Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Axuda:Introdución ás referencias con Editor Visual/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Verificabilidade
Por que son importantes as referencias?


Engadir referencias
Automaticamente ou manualmente


Editar referencias existentes
Sempre hai espazo para a mellora


Reusar referencias
Algunhas son realmente útiles


Fontes fiables
Que fontes son suficientemente boas?


Resumo
Revise o que aprendeu




Para inserir unha referencia, primeiro active o Editor Visual premendo en "Editar", na parte superior dun artigo. Unha vez que a barra de ferramentas apareza, sitúe o cursor onde desexe inserir a referencia. Premendo no botón abrirase uncadro de diálogo que permite introducir os detalles da referencia.

Hai dúas formas sinxelas de crear unha nova referencia:Automático, inserindo unha URL, ouManual, enchendo un modelo no que se engade a información.


A opción automática é a máis doada. A miúdo, Wikipedia pode autoformatar unha cita se inserimos a URL do sitio web e prememos en "Xerar". Bote unha ollada á cita que xera. Para aceptar a acción, premer en "Inserir". Pode modificar os detalles se hai algo mal, por exemplo a data de publicación, premendo en "Editar".



Para introducir manualmente a información sobre unha referencia, prema na pestana "Manual" do cadro de diálogo. A continuación, seleccione o tipo de referencia que desexa engadir e encha o maior número de campos posible.

Ás veces a referencia que desexa engadir non pertence a ningunha destas categorías (por exemplo, talvez queira citar un discurso). Neste caso, pode introducir a información manualmente utilizando "Forma básica".

Finalmente, para que as referencias se visualicen todas xuntas, hai que engadir unha secciónNotas ó final do artigo. Nesa sección simplemente hai que engadir o compoñenteLista de referencias que se atopa no menú en Inserir -> Máis -> Lista de referencias.

Vídeotitorial de como engadir e modificar referencias no Editor Visual.





Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Axuda:Introdución_ás_referencias_con_Editor_Visual/2&oldid=5717259»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp