O país atópase na encrucillada entre os límites daEuropaxermánica coalatina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: osflamengos, de orixe xermánica, e mailosfrancófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría delingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a deFlandres, defala neerlandesa, e a deValonia, defala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira,Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflíctense nahistoria política e mais no seu complexo sistema de goberno do país.
Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional daGalia,Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribosceltas, osbelgas. Historicamente, Bélxica fixo parte dosPaíses Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos eLuxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actualBenelux. Dende final daIdade Media ata oséculo XVII, foi un florecente centro decomercio ecultura. Dende oséculo XVIII ata aRevolución belga de1830, Bélxica, naquela época chamada osPaíses Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".
A uso máis antigo dos termosBelgae eBelgica rexistrado atopámolo noDe Belo Gallico deXulio César. Oromano divide aGalia que conquistou en tres partes: osgalos propiamente falando, osaquitanos e osbelgas; sendo estes últimos separados dosgalos polo ríosSena e oMarne. Durante o reinado deAugusto,Marco Agripa divide a Galia en tres provincias, unha das cales leva o nome deGallia Belgica. Esta última reorganizarase duranteDomiciano que o divide en tres novas provincias, unhaGallia Belgica e dúasXermania. A Gallia Belgica aínda máis tarde dividirase en dúas: aBelgica Prima e aBelgica Secunda. A actual Bélxica ten pouco que ver con estas antigas provincias romanas, a maior parte do seu territorio sitúase enXermania Inferior (máis tarde chamadaXermania Secunda) e enBelgica Secunda.
Estes termos desaparecen completamente case despois das invasiónsbárbaras, subsistindo só baixo a pluma dalgúns clérigos. Non reaparecen senón até a segunda metade doséculo IX, despois da escisión do imperio deCarlomagno, coa creación daLotarinxia. Os clérigos do tempo, máis por seguir a moda antiga que outra cousa, utilizan o termo Bélxica para designar o reino de Lotario II situado entre a Gallia de Carlos o Calvo e a Xermania de Luís o Xermánico. As denominacións Belgae, Belgica, Gallia Belgica desaparecen de novo aoséculo XII despois da desaparición da Lotaringia.
Ata aindependencia de Bélxica, os Países Baixos do Sur eran un territorio moi cobizado polos conquistadores, e eran o pano de fondo da maior parte das guerras franco-españolas e franco-austríacas durante osséculos XVII eXVIII. Tras as Campañas de 1794 dasGuerras Revolucionarias Francesas, os Países Baixos (que incluían territorios que nunca estiveran baixo dominio dos Habsburgo, como oBispado de Liexa) foron invadidos porFrancia, rematando co mando español e austríaco na rexión. A reunificación dos Países Baixos comoReino Unido dos Países Baixos aconteceu no final doImperio Francés, en1815.
Durante oséculo XX, e especialmente dende asegunda guerra mundial, a historia de Bélxica estivo dominada cada vez máis pola autonomía das súas dúas comunidades principais. Este período viu un aumento nas tensións inter-comunais, e a unión do estado belga púxose a exame[1].
Mediante reformas constitucionais nosanos 70 e80, arexionalización do estado unitario conduciu ao establecemento dunsistema federal estruturado en tres niveis, á creación de comunidades lingüísticas e de gobernos rexionais e á ratificación dun acordo concibido para minimizar as tensións lingüísticas. Hoxe en día, estas entidades federadas sosteñen máis poder lexislativo que o parlamento bicameral nacional, mentres que o goberno nacional aínda controla case toda a recadación de impostos, cerca do 80% das finanzas dos gobernos comunitarios e rexionais, e o 100% daseguridade social.
O ex-primeiro ministroHerman Van RompuyBélxica é un país membro daUnión Europea e na súa capital teñen a súa sede algunhas institucións europeas
Bélxica é unhamonarquía constitucional popular e unhademocracia parlamentaria que se desenvolveu despois dasegunda guerra mundial dun estado unitario a unha federación. A bicámara doparlamento está composta poloSenado e aCámara dos Representantes. A actual cámara é unha mestura dos políticos e representantes das comunidades e rexións; mentres os restantes son representantes maiores de idade da poboación belga nun sistema de voto proporcional. Bélxica é un dos poucos países no que ovoto é obrigatorio, tendo así unha das participacións maiores do mundo.
O goberno federal, está dominado poloRei sobre a Cámara dos Representativos, e poloPrimeiro Ministro. O número de ministros defala neerlandesa efrancesa debe ser igual segundo di a constitución Belga. O Rei ou Raíña é a cabeza do estado, aínda que os seus poderes son limitados. O verdadeiro poder teno o Primeiro ministro e os distintos gobernos do país. O sistema xudicial baséase na lei civil que provén doCódigo Napoleónico.
As institución políticas Belgas son moi complexas; a maior parte do poder está organizado arredor da necesidade de representar ás comunidades lingüísticas máis importantes. Dende1970, os partidos políticos belgas dividíronse en distintas formacións para tentar de satisface-las necesidades das distintas comunidades lingüísticas. Os partidos máis importantes en cada comunidade pertencen a tres importantes familias política: osLiberais de dereita, os Demócrata-Cristiáns de centro, e os Social-Demócratas. Outros partidos importantes son os Verdes, e especialmente enFlandres, os Nacionalistas de extrema dereita. A política está influenciada polos grupos de "Lobby", coma as unións de comercio e negocios da Federación Belga.
O anterior Rei,Alberte II, sucedeu ao reiBalduíno I de Bélxica en1993. Actualmente, oprimeiro ministro de Bélxica éYves Leterme, líder do partido democristián flamengo, claro vencedor das eleccións de xuño do2007, quen tivo que agardar máis de nove meses para acceder ao cargo de primeiro ministro, debido ás grandes dificultades para pactar un programa con partidos das dúas comunidades do país, a flamenga e a valoa, que por lei deben estar representadas no Goberno federal. Durante eses nove meses o país estivo gobernado por un goberno provisional presidido porGuy Verhofstadt[2].
Leterme renunciou dúas veces á tarefa de formar un Executivo e só o logrou ao terceiro intento, cunha coalición asimétrica, composta polos partidos do flamengo Bart Somers (do Open VLD), o liberalvalón, Didier Reynders (do Movemento Reformista, MR) o democristián flamengo Etienne Schoupe (do CD&V), a democristiá francófona, Joelle Milquet (CDH); e o socialista francófono, Elio Dei Rupo (PS)[3].
O19 de decembro de2008, Yves Leterme presentou a súa dimisión ao rei Alberte II debido á situación de crise xerada no goberno a partir da venda da entidade financeiraFortis; Fortis foi parcialmente nacionalizado e o groso dos seus activos vendidos aoEstado holandés (a parte holandesa) e ao banco francés BNP Paribas (case todo o negocio bancario en Bélxica eLuxemburgo e os seguros de Bélxica).[4] Leterme, Jo Vandeurzen, e Didier Reynders foron acusados de violar a separación de poderes por tentar influenciar o Tribunal de Apelacións e de exercer presións dende o seu gabinete sobre os xuíces encargados do caso.[5] Tres días despois a renuncia foi aceptada polo rei Alberte II de Bélxica.[6] O elixido para formar un novo goberno foiHerman Van Rompuy quen terá que pór de acordo cos cinco partidos que sostiñan a coalición gobernamental.[7]
En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Bélxica firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Bélxica está subdividida en dúas rexións con cinco provincias cada unha, e unha terceira rexión, a capitalBruxelas. Aquí atópanse, listadas por rexión, coas súas capitais:
Ademais diso, hai aínda a división en comunidades lingüísticas (flamenga, con institucións coincidentes coas darexión flamenga; francófona,non se debe confundir coa Valonia, exermanófona, no extremo este desa rexión).
Bélxica ten unha superficie de 30.510km², distribuídos por tres rexións físicas principais: achaira acosta (localizada ao noroeste), e as elevacións das Ardenas (situadas ao sueste).
A chaira costeira consiste principalmente dedunas dearea e polders. Ospolders son áreas de terra a unha altitude próxima ou inferior aonivel do mar, e que foron gañadas ao mar, do cal están protexidas pordiques ou están, máis lonxe do litoral,.
A segunda rexión física, a meseta central, máis no interior. É unha área pouco accidentada, cuxa altitude sobe lentamente á medida que se afasta do litoral, con moitosvalesfértiles e irrigada por moitos cursos de auga. Tamén se pode atopar aquí algún terreo máis accidentado, incluíndogrutas e pequenasgorxas.
A terceira rexión física, as Ardenas, é un pouco máis accidentada cas outras dúas. Trátase dunha meseta densamente forestada, moi rochosa e non moi adecuada para aagricultura, a cal se estende ata o nordeste daFrancia. É aquí onde a maior parte davida salvaxe da Bélxica pode ser atopada. Nas Ardenas pódese atopar o punto máis elevado da Bélxica: oSignal de Botrange, con apenas 694 metros de altura.
Oclima é fresco, temperado e chuvioso: astemperaturas medias de verán son de 25 °C e de 7 °C no inverno. Os extremos anuais (atinxidos raramente) son de -12 °C e 32 °C.
A economía de Bélxica e a súa infraestrutura detransporte atópanse integrados co resto deEuropa. A súa localización no centro dunha rexión altamente industrializada contribiuíu a que no ano2007 Bélxica se atopase entre as 15 principais nacións comerciais.[13][14] A economía do país caracterízase pola produtividade da súa man de obra, un altoproduto interior bruto, e altas exportaciónsper cápita. As principais importación de Bélxica son produtos alimenticios, maquinaria, diamantes en bruto, petróleo e derivados, produtos químicos, roupa e accesorios, e materiais téxtiles. As súas principais exportacións son os automóbiles, produtos alimenticios, ferro e aceiro, diamantes rematados, téxtiles, plásticos, produtos derivados do petróleo, e metais non férreos. A economía belga atópase fortemente vencellada aos servizos e amosa unha dobre cara: unha dinámica economía flamenga fronte a unha economía valoa estancada.[15] Un dos membros fundadores daUnión Europea, Bélxica apoia fortemente a apertura da economía e a extensión dos poderes das insitucións da UE para se integrar as economías dos países membros. Dende1922, Bélxica eLuxemburgo forman un único mercado dentro dunha unión aduaneira e monetaria: aUnión Económica Belgo-Luxemburguesa.
Xa a comezos doséculo XVIII Bélxica converteuse no primeiro país da Europa continental no que se desenvolveu arevolución industrial.[16] As vilas deLiexa eCharleroi axiña desenvolveron industrias relacionadas coaminería e oaceiro, as cales agromaron ata mediados doséculo XX no val dos ríosSambre–Mosa, e que fixeron de Bélxica entre1830 e1910 unha das tres potencias industriais do mundo.[17] Porén, na década de 1840 a industria téxtil de Flandres atópabase nunha severa crise, chegándose a padecer fames negras entre1846 e1850.
Tralasegunda guerra mundial, as vilas flamengas deGante eAnveres experimentaron unha rápida expansión das industrias químicas e do petróleo. As crises do petróleo de 1973 e 79 fixeron que a economía belga sufrise recesións; a crise tivo unha maior incidencia na economía daValonia, onde a industria do aceiro fixérase menos competitiva, experimentando un serio declive.[18] Nas décadas de1980 e1990, o centro económico do país continuou movéndose para o norte, atopándose na actualidade na populosa área doDiamante flamengo.
No final da década de1980, as políticas macroeconómicas do país resultaron nunha débeda gobernamental acumulada do 120% doProduto Interior Bruto. En2006 o orzamento foi equilibrado, atopándose a débeda pública no 90.30% do PIB.[19] Nos anos2005 e 2006, o crecemento real do PIB foi do 1,5% e 3,0%, respectivamente, lixeiramente por riba da media dazona euro. As taxas de desemprego eran do 8,4% en 2005 e do 8,2% en 2006 preto da media da zona.[Cómpre referencia]
Entre1832 e2002 a moeda de Bélxica foi ofranco belga. Bélxica mudou a súa moeda no 2002, ano no que adoptou oeuro.
A comezos do ano2007 o 92% dos habitantes do país tiñan a nacionalidade belga, o restante 6% eran cidadáns doutros países membros daUnión Europea. As principais nacionalidades estranxeiras eran aitaliana (171.918),francesa (125.061),holandesa (116.970),marroquí (80.579),española (42,765),turca (39.419), ealemá (37.621).[20][21]
Bruxelas, a capital de Bélxica e a maior área metropolitana do país
Bélxica constitúe un dos países máis urbanizados do mundo, vivindo o 97% dos seus habitantes en cidades (2004).[22] A densidade de poboación de Bélxica é de 342 hab. por km cadrado —unha das maiores de Europa, despois dosPaíses Baixos e algúns microestados coma o principado deMónaco. A rexión máis densamente poboada do reino é a doDiamante flamengo, delimitada polas aglomeración formada polas cidades deAnveres,Lovaina,Bruxelas eGante. No ano2006, a rexión deFlandres tiña unha poboación de 6 078 600, sendo as súas principais cidadesAnveres (457.749), Gante (230.951) eBruxas (117.251);Valonia tiña 3,413,978, conCharleroi (201.373),Liexa (185.574) eNamur (107.178) como as súas principais vilas. Na rexión de Bruxelas-Capital vivían 1.018,804.[23]
Linguas de Bélxica; no centro a zona bilingüe deBruxelas. Zona de falaalemá Zona de falaflamenga Zona de falafrancesa
Bélxica ten tres linguas oficiais, oholandés, ofrancés, e oalemán. Xunto estas tres linguas fálanse outras sen status de oficialidade.
Ao non haber ningún censo ao respecto, non existe ningunha estatística oficial do emprego e distribución das tres linguas oficiais de Bélxica e mailas súasvariedades. Porén, existen distintas estimacións atendendo á lingua de uso na escola ou no traballo. Estímase que o 59%[24] da poboación belga fala oholandés (a miúdo chamado "flamengo"), a segunda lingua do país é ofrancés, falado polo 40% da poboación. Os falantes de holandés forman un total de 6,23 millóns, concentrados na rexión deFlandres, mentres os falantes francófonos comprenden un total de 3,32 millóns na rexión deValonia e 870.000 (85%) da oficialmente bilingüe rexión deBruxelas-Capital.[25][26] Acomunidade xeramanófona de Bélxica fórmana unhas 73.000 persoas nunha pequena zona que se atopa ao leste deValonia; ao redor de 10.000alemáns e 60.000 son falantes doalemán. Aproximadamente 23.000 persoas falan a lingua nos concellos fronteirizos coa comunidade xermanófona.[27]
Tanto oflamengo coma ofrancés belga difiren das variedades faladas respectivamente nosPaíses Baixos eFrancia en pequenas diferenzas respecto aovocabulario e ásemántica. Alingua valoa, noutrora a principal lingua rexional daValonia, hoxe o seu uso atópase relegado a pequenos grupos de idade avanzada. Os diferentes dialectos nativos da Valonia non se empregan na vida pública.[28]
Dende a independencia do país, ocatolicismo, contrapesado por fortes movementos delibrepensamento, tivo un importante papel na política do reino. Porén Bélxica constitúe en gran parte un paíssecular, tal como establece aconstituciónlaica. Durante os reinados deAlberte I eBalduíno, a monarquía tivo sona de ser profundamente católica.
Simbolicamente e materialmente, a igrexa católica romana continúa tendo unha posición favorable. O concepto belga de 'recoñecer relixións'[29] achegou aoislam un camiño para recibir o mesmo trato cóxudaísmo e mailoprotestantismo. Mentres outras relixións minoritarias, coma ohinduísmo, non teñen este status, obudismo tomou os primeiros pasos caro o recoñecemento no ano2007.[30][31] Segundo aEnquisa e estudo da relixión do2001,[32] o 47% da poboación identifícase como membros da igrexa católica, ocupando o islam o segundo posto co 3,5% da poboación. A consulta realizada enFlandres no ano2006, reflectiu que esta rexión é máis relixiosa cáValonia; o 55% considerábase como relixioso, mentres un 36% cría que Deus creara o mundo.[33]
Segundo o máis recenteEurobarómetro (2005),[34] o 43% dos cidadáns belgas responderon que "crían na existencia dun deus", namentres o 29% respondeu que "crían na existencia dalgún tipo de forza ou espírito" e o 27% que "non crían en ningún tipo de espírito, deus ou forza".
Estímase que o 3-4% dos belgas sonmusulmáns (98%sunnita) (entre 350.000 e 400.000 persoas).[35][36] A meirande parte dos musulmáns viven nas maiores cidades, comoAnveres,Bruxelas eCharleroi. O maior grupo de inmigrantes no país fórmano osmarroquinos, con 264.974 persoas. Osturcos forman o terceiro maior grupo, e o segundo maior grupo de relixión musulmá, chegando aos 159.336.[37] Existen tamén pequenas minoríashindús esikh.
Bélxica ten unhacultura moi rica, conmuseos, legados históricos earte. Unha vez por ano ten un concurso de música chamado"Koningin Elisabeth Wedstrijd". Todo oano escóllese un tipo deinstrumento clásico.
Durante o verán, ten moitos festivais. Os máis coñecidos son:Werchter,Sfinks,Dour ePukkelpop. Principalmente os mozos van pular nas músicas das bandas famosas nacionais e internacionais, existen festivais para adultos, alternativos, con música do mundo enteiro, e outros.
E un diferencial é a cervexa belga, da que existen máis de 450 tipos. As cervexas 'trapist' están elaboradas por mosteiros e, cunha excepción holandesa, só existen na Bélxica. Fronte á lei alemá de empregar só malte, auga, lúpulo e lévedo, a tradición cervexeira belga comprende o uso dunha enorme variedade de ingredientes (especias, herbas, azucres, froitas como a cereixa...).
↑Os falantes nativos deholandés efrancés enValonia eFlandres respectivamente constitúen pequenas minorías equilibradas. Así, o holandés é falado en Flandres por 6,079 millóns de habitantes e polo 15% da poboación de Bruxelas, uns 1,019 millóns, o que fai un total de 6,23 millóns ou o 59,3% dos 10,511 millóns de habitantes do país (2006). Oalemán é falado por 70.400 persoas na rexión de fala xermana, e por uns 20.000 ou 25.000 falantes na rexión de Valonia, fóra das fronteiras da rexión de fala xermana, o que constitúe un 0,9% da poboación total. Por último, o francés é falado por 3,321 millóns de persoas na rexión de Valonia e polo 85% dos habitantes da rexión deBruxelas (0,866 millón), o que fai un total de 4,187 millóns ou o 39,8% sobre o total.
↑O académico flamengo Eric Corijn (iniciador deCharta 91), nun coloquio sobre a sociolingüística de Bruxelas realizado no ano2001, declarou que na cidade o 91% da poboación falaba o francés na casa, só ou xunto a outra lingua, mentres ao redor do 20% falaba holandés na casa, só (9%) ou xunto ao francés (11%). Así pódese estimar que entre o 85 e o 90% é francófono, e entre o 15% e o 10% neerlandófilo. Estas estimacións responden á elección lingüística realizada polos cidadáns de Bruxelas no tocante aos documentos oficiais (Documento de identidade, licenza de condución, partidas de nacemento etc); estás son as únicas cifras que se poden levar a consideración ao non existires ningún outro xeito de coñecer con precisión o número exacto de falantes, xa que o país aboliu os censos oficiais respecto ás linguas da poboación.
↑British Council (ed.)."Belgium Market background". Arquivado dendeo orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o2007-05-05.The capital Brussels, 80–85 percent French-speaking, ...—Strictly, the capital is the municipality(City of) Brussels, though the Brussels-Capital Region might be intended because of its name and also its other municipalities housing institutions typical for a capital.
↑Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005).SIL International Dallas, Texas, USA, ed."Languages of Belgium".Ethnologue: Languages of the World, 15th edition. Consultado o2007-05-07.
↑Bousetta, Hassan; Gsir, Sonia; Jacobs, Dirk (2005).Carl von Ossietzky University, Oldenburg IBKM, ed."Active Civic Participation of Immigrants in Belgium—Country Report prepared for the European research project POLITIS, Oldenburg"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o2007-05-08.In many respects, the Catholic Roman Church remains in a very advantageous situation both symbolically and materially. O longo e problemático proceso que finalmente levou ao recoñecemento do islam constitúe un exemplo ilustrativo da ambigüídade das relacións entre o estado belga e as relixións. Durante 25 anos, o islam mantivo unha posición de desventaxa fronte outras relixións.
↑"België gaat plat op zijn buik voor China (Belgium bends over backwards for China)"(PDF)(enDutch) (#1455).Metro (Belgian newspaper). 2007-05-10. p. 2. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xuño de 2007. Consultado o2007-05-10.[Upon theDalai Lama for the second time in two years canceling a visit to Belgium after being informed by the Belgian government ofPeking's diplomatic pressure, quote newspaper:] Uittredend Senaatsvoorzitster Anne-Marie Lizin reageert teleurgesteld: 'Gezien het belang van de vergadering waaraan u wilde deelnemen en gezien de redenen van uw beslissing, betreur ik dat ik u niet kan ontvangen in ons land, een land dat openstaat voor iedereen, ongeacht de religieuze overtuiging, en dat net een eerste stap heeft gezet in de erkenning van het'[sic] 'boeddhistische filosofie'. (Lawfully resigning at the end of the government's legislation, President of the Senat Anne-Marie Lizin reacts disappointedly: 'In view of the importance of the meeting you wanted to attend and in view of the reasons of your decision, I regret not being able to receive you in our country, a country open for everyone regardless of religious conviction, and which has just set a first step towards the recognition of the Buddhist philosophy.') Alternative urls:αArquivado 29 de abril de 2011 enWayback Machine.,βArquivado 15 de decembro de 2018 enWayback Machine., pdf 1.1 MB:γ
↑Inquiry by 'Vepec', 'Vereniging voor Promotie en Communicatie' (Organisation for Promotion and Communication), published in Knack magazine 22 November2006 p. 14 [The Dutch language term 'gelovig' is in the text translated as 'religious', more precisely it is a very common word for believing in particular in any kind of God in amonotheistic sense, and/or in someafterlife].