Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Asima Chatterjee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAsima Chatterjee

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1917Editar o valor en Wikidata
Calcuta (Raj Británico)Editar o valor en Wikidata
Morte22 de novembro de 2006Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Calcuta, IndiaEditar o valor en Wikidata
Membro do Rajya Sabha
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Scottish Church College(en)Traducir
Lady Brabourne College(en)Traducir
University College of Science, Technology & Agriculture(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica, profesora universitaria, botánica, escritoraEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de CalcutaEditar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresSatyendra Nath BoseEditar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Mookerjee-1


Asima Chatterjee (bengalí:অসীমা চট্টোপাধ্যায়:), nada o 23 de setembro de 1917 enBengala[1] e finada o 22 de novembro de 2006, foi unhabotánica e farmacéuticaindia destacada polo seu traballo nos campos daquímica orgánica e da fitomedicina.[2] Destacan os seus estudos sobre alcaloides da vinca, e o desenvolvemento de fármacos antiepilépticos e antipalúdicos. Tamén foi autora dun considerable volume de textos sobre plantas medicinais do subcontinente indio.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Vida temperá

[editar |editar a fonte]

Asima Chatterjee foi unha estudante excelente, creceu en Calcuta, asistindo ao sistema escolar local, e máis tarde matriculouse no Scottish Church College daUniversidade de Calcuta, graduándose con honores en química en 1936.[3][4]

Traballo académico

[editar |editar a fonte]

En 1938, obtivo unmáster enquímica orgánica na Universidade de Calcuta, onde se doutorou en 1944. A súa tese de defensa centrouse na química dos produtos vexetais e na química orgánica sintética. Entre os seus instrutores notables nese momento estaban Prafulla Chandra Roy eSatyendra Nath Bose . Ademais, tamén gañou experiencia como visitante das Universidades de Wisconsin, Madison eCalifornia Institute of Technology (Caltech).

Os seus estudos centrados na química dos produtos naturais, deu como resultado a obtención de anticonvulsivos, antipalúdicos e fármacos de quimioterapia.

Carreira

[editar |editar a fonte]

En 1940, uniuse ao "Lady Brabourne College", da Universidade de Calcuta, como directora fundadora do Departamento de Química. En 1944, Chatterjee foi a primeira muller en recibir un doutoramento en ciencias por unha universidade india. En 1954, Asima Chatterjee uniuse á Facultade de Ciencias da Universidade de Calcuta, como profesora de química pura. En 1962, Chatterjee foi nomeada para a prestixiosa Facultade de Química Khaira da Universidade de Calcuta, cargo que ocupou ata 1982.

Premios e recoñecementos

[editar |editar a fonte]
  • Segunda muller despois de Janaki Ammal en obter un doutoramento en ciencias nunha universidade india, a Universidade de Calcuta en 1944.
  • En 1960, elixida para a Academia Nacional de Ciencias da India,Nova Delhi.
  • En 1961, recibiu o Shanti Swarup Bhatnagar en ciencias químicas, converténdose na primeira muller en recibir ese premio .
  • En 1975, foi a primeira científica elixida como Presidenta Xeral da Asociación de Congresos Científicos da India.
  • Nomeada pola Presidencia da India como membro do Rajya Sabha de 1982 a 1990.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Mention of the maiden name
  2. The Shaping of Indian Science. p. 1036.
  3. Some Alumni of Scottish Church College in175th Year Commemoration Volume Scottish Church College, 2008, p. 584
  4. "Chemistry alumni of Scottish Church College". Archived from the original on 06 de abril de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asima_Chatterjee&oldid=6793272»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp