Atlanta é acapital ecidade máis extensa e poboada doestado deXeorxia e a trixésimo terceira nosEstados Unidos en cantidade de habitantes en2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial éAtlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novenaárea metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns dehabitantes. Como na maior parte doCinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre2000 e2008. Este foi o maior crecemento de calquera áreaestadounidense por detrás doDallas-Fort Worth Metroplex.[1] Cun ingreso bruto de 270.000 millóns dedólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.[2]
Atlanta é, tamén, asede docondado de Fulton e a quinta situación da sede do goberno do estado de Xeorxia. Unha pequena parte dos límites da cidade de Atlanta limitan cocondado de DeKalb.
O lugar que ocupa hoxe Atlanta era territoriocherokee ecreek, ata a deportación destastribos. Este territorio foi cedido ao estado de Xeorxia polos indios americanos da tribo creek en1821. A cidade foi fundada no1836. En1847 recibiu a categoría de cidade. Durante a Guerra Civil, tiña unha poboación de 15.000 habitantes, e converteuse nun importante nodo ferroviario. O1 de setembro de1864, durante aGuerra Civil, o xeneral confederadoJohn Bell Hood evacuou acidade despois de catro meses deasedio das tropas federais. O7 de setembro de1864 o alcaldeJames Calhoun rendeu a cidade aos invasores.
Atlanta era un destacado centro de abastecemento das tropas confederadas, polo que se converteu en obxectivo da campaña do xeneralWilliam Tecumseh Sherman dendeChattanooga. Varias grandes batallas tiveron lugar nas súas proximidades, antes de ser tomada o1 de setembro de1864.
O15 de novembro, Sherman queimou case toda a cidade antes de partir cara ao mar. Atlanta recuperouse rapidamente trala Guerra Civil, e foi escollida capital do estado no1868, decisión que se fixo definitiva logo da votación popular no1877. No1900 transformouse na maior cidade do estado.
Mapa do territorio onde se levantaría Atlanta, 1815.
En terras de indios creeks echerokees onde existía unha aldea importante,Standing Peachtree na confluencia do Peachtree Creek no río Chattahoochee, onde tamén o exército estadounidense inda en loita cos ingleses levantara en 1814 Fort Gilmer (despois Fort Peachtree), os asentamentos de poboación branca comezaron na década dos vinte (Decatur, 1822) no que hoxe constitúe a parte oriental da área metropolitana deAtlanta.
En 1835, algúns líderes cherokees cederon aosEstados Unidos de América os terreos do oeste onde se aprobou ao ano seguinte a construción da terminal oriental do ferrocarril Western & Atlantic Railroad (a occidental estaba en Chattanooga,Tennessee). En 1837 decidiuse o punto exacto que se chamou por isoTerminus. Supuxo o comezo de Atlanta.
Atlanta, 1853; primeiro mapa da cidade, E.Vincent.
En 1839, J. Thrasher construíu casas e un almacén a rentes da terminal polo que o asentamento foi chamadoThrasherville. Para aquela data os indios foran evacuados do territorio dunha maneira humillante e inxusta pois a cesión das terras non tivera un consentimento unánime.
En 1842 o asentamento tiña seis edificios e trinta habitantes e na busca dun nome axeitado inda recibiu o deMarthasville pola filla do gobernador deXeorxia. En 1845 un novo ferrocarril dendeAugusta, o Georgia Railroad, fixo da terminal unha estación pasante e ao ano seguinte un terceiro ferrocarril, o Macon & Western, converteuna en nó ferroviario.
Finalmente en 1847 a poboación foi incorporada co nome, derivado do da primeira liña ferroviaria, de Atlanta. Deseguido experimentou unboom (2.500 habitantes en 1850, 9.500 en 1860) acadando a feitura dunha verdadeira vila. Unha antiga senda india cara ao norte converteuse na rúa principal, Peachtree Street.
Precisamente a súa importancia coma nó de ferrocarrís do bandoconfederado fixo dela un obxectivo estratéxico durante acontenda civil norteamericana. Despois do asedio e toma en 1864, o unionistaXeneral Sherman mandou prenderlle lume coma aviso na súa campaña cara ao sur.
Gradualmente tralo fin do conflito (1865) a cidade foi reconstruída polo exército federal. Axiña aumentou a súa poboación con continxentes dos condados rurais veciños e sobor de todo, pola forte inmigración de poboación negra liberada daescravitude (33.370 habitantes en 1870 no condado), convértese pronto no centro comercial e industrial do Sur. A partir de 1868 foi xa a capital do estado de Xeorxia con edificio do capitolio dende 1889[9][10].
O desenvolvemento de Atlanta durante oséculo XX foi un dos máis rápidos dos Estados Unidos pasando a convertela dun centro rexional nunha emerxente metrópole internacional[11] (90.000 habitantes en 1900, 400.000 na área; 3 000 000 en 1990).
Non sen conflitos, sinaladamente os raciais (foi un dos lugares máis activos do Movemento polos Dereitos Civís conMartin Luther King á cabeza), o desenvolvemento industrial tralasegunda guerra mundial (compañías líderes comaBell Aircraft,Delta Air Lines,Coca-Cola,AT&T,CNN) produciu unha suburbialización extensiva que segue a medrar máis que ningunha outra no país (case que seis millóns de habitantes)[12].
Para pechar o círculo, a cidade que naceu coma nó ferroviario segue a ser un centro de comunicacións, agora global, co aeroporto internacional con maior tráfico do mundo e a antedita cadea de telecomunicacións CNN.
A importancia de Atlanta na historia da poboación negra e do movemento dos dereitos civís é moi significativa. No marco da Cotton States and International Exposition de Atlanta (1895), Booker T. Washington pronunciou o seu discurso coñecido como o "Compromiso de Atlanta". Nel propugnaba a igualdade política e social para a poboación negra a cambio da seguridade económica. Na década de 1960 Atlanta foi o centro dende onde se impulsou o movemento dos dereitos civís para a poboación de cor. No1957, Martin Luther King e outros activistas dos dereitos civís fundaron a Southern Christian Leadership Conference para fortalecer e difundir o movemento pola conformidade racial. Entre1962 e1969 levouse a cabo a integración racial nas escolas de Atlanta de maneira pacífica. En1973 Atlanta converteuse na primeira cidade importante do sur dos Estados Unidos en ter un alcalde negro. Aínda que a poboación do municipio de Atlanta descendeu dende a década de 1970, a da súa área metropolitana medrou de forma exponencial entre1980 e1990.
Atlanta foi seleccionada como sede olímpica o18 de setembro de1990 na cidade xaponesa deTokyo.[13] Houbo varias opinións favorables á elección deAtenas, debido a que o evento se celebraría xusto cen anos despois dos primeirosXogos Olímpicos da Era Moderna. Non obstante, oComité Olímpico Internacional optou pola cidade estadounidense nas derradeiras votacións, considerando, a maioría dos votantes, que as infraestruturas da cidade grega non estarían rematadas para a data do evento. Aínda así, a decisión non estivo exenta de polémica.
Segundo aOficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área de 343 km², dos cales 341,2 km² é terra e 1,8 km² son auga. A área total de auga é de 0,51%. Situada a 320 metros de altura sobre o nivel do mar e o aeroporto a 308 metros, Atlanta atópase sobre a cima da cordilleira sur dorío Chattahoochee.
A divisoria continental do leste entra en Atlanta polo sur, pasando polo centro da cidade. Desde o centro, a liña divisoria discorre cara ao leste por DeKalb Avenue e a liña de ferrocarrilCSX a través de Decatur.[14] A choiva que cae nas zonas do sur e leste desembocan noocéano Atlántico, mentres que as precipitacións do norte e oeste discorren cara aogolfo de México polo ríoChattahoochee.[14] O río forma parte da cunca do río ACF, que recibe a maior parte da auga de Atlanta e os seus barrios. No extremo noroeste da cidade aínda se conserva gran parte do hábitat natural do río, en parte pola Área Nacional de Recreación do río Chattahoochee. Con todo, o uso excesivo de auga durante as secas e a contaminación durante as inundacións foi unha fonte de disputas e batallas legais cos estados veciños deAlabama eFlorida.[15][16]
Atlanta ten unclima subtropical húmido, (Cfa) segundo aclasificación de Köppen, coas estacións moi ben definidas, con veráns calorosos e húmidos e invernos suaves, seguindo a liña xeral dosur dos Estados Unidos. As temperaturas medias máximas de xullo son 32 °C e as mínimas 22 °C.[17] Non son frecuentes as temperaturas superiores a 38 °C. A máxima temperatura rexistrada na cidade foi de 41 °C, en xullo de 1980.[17] Hai frecuentes temperaturas por riba de 38 °C. Xaneiro é o mes máis frío, con temperaturas entre 11 °C e 1 °C. Por outra banda, a temperatura máis baixa rexistrada foi de -9 °C en febreiro de 1899. A cidade rexistrou unha temperatura moi preto do mínimo histórico en xaneiro de 1985, cando os termómetros caeron ata -8 °C. Atlanta ten un clima máis ameno do que outras cidades do sur da mesma latitude, debido á súa altitude relativamente elevada, 320 metros sobre o nivel do mar.[17]
Como no resto do sueste dos Estados Unidos, Atlanta recibe niveis abundantes deprecipitacións, que son relativamente distribuídas ao longo do ano. A media de precipitacións é de 1.275 milímetros.[18] Ao ano, adoitan darse 36 días de xeadas en Atlanta, mentres que a media das nevadas é de 5 cm.[19] A maior tormenta deixou 25 centímetros de neve o23 de xaneiro de1940. As tormentas de xeo adoitan causar máis problemas que a neve, a máis importante tivo lugar o7 de xaneiro de1973.[20]
Datos climáticos para Atlanta (Hartsfield–Jackson Int'l), 1981–2010
A Asociación Americana do Pulmón situou Atlanta no décimo terceiro posto en canto a niveis de polución nos Estados Unidos.[24] A combinación de polución e niveis de pole e os cidadáns sen asegurar provocaron que a Fundación Americana de Asma e Alerxia cualifícase Atlanta como a peor cidade estadounidense para osasmáticos.[25]
O horizonte de Atlanta está composto de edificios de media e grande altura de estilo moderno eposmoderno. O edificio máis alto, oBank of America Plaza, é o trixésimo sétimo edificio máis alto do mundo con 312 metros. É tamén o edificio máis alto dos Estados Unidos fóra deChicago eNova York[28].
Os negocios e as empresas continúan sendo o eixo fundamental do barrio de Midtown.[32] A nova torre de edificios do barrio, a1180 Peachtree, foi inaugurada en 2006 cunha altura de 197 metros e logrou unha certificación de ouro ao Liderado en Enerxía e Deseño Medioambiental entregada poloU.S. Green Building Council. A cidade experimentou un auxe na construción e contaba, o19 de abril de2006, con ao redor de sesenta novos proxectos de grandes e medianos edificios, tanto propostos como en fase de construción.[33] En outubro de 2005 finalizou a construción deAtlantic Station, unha antiga planta industrial de aceiro que foi redeseñada converténdoa nun distrito urbano de uso mixto. A comezos de 2006, o alcalde Franklin puxo en marcha un plan para impulsarPeachtree Street en Midtown Atlanta (coñecida como "Midtown Mile") con obxectivos comerciais e así competir conRodeo Drive enBeverly Hills ouMagnificent Mile enChicago.[34][35]
Centennial Olympic Park de Atlanta.
A pesar dos esforzos realizados coa apertura doCentennial Olympic Park no centro en 1996, Atlanta aínda está situada moi por baixo da media de espazos abertos per cápita entre as cidades con densidades de poboación similares, con 36.000 m² por cada mil habitantes en 2005.[36] Con todo, a cidade é coñecida como "cidade de árbores" ou "cidade no bosque".[37][38] Lonxe dos distritos centrais de Atlanta e Buckhead, opanorama urbano dá paso a un conxunto de densos bosques que se estenden ata os suburbios. Fundada en 1985, a organización Trees Atlanta plantou e distribuíu preto de 68.000 árbores na cidade.[39]
O barrio situado máis ao norte da cidade,Buckhead, está a doce quilómetros do centro de Atlanta e caracterízase por adiñeiradas veciñanzas como Peachtree Battle, Tuxedo Park, Peachtree Hills e Chastain Park, e é considerado como un dos barrios máis prósperos dos Estados Unidos. A zona leste de Atlanta está experimentando unha rápidaxentrificación. Presume de ter modernos e urbanos barrios conbungalows de estilos artesanais ou mansións vitorianas. Entre as súas veciñanzas inclúense Inman Park, Candler Park, Lake Claire ou Little Five Points. Os barrios máis accesibles de Kirkwood, Old Fourth Ward, East Atlanta, Cabbagetown, Reynoldstown e Edgewood teñen tamén moito que ofrecer.[40] Estas zonas da cidade están atraendo habitantes novos ehipsters, de entre 18 e 35 anos, debido á súa situación próxima aos centros comerciais e de transporte e pola súa vida cultural. Ademais de crear novos espazos na cidade, os promotores utilizaron moitos edificios antigos para crear espazos ao aire libre nestes barrios. Na zona sur de Atlanta, Collier Heights é fogar dunha rica e elitista poboaciónafroamericana da cidade e inclúe barrios como Cascade Heights e Peyton Forest.[41]
De acordo coCenso dos Estados Unidos de 2010, a cidade de Atlanta, tiña unha poboación de 420.003, un 0,8% máis que noCenso do ano 2000. De acordo con este estudo realizado entre 2006 e 2008, osafroamericanos representaban o 55,8% da poboación, dos cales 55,4% eran non-hispánica. Os estadounidenses de raza branca constituían o 38,4% da poboación de Atlanta, dos cales 36,2% eran non-hispánicos. Osnativos americanos formaban o 0,2% da poboación. O 1,9% eranasiáticos americanos. Osinsulares do Pacífico formaban menos do 0,1% da poboación total da cidade. As persoas doutras razas formaban o 2,6% da poboación, dos cales 0,2% eran non-hispánicos. Os individuos de dúas ou máis razas representaban o 1,1% da poboación de Atlanta. Os hispanos e latinos de calquera raza constituían o 4,9% da poboación da cidade.[42][43]
A cidade de Atlanta experimentou un crecemento único en canto á poboación de raza branca a un ritmo que deixou atrás o resto da nación. A proporción de brancos na poboación da cidade, de acordo coaBrookings Institution, creceu rapidamente entre 2000 e 2006, máis do que calquera outra cidade dos Estados Unidos. O crecemento aumentou do 31% en 2000 ata o 35% en 2006, con 26.000 novos cidadáns brancos, máis que o dobre do aumento entre 1990 e 2000. A tendencia indica que o crecemento será constante en cada ano. SóWashington, D.C. ten resultados comparables en incremento de poboación branca durante eses anos.[44]
Na cidade tamén se atopa unha das maiores concentracións de poboaciónLGBT. Está situada na terceira posición entre as grandes cidades dos Estados Unidos, só superada porSan Francisco e porSeattle, e conta cun 13% de cidadáns recoñecidos abertamente como gays, lesbianas ou bisexuais.[45][46]
Outro estudo realizado en 2000 polo Censo dos Estados Unidos, revelou que preto de 250 mil persoas viaxaron a diario para traballar en Atlanta, o que levou á cidade a unha poboación de 676.431 habitantes diariamente. Isto representa un aumento do 62,4% da poboación vivindo en Atlanta, que fixo a maior poboación do país, diariamente entre as cidades con menos de 500.000 habitantes.[47]
Atlanta mostrou un gran crecemento de poboación de millonarios. O número de familias na área metropolitana cun millón de dólares ou máis en activos para investimento, excluíndo a residencia principal e os bens de consumo, chegou ata os 60.799 en 2007 e está deseñado para aumentar un 69% ata 2011.[48]
Atlanta está gobernada por unalcalde que é o xefe do concello. O concello está composto por 15 representantes, un por cada 12 municipios e tres posicións xerais.[49] O alcalde pode vetar unha lei aprobada polo concello, pero este pode substituír o veto, cunha maioría de dous terzos. O alcalde de Atlanta é odemócrataKasim Reed.
Todos os alcaldes electos na cidade dende 1973 foronafroamericanos.[50]Maynard Jackson ocupou o cargo por dous mandatos e foi substituído porAndrew Young en 1982. Jackson volveu por terceira vez en 1990, antes da elección deBill Campbell en 1994. En 2001, Shirley Franklin converteuse na primeira muller en ser elixida alcaldesa de Atlanta.[51] Foi reelixida no 2005, conseguindo o 90% dos votos. A política da cidade de Atlanta, durante a administración Campbell sufriu unha mala reputación por corrupción e, en 2006, un xurado federal condenou o exalcalde Bill Campbell por tres cargos de evasión fiscal en relación co xogo.[52]
Como a capital do estado, Atlanta é o fogar da maioría dos edificios gobernamentais de Xeorxia. O edificioGeorgia State Capitol, situado no centro da cidade, alberga as oficinas do gobernador, vice-gobernador e secretario de Estado, así como a Asemblea Xeral. A Mansión do Gobernador, está situada enPasos Oeste Ferry Road, nunha sección residencial de Buckhead. Atlanta é a sede daGeorgia Public Broadcasting e PeachNet, e é a sede docondado de Fulton, co cal comparte a responsabilidade pola Biblioteca Pública de Atlanta-Fulton Sistema. Atlanta defendida poloDepartamento de Policía de Atlanta, que ten preto de 1.700 policías.
Segundo o informe de crimes anuais doFBI, Atlanta rexistrou 141homicidios en 2006, fronte aos 151 en 2004. En total, na zona da área metropolitana de Atlanta (os condados deCobb,Clayton,Fulton,Gwinnett eDeKalb) sucedéronse 487 asasinatos en 2007.[54] A taxa de crimes violentos de Atlanta é máis alta que a da maioría doutras cidades importantes dos Estados Unidos.[55]
A sede deAT & T Mobility (orixinalmente coñecida como Cingular Wireless), a segunda empresa de telefonía móbil dos Estados Unidos, está situada preto de Lenox Square.Newell Rubbermaid é unha das últimas empresas en aparecer dentro da área metropolitana de Atlanta; en outubro de 2006 foron anunciados os seus plans de cambiar a súa sede a Sandy Springs. Hai outras empresas que teñen a súa sede en Atlanta ou a súa rexión metropolitana, comoArby,Chick-fil-A,EarthLink,Equifax,Gentiva Servizos de Saúde,Georgia-Pacific,Oxford Industries,RaceTrac petróleo,Southern Company,SunTrust Banks,Mirant eWaffle House. A principios de xuño de 2009,NCR Corporation anunciou que cambiaría a súa sede para Atlanta. Preto do 75% das empresasFortune 1000 ten unha presenza na área de Atlanta e a rexión ten oficinas de 1.250 empresas multinacionais. En 2006, o Atlanta Metropolitana quedou na décima posición das cidades máis importantes en canto aalta tecnoloxía nos Estados Unidos porque tiña 126.700 empregos deste tipo.
Delta Air Lines é a empresa que máis xera emprego na cidade e a terceira maior na área metropolitana. Delta opera nun dos centros máis importantes do mundo, o aeroportoHartsfield-Jackson e, xunto conAirTran Airways, axudou a facer deste o aeroporto máis transitado do mundo, tanto en termos de volume de pasaxeiros coma de operacións aéreas. Desde a súa construción en 1950, o aeroporto serviu como instrumento para o crecemento económico de Atlanta.
Atlanta ten un sector financeiro considerable.SunTrust, o sétimo maior banco polas explotacións de activos nos Estados Unidos ten unha das súas sedes en Atlanta. Mentres que oReserva Federal Bank de Atlanta, que supervisa a maior parte doDeep South mudouse para Midtown en 2001.
A cidade é tamén o fogar dun sector significativo, abiotecnoloxía, co cal gañou varios premios en eventos como a biotecnoloxía vexetal Internacional.
A industria automobilística sufriu durante a crise económica en Atlanta, especialmente co peche da planta Doraville Asemblea deGeneral Motors en 2008 e Atlanta Asemblea deFord, en Hapeville en 2006. Con todo,Kia abriu unha nova fábrica preto deWest Point.[56]
A cidade tamén é coñecida polos seus escenarios de música en directo. No inicio dos anos1980, Atlanta contou con bandas deNew wave eThe Brains eThe Producers. Historicamente, houbo unha variedade de tradicións de música en directo que remontan ao pioneiro damúsica countryFiddlin John Carson. O programa de TVVídeo Concert Hall precursor doMTV foi fundada en Atlanta. Atlanta acolleu varios eventos anuais, incluíndo música en directo: o Festival de Jazz, o Midtown Music, o Festival de Montreux, o festival de cine gay Out on Film, o Festival do Orgullo Gay, sobre os ladrillos, o Festival Dogwood, e o National Black Arts Festival, entre outros.
Atlanta ten máis dun centenar de empresas de teatro, danza e cine. Actor's Express, Dad's Garage, Screen on the Green, Atlanta Dance Theater, Lionheart Theater Company, Atlanta Film Festival 365, Ballethnic Dance Company, Center for Puppetry Arts, IKAM Productions, PushPush Theater Company, Atlanta Jewish Film Festival, e moitos outros, ofrecen unha gran variedade de opcións de entretemento. Os teatros e lugares de entretemento máis destacados son oTeatro Fox, o Teatro Rialto, o Centro Cívico de Atlanta, o Tabernacle, o Teatro Alliance, o 7 Stages, o 14th Street Playhouse, o Ferst Center for the Arts, o Anfiteatro Chastain, oVariety Playhouse, o Callanwolde e a Shakespeare Tavern, entre outros.
Atlanta é a 13ª cidade do país que máis turistas estranxeiros atrae, con máis de 478.000 visitantes doutros países en 2007.[57] Ese mesmo ano (segundoForbes), estimouse que Atlanta atraeu a 37 millóns de visitantes.[58] A cidade conta co acuario interior máis grande do mundo,[59] oAcuario de Xeorxia, que oficialmente abriu ao público o23 de novembro de2005. O novoWorld of Coca-Cola abriu xunto ao Aquarium en maio de 2007, e inclúe a historia da famosa marca de bebida e ofrece aos visitantes a oportunidade de probar diferentes produtos deCoca-Cola de todo o mundo. OUnderground Atlanta, un centro de compras e entretemento está situado baixo as rúas do centro de Atlanta.Atlantic Station, un novo proxecto de renovación urbana no lado noroeste de Midtown Atlanta, abriu en outubro de 2005.
Durante a fin de semana doDía do Traballo cada ano, Atlanta alberga a popular convenciónDragon Con. O evento atrae a 30.000 visitantes anualmente. O mes de agosto está dedicado ao cine cando Atlanta acolle a celebración de cine independente coñecido como Independent Filme Month,[62] e en outubro a zona deMidtown Atlanta alberga o popular festival de cine gay Out on Film.[63]
Hai máis de mil lugares de culto na cidade de Atlanta.[64] Osprotestantes están ben representados en Atlanta,[65] sendo historicamente a cidade un centro importante para as denominacións tradicionais do Sur como aConvención Bautista do Sur, aIgrexa Metodista Unida e aIgrexa Presbiteriana. Existe un gran número de "mega igrexas" na zona, especialmente nas zonas suburbanas.
Atlanta é asé daDiocese Episcopal de Atlanta, que inclúe todo o norte de Georgia, gran parte do centro de Xeorxia e o val dorío Chattahoochee de Xeorxia occidental. Esta diocese ten a súa sé na Catedral de San Filipe en Buckhead e está dirixida polo Ilustrísimo BispoJ. Neil Alexander.[70]
Atlanta serve como sé de varios organismos eclesiásticos rexionais. O Sínodo Sueste daIgrexa evanxélica luterana en América ten oficinas no centro de Atlanta. A área metropolitana da cidade ten oito congregacións daIgrexa Unida de Cristo, unha dos cales, a Primeira Congregación no barrio deSweet Auburn, caracterízase por ser a igrexa coa que o exalcaldeAndrew Young está afiliado.
Denominacións tradicionais afroamericanas como a Convención Nacional Bautista e aIgrexa Episcopal Metodista Africana están amplamente representadas na zona. Estas igrexas teñen varios seminarios que forman o complexo Centro Teolóxico Interdenominacional no Centro Universitario de Atlanta. As oficinas centrais doExército de Salvación do Territorio do Sur dos Estados Unidos están localizadas en Atlanta..[71] Ten oito igrexas, numerosos centros de servizos sociais e clubs xuvenís situados en toda a área de Atlanta.
A cidade conta cuntemplo daIgrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días situado nosuburbio deSandy Springs. ABAPS Shri Swaminarayan Mandir Atlanta, na próxima localidade deLilburn, é no presente o maior templo hindú no mundo fóra daIndia.[72] Ten oito igrexas, numerosos centros de servizos sociais e clubs xuvenís situados en toEs un dos aproximadamente quince templos hindús no área metropolitana de Atlanta, xunto con outros sete templos hindús en Georgia. Tamén hai uns 75.000musulmáns na zona e aproximadamente trinta e cincomesquitas.[73] A maior mesquita, Al Farooq Masjid de Atlanta, está localizada na rúa 14.
A área metropolitana de Atlanta é tamén o fogar dunha comunidade xudía que inclúe 120.000 membros en 61.300 fogares.[74] Este estudo sitúa á poboación xudía de Atlanta como a undécima maior nos Estados Unidos, por encima do décimo sétimo posto de 1996.[74] Atlanta tamén ten un número considerable de congregacións étnicas cristiás como as igrexas coreanas bautistas, metodistas e presbiterianas, aTamil Church Atlanta, a Igrexatelugú, a Igrexahindi, a Igrexamalaiala,etíopes,chineses, e outros grupos étnicos relixiosos tradicionais.
Atlanta tamén tivo as súas propias franquías de hóckey sobre xeo e de fútbol. ONational Hockey League (NHL) Atlanta tivo dúas franquías: osAtlanta Flames comezaron a xogar en 1972, antes de se cambiar aCalgary en 1980, mentres que oAtlanta Thrashers comezou a xogar en 1999, antes de se cambiar aWinnipeg en 2011. Os Atlanta Chiefs foron o equipoprofesional de fútbol entre 1967-1972, gañando o campionato nacional en1968.
A área metropolitana de Atlanta ten numerosascanles de televisión local e é o oitavo maior mercado de medios de comunicación nos Estados Unidos con 2 310 490 fogares (o 2% do total do país).[75] Tamén existen varias emisoras locais de radio de xéneros variados como deportes e música.
As principais canles de televisión en Atlanta sonWSB-TV (Channel 2.1), afiliada áABC e a primeira canle de televisión da cidade,WAGA-TV (Channel 5.1),WXIA-TV (Channel 11.1, tamén coñecida como "11 Alive"),WATL-TV (Channel 36.1, coñecida como MyAtlTV),WGCL-TV (Channel 46.1) eWUPA (Channel 69.1). O mercado tamén ten dous afiliados á PBS:WGTV (Channel 8.1)eWPBA (Channel 30.1).
Atlanta é a sede da primeira súper-cadea de televisión por cable do país, coñecida primeiramente como WTCG (Channel 17), máis tarde como WTBS en 1979 e no presente co nome deWPCH-TV (tamén coñecida como "Peachtree TV") en 2007.
O mercado de radio de Atlanta é o sétimo maior do país segundoArbitron, e ten máis de 40 emisoras, entre as que destacan WSB-AM (750), WCNN-AM (680), WQXI-AM (790), WGST-AM (640), WVEE-FM (103.3), WSTR-FM (94.1), WSB-FM (98.5), WWWQ-FM (99.7) e WBTS-FM (95.5).
O sistema de escolas públicas (Atlanta Public Schools) está dirixido pola Xunta de Educación de Atlanta. A data de 2007, o sistema ten 49.773 estudantes, cun total de 106 escolas, incluídas 58 escolas de primaria, 16 colexios para nenos de 12 a 14 anos, 20institutos e 7 escolas públicas experimentais..[77] O sistema escolar tamén ten dúas escolas alternativas para estudantes de entre 12 e 14 anos e de instituto, dúas academias dun só sexo e un centro de aprendizaxe para adultos. O sistema escolar posúe a emisora de radioWABE-FM 90.1, afiliada aoNational Public Radio, e a canle de televisión WPBA 30, doPublic Broadcasting Service.
OAeroporto Internacional Hartsfield-Jackson é o aeroporto máis transitado do mundo, tanto a nivel de tráfico de pasaxeiros como de voos,[78] e proporciona servizo aéreo entre Atlanta e moitos destinos nacionais e internacionais.Delta Air Lines eAirTran Airways teñen os seus centros de operacións no aeroporto.[79][80] Situado a 16 quilómetros do centro, o Hartsfield-Jackson cobre a maior parte dun terreo en forma de cuña entre aInterestatal 75,Interestatal 85 e aInterestatal 285. O sistema ferroviario MARTA ten unha estación na terminal do aeroporto e conéctao co o centro, Midtown, Buckhead e Sandy Springs. Preto de Atlanta están os aeroportos de aviación xeralDeKalb-Peachtree eBrown Field.
Cunha ampla rede de autoestradas que irradian da cidade, os habitantes de Atlanta confían no coche como o método de transporte preferido.[81] Atlanta está rodeada pola Interestatal 285, unha estrada de circunvalación coñecida como "o Perímetro", que marca os límites da cidade co resto de suburbios lindeiros.
Tres importantes autoestradas interestatais converxen en Atlanta. AInterestatal 20, que discorre de leste a oeste pola cidade; a Interestatal 75, de noroeste a sueste e a Interestatal 85, de nordeste a suroeste. As dúas últimas combínanse para formar o Downtown Connector a través da cidade. Por este tramo combinado circulan máis de 340.000 vehículos ao día, sendo un dos tramos máis conxestionados dosistema interestatal de estradas dos Estados Unidos.[82] A intersección da Interestatal 85 e a 285 en Doraville, cuxo nome oficial é Tom Moreland Interchange, é coñecida polos residentes como Spaghetti Junction.[83]
A forte dependencia do automóbil, asociada á cultura norteamericana, provocou en Atlanta un tráfico moi conxestionado e un aumento nos niveis de contaminación, o que converte a Atlanta nunha das cidades máis contaminadas do país.[84] A organización The Clean Air Campaign foi creada en 1996 para tratar de reducir a contaminación na área metropolitana de Atlanta. En 2008 a área metropolitana situouse nos primeiros postos dunha lista nacional en canto a maior tempo empregado en viaxar á cidade por razóns de traballo. Tamén quedou situada nos primeiros postos nacionais en canto a conxestión de tráfico.[85]
Atlanta ten unha das peores reputacións en canto a seguridade peonil,[86] de feito a súa veciña máis universal (a autora deFoise co vento,Margaret Mitchell) morreu atropelada en 1949 por un automóbil mentres cruzaba por Peachtree Street.[87]
Osistema de metro de Atlanta, xestionado pola Autoridade de Tránsito Rápido de Atlanta Metropolitana (MARTA), é o sétimo máis transitado do país.[88] MARTA opera, tamén, liñas de autobuses nos condados de Fulton, DeKalb, Cobb e Gwinnett. Os condados de Clayton, Cobb e Gwinnett operan por separado mediante autoridades autónomas empregando autobuses en lugar de trens.
Co proxecto Beltline[89] crearase un sistema de tranvías que rodeen o Downtown e Midtown de 35 quilómetros de longo aproveitando liñas de tren abandonadas. Este sistema reutilizaría os percorridos xa existentes e conectaríaos con novos parques. Tamén hai un proxecto proposto de tranvía ao longo de Peachtree Street desde o centro ata Buckhead, así como outra posible liña leste-oeste de MARTA.
A cidade comezou como un poboado ferroviario e aínda segue sendo un importante centro do ferrocarril, con varias liñas de mercancías pertencentes aNorfolk Southern Railway eCSX Transportation cruzando por baixo do nivel da rúa no centro. Tamén hai unpatio de manobras para Inman Yard de Norfolk Southern e Tilford Yard de CSX. O servizo de longas distancias para pasaxeiros está cuberto pola liñaCrescent train deAmtrak, que conecta Atlanta con moitas cidades entreNova Orleáns eNova York. A estación deAmtrak atópase varios quilómetros ao norte do Downtown, e ademais carece de conexión co sistema MARTA. Hai un ambicioso proxecto que crearía unha terminal de pasaxeiros multimodal no centro, xunto aoPhilips Area e a estación Five Points de MARTA, que conectaría simultaneamente o sistema de autobús e tranvías MARTA, as liñas ferroviarias estatais, os servizos de autobús interurbanos eAmtrak.
↑Hartsfield–Jackson Atlanta International Airport, ed. (2008)."Monthly Airport Traffic Report"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 04 de marzo de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010.
↑Lightsey, Ed (xaneiro de 2007). Georgia Trend, ed."Trend Radar January 2007".Georgia Trend Online. Arquivado dendeo orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 1 de febreiro de 2008.
↑Piedmont Park Conservancy (ed.)."Park History". Arquivado dendeo orixinal o 04 de xullo de 2007. Consultado o 7 de xullo de 2007.
↑Stewart, Bruce E. (14 de maio de 2004). Georgia Humanities Council and the University of Georgia Press, ed."Stone Mountain".The New Georgia Encyclopedia. Consultado o 28 de setembro de 2007.
↑Nelson, Andrew (1 de xaneiro de 2009). The Catholic Archdiosese of Atlanta, ed. "Parishes Receive Data As Catholic Population Surges".The Georgia Bulletin. p. 10.
↑Cox Communications, Inc (ed.)."About Cox". Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2007. Consultado o 22 de agosto de 2007.
↑Atlanta Public Schools (ed.)."2007–2008 APS Fast Facts"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.