Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Atol Rangiroa

Coord.:15°07′S147°38′O / -15.12,-147.63
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Rangiroa
Imaxe

Localización
Mapa
 15°07′S147°38′O / -15.12,-147.63
División administrativadepartamentos e territorios de ultramar de Francia
ColectividadePolinesia Francesa
ArquipélagoTuamotuEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.567(2012)Editar o valor en Wikidata (32,49hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie79 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano PacíficoEditar o valor en Wikidata
Altitude12 mEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Rangiroa (no dialecto localRagiroa ouRa'iroa) é unatol dasTuamotu, naPolinesia Francesa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 350 km deTahití.

Características

[editar |editar a fonte]

É un dos atois máis grandes do mundo, cun total de 1640 km²; de superfecie, e unha lagoa de 78 km de longo cunha profundidade entre 20 e 35 m. O escollo está formado por 241 illotes e bancos de area dun ancho de entre 300 e 600 m. Hai catro pasos entre o océano e a lagoa. Os dous máis importantes son ao norte, xunto ás vilas de Avatoru e Tiputa que concentran a maior parte da poboación. Con 2.438 habitantes (censo de 2007) é o atol máis poboado das Tuamotu. A poboación vive do turismo, a pesca e o cultivo de perlas negras.

O nome de Rangiroa, ouRairoa, significa «longo ceo». Probablemente foi poboado noséculo X. En1616 chegaron os neerlandeses Le Maire e Schouten e chamárona illa das Moscas (Uliegen Eylandt). Quedaron literalmente cubertos e non puideron quitalas de encima durante días. En1770 os insulares sufriron unha severa derrota ante os guerreiros da veciñaAnaa, quedando a illa despoboada logo do masacre e o exilio, e non foi repoboada ata corenta anos máis tarde. Os primeiro europeos en instalarse foron uns misioneiros católicos en1851. Estes desenvolveron a plantación de cocos e os habitantes traballaron na industria dacopra (polpa de coco seca). En1965 construíuse un aeroporto de 2.100 m facilitando a chegada do turismo. Unha das atraccións é a práctica do mergullo, cunha rica fauna mariña onde destacan as raias, golfiños e quenllas.

Outros nomes históricos son: Vavaunui, Deans, Nairsa e Prince of Wales.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Atol_Rangiroa&oldid=6853033»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp