Astipaleagrego:Αστυπάλαια;italiano:Stampalia;turco:Istanbulya)), é unha illa domar Exeo, tamén chamada Astropalea e coñecida polo seu nome medieval de Estampalia. Ten uns 1.300 habitantes, 18 km de longo, 13 km de ancho e unha superficie de 95 km². É unha das doce illas principais do grupo doDodecaneso. A cidade principal éAstipalea na parte oeste da baía do sur. Ten un pequeno aeroporto. A cidade ten moitas igrexas e capelas e consérvanse as ruínas de antigos templos, así como columnas e outros restos.
Astipalea ten conexións por ferri coPireo e outras illas do Dodecaneso e conexións aéreas conAtenas.
A illa está formada por dúas masas de roca unidas no centro por un istmo. Antigamente foi posesión deCaria e chamábase Pirra, e máis tarde Pilea.
Foi unhacolonia deMégara eOvidio menciónaa como unha das illas suxeitas aMinos (Creta). No-105 asinou unha alianza coas illas seguramente por mor dos seus bos portos e a súa posición central. Durante oImperio Romano foi unha cidade libre. Os romanos utilizaron a illa como base estratéxica contra os piratas.
No1207 foi cedida aVenecia polo emperador latino e dada en feudo á familiaQuerini. A rama que gobernou a illa foron coñecidos como os Querini-Estampalia. No1522 osotománs ocuparonRodas e uns anos despois (1537) foi ocupada a illa de Astipalea. Desde o1646 ao1668, durante a guerra deCreta ou Candia, a illa volveu baixo influencia veneciana, pero ao final permaneceu en mans dos otománs. Baixo os turcos gozou de grande autonomía baixo dependencia do Pacha de Rodas, e pagando un pequeno tributo anual de 9.500piastras.
En1912 foi cedida aItalia e formou o territorio do Dodecaneso. En1947, logo dasegunda guerra mundial, foi transferida a Grecia xunto co resto das illas do grupo.