Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Autoridade Nacional Palestina

Coord.:31°53′N35°12′L / 31.88,35.2
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Palestina.
Modelo:Xeografía políticaAutoridade Nacional Palestina

HimnoBiladiEditar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 31°53′N35°12′L / 31.88,35.2
Poboación
Lingua oficiallingua árabeEditar o valor en Wikidata
Creación1994Editar o valor en Wikidata

Sitio webminfo.gov.psEditar o valor en Wikidata

AAutoridade Nacional Palestina (ANP;árabe:السلطة الوطنية الفلسطينيةAs-Sulṭah Al-Waṭaniyyah Al-Filasṭīniyyah) é a organizaciónadministrativa establecida paragobernarCisxordania e aFranxa de Gaza, a raíz dosacordos de Oslo de1993.[1][2] Tralaseleccións de 2006 e o conseguinteConflito de Gaza entreFatah eHamás, o seu dominio reduciuse só ata a Franxa de Gaza. Fundada orixinalmente co nome de Autoridade Nacional Palestina, o goberno deFatah renomeouno co nome deEstado de Palestina despois de queNacións Unidas o recoñecera mediante votación como Estado observador non membro.[3]

A Autoridade Nacional Palestina formouse en1994, conforme aos acordos de Oslo entre aOrganización para a Liberación de Palestina (OLP) e o goberno deIsrael, como ungoberno provisional de 5 anos. As negociacións posteriores, que se debían celebrar entre as dúas partes, estaban destinadas buscar un status final para o estado palestino. A día de hoxe, máis de dezasete anos despois da creación da Autoridade, este status aínda non se alcanzou.

Segundo os acordos de Oslo, a Autoridade Palestina designouse exclusivamente para controlar asuntos relacionados coa seguridade e cos civís palestinos nas zonas urbanas (coñecidas como "Area A") e só o control civil nas zonas rurais de Palestina ("Area B"). O resto dos territorios, incluíndoAsentamentos israelís, oVal do Xordán rexións e estradas entre comunidadespalestinas, debían estar baixo control israelí ("Area C").Xerusalén Leste non se incluíu nos acordos. Co tempo, os cambios políticos provocaron que os ámbitos controlados pola Autoridade tamén cambiaran. As negociacións con varios gobernos israelís lograron que a Autoridade conseguise un maior control nalgunhas áreas, pero este control perdeuse cando asForzas de Defensa de Israel recuperou varias posicións estratéxicas durante aIntifada de Al-Aqsa. En2005, despois da Segunda Intifada, Israel retirouse unilateralmente dos seus asentamentos na Franxa de Gaza, estendendo así o control palestino en toda a rexión.

NasEleccións Lexislativas Palestinas celebradas o25 de xaneiro de2006,Hamás saíu vitorioso e nomeou aIsmail HaniyehPrimeiro Ministro. Porén, o goberno de unidade nacional palestino derrubouse cun violento conflito entre Hamás e Fatah, especialmente na Franxa de Gaza. Despois de que aBatalla de Gaza de 2007, coa que Hamás pasou a controlar a zona, o presidenteMahmoud Abbas despediu o goberno liderado por Hamás nomeou aSalam Fayyad Primeiro Ministro.Aínda que o novo goberno reclamou autoridade sobre todos osterritorios palestinos, o control de Hamás na Franxa de Gaza provocou que o goberno só controlara Cisxordania. O presuposto da Autoridade provén principalmente de programas de axuda exterior e daLiga Árabe, mentres que o goberno de Gaza dependía na súa maior parte deIrán, ata o comezo daPrimavera árabe.

Dende 2007, a Autoridade Nacional Palestina continuou supervisando os territorios palestinos en Cisxordania, mentres que o goberno da Hamás continuou controlando a Franxa de Gaza. Un acordo de reconciliación para unir ambos gobernos, firmado noCairo en2011, ratificado no 2012. Porén, novas tensións entre eles, ademais dos efectos da Primavera árabe (especialmente aguerra civil siria), atrasaron a súa aplicación. En 2011, representantes da Autoridade non conseguiron mellorar o seu status nasNacións Unidas, aínda que o seu status finalmente cambiou a membro de pleno dereito. En xullo de 2012, o goberno de Hamás en Gaza considerou a declaración de independencia da Franxa de Gaza, co apoio deExipto.[4]

En agosto de 2012, o Ministro de Asuntos ExterioresRiyad al-Malki informou aos periodistas enRamala que a Autoridade pediría o status de país observador naAsemblea Xeral das Nacións Unidas.[5] O29 de novembro de2012, a Asemblea aprobou aResolución 67/19, cambiando o status de "estado non membro" cunha votación con 138 votos contra 9, con 41 abstencións. Isto implicou o recoñecemento da súasoberanía.[6][7]

Visión xeral

[editar |editar a fonte]

A Autoridade Nacional Palestina é unGoberno provisional establecido segundo osacordos de Oslo[8] despois de que Israel asumira responsabilidades militares nos centros de poboación palestinos (Area A), enCisxordania e naFranxa de Gaza, ata que se alcance un acordo definitivo con Israel sobre o status final de Palestina.[9][10] As responsabilidades administrativas outorgadas á Autoridade Ncional Palestina limítanse a asuntos civís e seguridade interna, e non inclúen seguridade ou asuntos exteriores.[10] Os palestinos residentes no exterior e en Israel non poden votar para elixir os cargos da Autoridade Nacional Palestina.[11] A ANP non debe confundirse coaOrganización para a Liberación de Palestina (OlP) que segue sendo recoñecida internacionalmente como o goberno lexítimo dopobo palestino, en representación deste nas Nacións Unidas baixo o nome de "Palestina".[12][13]

A ANP recibiu axuda financeira daUnión Europea e dosEstados Unidos (aproximadamente USD 1 bln. entre os dous en 2005). Suspendéronse todas as axudas directas o7 de abril de2006, pola vitoria deHamás nas eleccións parlamentarias.[14][15] Pouco despois, o pago da axuda reanudouse, pero entregándoa directamente nas oficinas deMahmoud Abbas en Cisxordania.[16] OConflito entre Hamás e Fatah provocou queHamás tomase o control da administración de todas as institucións da Autoridade Nacional Palestina na Franxa de Gaza. Dende o9 de xaneiro de2009, cando o mandato de Mahmoud Abbas como presidente debería rematar e ser convocadas as eleccións, partidarios de Hamás, moitos na Franxa de Gaza, retiraron o apoio ao presidente e no seu lugar apoiaron aAziz Dweik, que fora presidente da Cámara doConsello Lexislativo Palestino, para ser presidente interino ata as novas eleccións.[17][18] Os gobernos occidentais, que só recoñecían a Abbas como presidente, non lle deron ningunha axuda internacional á ANP.

OAeroporto Internacional de Gaza construíuno a ANP na cidade deRafah, pero só estivo operativo durante un curto período de tempo, antes de ser destruído por IsraelIntifada de Al-Aqsa no ano 2000. Tamén se comezou a construír unporto, pero nunca foi rematado (Véxase máis adiante).

Nos acordos de Oslo pediuse a creación dunha forza policial palestina.[10] A primeiraPolicía palestina de 9000 homes despregouse enXericó en 1994, e despois enGaza.[10] Estas forzas loitaron inicialmente por controlar a seguridade nas zonas nas que tiñan un control parcial.[10] Estímase que en 1996 as forzas de seguridade da ANP incorporaron entre 40000 e 80000 recrutas.[19] As forzas de seguridade utilizan algúns vehículos blindados e un número limitado de armas automáticas.[20] Algúns palestinos opóñense ou critican o proceso de paz das forzas de seguridade palestina ao ser maior que o de Israel.[10]

Algúns palestinos dependen do acceso ao mercado laboral israelí. Durante a década de 1990, algunhas empresas israelís comezaron a substituír os traballadores palestinos por outros estranxeiros. O proceso encontrouse con problemas de seguridade económica. Este dano á economía palestina, especialmente na Franxa de Gaza, onde 45.7% da poboación vive por debaixo dolimiar de pobreza, segundoCIA World Factbook, pero tamén afectou a Cisxordania.

Historia

[editar |editar a fonte]

Creación

[editar |editar a fonte]
Yitzhak Rabin,Bill Clinton eYasser Arafat no acto da firma dosAcordos de Oslo o 13 de setembro de 1993.

OsAcordos de Oslo firmáronse o13 de setembro de1993 entre aOrganización para a Liberación de Palestina (OLP) e Israel. O acordo no cal se detallaba a creación da Autoridade Nacional Palestina firmouse o4 de maio de1994.[Cómpre referencia] Esta era unha organización provisional creada para administrar de forma limitada un autogoberno palestino durante un período de cinco anos, tempo no que as negociacións sobre o status final terían lugar.[21][22][23] OConsello Central Palestino, actuou en nome doConsello Nacional Palestino da OLP, executando este acordo nunha reunión celebrada enTunes do10 ao11 de outubro de 1993, facendo á Autoridade Nacional Palestina responsable ante oComité Executivo para a Liberación de Palestina.[24]

As eleccións xerais da súa primeira asemblea lexislativa, oConsello Lexislativo Palestino, o20 de xaneiro de1996.[24] O mandato remataba o4 de maio de1999, pero as eleccións non se celebraron debido á "situación coartiva existente".[24]

Segunda Intifada

[editar |editar a fonte]

Dende o comezo daSegunda Intifada, a ANP neutralizou tantoterritorios palestinos (Franxa de Gaza eCisxordania como no estranxeiro.Ariel Sharon e a administraciónBush negáronse a negociar conYasser Arafat, líder da Organización para a Liberación de Palestina e posteriormente presidente da ANP, de quen aseguraron que formaba "parte do problema" (en relación coconflito árabe-israelí) e non da solución. Israel tamén apuntou ás infraestruturas da Autoridade Nacional Palestina; en particular pecharon zonas do mar palestinas e aeroportos, alegando que eran utilizados para transportar terroristas e o seu equipamento. As incursións de Israel durante a Intifada tamén provocaron danos en parte da infraestrutura informática palestina.

Os palestinos criticaron estas medidas, xa que defenden que a Autoridade Nacional Palestina está preto de colapsarse, e xa non é capaz de cumprir cos seus compromisos internos e externos. A ONU respondeu que isto era "algo bo". Esta constante deterioración dos recursos e infraestruturas da ANP, denunciárono a propia Autoridade e algúns dos seus colaboradores daUnión Europea, dicindo que Israel está a tratar deliberadamente de limitar os poderes da ANP para facer cumprir a lei, co fin de crear unha imaxe de terrorismo e anarquía nos territorios palestinos.

Notas

[editar |editar a fonte]
Referencias
  1. "The Palestinian Authority". 
  2. "The Palestinian government". CNN. 5 Abril de 2001. Arquivado dendeo orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o2012-11-26. 
  3. ONU (29 de novembro de 2012)."Asamblea General acepta a Palestina como Estado observador no miembro de la ONU"(en(encastelán)). Consultado o 5 de setembro de 2013. 
  4. "Report of possible Gaza independence stirs debate". Al Arabiya. 31 de xullo de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o2012-11-26. 
  5. "Palestinians to renew U.N. statehood drive in September". Al Arabiya. 4 August 2012. Arquivado dendeo orixinal o 01/03/2013. Consultado o2012-11-26. 
  6. "Palestinians win implicit U.N. recognition of sovereign state". Reuters. 29 de novembro de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 05 de xuño de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  7. "UN makes Palestine nonmember state".3 News NZ. 30 de novembro de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  8. Agreement on Preparatory Transfer of Powers and Responsibilities Between Israel and the PLO, Article 1
  9. Martijn Schoonvelde (26 de xuño de 2009)."Palestinian Territories". Arquivado dendeo orixinal o 03 de xuño de 2009. Consultado o 26 de xullo de 2009. 
  10. 10,010,110,210,310,410,5Eur 2003, p. 521
  11. Rothstein 1999, p. 63
  12. Brown 2003, p. 49
  13. Watson 2000, p. 62
  14. "US suspends aid to Palestinians". BBC News. 7 de abril de 2006. Consultado o 7 de abril de 2006. 
  15. "Abbas warns of financial crisis". BBC News. 20 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de febreiro de 2006. 
  16. Akiva Eldar."U.S. to allow PA funds to be channeled through Abbas office".Haaretz. 
  17. Patrick Martin (18 de xullo de 2009)."Fancy that, a moderate in Hamas".The Globe and Mail (Toronto). Consultado o 3 de agosto de 2009. 
  18. "Hamas Says Dweik “Real President” until Elections are Held". Arquivado dendeo orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o2020-04-30. 
  19. David Hirst, "The New Oppressor of the Palestinians," Guardian (Londres), 6 xullo de 1996, reimpreso en World Press Review, outubro de 1996, p. 11. Hirst suggests that there are 40,000–50,000 security officers. For Israeli press reports about there being 40,000 officers, see Steve Rodan, "Gov't: PA Has 16,000 More Policemen than Permitted by Oslo," Jerusalem Post (international edition), 2 de maio de 1998, p. 3. According toThe Jerusalem Post, Israeli defense sources said in September 1996 that the number of armed men in the PA had risen to 80,000. See Steve Rodan, "Palestinians Have 80,000 Armed Fighters," Jerusalem Post, 27 de setembro de 1996, p. 5.
  20. "The Israeli-Palestinian Interim Agreement on the West Bank and the Gaza Strip". JewishVirtualLibrary.org. Consultado o 19 de febreiro de 2006. 
  21. Oslo Accords, Article I
  22. Oslo Accords, Article V
  23. Gaza–Jericho Agreement, Article XXIII, Section 3
  24. 24,024,124,2Pages 44–49 of thewritten statement submitted by PalestineArquivado 05 de febreiro de 2009 enWayback Machine., 29 de xaneiro de 2004, in theInternational Court of JusticeAdvisory ProceedingsArquivado 06 de setembro de 2015 enWayback Machine. on theLegal Consequences of the Construction of a Wall in the Occupied Palestinian TerritoryArquivado 30 de abril de 2008 enWayback Machine.,referred to the courtArquivado 05 de febreiro de 2009 enWayback Machine. by U.N. General Assembly resolución A/RES/ES-10/14 (A/ES-10/L.16) adoptada o 8 de decembro de 2003 na 23rd Meeting of the Resumed Tenth Emergency Special Session.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Autoridade Nacional PalestinaModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
 Conflito árabe-israelí  
ParticipantesPersoeirosConflitosDiplomacia / Propostas de paz

Primarios:
Estados e autoridades:

ExiptoExipto
Iraq
Israel
Xordania
LíbanoLíbano
Palestina/Estado de Palestina
Arabia Saudita
Siria
Iemen

Organizacións:

Liga Árabe
Partido Baaz
Al-Fatah
Hamas
Consello Lexislativo
Hesbulá
FPLP
PIJ
OLP

Antigos participantes:

Exército da Guerra Santa
Man Negra
Haganah
Irgun
Lehi
Exército do Líbano do Sur
Mandato de Palestina

Outros:
Estados:

Canadá
Francia
AlemañaAlemaña
Irán
NoruegaNoruega
RusiaRusia
Reino UnidoReino Unido
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Organizacións:

Unión EuropeaUnión Europea
ONUONU

Antigas organizacións:

Unión SoviéticaUnión Soviética
República Árabe UnidaRepública Árabe Unida

Lester B. Pearson
ExiptoHosni Mubarak
República Árabe UnidaGamal Abdel Nasser
ExiptoAnwar Sadat
AlemañaJoschka Fischer
IránMahmoud Ahmadinejad
IránAli Khamenei
IránMohammad Khatami
IránRuhollah Khomeini
Reino de IraqFaisal I de Iraq
Saddam Husayn
Ehud Barak
Menachem Begin
David Ben-Gurion
Moshe Dayan
Levi Eshkol
Golda Meir
Benjamin Netanyahu
Ehud Olmert
Shimon Peres
Yitzhak Rabin
Ariel Sharon
Chaim Weizmann
Abdullah II de Xordania
Hussein I de Xordania
LíbanoHassan Nasrallah
LíbanoFouad Siniora
Mona Juul
Johan Jørgen Holst
Terje Rød-Larsen
Mahmoud Abbas
Yasser Arafat
Salam Fayyad
Marwan Barghouti
Ismail Haniya
Amin al-Husayni
Khaled Mashal
Ahmed Yassin
Folke Bernadotte
Hafez al-Assad
Bashar al-Assad
Idi Amin
Arthur Balfour
Ernest Bevin
Madeleine Albright
Ralph Bunche
George W. Bush
Jimmy Carter
Bill Clinton
Henry Kissinger
Dennis Ross
Cyrus R. Vance

1920 Revoltas de Palestina
1921 Revoltas de Iafa
1929 Revoltas de Palestina
1936–1939 Gran Revolta Árabe
1947 Revoltas de Xerusalén
1948 Guerra árabe-israelí
1953 Operación Shoshana
1956 Guerra de Suez
1967 Guerra dos Seis Días
1968–1970 War of Attrition
1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
1972 Operación Cólera de Deus
1973 Operation Spring of Youth
1973 Guerra do Yom Kippur
1975–1990 Guerra civil libanesa
1976 Operación Entebbe
1978 Operación Lintani
1979 Revolución iraniana
1981 Operación Ópera
1982 Guerra do Líbano
1982–2000 Conflito do Líbano do Sur
1985 Operación Perna de Madeira
1987–1990 Primeira Intifada
1991 Guerra do Golfo
1993 Operación Contabilidade
1996 Operación Uvas da Ira
2000–2005 Intifada de Al-Aqsa
2002 Operación Defensive Shield
2004 Operación Arco da Vella
2004 Operación Días de Penitencia
2006 Conflito de Gaza e Israel
2006 Conflito do Líbano e Israel
2007 Batalla de Gaza
2008-2009 Operación chumbo fundido
2014 Operación Marxe Protectora
2023 Conflito israelí-palestino
2023 Xenocidio de Gaza

Carta de Cambon
Declaración de Balfour de 1917
Acordo Faiçal-Weizmann de 1919
Conferencia de San Remo de 1920
Libro Branco de Churchill de 1922
Libro Branco de 1939
Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947
Declaración de independencia de Israel
Resolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948
Acordos de armisticio de 1949
Carta Nacional Palestina de 1964
Resolución de Khartoum de 1967
Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos de Camp David de 1978
Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Tratado de Paz exipcio-israelí de 1979
Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983
Conferencia de Madrid de 1991
Acordos de Oslo de 1993
Tratado de Paz xordano-israelí de 1994
Acordos de Wye River de 1998
Cume de Camp David de 2000
Cume de Taba de 2001
Iniciativa árabe de paz de 2002
Plan para a Paz de 2002
Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Cume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005
Plan de retirada unilateral israelí
Documento dos prisioneiros palestinos de 2006
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrehistoria é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Autoridade_Nacional_Palestina&oldid=6749380»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp