
Atlas é o nome dunha familia defoguetes espaciaisestadounidenses que ten súa orixe nomísil do mesmo nome desenvolvido a finais da década de 1950.[1][2]
O Atlas orixinal foi unmísil balístico intercontinental (ICBM polas súassiglas eninglés) que foi usado como base para toda unha familia de lanzadores espaciais de capacidade media. Diferentes versións do Atlas lanzaron os primeirosastronautas estadounidenses, os primeirossatélites espía, os primeiros orbitadores e aterrizadores luares dos Estados Unidos e as primeiras sondas aVenus,Mercurio,Xúpiter eSaturno.[1]
A orixe dos Atlas está nunha petición de propostas feita en outubro de 1945 por parte daForza Aérea para un deseño de mísil de longo alcance. En xaneiro de 1946 osenxeñeiros deConsolidated-Vultee, baixo as ordes deKarel Bossart, remitiron a súa proposta, consistente en dous tipos de mísiles: un subsónico, conás epropulsado a chorro, cun alcance de 6000millas náuticas; e un supersónico, balístico e propulsado por unmotor foguete. As novas tecnoloxías a empregar no mísil balístico incluían o uso de tanques monocasco deaceiro e dunha soa parede, mantidos ríxidos polapresión interna, para minimiza-lo peso; motores movidos por xuntascardán; unhaoxiva separable; e o uso do concepto de "etapa e media" mediante a exección dos motores durante o ascenso, achegándoo ó rendemento dun lanzador capaz de poñer cargas enórbita cunha soa etapa.[1]
O 19 de abril de 1946,Convair recibiu un contrato de 1 983 000dólares para fabricar e probar dez mísilesMX-774 Hiroc cos que verificar os novedosos conceptos de Bossart. As probas realizaríanse a partir de 1947, enSan Diego (California). Finalmente Consolidated Vultee perdeu o concurso para mísil de cruceiro subsónico e os cortes en defensa puxeron fin ás probas cos mísiles MX-774 en xullo de 1947, só tres meses antes do primeiro voo programado. Os fondos restantes permitiron probar tres MX-774 no campo de probas de White Sands entre xullo e decembro de 1947. Aguerra de Corea e o comezo daguerra fría relanzaron os presupostos. Convair recibiu un novo contrato en setembro de 1951 para o deseño dun mísil balístico coas características xa validadas dos MX-774.[1]

A principios dos anos 1950 o fallo na ignición dos motores de propelente líquido era maior do 50%, o cal supuña un problema que se resolveu co concepto de "etapa e media": tódolos motores do foguete acendíanse xusto antes da engalaxe e algúns deles exectábanse durante o voo, permitindo por un lado verificar antes da engalaxe que tódolos motores funcionaban e por outro alixeirar peso durante as etapas avanzados do voo, con menos necesidade depulo. O deseño do Atlas veu o visto e prace en xaneiro de 1955, coa ordeWeapon System WS107A-l. Internamente, en Convair o proxecto foi coñecido comoModelo 7.[1]
Tras informes que indicaban un gran progreso daUnión Soviética no seu primeiro mísil intercontinental, o proxecto recibiu a máxima prioridade. As primeiras probas co sistema de propulsión e outros compoñentes tiveron lugar en xuño de 1956 e os primeiros mísiles de proba estiveron listos para finais dese mesmo ano. O primeiro Atlas (Atlas A) voou o 11 de xuño de 1957.[1]
O Atlas, como mísil, quedou rapidamente obsoleto, pechándose as liñas de produción en 1966. As unidades sobrantes foron almacenadas e reusadas como vehículos de lanzamento espacial. O primeiro mísil operacional (oAtlas D), por exemplo, serviu como base para os foguetes que lanzaron as cápsulas doproxecto Mercury. En combinación coas etapasAgena eCentaur, seviron como lanzadores de capacidade media. O último Atlas cunha etapa Agena voou en 1978, mentres que a etapa Centaur converteuse na etapa superior estándar dos foguetes Atlas.[1]
As últimas versións operativas dos foguetes Atlas son osAtlas V.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atlas |