 %) para +G-EI e 248 (5 %) para MGS.[26]
Tras a citada asemblea, debido ás tensións internas e ideolóxicas, partidos como EI[27] e EN[28] decidiron abandonar o BNG. A corrente Máis Galiza,[29] (a segunda forza máis votada tras a UPG) e o PNG-PG[30][31] anunciaron asembleas propias para decidir a súa continuidade, decidindo ao final, deixar o Bloque. Froito desta escisión o BNG perdeu o control de varias alcaldías, como as de Maceda, Maceda de Trives, Teo, Arbo[32] ou Vilar de Santos[33].
Tras a asemblea do 17 de marzo de2013 que tivo lugar noPalacio de Congresos de Santiago de Compostela[34], produciuse de novo unha remuda na portavocía nacional, abandonando o cargo Guillerme Vázquez como consecuencia dos malos resultados acadados naseleccións ao Parlamento de Galicia 2012. Sería substituído porXavier Vence[35]. Após esta asemblea o BNG adoptou posturas abertamente soberanistas co obxectivo da construción da República Galega. Este movemento provoca que o equipo de goberno deSalceda de Caselas se dea de baixa no partido[36].
En novembro de2014 a alcaldesa da BolaTeresa Barge mais outros cinco edís do goberno municipal déronse de baixa do BNG. Estes cinco exmilitantes concorrerían nas eleccións que se haberían celebrar o ano seguinte baixo as siglas do PP. Barge xa formara parte do goberno municipal do PP, liderado polo seu pai, mais en 2003 desaloxouno da alcaldía cunha agrupación independente grazas ao apoio do BNG, partido no que pasaría integrarse en 2007 animada por Anxo Quintana[37][38]. Con todo, isto non lle impedira ser compromisaria afín aJosé Manuel Baltar Blanco en 2010, no congreso quePP de Ourense habería de celebrar para suceder aXosé Luís Baltar[39].
Naseleccións municipais de 2015 o BNG concorreu baixo a marcaBNG-Asembleas Abertas[40]. Sufriu un importante descenso de 72 000 votos en total, os máis deles nas cidades agás Pontevedra, onde Fernández Lores anovaría unha vez máis na alcaldía; na Coruña, Lugo e Ferrol viuse amplamente superado polasMareas e incluso perdeu a súa representación en Vigo e Ourense[41]. Pola contra, no rural, a pesar da perda de alcaldías que seguiron a ser nacionalistas -mais xa con outras siglas- por mor da escisión producida trala XIII Asemblea, o BNG foi quen de acadar novas maiorías absolutas como as de Vimianzo,Mazaricos ou Carballo e manter outras como Allariz[42], Zas, Carnota, Poio ou Bueu. En total, o partido conseguiu 30 alcaldías: Allariz,Baños de Molgas,Barro, Boimorto, Bueu, Carballo, Carnota, Castrelo de Miño, Fene, Mazaricos, A Mezquita,Moaña,Moeche,Muras,As Neves, A Pobra de Brollón, Poio,Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Rianxo,A Rúa, Ribadeo, San Sadurniño,Santiso, Tomiño,Toques,Viana do Bolo, Vimianzo e Zas[43].
EnBoimorto o cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas Xosé Luís Rivas Cruz "Mini", pese a contar só con dous edís, foi investido alcalde co apoio dos catro do PSdeG-PSOE[44], fronte os cinco do PP. Porén, dous meses despoisGonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo[45]. Tamén se perden posteriormente en senllas mocións de censura as alcaldías de Pontecesures (maio de 2016) e Fene (abril de 2018).
Enabril de2016 o alcalde de Vimianzo -Manuel Antelo- xunto con toda a corporación do BNG local, anunciaban a súa baixa na fronte par como mostra do seu rexeitamento ás posturas a adoptar após a XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña, convocada logo dos malos resultados colleitados naseleccións ás Cortes de España de 2015[46].
De cara áseleccións ás Cortes Españolas de 2015 tiveron lugar nos meses previos diversas reunións de distintos líderes e partidos políticos do centro-esquerda galego (con excepción do PSdG-PSOE), o obxectivo era xuntar forzas para acadar grupo parlamentario propio que representara exclusivamente os intereses galegos. Isto materializouse en dous movementos coñecidos comoIniciativa pola Unión eEncontro Cidadán por unha Marea Galega, que acordaron lanzar unha convocatoria conxunta aos partidos[47]. Finalmente non houbo pleno acordo e o BNG liderou nas catro provincias a coaliciónNós - Candidatura Galega, á que se sumaron pequenos partidos galeguistas e que contou cos apoios deRafael Cuíña[48] (daquela alcalde deLalín e militante deCompromiso por Galicia) eCerna, partido que decidiu non integrar ningunha candidatura e á súa vez apoiar a outra coalición resultante, a deEn Marea -Podemos[49].
O resultado dos comicios foron realmente malos xa que o BNG perdeu toda a representación que ostentaba no Congreso desde 1996, cun descenso de máis da metade dos votos con respecto a 2011, mentres que a outra formación nacionalista galega de esquerdas xurdida da escisión da XIII Asemblea Nacional,Anova, conseguía dous deputados grazas á coalición En Marea - Podemos.
Tras a Asemblea Nacional celebrada noPalacio de Exposicións e Congresos da Coruña o 28 de febreiro de2016, a deputada e membro da directivaAna Pontón resultou elixida voceira nacional. A súa candidatura foi referendada por máis do 85% dos votos[50]. Desta maneira, superou amplamente á outra candidatura coa que competía, promovida por militantes da comarca da Barbanza e encabezada por Carlos Branco Ansoar[51]. Ana Pontón sucedeu así a Xavier Vence, quen anunciara o seu desexo de non seguir como líder do Bloque após os malos resultados colleitados nas eleccións ásCortes Xerais celebradas o 20 de decembro de2015[52]. Ademais, adoptouse a decisión de retomar a fórmula de que o portavoz nacional sería á súa vez, o principal candidato ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia, como así se recolleu no ditame de dita asemblea[53].
Como resultado tamén do debate e medidas aprobadas, producíronse as baixas de Carlos Aymerich e o exvoceiro nacional Anxo Quintana, que anunciaran a súa desconformidade coa decisión de continuar en solitario cara ás vindeiraseleccións ao Parlamento de Galicia 2016 e non confluír con outras forzas de esquerda como as que representabanAGE ou En Marea-Podemos[54][55].
Froito da imposibilidade de acordar un novo goberno logo das eleccións de decembro de 2015, volvéronse convocareleccións para o27 de xuño de 2016. Desta volta o BNG concorrería baixo a candidaturaBNG-Nós, obtendo uns resultados aínda peores cós de había seis meses, con só 44.902 votos[56] no Congreso. Con estes resultados, o BNG volveu ficar sen ningún deputado ou senador nas Cortes españolas.
Ana Pontón foi proclamada candidata do BNG ás eleccións do Parlamento Galego de 2016, fixadas para o 25 de setembro. A pesar das malas perspectivas electorais que as enquisas outorgaban ao Bloque, a súa candidatura logrou finalmente 119.446 votos[57]. O Bloque seguiu sendo a cuarta forza no Parlamento Galego, con só un deputado menos que na lexislatura anterior. En concreto o Bloque logrou dous deputados pola Coruña (Ana Pontón eXosé Luís Rivas "Mini"), outros dous pola provincia de Pontevedra (Montse Prado eLuís Bará), unha deputada pola provincia de Lugo (Olalla Rodil) e outra pola de Ourense (Noa Presas).
A XVI Asemblea Nacional celebrouse o 25 e 26 de marzo de 2017 noPalacio de Exposicións e Congresos da Coruña. Os resultados acadados nas eleccións ao Parlamento Galego do ano anterior propiciaron unha asemblea sen grosos debates, onde se priorizou a imaxe de unidade interna tralas tensións de asembleas anteriores. O clima de unidade foi referendado na reelección de Ana Pontón como portavoz nacional co 98% dos votos da militancia[58].
Tras a moción de censura aMariano Rajoy e a posterior imposibilidade dePedro Sánchez de aprobar os orzamentos convocáronse aseleccións de abril de 2019. O BNG obtivo 94.433 votos, máis do dobre que nas anteriores xerais, pero insuficientes para entrar no Parlamento.[59]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo, que tiveron lugar entre o23 e o26 de maio de 2019, o BNG concorreu integrado na coaliciónAgora Repúblicas candaEsquerra Republicana de Catalunya eEH Bildu. O BNG duplicou os votos que tivera en Galiza nas eleccións anteriores e a coalición conseguiu tres escanos. Dous deles foron ocupados por ERC en tanto que o outro foi ocupado de xeito rotatorio por Bildu (tres anos) e BNG (2 anos).Ana Miranda Paz ocupou o escano o 5 de setembro de 2022.[60]
En novembro de 2019 realizáronse unhasnovas eleccións, despois de que non se lograra a formación dun goberno. O BNG logrou volver ao Congreso catro anos despois, recibindo 119.597 votos, un 0,5%, obtendo así un escano pola provincia da Coruña paraNéstor Rego.[61]
En xaneiro de2020 a militancia proclamou de novo a Ana Pontón como candidata a presidir a Xunta.[62] Aseleccións ao Parlamento, fixadas inicialmente para abril foron celebradas finalmente o 12 de xullo, tras ser adiadas por mor dapandemia por coronavirus. O BNG obtivo 19 escanos, 13 máis que nos anteriores comicios, e bateu a marca de 18 que obtivera na etapa de Beiras en 1997.[63] Conseguiu ademais a porcentaxe máis alta de votos da súa historia (25,33%) e superou aoPSdeG, converténdose na segunda forza no Parlamento 19 anos despois.[64][65] O BNG achegou os cinco deputados máis novos da lexislatura.[66]
O nacemento do BNG xorde coa intención de aglutinar no seu interior toda a ampla gama ideolóxica do nacionalismo. Por esta razón, a súa organización é frontista. Dentro del conviven partidos, colectivos nacionalistas e militantes individuais (a gran maioría):
A Executiva Nacional é o órgano que leva á práctica as liñas programáticas do BNG e xestiona a política do día a día. Reúnese con frecuencia semanal e na actualidade está composta por:[69]
Período | Portavoz Nacional | Candidatura á Xunta | Parlamento Galego | Parlamento Español | Senado Español | Parlamento Europeo |
---|---|---|---|---|---|---|
1982-1985 | non existe o cargo | vacante | Bautista Álvarez[e 1] | sen representación | sen representación | sen representación |
1985-1995 | Xosé Manuel Beiras | |||||
1995-1996 | Xosé Manuel Beiras | |||||
1996-1999 | Xosé Manuel Beiras | Francisco Rodríguez | ||||
1999-2000 | Camilo Nogueira | |||||
2000-2001 | Anxo Quintana | |||||
2001-2003 | vacante | |||||
2003-2004 | Anxo Quintana | Anxo Quintana | ||||
2004-2005 | sen representación | |||||
2005-2008 | Anxo Quintana | Francisco Jorquera | ||||
2008-2009 | Francisco Jorquera | Xosé Manuel Pérez Bouza | ||||
2009-2012 | Guillerme Vázquez | Francisco Jorquera | Carlos Aymerich | |||
Ana Pontón (2012) | ||||||
2012-2013 | Xavier Vence | vacante | Francisco Jorquera | Olaia Fernández Davila | sen representación | Ana Miranda Paz |
2013-2016 | sen representación | |||||
2016-2018 | Ana Pontón | Ana Pontón | sen representación | |||
2018-2019 | Ana Miranda Paz | |||||
2019-2022 | Ana Pontón | Néstor Rego | sen representación | |||
Dende 2022 | Ana Miranda Paz |
Parlamento de Galicia | |||||||
Ano de elección | Líder da candidatura | Votos | % | Posto da candidatura | Deputados | +/– | Goberno |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1985 | Xosé Manuel Beiras | 53 072![]() | 4,20%![]() | 5°![]() | 1 / 75 | 2![]() | Oposición |
1989 | 105 703![]() | 7,97%![]() | 3°![]() | 5 / 75 | 4![]() | Oposición | |
1993 | 269 233![]() | 18,38%![]() | 3°![]() | 13 / 75 | 8![]() | Oposición | |
1997 | 395 435![]() | 24,78%![]() | 2°![]() | 18 / 75 | 5![]() | Oposición | |
2001 | 346 430![]() | 22,58%![]() | 2°![]() | 17 / 75 | 1![]() | Oposición | |
2005 | Anxo Quintana | 311 954![]() | 18,65%![]() | 3°![]() | 13 / 75 | 4![]() | Goberno en coalición |
2009 | 270 712![]() | 16,01%![]() | 3°![]() | 12 / 75 | 1![]() | Oposición[70] | |
2012 | Francisco Jorquera | 146 027![]() | 10,11%![]() | 4°![]() | 7 / 75 | 5![]() | Oposición |
2016 | Ana Pontón | 119 446![]() | 8,33%![]() | 4°![]() | 6 / 75 | 1![]() | Oposición |
2020 | 311 340![]() | 23,79%![]() | 2°![]() | 19 / 75 | 13![]() | Oposición | |
2024 | 467 074![]() | 31,58%![]() | 2°![]() | 25 / 75 | 6![]() | Oposición |
Cortes Xerais | |||||||||
Ano da elección | Congreso | Senado | Líder da candidatura | Status na lexislatura | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Votos | % | Posto da candidatura | Asentos | +/– | Asentos | +/– | |||
1986 | 27 049 | 0,13% | 26° | 0 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | — | Sen representación |
1989 | 47 763 | 0,23% | 21° | 0 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Henrique Tello | Sen representación |
1993 | 126 965 | 0,54% | 13° | 0 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Francisco Rodríguez | Sen representación |
1996 | 220 147 | 0,88% | 7° | 2 / 350 | 2![]() | 0 / 208 | 0![]() | Francisco Rodríguez | Oposición |
2000 | 306 268 | 1,32% | 6° | 3 / 350 | 1![]() | 0 / 208 | 0![]() | Francisco Rodríguez | Oposición |
2004 | 208 688 | 0,81% | 8° | 2 / 350 | 1![]() | 0 / 208 | 0![]() | Francisco Rodríguez | Oposición |
2008 | 212 543 | 0,83% | 8° | 2 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Francisco Jorquera | Oposición |
2011 | 184 037 | 0,76% | 10° | 2 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Francisco Jorquera | Oposición |
2015 | Dentro deNós | 0 / 350 | 2![]() | 0 / 208 | 0![]() | Carlos Callón | Sen representación | ||
2016 | 45 252 | 0,19% | 14° | 0 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Luís Bará | Sen representación |
2019 (abril) | 94 433 | 0,36% | 15° | 0 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Néstor Rego | Sen representación |
2019 (nov) | 120 456 | 0,50% | 14° | 1 / 350 | 1![]() | 0 / 208 | 0![]() | Néstor Rego | Oposición |
2023 | 152 327 | 0,62% | 9° | 1 / 350 | 0![]() | 0 / 208 | 0![]() | Néstor Rego | Confianza e apoio |
Cortes Xerais | |||||||
Ano de elección | Galicia | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Congreso | Senado | ||||||
Votos | % | Posto da candidatura | Asentos | +/– | Asentos | +/– | |
1986 | 27 049 | 2,11% | 6° | 0 / 27 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
1989 | 47 763 | 3,59% | 4° | 0 / 27 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
1993 | 126 965 | 8,01% | 3° | 0 / 26 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
1996 | 220 147 | 12,85% | 3° | 2 / 25 | 2![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2000 | 306 268 | 18,62% | 3° | 3 / 25 | 1![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2004 | 208 688 | 11,37% | 3° | 2 / 24 | 1![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2008 | 212 543 | 11,51% | 3° | 2 / 23 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2011 | 184 037 | 11,18% | 3° | 2 / 23 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2015 | Dentro deNós | 0 / 23 | 2![]() | 0 / 16 | 0![]() | ||
2016 | 45 252 | 2,89% | 5° | 0 / 23 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2019 (abril) | 94 433 | 5,74% | 5° | 0 / 23 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2019 (nov) | 120 456 | 8,09% | 4° | 1 / 23 | 1![]() | 0 / 16 | 0![]() |
2023 | 152 327 | 9,48% | 4° | 1 / 23 | 0![]() | 0 / 16 | 0![]() |
Ano | Candidatura | Representante(s) | Diferenza | Votos ao BNG | Porcentaxe de voto en Galicia | Votos á candidatura | Porcentaxe da candidatura en España | Diferenza da candidatura | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1987 | Bloque Nacionalista Galego | 0 / 60 | ▬ | 53 116 | 3,7% | 53 116 | 0,28% | 53 116 | [71] |
1989 | Bloque Nacionalista Galego | 0 / 60 | ▬ | 46 052![]() | 4,17%![]() | 46 052![]() | 0,29%![]() | 7 064![]() | [71] |
1994 | Bloque Nacionalista Galego | 0 / 64 | ▬ | 139 221![]() | 11,4%![]() | 139 221![]() | 0,75%![]() | 93 169![]() | [71] |
1999 | Bloque Nacionalista Galego | 1 / 64 | ▲ 1 | 349 079![]() | 21,98%![]() | 349 079![]() | 1,65%![]() | 209 858![]() | [71] |
2004 | Dentro deGaleusca - Pobos de Europa | 0 / 54 | ▼ 1 | 141 756![]() | 12,32%![]() | 798 816![]() | 5,15%![]() | 449 737![]() | [71][72] |
2009 | Dentro deEuropa dos Pobos - Verdes | 0 / 54 | ▬ | 103 724![]() | 9,08%![]() | 391 962![]() | 2,5%![]() | 406 854![]() | [71][73] |
2014 | Dentro deOs Pobos Deciden | 0 / 54 | ▬ | 80 394![]() | 7,88%![]() | 326 464![]() | 2,08%![]() | 65 498![]() | [71] |
2019 | Dentro deAgora Repúblicas | 0 / 59 | ▬ | 172 088![]() | 11,8%![]() | 1 252 139![]() | 5,58%![]() | 931 020![]() | [71][74] |
2024 | Dentro deAgora Repúblicas | 1 / 61 | ▲ 1 | 180 710![]() | 16,13%![]() | 856 500![]() | 4,91%![]() | 395 639![]() | [71][75][76] |
† Na candidatura de2004, conGaleusca, os deputados elixidos foron deCDC ePNV. Faltaron 333 votos para o terceiro escano, que sería para Camilo Nogueira, debido á impugnación selectiva de mesas feita poloPP para evitar que o BNG tivese eurodeputado propio.[Cómpre referencia]
†† Como resultado dos acordos adoptados polos partidos integrantes, a candidata do BNGAna Miranda Paz ocupou o seu posto rotatorio como europarlamentaria dende o 1 de xaneiro de 2012 até o 9 de xullo de 2013.[78]
††† Como resultado dos acordos adoptados polos partidos integrantes, o candidato deEH BilduJosu Juaristi estaría os primeiros tres anos e medio no Europarlamento e a candidata do BNG Ana Miranda o restante ano e medio (dende o 28 de febreiro de 2018 até o 1 de xullo de 2019.[79]
†††† Como resultado dos acordos adoptados polos partidos integrantes,Pernando Barrena (deEuskal Herria Bildu), foi substituído após 3 anos porAna Miranda, que ocupou o escano dende o 5 de setembro de 2022 (2 anos).[80][81]
Ano | Votos | Porcentaxe (%) | Concelleiros | Maiorías absolutas | Maiorías simples | Notas |
1983 | 50 025 | 4,1% | 117 / 4.033 | 1 | 1 | |
1987 | 61 256![]() | 4,53%![]() | 139 / 4.044 | 2 | ||
1991 | 107 932![]() | 7,71%![]() | 241 / 4.033 | 2 | ||
1995 | 208 098![]() | 13,15%![]() | 428 / 3.932 | |||
1999 | 290 187![]() | 18,54%![]() | 586 / 3.901 | 5 | ||
2003 | 325 331![]() | 19,41%![]() | 595 / 3.873 | |||
2007 | 315 279![]() | 19,15%![]() | 661 / 3.901 | |||
2011 | 261 513![]() | 16,52%![]() | 590 / 3.811 | 11 | 12 | [82] |
2015 | 189 465![]() | 12,9%![]() | 468 / 3.766 | 13 | 4 | [83] |
2019 | 194 462![]() | 12,87%![]() | 456 / 3.721 | 14 | 10 | [84] |
2023 | 248 676![]() | 17,25%![]() | 590 / 3.705 | 8 | 18 | [85] |
Na construción do noso discurso “nacionalismo”, “esquerda”, “feminismo”, ecoloxismo”..., non deben ser entendidos como unha xustaposición de elementos que conforman o noso ideario(...)
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bloque Nacionalista Galego |
![]() | AGalifontes posúe textos orixinais acerca de: Bloque Nacionalista Galego |