Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

BMW

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BMW

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1916
LocalizaciónMúnic,AlemañaAlemaña
FundadorFranz Josef Popp
Persoas claveNorbert Reithofer (Director)
IndustriaAutomótriz
ProdutosAutomóbiles
Beneficio98 678 millóns de euros, en 2017
Número de empregados100 306 (2011)
Na rede
https://www.bmwgroup.com/,https://www.bmw.com,https://www.bmw.de/,https://www.bmw.com.mx,https://www.bmw.com.br/ ehttps://www.bmw.it/
Facebook: BMWGroupTwitter: BMWGroupInstagram: bmwgroupLinkedIn: bmw-groupYoutube: UCv_N2TJ6EBx56eMUK8GwhDQGitHub: bmwgroupEditar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
BMW 325.

BMW (De-Bayerische Motoren Werke Aktiengesellschaft.oggBayerische Motoren Werke (axuda · info), Fábrica Bávara de Motores) é un fabricante alemán deautomóbiles emotocicletas. Ten a súa sede principal enMúnic. As súas filiais sonMini,Rolls-Royce,BMW i eBMW Bank.

Historia

[editar |editar a fonte]

Entre guerras

[editar |editar a fonte]

Logo daprimeira guerra mundial prohibíuselle aAlemaña fabricarmotores deaviación, polo que BMW comezou a producir freos paraferrocarrís. En1923 a compañía introduciuse no sector de vehículos, iniciando a fabricación demotocicletas, que xa entón levaban o clásico motor de BMW de dous cilindros montados horizontalmente en ambos os lados e refrixerado por aire (motor tipo "Boxer"). Poucos anos despois BMW obtivo unha licenza para fabricar un automóbil pequeno, que foi denominado 3/15. En1933 a empresa producía xa vehículos deseñados integramente polos seus propios técnicos, introducindo sucesivamente diversos modelos, tanto de catro asentos como deportivos. Antes do comezo dasegunda guerra mundial BMW fabricaba o 327, automóbil amplo e luxoso, e o 328, un deportivo convertible. Ambos os modelos equipaban un motor de dous litros e foron moi avanzados na súa época.

Durante a segunda guerra mundial, BMW forneceu un número importante de vehículos ao exército, sobre todo motocicletas, e tamén motores de aviación ás forzas aéreas. Cara a finais da guerra, BMW perdeu as súas tres fábricas situadas naAlemaña oriental e as súas instalacións en Múnic quedaron destruídas polas bombas.

Posguerra

[editar |editar a fonte]

Terminada a guerra, BMW tardou uns anos en reconstruír a súa fábrica de Múnic. Durante tres anos non puido fabricar, por mandato das forzas de ocupación aliadas, de forma que ata1952 non volveu producir un automóbil. Con anterioridade, a empresa inglesaBristol Aeroplane Company inspeccionara a fábrica de BMW e levouse os planos dos modelos producidos antes da guerra. Ao cabo dun tempo, a nova subsidiaria da empresa inglesa,Bristol Cars, iniciou a fabricación do seu modelo 400, que resultou ser practicamente idéntico ao BMW 327, incluíndo o famoso frontal en forma de "dobre ril".

Co inicio da produción, unha vez finalizadas as restricións impostas, BMW foi introducindo paulatinamente modelos de novo deseño, centrados nas chamadas Serie 3, Serie 5 e Serie 7 e o minicocheIsetta, destinado a unha poboación que non podía permitirse un automóbil maior. Todos eles son berlinas, é dicir, automóbiles de catro a cinco prazas. A primeira serie é de tamaños compacto e medio, a segunda grande e a terceira de luxo. Tamén introduciu, coa denominación Z1, un modelo deportivo, na súa versión coupé e roadster, é dicir, convertible, que na actualidade evolucionou cara a tres modelos diferentes, o Z3, que foi substituído posteriormente polo Z4 e o Z8, este último de gran luxo. No ámbito dos automóbiles BMW desenvolveu igualmente unSUV, vehículo combinado todo terreo e de estrada, que leva as siglas X5 e X3, o seu modelo descendente.

Produción

[editar |editar a fonte]
BMW Hochhaus

BMW non abandonou a súa vocación polas motocicletas e fabrica actualmente unha gama ampla, que inclúe motos deestrada de alta e media cilindrada, así como motos todo terreo. Nos últimos anos presentou tamén unscooter totalmente innovador, o C1, que dispón dunha estrutura sólida por encima dacabeza do condutor e dun cinto de seguridade, o cal permite prescindir do casco. O éxito deste scooter é aínda dubidoso.

BMW tamén gañou varios premios nos premios ao motor do ano, especialmente co V10, que actualmente levan os M5 e M6, un 10 cilindros en V de 5 litros de cilindrada, 507cv e 520 nm que os leva de 0–100 km/h en apenas 4,7 segundos. Cos seus desenvolvementos e melloras constantes, BMW é un dos fabricantes mundiais de automóbiles pioneiros na aplicación da máis modernatecnoloxía eelectrónica aos seus vehículos.

BMW comercializa os seus produtos destacando a súa condución deportiva. O lema da compañía éFreude am Fahren, é dicir, "gozar conducindo". EnGaliza, este lema traduciuse como¿Gústache conducir?.

Modelos de automóbiles

[editar |editar a fonte]

Os modelos BMW diferéncianse no que concirne ao nome comercial segundo o seu modelo,cubicaxe do motor e outras características (por exemplo - 325iX). O primeiro díxito refírese ao modelo ou serie, os dous díxitos seguintes refírense á cubicaxe do motor (25 = 2,5 litros), e as letras refírense a un trazo diferenciador, ao tipo de chasis, ou a características do automóbil ou do motor. ( i = inxección, X = tracción ás catro rodas)

Con todo, antes de estandarizar sobre as designacións das series a mediados dos anos1970, BMW principalmente usou a cubicaxe do motor para asignar os seus modelos. O exemplo máis notable é o 2002.

As series usadas son as seguintes:

  • 1. Automóbil de dous volumes.
  • 3. Pode ter 3 ou 5 portas con teito duro ouconvertible (cabrio).
  • 5. Tipo sedan 4 portas de tamaño mediano.
  • 6.Coupé grande con teito duro ou convertible (cabrio).
  • 7.Sedan 4 portas grande (tipolimusina) catalogado como luxoso.
  • 8. Coupé de grandes prestacións.

BMW usou números e letras múltiplas durante anos, pero non eran sempre consecuentes na súa aplicación agás no uso do modelo como o primeiro número. Así, hai moitas excepcións onde o nome modelo pode non concordar exactamente coas características do coche. Ademais, a última letra A 'Automático' ou 'C' (convertible) pode ser engadida ao modelo; estes, con todo, non aparecen agás nalgúns dos modelos automáticos máis vellos.

Algúns dos caracteres usados:

  • A. Automático.
  • C. Convertible.
  • CS. Coupé sport.
  • i. Inxección; internacional.
  • e. ETA motor de baixo consumo, alto rendemento e poucas RPM.
  • L. Luxo.
  • M. Motorsport.
  • s. Sport; usado para diferencialo do coupé en América.
  • t. Touring coche con portón traseiro, ou versións sport nos primeiros modelos.
  • td. Turbodiesel.
  • tds. Turbodiesel con intercooler.
  • X. Tracción ás 4 rodas.
  • Z. Modelos desenvolvidos por BMW Technik; nova designación de auto deportivo sen capota.

As excepcións ás designacións estándar danse nos modelos que proveñen de BMW Motorsport. Os modelos producidos por esta división teñen 'unha M' de prefixo seguido da variedade na cal o coche está baseado (M3, M5, M6).

BMW F 650 GS Dakar (2004)

Ademais, BMW de cando en vez fai coches fóra destas series. Estes son polo xeral autos deportivos, convertibles ou coches especializados. Os exemplos son oIsetta (un pequeno coche de cidade cun motor de motocicleta), o M1 (o M orixinal), o Z1 (só enEuropa), autos deportivos sen capotaBMW Z3,Z8 e o coche eléctrico E1.

BMW só exporta versións limitadas destes coches aosEstados Unidos. En Europa son posibles moitas máis variacións, ata con motores máis pequenos, por exemplo os 316.

Notas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  BMWModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=BMW&oldid=6413533»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp