A Australia é parte do continente máis antigo do mundo,Oceanía. Foi colonizada poraborixes hai máis de 49.000 anos[1], e hai 2 séculos que comezou a súa colonización e industrialización por europeos.
No medievo, Australia considerábase unha vasta terra sen características que xustificasen a súa ocupación. A historia escrita australiana non empezou ata que os exploradoresneerlandeses a avistaron noséculo XVII.Portugueses eholandeses, ven como outros pobos, pasaban ao largo dailla. Mais, naquela hora, entendían que a terra austral era inhabitable e polo tanto non a colonizaron e deixáronlle o camiño aberto ás posteriores expedicións británicas. Foi nesta época cando o capitán inglésJames Cook foi enviado para realizar unha expedición científica neste descoñecido país. O28 de abril de1770, despois de circunnavegar o continente, desembarcou finalmente na costa leste australiana. Continuou a viaxe cara ao norte, e, o 22 de agosto dese ano, proclamou a toma do territorio, ao que se lle deu o nome de Nova Gales do Sur. Comezou así a colonización europea da Australia. Fíxose só co "obxectivo de baleirar" os cárceres británicos. Os condenados, despois de cumpriren a súa pena, recibían unha pequena parcela de terra australiana. Deste xeito, foise desenvolvendo aquel vasto e descoñecido territorio. A interpretación da historia australiana é un tema de discusión aínda actualmente polo que se refire ao trato dosaborixes australianos por parte dos colonizadores europeos.
Aprehistoria australiana pódese definir como o período que abrangue as primeiras migración e ocupación dos aborixes ata as primeiras chegadas europeas, que son do1606 e que se poden incluír como parte da súa historia temperá. Considérase que a prehistoria australiana é algúns miles de anos máis extensa que noutras partes do mundo debido a que non existen escritos de eventos humanos no continente anteriores ao contacto cos europeos. Recentes estudos chegaron á conclusión de que os primeiros europeos que avistaron a illa foron os españois cando navegaban polo Pacífico. En Australia atopáronse cascos que pertencen a soldados españois do século XVI.
O primeiro rexistro de asentamentos humanos en Australia son restos de cabanas construídas no deserto austral, en Warratyi, hai 49,000 anos. Estímase que a terra austral comezou a ser habitada porseres humanos desde hai entre 40.000 e 50.000 anos. Os primeiros australianos, devanceiros dosaborixes australianos da actualidade, chegaron a través de pontes de terra e pasos marítimos de pouca lonxitude desde osueste asiático, a Indonesia. Hai xacementos de entre 40,000 e 38,000 anos de ferramentas de ósos e pigmentos de ocres que proban unha rápida entrada e asentamento dos humanos en todo o continente[1][2]. Nesta época houbo un período de cambio ecolóxico masivo, por deforestación e predación de fauna, que foi resultado de accións humanas.[1] A maior parte destas persoas erancazadores-recolectores cunha complexatradición oral e valores espirituais baseados na adoración da terra e na crenza doTempo dos Soños. Osinsulares do estreito de Torres, etnicamentemelanesios, habitaron desde aquel tempo asillas do estreito de Torres e partes do extremo norte deQueensland; posúen prácticas culturais distintas ás dos demais gruposaborixes australianos.
Durante polo menos os últimos séculos,Makassar (unha cidadeindonesia) comercializou cos aborixes da costa norte, particularmente cosyolngu daTerra de Arnhem.
En1603, o paiMatteo Ricci, unxesuítaportugués que pasou un longo tempo naChina, fixo un mapa do mundo coñecido da época. No espazo onde se situaría Australia, anotou:Ninguén estivo nesta terra do sur, polo tanto non sabemos nada sobre ela. Escribiu ademais encaracteres chinesesTerra do Lume eTerra de Papagaios[3], co cal suxeriu que os chineses sabían ou ata talvez visitaran Australia.
Os primeiros escritos sobre o descubrimento docontinente australiano por parte de exploradores europeos datan de comezos doséculo XVII. O que se cría o primeiro avistamento europeo indiscutible do continente foi feito en1606 polo navegador neerlandésWillem Janszoon, quen navegou pologolfo de Carpentaria no seu barcoDuyfken, avistando e desembarcando na costa oeste daPenínsula do Cabo Iork. Algúns escritores argumentaron que navegantesportugueses puideron descubrir Australia noséculo XVI, e recentemente o xornalista Peter Trickett escribiu no libro "Beyond Capricorn" que o portugués Cristovãou de Mendonça chegou ábaía Botany no ano 1522, (esta nova explicación é a máis probable segundo os últimos estudos) ou sexa, 250 anos antes ca os ingleses. No devandito libro atópase un fragmento dun mapa exacto de parte da costa Australiana, escrito en Portugués, non deixando dúbida de que os Portugueses foron os primeiros en chegar a Australia. Outros viaxeiros europeos (predominantemente neerlandeses, pero taménfranceses eingleses) supostamente chegarían logo á terra recentemente descuberta. No inicio doséculo XVII, as costas occidentais e setentrionais do que chamaranNova Holanda foran cartografadas e navegadas totalmente polos neerlandeses. Con todo, aínda non se fixeran intentos de establecemento.
En1770, a expedición doEndeavour baixo o comando do tenente daMariña Real BritánicaJames Cook navegou e cartografou a costa oriental de Australia, desembarcando no continente por primeira vez nabaía Botany o29 de abril daquel ano. Cook dirixiuse logo cara ao norte e, antes de marchar, desembarcou na illa Possession, noestreito de Torres, o22 de agosto de 1770. Alí reclamou formalmente a costa leste de Australia para oReino de Gran Bretaña e chamounaNova Gales do Sur. Dado que os descubrimentos de Cook fixeron posible o primeiro asentamento europeo no continente, é a miúdo popularmente concibido como o descubridor da terra austral, aínda que o verdadeiro descubrimento ocorrese máis de 160 anos antes da viaxe de Cook.
Ao seu regreso aInglaterra, os informes favorables sobre estas terras realizados durante a expedición xeraron interese sobre Australia ao ser considerada como a potencial solución para o problema de superpoboación penal en Gran Bretaña, o cal fora agravado pola perda das súastrece colonias americanas[4], que foran o destino para otransporte de convictos. Por conseguinte, o13 de marzo de1787, os once barcos doFirst Fleet saíron dePortsmouth, Inglaterra, cara a baía Botany.
Australia Meridional (1836),Victoria (1851) eQueensland (1859). OTerritorio Norte foi fundado en1863 como parte da provincia de Australia Meridional. Victoria eAustralia Meridional foran fundadas como -libres-, isto significa que nunca foron colonias penais, aínda que anteriormente á súa fundación si recibiran algúns convictos procedentes de Tasmania pero nunca do Reino Unido.Australia Occidental tamén foi fundada -libre-, pero aceptou logo o transporte penal debido á grande escaseza de fontes de traballo que sufría.Nova Zelandia foi parte deNova Gales do Sur ata1840, cando se converteu nunhacolonia por si mesma. O transporte de convictos foi progresivamente abolido en toda Australia entre1840 e1864.
A poboaciónindíxena australiana, estimada en 350.000 habitantes no momento do asentamento europeo, reduciuse considerablemente nos 150 anos seguintes ao devandito establecemento, principalmente debido aenfermidades infecciosas xunto á desintegración cultural e ao forzado reasentamento que sufriron debido ao avance dos colonizadores. A separación de nenos aborixes e as súas familias, que algúns historiadores e indíxenas argumentan que debería ser considerada unxenocidio segundo as normas xurídicas da actualidade, posiblemente faga unha pequena contribución na declinación de poboación dos pobos orixinarios. Logo da aprobación doreferendo de 1967, o goberno federal obtivo o poder para poñer en funcionamento novas políticas e crear leis con respecto aos aborixes. A posesión tradicional de terras (native title) non era recoñecida ata que o caso deMabo v Queensland (Non 2) daCorte Suprema modificou a noción de Australia comoterra nullius na época da ocupación europea.
Liña de tempo: Fundación das colonias australianas
Mapa animado que mostra a creación das diferentes colonias australianas. Ademais,Nova Zelandia (que non se mostra aquí) foi parte deNova Gales do Sur desde1788 ata1840 cando foi declarada unha colonia separada.
1788 -Nova Gales do Sur é fundada, estendéndose cara ao oeste ata o meridiano 135º e incluíndo todas as illas adxacentes no océano Pacífico.Nova Zelandia estaba contemplada dentro desas illas e era administrada como parte de Nova Gales do Sur.
1846 -Australia Setentrional (que incluía o que na actualidade é oTerritorio Norte e a maior parte deQueensland) é fundada co meridiano 26º S como o seu límite meridional. Aínda que abolida en decembro do mesmo ano, a colonia existiu formalmente por un breve período.
Entre1855 e1890, as seis colonias obtiveron individualmente ungoberno responsable, administrando a maioría dos seus asuntos internos aínda cando formaban parte doImperio Británico. A Oficina Colonial de Londres mantivo o control sobre certas cuestións, principalmente relacións internacionais, defensa e tráfico marítimo internacional.
O ouro trouxo un período de gran prosperidade, pero ao cabo a expansión económica tivo un final, converténdose adécada de 1890 nun período de depresión.
Tras a fin dasegunda guerra mundial, o goberno australiano instigou un programa masivo para a inmigración europea. Logo de evitar por pouco a invasión xaponesa e sufrir ataques en chan australiano por primeira vez, creuse que o país debía "poboarse ou perecer". A inmigración atraeu os tradicionais emigrantes do Reino Unido xunto a, por primeira vez, un gran número de europeos meridionais e orientais. A crecente economía australiana non se degradou, á diferenza da europea, que fora devastada pola guerra. En Australia, os recentemente chegados inmigrantes atoparon emprego en programas asistidos polo goberno, por exemplo oSnowy Mountains Scheme. Dous millóns de persoas chegaron á puxante nación do sur entre1948 e1975.
OPartido Liberal, fundado en1944, dominou a situación na inmediataposguerra, vencendo o seu presidente e fundador,Robert Menzies, en1949 ao entón presidente doPartido Laborista,Ben Chifley, quen xa ocupara o cargo dePrimeiro Ministro desde1945 ata1949. Menzies supervisou a expansión na posguerra; el converteríase no líder nacional en estar máis tempo nese cargo. Aindustria manufacturera, que antes tivera un papel menor nunha economía dominada pola produción primaria, expandiuse enormemente. Desde adécada de 1970 e a abolición dapolítica da Australia Branca, a inmigración desde Asia e outras partes do mundo tamén foi fomentada. Como resultado disto, ademografía,cultura e imaxe nacionais transformáronse radicalmente.
Desde1951, Australia foi un aliado militar dos Estados Unidos baixo os auspicios doTratado de ANZUS. Os últimos vínculos constitucionais entre o Reino Unido e a mancomunidade foron eliminados en1986 mediante aActa de Australia, terminando con calquera rol británico nos estados australianos e abolindo as apelacións xudiciais aoConsello Privado do Reino Unido. Australia continúa sendo, con todo, unhamonarquía constitucional conCarlos III comoo seu rei. En1999, os votantes rexeitaron un movemento para converter a nación nunharepública cunha maioría do 55% dos votos. Os vínculos de Australia co seu pasado británico estanse atenuando progresivamente. Desde aelección deGough Whitlam comoprimeiro ministro en1972, houbo un crecente interese no futuro da nación como parte darexión asiático-pacífica.
O Parlamento Federal componse do Senado e maila Cámara dos Representantes. O primeiro ministro, actualmenteScott Morrison, e mailo líder do partido maior na Cámara dos Representantes, da cal se seleccionan os outros ministros.
O Senado componse de 76 membros, con representación igual para todos os estados, como no Senado dos Estados Unidos. Un estado elixe doce senadores, mais un territorio (como o Territorio do Norte ou o Territorio da Capital Australiana) pode soamente elixir dous senadores.
A Cámara dos Representantes, cuxo modelo é aCámara dos Comúns da Gran Bretaña, componse de 148 membros. A representación dos estados nesta Cámara está determinada polo tamaño da súa poboación, mais cada distrito electoral ten soamente un membro.
O Senado ten o poder de modificar os proxectos de lei da Cámara dos Representantes, que inclúe asuntos fiscais. En1975, houbo unha crise constitucional, cando o Senado non aprobou o orzamento do goberno laborista de Gough Whitlam. A parálise lexislativa resultou na destitución do primeiro ministro polo gobernador xeral, SirJohn Kerr.
Este acto controvertido do representante da Raíña, contribuíu ao apoio crecente a favor da república, mais no referendo de1999, os republicanos estaban divididos en relación á elección do presidente. Aínda que moitos australianos apoiaron a declaración de república, desexaban un presidente seleccionado por elección directa, non por nomeamento do Parlamento Federal.
Río Yarra,MelbourneEstados e territorios de Australia.
Australia é un estado federal constituído por seis estados, dous territorios continentais e outros territorios menores. Os estados sonNova Gales do Sur (NSW),Queensland (QLD),Australia Meridional (SA),Tasmania (TAS),Victoria (VIC) eAustralia Occidental (WA). Os dous territorios continentais son oTerritorio Norte (NT) e oTerritorio da Capital Australiana (ACT). Na maior parte dos seus asuntos, os territorios funcionan de xeito similar aos estados; con todo o Parlamento da Mancomunidade ten o poder de anular calquera lexislación dos parlamentos dos primeiros. En contraste, a lexislación federal só pode anular lexislacións dos estados relativas a certas áreas segundo se establece naSección 51 daConstitución Australiana; todos os poderes lexislativos residuais son manexados polos parlamentos dos estados, incluíndo hospitais, educación, policía, poder xudicial, estradas, transporte público e goberno local.
Na súa costa índica norte está o golfo de King Sound, no que se rexistran diferenzasmareais de 11-12 m, das maiores do mundo.[5]
Unha enorme parte do país édesértica ousemiárida. Australia é o continenete habitado máis seco e chairo, e o que menos chans fértiles posúe. Só no sueste e suroeste existe un clima tépedo. A parte norte do país, cunclima tropical, ten unhavexetación que consiste principalmente enselvas chuviosas,bosques,pradarías,mangleirais edesertos. Oclima está moi influído por sistemas de baixaspresións tropicais estacionais, que producenciclóns na rexión setentrional, e polascorrentes mariñas, incluíndo o fenómeno oceánico-atmosférico deEl Niño, que se correlaciona consecas periódicas.
A base primaria da cultura australiana foianglocéltica ata mediados do século XX, aínda que os característicos trazos australianos foran adquiridos da contorna e da culturaaborixe. Durante os últimos 50 anos, acultura australiana estivo fortemente influída pola cultura popular estadounidense (particularmente entelevisión ecine), pola inmigración en grande escala de países non anglofalantes e polos países asiáticos veciños. O vigor e a orixinalidade das artes australianas -películas,ópera,música,pintura,teatro,danzas eartes manuais - alcanzaron recoñecemento internacional.
Odeporte, apoiado por un clima que favorece as actividades ao aire libre, ten un papel importante na cultura australiana. O 23,5% dos australianos de máis de 15 anos de idade participa regularmente en actividades deportivas organizadas. No ámbito internacional, Australia ten equipos importantes encrícket,hóckey,netball,rugby league erugby union; e ademais destaca enciclismo,remo enatación.