Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Atletismo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diferentes competicións atléticas.
Xogos Olímpicos deAtlanta (1996)

Atletismo é o nome que recibe un amplo conxunto de probasdeportivas divididas en carreiras, saltos e lanzamentos. Pódense practicar enpavillóns ou ao ar libre.

O atletismo é un dos poucos deportes practicados de forma tradicional mundialmente, tanto no ámbito afeccionado como no transcurso de numerosas competicións de todos os niveis. A simplicidade e os poucos medios necesarios para a súa práctica explican en parte este éxito. Os primeiros vestixios de concursos atléticos remóntanse a civilizacións antigas.

OsXogos Olímpicos son a proba internacional máis coñecida. Celébranse cada catro anos desde1896 e o atletismo é a disciplina máis importante neles. Desde1982, aIAAF é o organismo encargado da súa regulamentación, e creou normas para finalizar co período afeccionado da disciplina. O primeiroCampionato do Mundo de Atletismo organizouse en1983 e teñen lugar cada dous anos desde1991.

Historia

[editar |editar a fonte]

Antigüidade

[editar |editar a fonte]

O atletismo existe desde hai miles de anos, considérase odeporte máis antigo do planeta. Deixando de fóra deportes prehistóricos sen regras nin normativa, en Exipto no século XV aC atópase como referencia escrita máis antiga unha inscrición nunha lápida de Amenofis II, na cal se fala de carreiras a pé. Ao mesmo tempo a civilización minoica tamén facía carreiras, e lanzamentos como o de xavelina e disco.[1]

Posteriormente fixéronse osXogos Olímpicos que iniciaron osgregos en776 aC. Hai varias teorías que apuntan ao ano880 aC como data de inicio dos Xogos Olímpicos (por obra do rei deElida,Ifitos, e en honra ao deusZeus), pero a primeira referencia escrita é unha listaxe de gañadores do ano 776 aC:Kerobos foi o gañador dunha carreira de 197,27 metros denominadastadion.[1]

Durante os días que duraban os xogos, parábanse todas as guerras (entre estados ou cidades gregas), isto denominábasetregua olímpica.

Entre o472 aC, e o350 aC fóronse modificando algúns conceptos para acabar cuns xogos olímpicos semellantes aos actuais: o primeiro día dedicábase á celebración do culto de Zeus, o segundo día levaban a cabo as carreiras individuais e durante o resto de días o resto de probas. Os trofeos que conseguían os atletas eran ofrecidos aos seus deuses: os atletas non recibían ningún premio valioso, como poderían ser xoias ou ouro, senón que só recibían unha coroa feita cunha rama de olivo chamadaKotinos e o recoñecemento de ser os máis rápidos ou os que saltaban máis. Os atletas ían nus durante todo o período, posto que aquilo era unha representación da beleza masculina e tentaban imitar aos deuses, as mulleres tiñan o acceso prohibido.

Estadio de Olimpia.

Os atletas empezaban aos doce anos o adestramento e a preparación física na pista. Ademais había probas diferentes das actuais, por exemplo contemplábase aloita,boxeo,pancracio (unha combinación das dúas anteriores), carreiras decuadrigas etc. E xa se disputaban outras moitas probas como os lanzamentos dedisco exavelina (nestas dúas había unha modalidade de lanzamento vertical e outra de lanzamento horizontal), carreiras de velocidade,salto de lonxitude etc.

No394 aC xa se disputaron 293 Xogos Olímpicos, todos eles noVal de Olimpia.

En Roma practícase o atletismo en dúas versións diferentes. A primeira de inspiración etrusca (cursores), e a segunda é unha adaptación das disciplinas gregas (athletae) que son practicadas a Roma a partir do 186 aC, e osromanos continuáronos.[2] Coa chegada do cristianismo os Xogos foron perdendo interese. No ano394 o emperador romanoTeodosio o Grande aboliunos porque eran consideradospagáns.[3]

Irlanda organiza entre o 632 aC e1169 xogos que comprenden probas descoñecidas polosgregos comosalto de pértega, lanzamento de martelo e unha forma decros country. Estas disciplinas son importadas aEscocia no século IV, pola migración de escoceses. Estes xogos arraigan en terra escocesa e fanse osHighland Games.[4]

Idade media ata o século XIX

[editar |editar a fonte]

Desde o século XI, as fontes informan de carreiras a pé en Inglaterra. O entusiasmo é tal que as autoridades locais reservan un espazo dedicado a estas competicións en 1154 en Lord.[4] A descrición dun lanzador de pedras figura nos relatos de Havelock o danés en 1275. Doutra banda, segundo os historiadores, o rei Henrique II de Inglaterra fixo instalar uns terreos de deporte nos arredores de Londres para a práctica de diferentes probas tales como lanzamento de martelo enzorra, lanzamento de barra e pa, así como xogos de pelota. Ao mesmo tempo, os mozos londinienses desafíanse a interminables carreiras a través da cidade.[5]

En1834 un grupo de ingleses decidiron os mínimos esixibles para participar en determinadas probas. As primeiras reunións atléticas foron da man das universidades deOxford eCambridge (1864). O primeiro mitin nacional enLondres tivo lugar en1866 e o primeiro mitin afeccionado en pista cuberta, celebrado nosEstados Unidos en1868, o ano no cal se fundou o primeiro club de atletismo. Isto desatou o interese por este deporte tanto enEuropa comoAmérica.

Amodo o atletismo foi collendo protagonismo, en1896 celebráronse os Xogos Olímpicos enGrecia impulsados polo barónPierre de Coubertin, noEstadio Panathinaikó de 333 metros de pista,[6] e a partir de aquí cada 4 anos un país era o anfitrión dos Xogos, excepto en tempos de guerra.

Aínda así non foi ata os xogos deEstocolmo, en1912 que non se empezaron a cronometrar as carreiras; foi, polo tanto, o primeiro momento no que se contaron as marcas, foi naqueles xogos candoJim Thorpe gañou dúas medallas de ouro nopéntatlon e nodécatlon, conseguindo a marca do mundo, seis meses despois retiráronselle as medallas e as marcas porque cobraba 25dólares semanais xogando aobéisbol, en1982, unha vez xa morto, oComité Olímpico Internacional entregou as medallas aos seus fillos e volvérono a inscribir nolibro das Marcas.

En1912 fundouse a Federación Internacional de Atletismo Afeccionado (IAAF) con sede enLondres. Os fundadores foron 17 países, pero actualmente xa o integran 213.[7]

En1976 acordouse que todas as marcas e probas se indicaran de formamétrica e evitar empregar a palabramilla. Actualmente isto aplícase a todas as probas excepto a de milla.

Probas

[editar |editar a fonte]

As probas de atletismo adóitanse clasificar en tres grandes bloques: carreiras (velocidade, medio fondo, fondo, obstáculos, marcha atlética eremudas), concursos (saltos e lanzamentos) e probas combinadas (décatlon e héptatlon).

Probas olímpicas
Carreiras
DistanciaData desde a cal é olímpica
 HomesMulleres
100 m18961928
200 m19001948
400 m18961964
800 m18961928; vaise
recuperar en 1960
1 500 m18961972
5 000 m19121996(do1984 ó
1992:3000 m)
10 000 m1912(do1906 ó1908:
5 millas = 8047 metros)
1988
Maratón18961984
110 mt;
Mulleres:100 mt
18961972
(do1932 ó1968:
80 mt)
400 mt19001984
3000 obstáculos1920(do1900 ó1908
outra distancia)
2008
4x100 m19121928
4x400 m19121972
Marcha
DistanciaData desde a cal é olímpica
HomesMulleres
20km marcha1956(1908 ó
1952:10km marcha)
2000(1992 ó
1996:10km marcha)
50km marcha1932-
Saltos
DisciplinasData dende a que é olímpica
HomesMulleres
Salto de altura18961928
Salto con pértega18962000
Salto de lonxitude18961948
Triplo salto18961996
Lanzamento
DisciplinasData dende a que é olímpica
HomesMulleres
Lanzamento de peso18961948
Lanzamento de disco18961928
Lanzamento de martelo19002000
Lanzamento de xavelina19081932
Combinadas
DisciplinasData dende a que é olímpica
HomesMulleres
Décatlon1896-
Héptatlon-1984

Carreiras

[editar |editar a fonte]

As carreiras son as probas clásicas. Consisten a correr (excepto no caso da marcha) unha distancia determinada co obxectivo de completala co menor tempo posible.Unha saída será nula se un corredor ou corredora ponse en movemento antes de que se dea o pistoletazo de saída. O atleta que fai unha saída nula é descualificado (en vigor desde o 1 de xaneiro de 2010).As carreiras clasifícanse en:

Carreira con valos.

Ascarreiras de velocidade son as carreiras onde a distancia a percorrer son 400 metros ou menos. De tal maneira que os50 metros lisos, os60, os100, os200 e os400 son categorizadas neste grupo. Afinando máis poderíanse distinguir as carreiras de esprint (distancia inferior aos 100 metros), pero non é necesario. Estas carreiras caracterízanse polo feito de que o atleta empeza a carreira agachado cos pés colocados sobre o bloque de saída (starting ou tacos de saída) que o axudarán a gañar impulso ó comezo da carreira. A saída nestas carreiras pode ser decisiva. O atleta non escatima en ningún momento en velocidade: vai todo o percorrido ao máximo; quizais a única excepción é á proba dos 400 metros, onde o atleta pode rebaixar a velocidade en determinados momentos para esforzarse máis noutras zonas.

Unha vez se da o pistoletazo de saída, o atleta impúlsase costarting e fai os 10 ou 20 primeiros metros lixeiramente agachado, e finalmente pon as costas completamente rectas. Isto permite unha maior apertura de pernas. O atleta tense que impulsar fortemente contra a terra no canto de "apoiarse" como quizais faría nunha carreira de fondo ou medio fondo.

Ascarreiras de medio-fondo son aquelas comprendidas entre os 600 e os 3.000 metros. As carreiras máis populares son a de800 metros lisos, a de1.500 e a de3.000. Tamén o sería amilla a pesar de non ser olímpica. Nestas carreiras o atleta segue unha estratexia previamente estudada acelerando e reducindo a marcha para poder aguantar toda a distancia, tamén hai atletas que van durante toda a carreira á mesma velocidade. Nestas probas non se empeza constarting, senón que se sae de pé, e colócanse nunha liña curva da pista, sen rúa única; a única excepción son os 800 metros lisos onde si que se empeza constarting e durante unha distancia hai rúa única. O atleta fai unha menor apertura de pernas e a acción dos xeonllos non é tan importante como nas probas de velocidade.

Ocampo a través caracterízase por disputarse no medio de camiños, montañas, campos etc. no canto de facelo en pista.

Ascarreiras de fondo son todas as carreiras dunha distancia superior aos 3.000 metros:5.000,10.000,maratón (42.195 metros fóra de pista), ocampo a través (fóra de pista) etc. Os atletas destas probas tentan evitar todos os movementos innecesarios, os xeonllos non se moven moito e a apertura de pernas e a forza son menores que nas carreiras de medio-fondo e de velocidade.

Ascarreiras de valos son de 400 metros ou inferiores en distancia. O atleta ten que superar un conxunto de 10 valos, de diferente altura segundo a categoría e o sexo. A distancia entre os valos é diferente segundo a distancia que se percorra. Para pasar os valos correctamente primeiro tense que estender unha perna, pasar o valo (sen perder o ritmo) e pola rapidamente en terra, a segunda perna pasa dobrada perpendicularmente ao corpo (de tal maneira que queda paralela a terra): a flexibilidade é un elemento chave nestas probas. Se un atleta non pasa por encima dos valos será descualificado; o feito de tombalas non o descualifica nin impide establecer unha marca.Ascarreiras de obstáculos son parecidas, a distancia máis común son os3.000 metros, o atleta ten que superar obstáculos que non poden caer e cada volta teñen que superar unha ría.

Nascarreiras de remudas participan 4 atletas do mesmo equipo. Estes van percorrendo unha distancia determinada e pasando un tubo ríxido chamadotestemuño ao seguinte do seu equipo, levándoo sempre na man e non está permitido usar luvas. O cambio tense que producir nunha zona de transferencia de 20 metros. Se durante a carreira a un atleta se lle cae o testemuño, este terá que recollelo e non outro do seu equipo. Ademais, á hora de recollelo non se pode entrar noutro carril, se isto pode interferir a un atleta contrario. Será motivo de descualificación se a entrega do testemuño se fai fóra da zona de transferencia.

Namarcha os atletas teñen que ter sempre un pé en contacto coa terra, ou aparentalo a primeira ollada, aínda que a miúdo non se cumpra completamente esta norma, serve para evitar que os atletas corran. Só se sancionará se se incumpre claramente, o atleta que o faga recibirá os cartóns dos xuíces. As distancias comprenden desde os 1.500 metros ata os 50 km.

Concursos

[editar |editar a fonte]

Os concursos son aquelas probas do atletismo que non son nin carreiras nin combinadas: os saltos e os lanzamentos. As probas que conforman este gran grupo son moi variadas e diversas. Ossaltos son:salto de altura,salto con pértega,salto de lonxitude etriplo salto, e os lanzamentos: opeso,disco,martelo exavelina.

  • Nosalto de altura o atleta ten que superar un listón saltando por riba del. A técnica empregada actualmente é a defosbury.
  • Osalto con pértega ten aspectos comúns co salto de altura: o obxectivo é pasar por riba dun un listón, neste caso, pero, os atletas axúdanse dunha barra flexible chamada pértega.
  • Osalto de lonxitude consiste a facer o salto a maior distancia horizontal do punto de batida.
  • Otriplo salto é igual agás que desde o punto de batida ata a fosa pódense dar dous pasos para acabar cun salto (que sería como o terceiro paso).
  • Olanzamento de peso consiste a lanzar un peso de 7,26 kg os homes e 4 kg as mulleres o máis lonxe posible sen saír dun círculo de lanzamento. Hai dúas técnicas para lanzar o peso: unha con desprazamento lineal e unha con desprazamento rotatorio. O desprazamento realízase para elevar a velocidade final do peso o máximo posible e aproximarse ao colector que é a zona máis próxima na zona de caída do artefacto. A forma lineal realízase facendo un salto en liña recta e a rotativa supón facer unha rotación sobre un mesmo ao mesmo tempo que se despraza.
  • Olanzamento de disco é moi parecido ao lanzamento de peso con desprazamento rotatorio coa diferenza da colocación do artefacto, posto que o disco lévase co brazo completamente estirado.
  • Olanzamento de martelo consiste, tamén, a lanzar o máis lonxe posible un disco ou un martelo respectivamente, sen saír do círculo de lanzamento. Este realízase dando tres ou catro voltas sobre un mesmo para acelerar o artefacto o máximo posible. O martelo lévase cos brazos estirados e a diferenza dos outros lanzamentos é o único que se realiza de costas á zona de lanzamento na súa parte final.
  • Olanzamento de xavelina no canto de desenvolverse no círculo de lanzamento faise nun corredor, tamén se ten que tentar lanzar o máis lonxe posible a xavelina. A técnica do lanzamento consta dunha carreira previa como desprazamento e o lanzamento final.

Combinadas

[editar |editar a fonte]

Trátanse de "conxuntos" dalgunhas das probas mencionadas anteriormente. Son odécatlon ehéptatlon. Nestas competicións cóntanse os puntos gañados en cada proba, que varían segundo a marca conseguida, contando como 10.000 a marca ideal, no caso do décatlon.

  • Nodécatlon realízanse as seguintes probas:(primeiro día) 100 m lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura, 400 m lisos;(segundo día) 110 m valos, lanzamento de disco, salto con pértega, lanzamento de xavelina e 1500 m. Esta proba só é masculina.
  • Nohéptatlon realízanse as seguintes probas:(primeiro día) 100 m valos, salto de altura , lanzamento de peso, 200 m lisos;(segundo día) salto de lonxitude, lanzamento de xavelina e 800 metros lisos. Esta proba só é feminina.

Pista

[editar |editar a fonte]
Estadio Olímpico Lluís Companys.

O atletismo, normalmente lévase a cabo nunha pista ovalada descuberta formada por un mínimo de 4 carrís (adoitan ser 8, a recta de chegada ten que ter un mínimo de 6 carrís) onde se realizan as carreiras, e unhas zonas onde se fan os saltos e os lanzamentos, pero ás veces fanse nunhas zonas próximas. Aínda así, tamén se pode disputar en pistas cubertas, que son máis pequenas e caracterízanse para non estar ao aire libre. Todas as pistas teñen que pasar un control da IAAF para controlar a calidade. Finalmente, algunhas probas desenvólvense en espazos exteriores como camiños ou estradas.

A superficie das pistas denomínasetartán e é un material sintético. Adóitase a pintar de cor vermella ou nalgúns casos azul. Algunhas pistas non oficiais ou actualmente en desuso poden ser de terra mineral, de arxila, de cinza ou mesmo de herba.

As pistas ao longo da historia variaron moito. Ao principio eran de area para dificultar a velocidade dos atletas, actualmente isto é diferente e están deseñadas para facilitala. Os materiais cambiaron, cada vez as infraestruturas son máis resistentes. A distancia dunha volta, ademais, variou continuamente: 1896 (Atenas) - 333,33 m; 1900 (París) - 500 m; 1904 (St. Louis) - 536,45 m (un terzo de milla); 1908 (Londres) - 536,45 m; 1912 (Estocolmo) - 383 m; 1924 (París) - 500 m; actualmente son de 400 metros.

Carreiras

[editar |editar a fonte]

Nunha pista oficial, a rúa 1 (o interior) fai 400 metros cada volta. Hai dúas rectas paralelas (duns 84 metros) e dúas curvas co mesmo raio cada unha (duns 36,5 m), estas medidas ás veces poden variar, mantendo a pista simétrica por 2 eixos. As voltas que fan os corredores son no sentido contrario das agullas do reloxo, é dicir, das dúas partes irán sempre pola da dereita. Ao comezo da recta ten que haber un espazo con tartan duns 3 metros e ao final duns 17 para que os atletas non teñan problemas á hora de frear. No interior da rúa 1, para separar a zona de carreiras e as outras probas, hai un bordo duns 5 centímetros de altura e 5 de anchura que adoita ser metálico. Aínda así tamén debe haber unha liña branca que delimite a zona, e en caso de terse que mover o bordo pola realización de concursos ou determinadas carreiras, terase que marcar con conos ou bandeiras (de 20 centímetros de altura como mínimo) o percorrido orixinal da pista, aínda así non poderán estar a máis de 4 metros entre un e o outro.

Forma da pista para carreiras de atletismo.

Fórmula matemática da pista:

84,39 m (distancia de cada recta) x 2 = 168,78 m (as dúas rectas)
36,80 (raio dunha das curvas) x 3,1416 (número pi, aprox.) = 115,61 m
115,61 (distancia de cada curva) x 2 = 231,22 m (as dúas curvas)
168,78 (as dúas rectas) + 231,22 (as dúas curvas) = 400 m

A distancia das rúas cóntase dende a liña externa. Cada rúa ten 1,22 metros de anchura (cunha variación posible de 1 centímetro), marcada por ambas as bandas por liñas brancas de 5 centímetros de anchura. A inclinación da pista non pode superar 1:100 (normalmente cara ao interior) e o desnivel o 1:1.000 cara á dirección da carreira. As zonas de seguridade son de máis dun metro no interior e de aproximadamente un metro no exterior, onde non pode haber material, obstáculos etc. Ademais, tódolos sistemas de drenaxe que haxa nesta zona terán que estar ao mesmo nivel que a pista. A "ría" empregada na probas de obstáculos ten que estar no interior ou exterior da segunda curva e ten que ter unhas dimensións de 3,66 m x 3,66 m x 0,70 m.

Xusto antes da saída da recta ten que estar o número de cada rúa pintado de cor branca, de máis de medio metro de altura e lexibles na dirección da carreira. Á chegada pódense pór dous paus brancos ríxidos, a máis de 0,30 metros de distancia da pista sempre que non dificulten o traballo dafoto-finish, as súas medidas terán que ser duns 1,40 x 0,08 x 0,02 metros. Nas carreiras onde se empeza con carril propio, pero acaban con rúa libre (como os800 metros lisos) deixaranse uns prismas ou conos xusto na zona onde se produza o cambio.

Tamén ten que haber un corredor especial para enlazar as probas que saen da pista (maratón,medio maratón,marcha atlética) e que acaban dentro.

Saltos

[editar |editar a fonte]
Kajsa Bergqvist en pleno salto de altura.
  • Osalto de lonxitude desenvólvese nunha rúa duns 40 metros de lonxitude da mesma anchura que as rúas de carreiras (1,22 m). A táboa de batida é de 0,20 m ± 0,02 x 0,10 m ± 0,01. A fosa de caída terá que estar chea de area e non poderá ter menos de 2,75 metros de anchura e non poderá estar máis preto de 10 metros da táboa de batida.
  • Otriplo salto realízase nas mesmas instalacións que o salto de lonxitude, cun único cambio: en competicións internacionais a batida sitúase a 13 metros da fosa no caso dos homes e a 11 no das mulleres.
  • Osalto de altura faise nun corredor semicircular cun mínimo de 20 metros de raio e un colchón dun mínimo de 3 x 5 metros. O listón é unha barra feita de metal, madeira ou fibra de vidro cos extremos plans para obter unha maior estabilidade nos apoios. O obxectivo do saltador é saltar por riba do listón sen facelo caer. Pode pesar, como máximo 2 kg e ter 4 metros de lonxitude.
  • Osalto con pértega conta cunha rúa duns 40 metros x 1,22, un caixón onde pór a pértega e un colchón de caída de 6,50 m x 5 m.

Lanzamentos

[editar |editar a fonte]
Remigius Machura preparando unlanzamento de peso.
  • Olanzamento de peso desenvólvese nun círculo de lanzamento de 2,135 metros, un colector de 1,22 m ± 0,01 x 0,112 x 0,10 m ± 0,02 e o sector de caída de 25 metros de raio e 17,10 de corda.
  • Olanzamento de disco conta cun círculo de lanzamento de 2,50 m, unha gaiola protectora e un sector de caída de 80 metros de raio e 54,72 de corda.
  • A instalación dolanzamento de xavelina consiste nun corredor de 30 a 36,50 metros cunha anchura de 4, un arco cun raio de 8 m e un sector de caída de 100 metros de raio e 50 de corda.
  • A instalación dolanzamento de martelo é un círculo de lanzamento de 2,135 de diámetro, gaiola protectora e un sector de caída de 90 metros de raio e 61,56 de corda.

Algunhas veces algúns destes lanzamentos poden desenvolverse en descampados adxacentes á pista, normalmente para non botar a perder o céspede do interior, que moitas veces se utiliza como campo defútbol,rugby ouhóckey sobre herba.

Pista cuberta

[editar |editar a fonte]

Tamén pode ser que se desenvolva en pistas cubertas, onde a recta ten só 50 metros, a metade dunha pista normal, non se poden facer probas como olanzamento de disco ouxavelina polo escaso espazo do que se dispón. Unha característica destas pistas é que no interior non hai céspede e que xusto na metade hai unha recta para desenvolver os60 metros lisos.

Exteriores

[editar |editar a fonte]

Aínda así hai probas como ocross, algunhas carreiras de marcha e os maratóns que se desenvolven en camiños ouestradas. Os maratóns moitas veces rematan dando unha volta á pista.

Equipamento e material

[editar |editar a fonte]
Botas de cravos de atletismo, imprescindibles para as carreiras de velocidade e a maioría de saltos.

O material necesario é moi variado segundo a proba que se queira facer. Nas carreiras de velocidade é imprescindible dispor dos tacos de saída (tamén chamadosstarting). No salto con pértega e o de altura necesítase un colchón para parar as caídas. Nos lanzamentos, loxicamente necesítanse os artefactos que se lanzarán. Todas as pistas, ademais teñen que contar con valos e obstáculos para poder desenvolver as probas.

O material que teñen que traer os xuíces tamén varía segundo a proba e segundo o papel que teñen. Por exemplo nun salto de lonxitude, uns encargaranse de alisar a area, outros de medir, e outros de verificar que o salto é válido. Polo tanto é moi difícil facer unha lista de todo o material que se pode necesitar á hora de facer de xuíz.

Probas máis importantes

[editar |editar a fonte]
  • OCampionato do Mundo organízao a Federación Internacional de Atletismo (IAAF) desde 1983. Nun principio disputábase cada catro anos, pero debido ao grande eco nos medios e económico que tivo a competición, a partir da súa terceira edición, en 1991, pasouse a disputar cada dous anos.
  • OsXogos Olímpicos de verán son unha competición internacional multideportiva disputada cada catro anos e organizada poloComité Olímpico Internacional. Trátase dunha das competicións máis prestixiosas e con máis audiencia en todo o mundo. Os competidores participan representando o seuComité Olímpico Nacional respectivo, que adoitan representar estados independentes, a pesar de que tamén toman parte diversas nacións sen estado.
  • AGolden League é unha serie de competicións anuais que organiza a Federación Internacional de Atletismo (IAAF) desde 1983. Esta competición formouse para mellorar a eficiencia das mellores competicións atléticas. Os atletas que gañan nas seis competicións comparten un premio dun millón dedólares.
  • A Copa do Mundo de Atletismo, é unha competición internacional de seleccións continentais de probas en pista.
  • OCampionato de Europa de Atletismo é un acontecemento atlético organizado pola Asociación Europea de Atletismo (EAA), e que se celebra cada catro anos nunha cidade diferente, previamente designada. A primeira edición celebrouse en 1934 na cidade de Turín, Italia, e ata o 2006 disputáronse 19 edicións. Unicamente se deixou de disputar a edición de 1942 debido á segunda guerra mundial.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Corredor no paseo marítimo da Coruña
    Corredor no paseo marítimo daCoruña

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1O nacemento do primeiro estadioArquivado 05 de xaneiro de 2018 enWayback Machine.(enfrancés)
  2. Jean-Paul Thuillier,Lle sport dans la Rome antique, París, Errance, 1996, páx.115-116,ISBN 2877721140
  3. Resumo historía do atletismoArquivado 30 de maio de 2015 enWayback Machine.(encastelán)
  4. 4,04,1Wojciech Liponski (s.d.),L'encyclopédie des sports, Poznan, Atena, 2003 (éd. fra., París, Grund et UNESCO, 2005), páx.33,ISBN 2700012275
  5. Robert Parienté et Alain Billouin,La Fabuleuse Histoire de l'Athlétisme, París, Minerva 2003, páx.192,ISBN 2830707273
  6. E. Martin, David; Gynn, Roger W. H. (2000).The Olympic marathon(en inglés). Human Kinetics. pp. p.56.ISBN 0880119691. 
  7. Historia da IAAF(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Atletismo

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Atletismo&oldid=6534968»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp