Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Astaroth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xaneiro de 2019.)
Non confundir conAstarot.
Ilustración de Astaroth

Segundo certos autores dedemonoloxía,Astaroth é o rei doInferno, sendoLucifer o Emperador eSatanás o sedutor de mulleres. Os seus principais axudantes son tres demos chamadosAamon,Pruslas eBarbatos. No Dictionnaire Infernal, Astaroth é representado coma un home espido con ás, mans e pés dedragón e un segundo par de ás con plumas baixo o principal, levando unha coroa, sostendo unhaserpe nunha man e cabalgando unlobo ou uncan. De acordo con Sebastian Michaelis, é undemo de primeira xerarquía, que seduce empregando a tendencia á pereza e á vaidade. O seu adversario é SantoBartolomé, que pode protexer contra el porque venceu as tentacións de Astaroth. Para outros, aprendematemáticas eartesanía, pode volver invisibles ós homes, guía atatesouros ocultos e contesta a calquera pregunta que se lle faga.

De acordo con Francis Barret, Astaroth é o príncipe dos acusadores e inquisidores. Segundo algúns demonoloxistas do século XVI, os ataques deste demo contra os humanos son máis fortes durante o mes de agosto.

O seu nome parece provir do da deusa Ashtart /Astarté, que na bibliaBulgata Latina se traduciu por Astharthe (singular) e Astharoth (plural). Esta última forma transformouse na Biblia do Rei Xaime en Ashtaroth. Parece que a forma plural foi tomada do latín ou dalgunha outra tradución por aqueles que non sabían que era plural nin que era o nome dunha deusa, véndoo só como o nome doutro deus a parte de Deus e, polo tanto, un demo.


Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Astaroth&oldid=6617103»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp