Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bórax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2017.)
Bórax
Cristais de bórax
Fórmula químicaNa2B4O7·10H2O
ClaseBoratos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorBranca, gris e amarela
BrilloGraxo
Dureza2-2,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca
Densidade1,7-1,8 g/cm3

Obórax[1][2] (do persabürah) é unmineral da clase dosboratos cuxafórmula química éNa2B4O7·10H2O e que é soluble facilmente naauga.

Aspecto

[editar |editar a fonte]

Preséntase en cristais xeralmente brancos e opacos de crecemento desordenado.

Lugares onde se atopa

[editar |editar a fonte]

O bórax atópase en lagos de borato, especialmente en climas secos. Orixínase de forma natural nos depósitos deevaporita producidos pola evaporación dos lagos de borato. Os depósitos máis importantes atópanse cerca deBoron (California) e noutros lugares do suroeste americano, nas lagoas salinas deBolivia e no deserto de Atacama (Chile). O bórax pode sintetizarse a partir doutros compostos doboro.

Pode aparecer asociado áhalita e ásodalita.

Usos do bórax

[editar |editar a fonte]

O bórax emprégase en deterxentes, suavizantes, xabóns, desinfectantes e pesticidas. Utilízase na fabricación de esmaltes, cristal, cerámica, pinturas, soldaduras e preservantes de madeiras.

É frecuente o seu uso para a adulteración daheroína.

Propiedades

[editar |editar a fonte]

É un mineral perigoso pois pode producir irritacións na pel e nos ollos ó contacto con estes. A inxesta de grandes dosis pode ser mortal.

Propiedades físicas

[editar |editar a fonte]

Disólvese con facilidade naauga.

Propiedades químicas

[editar |editar a fonte]

O boráx ten a capacidade de poder actuar, ben coma un ácido o ben coma unha base, dependendo no medio no que se encontre o que lle permite regular opH das disolucións e dos produtos químicos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parabórax.
  2. "bórax".TERGAL. Arquivado dendeo orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018. 
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bórax&oldid=5551201»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp