Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Avea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para obter información da especie normalmente cultivada ver o artigoAvea común

Avea
Avena
Carl von Linné1753Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon superior
 Taxon homónimo
 Sinonimia
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónMagnoliophyta
ClaseLiliopsida
OrdePoales
FamiliaPoaceae
SubfamiliaPooideae
TriboAveneae
XéneroAvena
Identificadores
ITIS41455Editar o valor en Wikidata
OTT790365Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Asaveas sonplantas pertencentes aoxéneroAvena da familia daspoáceas,[1] utilizadas comoalimento e comaforraxe para ogado. As especies máis cultivadas a nivel mundial son aAvena sativa e mais aAvena byzantina nesta orde. En Galicia, malia terse cultivado dende a antigüidade, non foi dos cereais máis sonados. No país medran especies espontáneas, algunhas daniñas; ademais daavea común (Avena sativa), medra brava aavea bouba, louca ou balloca (Avena fatua).

Malia non ter a importancia no pasado doutros cereais coma otrigo, oorxo ou omillo en Galicia, enAsia Central cultivábase en boa cantidade. As investigacións arqueolóxicas proban o uso da avea naEuropa Central xa naIdade de Bronce. Tamén foron atopados grans deste cereal en escavacións exipcias, aínda que o seu cultivo non foi demostrado.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O termo galego avea (aveia enportugués) vén do latín:avēna.A plantación de avea recibe o nome deaveal. Chámanlleavea branca ouafreita a aquela de calidade inferior que medra en terreos pobres.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Son plantasherbáceas, xeralmente anuais, pertencentes á familia dasgramíneas. Asraíces son reticulares, potentes e máis abundantes que no resto doscereais. Otalo é groso e recto con pouca resistencia aoencamado ou envorcadura, a lonxitude pode variar de 50 cm a un metro e medio. As follas son planas e alongadas, colimbo estreito e longo de cor verde escura. As flores preséntanse enespigas.

Ten maior resistencia ao frío que oorxo ou otrigo.Seméntase a comezos daprimavera, para secolleitar no momento daseitura noverán. É esixente en auga polo seu alto coeficiente detranspiración, porén o exceso pode prexudicala. Pola contra é moi sensíbel áseca, especialmente no período da formación do gran.

Por mor do desenvolvidosistema radicular da avea que é máis fondo, é unha cultura que aproveita mellor osnutrientes do solo, polo que o requirimento defertilizantes para o seu desenvolvemento é menor que noutras gramíneas.

Nutrición

[editar |editar a fonte]

Soncereais moi nutritivos, que posúencalcio,ferro,proteínas, alén devitaminas,carbohidratos efibras. A avea está en evidencia actualmente polo alto poder benéfico da súa fibra solúbel, que está relacionada cun bo funcionamento intestinal, a diminución na absorción decolesterol total e colesteroalLDL e manutención de niveis adecuados dos mesmos. Adoita consumirse comaflocos.

Existen estudos que manifestan que o consumo de avea en diferentes cantidades está asociado ao control daglicemia (azucre no sangue), manutención e diminución do colesterol sanguíneo, control da presión arterial e regulador do tránsito intestinal, evitando oestrinximento.

Afibra solúbel presente na avea, a chamada ß-glucana, é responsábel por parte das vantaxes do consumo da avea, xa que existe a vantaxe nutricional deste alimento. As fibras solúbeis retardan o esvaciamento gástrico, que ten como resultado unha maior saciedade. Elas, tamén, ao entraren en contacto coa auga, forman xeles que tornan o bolo fecal maior e máis viscoso e, con iso, ocorre unha menor absorción de substancias presentes neste bolo, como glicosa e colesterol, debido a unha menor acción de enzimas dixestivas.

Asproteínas son de alto valor biolóxico. Ademais é o cereal con maior proporción degraxa vexetal, un 65% de graxas non saturadas e un 35% deácido linoleico. Tamén conténhidratos de carbono de fácil absorción, ademais desodio,potasio,calcio,fósforo,magnesio,ferro,cobre,zinc, vitaminasB1,B2,B3,B6 eE.

Cómpre salientar que ten contido englute, polo que non pode ser utilizada como cereal alternativo para a dieta doscelíacos.

Especies

[editar |editar a fonte]

En Galicia cultívase aavea común (Avena sativa) de talo oco, delgado e alto, no extremo do cal hai unhas ramiñas con espigas moi pequenas que poden ter de dúas a nove flores. Coma especie brava temos aavea bouba ou louca (Avena fatua), semellante á avea común, medra espontaneamente entre os cereais, é anual, de raíz fibrosa, cuns 80 a 120 cm de altura; florece a principios do verán. O gran maila palla serve para alimento do gado.

Aveas cultivadas

[editar |editar a fonte]

A avea común é unha das especies decereais máis importantes do mundo. As outras especies teñen moi pouca importancia.

Aveas bravas

[editar |editar a fonte]

As especies a seguir, chamadas aveas bravas ou silvestres, son herbas que acostuman medrar entre os cereais polo que se consideranmalas herbas. O problema é que ao seren especies achegadas ás especies cultivadas non é posíbel o tratamento químico (herbicidas), pois podería danar o cultivo.

Etnoloxía

[editar |editar a fonte]

Moi usada no pasado polas súas propiedades nutritivas, especialmente dábaselle aos enfermos en xeito de tortas chamadas:afreitas[2].

Refraneiro

[editar |editar a fonte]

Refírese ás súas propiedades nutritivas:

  • Mais val comer pan de avèa ca ir à arca allèa.
  • O cura das malas avèas polas suas mide as allèas.
  • O que ten pan d'avea, non vai à arca allea
  • Pan de avea peneira chea.
  • O que tèn avea, non pasa sen cea.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Watson L, Dallwitz MJ. (2008)."The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references".The Grass Genera of the World. Arquivado dendeo orixinal o 20-08-2009. Consultado o 19-08-2009. 
  2. 2,02,1Pescuda de "avea" no Diccionario de diccionarios

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AveaModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Avea

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Avea&oldid=7237879»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp