Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

BMC Racing Team

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BMC Racing Team
Información do equipo
Código UCIBMC
PaísEstados Unidos de AméricaEstados Unidos
Fundación2007
DisciplinaRuta
CategoríaUCI WorldTour
DirectorJim Ochowicz
Director deportivoAllan Peiper
Denominacións
2007-BMC Racing Team

OBMC Racing Team (códigoUCI:BMC) é un equipociclista con licenzaestadounidense pero que ten a sede da súa fábrica de bicicletas,BMC, enSuíza. O equipo participa noUCI WorldTour e foi fundado no ano2007.

Historia

[editar |editar a fonte]

O equipo comezou a crearse en2005, cando o ex-ciclista Gavin Chilcott comezou coa idea de crear un equipo ciclista sub-23. No 2006, empezou cun equipo afeccionado que participaba no calendario estadounidense.

A finais dese mesmo ano, despois de diversas negociacións con Andy Rihs e Jim Ochowicz, Gavin Chilcott conseguiu que BMC patrocinara o equipo para a tempada seguinte.

Na tempada2007, o equipo rexistrouse naUnión Ciclista Internacional comoContinental e estaba formado por 14 ciclistas, dos cales 2 eran suízos pola defunción doPhonak polos casos de dopaxe.

As bicis e o vehículo que empregou o equipo noTour de Francia 2014.

Xa en2008, o equipo logrou o ascenso á categoríaProfesional Continental, o que lle permitía poder ir de invitado a algunha dasGrandes Voltas.

No2010, o conxunto suízo-estadounidense quixo dar un salto de calidade para poder participar en Grandes Voltas e por iso xuntou un equipo de 25 ciclistas fichando grandes figuras como ocampión do mundo en ruta do 2009Cadel Evans, ocampión do mundo en ruta do 2008Alessandro Ballan,Karsten Kroon,Marcus Burghardt,Steve Morabito ou o experimentado veteranoGeorge Hincapie. Isto fixo que o BMC Racing Team disputase 19 das 26 probas doUCI WorldTour 2009, entre elas oGiro de Italia ou oTour de Francia.

Para atempada 2011, o equipo decidiu realizar o salto definitivo e participar dunha vez por todas no UCI WorldTour. Nesa mesma tempada,Cadel Evans alzouse co título doTour de Francia.

En 2012, o conxunto reforzouse con fichaxes como o do especialista en clásicasPhilippe Gilbert, o docampión do mundo en ruta do 2010Thor Hushovd ou o da xove promesa estadounidense fillo de paisholandesesTejay van Garderen. Neste ano, o belga Philippe Gilbert alzouse coCampionato do Mundo de Ciclismo en Ruta 2012.

No 2014, o BMC Racing Team conseguiu a vitoria na carreira contra o reloxo por equipos doCampionato do Mundo de Ciclismo en Ruta 2012.

Mellores resultados

[editar |editar a fonte]

2008

2010

2011

2012

2013

Tour de California, Tejay van Garderen

2014

2015

Campionatos nacionais e mundiais

[editar |editar a fonte]

2011

  • Campionato Noruegués en Liña, Alexander Kristoff
  • Campionato Suízo Contra o Reloxo, Martin Kohler

2012

  • Campionato Suízo en Liña, Martin Kohler
  • Campionato do Mundo en Liña, Philippe Gilbert

2013

  • Campionato Italiano en Liña, Ivan Santaromita
  • Campionato Italiano Contra o Reloxo, Marco Pinotti
  • Campionato Suízo en Liña, Michael Schär
  • Campionato Noruegués en Liña, Thor Hushovd

2014

  • Campionato Estadounidense Contra o Reloxo, Taylor Phinney
  • Campionato Eslovaco Contra o Reloxo, Peter Velits

2015

  • Campionato Suízo Contra o Reloxo, Silvan Dillier
  • Campionato Suízo en Liña, Danilo Wyss

Equipo

[editar |editar a fonte]

No 1 de xaneiro de 2015

CiclistaNacemento
Darwin Atapuma15 de xaneiro de 1988
Brent Bookwalter16 de febreiro de 1984
AlemañaMarcus Burghardt30 de xuño de 1983
ItaliaDamiano Caruso12 de agosto de 1987
ItaliaAlessandro De Marchi19 de maio de 1986
AustraliaRohan Dennis28 de maio de 1990
SuízaSilvan Dillier3 de agosto de 1990
LuxemburgoJempy Drucker3 de setembro de 1986
AustraliaCampbell Flakemore6 de agosto de 1992
BélxicaPhilippe Gilbert5 de xullo de 1982
BélxicaBen Hermans8 de xuño de 1986
SuízaStefan Küng16 de novembro de 1993
BélxicaKlaas Lodewyck24 de marzo de 1988
FranciaAmaël Moinard2 de febreiro de 1982
ItaliaDaniel Oss13 de xaneiro de 1987
Taylor Phinney27 de xuño de 1990
ItaliaManuel Quinziato30 de outubro de 1979
Joey Rosskopf5 de setembro de 1989
EspañaSamuel Sánchez5 de febreiro de 1978
SuízaMichael Schär29 de setembro de 1986
Egor Silin25 de xuño de 1988
ItaliaManuel Senni11 de marzo de 1992
Peter Stetina8 de agosto de 1987
BélxicaDylan Teuns1 de marzo de 1992
BélxicaGreg Van Avermaet17 de maio de 1985
Tejay van Garderen12 de agosto de 1988
EslovaquiaPeter Velits12 de agosto de 1985
BélxicaLoïc Vliegen20 de decembro de 1993
SuízaDanilo Wyss26 de agosto de 1985
AlemañaRick Zabel7 de decembro de 1993

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Carreiras 2018
Equipos 2018
Edicións
Clasificacións antigas
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=BMC_Racing_Team&oldid=6961787»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp