W. Axl Rose, de nome realWilliam Bruce Bailey, nado o6 de febreiro de1962, é unmúsicocantautor,compositor e pianistaestadounidense[1]. Alcanzou a popularidade por tratarse do cantante, líder e compositor do grupoGuns N' Roses, co que tivo un grande éxito arredor do mundo a finais das décadas de 1980 e principios da de 1990.
No ano2016, colaborou como vocalista principal da bandaAC/DC na xira mundial, en substitución deBrian Johnson, que padecía problemas de saúde auditivos.[2]
Situado no posto número 64 da listaxe “Os 100 mellores cantantes de todos os tempos” segundoRolling Stone[3]; sexto da listaxe “Os 100 mellores vocalistas do metal de todos os tempos” segundo Hit Parader; na segunda posición da listaxe “Mellores roqueiros de todos os tempos” segundoKerrang Magazine[4]; no terceiro lugar da listaxe “Os 50 mellores cantantes do metal de todos os tempos” segundoRoadrunner Records[5]; e no cuarto lugar segundoNME[6]. Ademais dos numerosos recoñecementos polo seu traballo como compositor.
Nado como William Bruce Rose Jr. en Lafayette,Indiana, unha cidade doMedio Oeste dosEstados Unidos, preto da fronteira coCanadá. Axl Rose foi o fillo máis vello de Sharon Elizabeth Falkenhörst Leitner, de 16 anos e cursando aínda o instituto, e de William Bruce Rose Caulfield, de 20, no ano1962[7]. Axl Rose é de ascendencia escocesa pola parte paterna e alemá pola parte materna[8].
Os seus pais divorciáronse cando Rose tiña apenas tres anos. A súa nai casou de novo con Stephen L. Bailey e cambiou o nome do seu fillo a William Bruce Bailey. Rose tiña dous irmáns pola parte da súa nai, nados dese segundo matrimonio, chamados Amy e Stuart.
A familia Bailey era moi relixiosa e asistían a unha igrexa Pentecostal, de tres a oito veces á semana. Axl Rose mencionou nunha ocasión que sufriu unha crianza opresiva debido aofanatismo relixioso do seu padrasto, o cal segundo el era moi violento, e adoitaba golpear á súa nai, aos seus irmáns e a el.
Axl comezou as súas andainas no mundo da música tocando opiano e cantando no coro da igrexa pentecostal, á idade de cinco anos. Ata os 17 anos non descubriu que o home a quen sempre crera o seu pai, L. Stephen Bailey era en realidade o seu padrasto, xa que nunca viu ao seu verdadeiro pai ata que foi adulto. Tras decatarse disto, Axl decidiu cambiar o seu apelido Bailey polo de Rose (o apelido do seu verdadeiro pai). William Rose, Sr. morreu asasinado enMarion, Illinois, en 1984, do cal Rose non se decatou ata anos máis tarde. Nesa época, en 1979, comezou a pensar en montar un grupo e así formou unha banda en Lafayette chamadaA.X. L (de aí o seu nome artístico).
Antes de cumprir 18 anos fora arrestado máis de 30 veces, algunhas delas por pequenos roubos a tendas, ademais de iniciar disturbios, fumarmarihuana e estar borracho na vía pública, o que causaba pelexas na rúa. Estes acontecementos provocaron que Axl gañase a reputación de fuxitivo e de mozo problemático na súa pequena vila natal, o cal ao cabo abandonaría anoxado, para continuar cos seus soños de converterse nunha estrela derock.
Na escola secundaria nunca destacou, pois era un alumno con moi mal comportamento: adoitaba escaparse da escola xa que a el non lle parecía que fose unha maneira correcta de educar. Destacaba nas clases de canto, interpretando diferentes voces para confundir ao seu profesor. Durante a secundaria, coñeceu a un mozo chamado Jeffrey Isbell, máis coñecido comoIzzy Stradlin, co cal establecería unha grande amizade e lograría formar unha banda chamadaHollywood Rose.
A diferenza da crenza popular, Rose nunca foi un grande adicto ás drogas e o alcol, aínda que non negou o uso de substancia ilícitas pola súa parte. Posteriormente, os seus compañeiros confirmaron que unicamente adoitaba consumirmarihuana en ocasións, e que os seus problemas debíanse ao seu carácter volátil[9].
Pouco despois da súa chegada a Los Ángeles, Rose coñeceu ao guitarristaKevin Lawrence no exterior do barTroubadour enWest Hollywood, e uniuse á súa bandaRapidfire. Posteriormente, en maio de1986, gravaron unha demo de catro cancións, que tras anos de accións legais foi lanzada comoEP en2014.
Tras a súa separación con Lawrence formou a bandaHollywood Rose co seu amigo da infancia,Izzy Stradlin, que se trasladou a Los Ángeles en 1980. En xaneiro de 1984 gravaron catro cancións: "Anything Goes", "Rocker", "Shadow of Your Love", e "Reckless Life", tema que foi lanzado en2004 como "Roots of Guns N' Roses".
Tempo despois o guitarristaSlash e o bateríaSteven Adler uníronse a Hollywood Rose antes da súa disolución. Rose uniuse á primeira formación deL.A. Guns, e mentres tentaba penetrarse na escena musical de Hollywood, tivo unha gran variedade de traballos, incluíndo o cargo de xerente nocturno noTower Records, enSunset Boulevard. Rose e Stradlin estiveron tamén fumando cigarros para un estudo científico daUniversidade dos Ánxeles, por oito dólares á hora.
Desde o primeiro momentoSlash e Steven Adler quedaron impactados co poder vocal de Axl no escenario, o que fixo que o quixesen devocalista, aínda que a relación entre os cinco era precaria debido a enormes diferenzas, o que provocou queIzzy Stradlin marchase de L.A. Guns. Logo Axl tamén marchou, quedando disolta a banda Hollywood Rose.
En marzo de 1985, Rose e o seu antigo compañeiro de banda,Tracii Guns, formaronGuns N' Roses, mediante a fusión das súas respectivas bandas de Hollywood Rose e L.A. Guns. En xuño, despois de varios cambios de formación, a banda estaba formada por Axl Rose, Izzy Stradlin, Tracii Guns,Ole Beich eRob Gardner. Apenas unhas semanas despois Tracii Guns marchou debido a diferenzas con Rose, polo queSlash pasaría a ser o novo guitarrista. Ole Beich e Rob Gardner tamén abandonaron a banda en cuestión de tres semanas, despois do seu debut, producíndose así a chegada aGuns N' Roses deDuff McKagan e Steven Adler. A aliñación agora estaba composta por Axl Rose, Slash, Izzy Stradlin, Steven Adler e Duff McKagan.
Con esta nova formación debutaron noTroubadour, e tocaron na xira de clubs de Los Ángeles. A banda atraeu a atención de varios dos principaisselos discográficos, antes de asinar conGeffen Records en marzo de1986. O seguinte mes de decembro, lanzaron oEP de catro cancións:Live ?!*@ Like a Suicide coa discográficaUZI Suicide.
En xullo de1987Guns N' Roses lanzou o seu álbum debut,Appetite for Destruction. Aínda que recibiu eloxios da crítica só se venderon 500.000 copias no seu primeiro ano de lanzamento. Con todo, impulsado polo percorrer incansable da banda e o éxito comercial do single "Sweet Child O' Mine", unha homenaxe aErin Everly, por entón a noiva de Axl, o álbum alcanzou a posición nº 1 nas listaxes deEstados Unidos en agosto de1988 e, novamente, en febreiro de1989. Ata a data,Appetite for Destruction vendeu máis de 31 millóns de copias en todo o mundo, 19 millóns das cales só nos Estados Unidos, polo que é o álbum debut máis vendido de todos os tempos[10].
En novembro de1988, Guns N' Roses lanzou o álbum provisionalG N' R Lies que vendeu máis de cinco millóns de copias só nos Estados Unidos. Con este álbum a banda, e Axl en particular, foron acusados de fomentar as actitudesracistas ehomófobas coa canción "One in a Million", na que Rose advirte aos "negratas" (niggers, en inglés) de apartarse do seu camiño e acusa os "maricóns" (faggots) de estender dita enfermidade.
Co éxito de Appetite for Destruction e G N' R Lies, Axl atopouse aclamado como un dos cantantes máis destacados do rock.
Durante a xira deUse Your Illusion, en1991, Axl negouse a cantar nun show enPhoenix, o cal fixo que os demais membros o despedisen, pero ao día seguinte foi contratado de novo. Logo desta experiencia, Axl obrigou a todos os membros da banda a cederlles a súa parte mediante un documento oficial, o cal convertería a Rose como único dono da banda e único dereito de autor.
Finalmente Rose e a súa banda puxeron fin á extensa xiraUse Your Illusion o17 de xullo de1993 no estadio de River Plate enBuenos Aires,Arxentina, fronte a máis de 70.000 persoas, o cal significaría a última vez de Axl,Slash,Duff, Gilby, Dizzy e Matt xuntos nun escenario[11].