Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fainestes artigos. |
| Ateneo de Pontevedra | |||
|---|---|---|---|
Instancia de | |||
| Datas e cronoloxía | |||
Fundación | |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata |
OAteneo de Pontevedra é unha asociación cultural, referente na cidade dePontevedra e as súas actividades están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas polo desenvolvemento humano, social e cultural do seu tempo[1]..
O Ateneo tivo como data de constitución da comisión xestora o 25 de outubro de 1965 e, a 18 de novembro de 1966 elixiuse a súa primeira xunta directiva, encabezada por Alfonso Zulueta de Haz. Formaron parte nela un total de vinte un membros, os cales formaron unha xunta democrática, a cal pasou por unha ampla diversidade ideolóxica: dende a fidelidade incuestionábel aoRéxime ata a simpatía polomarxismo, pasando polademocracia cristiá.
A maior parte dos seus socios formaban parte do Cineclube de Pontevedra, que nacera dez anos antes. O seu prestixio foi enorme e o seu local seguiu sendo un punto de encontro acolledor para os seus socios, de feito, foiPío Cabanillas Gallas (subsecretario de Información e Turismo) quen presidiu a súa inauguración.
O Ateneo foi dirixido por Juan Vidal Fraga, grande experto noxadrez, que durante doce anos dirixiu a entidade case sen actividade ata que entregou a presidencia ao doutor Jesús Díaz Bustelo, en 1982. Este relevo foi chave no relanzamento, pois achegou case 200 000 pesetas.
Atopamos daquela, un Ateneo máis minoritario, o que hoxe subsiste con entusiasmo. Publicou o Catálogo da exposición bibliográfica Miguel Hernández, ordenada e preparada por Antonio Odriozola, de doce páxinas de extensión. A asociación colabora tamén coaEditorial Galaxia.
Máis dun terzo deste grupo inicial eran catedráticos dos dous institutos (masculino e feminino) que había na cidade: José Ramón Alonso Rubiera, Pablo Carpintero Orgnero,José Filgueira Valverde, Marcelino Jiménez Jiménez, Isidoro Millán Gonzáles-Pardo, Esteban Rodríguez Salazar, Federico Cifuentes Pérez, Manuel Sänchez Méndez eGonzalo Torrente Ballester, o cal foi o redactor do manifesto de presentación ante a cidadanía e non parou de incentivar a súa actividade ata a súa marcha aosEstados Unidos de América poucos meses despois.
Tamén integraba aos avogados Gonzalo Adrio Barreiro e Manuel Suárez Santiso; os médicos Juan José Barbolla Abión e Bernardo Salom de la Hoz; o notarioAlfonso Zulueta de Haz; o arquitecto Alfonso Barreiro Buján; os artistas e funcionarios estaban Manuel Cuña Novás, Luciano del Río Besada, Agustín Portela Paz, Antonio Odriozola Prietas e Juan Manuel Lazcano i Castedo, xunto a Eduardo López Merino, delegado provincial de Información e Turismo.
.

O Ateneo e o Concello de Pontevedra acordaron colaborar para homenaxear con periodicidade anual ou bianual, a unha figura da arquitectura, urbanismo ou as belas artes, que teña contribuído decisivamente ao prestixio ou ao desenvolvemento da cidade[3].
A idea, dirixida por Antón Louro, é dar continuidade ao legado deAlejandro Rodríguez-Sesmero nas persoas (vivas ou falecidas) que despois del teñen contribuído tamén a prol dunha Pontevedra mellor; un proxecto conxunto que busca evitar a indiferenza ou o esquecemento para aqueles que, como Sesmero, merecen o coñecemento e recoñecemento público.
O Memorial será sempre no mes de outubro e comezou en 2014. O programa incluirá conferencias, exposicións e visitas sobre a obra dunha persoa relevante e que teña actuado tanto en Pontevedra como no exterior e se teña configurado como un referente nos eidos do urbanismo, a arquitectura e o paisaxismo, incluíndo tamén todo o espectro das belas artes.