Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Asia

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:35°N108°L / 35,108
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Asia (homónimos).
Modelo:Xeografía físicaAsia
Imaxe
Tipocontinente
área continental e illas circundantes
rexión xeográficaEditar o valor en Wikidata
EpónimoAsiaEditar o valor en Wikidata
Parte deTerra
Ostfeste
Eurafrasia
Eurasia
África-AsiaEditar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficahemisferio orientalEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 35°N108°L / 35,108
Comparte fronteira conEuropa,oeste
ÁfricaEditar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis baixoMar MortoEditar o valor en Wikidata  (−440,74 mEditar o valor en Wikidata )
Punto máis altoEverestEditar o valor en Wikidata  (8.848,86 mEditar o valor en Wikidata )
Superficie44.614.500 km²Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450848

Asia (Gl-Asia.oggpronunciación (axuda · info)) é o maior e máis poboado dos cincocontinentes doplanetaTerra localizado principalmente nos hemisferiosnorte eoriental.[1][2] Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) coocéano Glaciar Ártico, ó leste coocéano Pacífico e ó sur coocéano Índico, ó oeste comar Vermello, onde se xunta coaÁfrica polacanle de Suez. Tamén ó oeste limita comar Exeo (Asia Menor),cordilleira do Cáucaso,mar Caspio,río Ural e osmontes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: asKuriles,Sakhalin, asillas xaponesas, ailla de Formosa (Taiwán), asFilipinas, as Illas de Sonda,Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia eEuropa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente,Eurasia. TaménÁfrica está unida a Eurasia poloistmo deSuez polo que tamén se pode considerarEuropa, Asia e África como un únicosupercontinente,Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que remonta áantigüidade clásica - na realidade pode ter máis que ver coaxeografía humana que coaxeografía física.[3] Asia varía considerablemente entre e dentro das súasrexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabraAsia provén dogrego;Ἀσία, atribuída por primeira vez aHeródoto (cara ao440 a.C.) e facía referencia á rexión deAnatolia, co propósito de describir as guerras persas, noimperio persa, en contraste conGrecia eExipto. Heródoto comenta que está desconcertado polo feito de que tres nomes de muller se utilicen para describir unha masa enorme e substancial da terra (Europa,Asia, eLibia, referida aÁfrica), indicando que a maioría dos gregos asumiron que Asia foi chamada en referencia á esposa dePrometeo pero que oslidios dicían que foi chamada en referencia a Asia, fillo de Cotys e que pasou á tribo deSardes.

Ata antes de Heródoto,Homero fala dun aliado deTroia chamadoAsios e tamén describe unhamarisma como ασιος (Ilíada 2, 461 ). Nalingua grega o termo pode derivar deAssuwa, unha confederación de estados daAnatolia occidental do século XIV a.C. que forón derrotado polosHititas.

Alternativamente, aetimoloxía do termo pode provir da palabra dalingua acadia(w)aṣû(m) que significa ascender, referida á dirección da saída dosol poloOriente Medio, conectada tamén coa palabrafeniciaasa, que significa leste.

Definición e límites xeográficos

[editar |editar a fonte]

No Afastado Oriente de Asia,Siberia está separada deNorteamérica poloestreito de Bering. Asia está rodeada no sur polo océano Índico (especificamente, de oeste a leste, ogolfo de Adén, omar Arábigo e abaía de Bengala), ao leste polas augas doocéano Pacífico (incluíndo, en contra dos punteiros do reloxo, omar da China, omar da China Oriental, omar Amarelo, omar do Xapón, omar de Okhotsk e omar de Bering) e polo norte poloocéano Ártico.Australia (ouOceanía) permanece no sueste.

Algúns xeógrafos non consideran que Asia eEuropa sexan continentes separados, xa que non existe unha separación física lóxica entre ambas.[3] Por exemplo, Barry Cunliffe, o profesor emérito de arqueoloxía europea de Oxford, sostén que Europa foi xeograficamente e culturalmente a "excrecencia occidental do continente asiático".[4] Xeograficamente, Asia é a maior parte oriental do continente denominadoEurasia con Europa constituíndo unhapenínsula noroccidental da masa continental denominadaEurafrasia: xeoloxicamente, Asia, Europa e África constitúen un territorio único e continuo (agás a artificialcanle de Suez) e comparten unhaplataforma continental común. A maior parte de Europa e Asia aséntanse naplaca tectónica eurasiática, que bordea áplaca arábiga e aplaca indica polo sur; a parte máis nororiental de Siberia (ao leste dosMontes Cherski) forma parte daplaca norteamericana.

En xeografía, existen dúas escolas de pensamento principais. Unha escola obedece ás convencións históricas e trataEuropa e Asia como continentes diferentes, categorizandosubrexións dentro delas para unha análise máis detallada. A outra escola compara a palabra "continente" cunha rexión xeográfica cando se refire a Europa, e utiliza o termo "rexión" para describir a Asia en termos da fisiografía. Dado que, en termos lingüísticos, "continente" implica unha masa distinta, cada vez é máis común substituír o termo "rexión" polo de "continente" para evitar o problema da desambigüación.

Mapa físico de Asia, excluíndo oSueste asiático.

Dado o alcance e diversidade da masa de terra, ás veces non está sequera claro en que consiste "Asia" exactamente. Algunhas definicións exclúenTurquía,Oriente Medio,Asia Central eRusia, e só consideran que compoñen Asia o Afastado Oriente, o Sueste asiático e o subcontinente indio,[5][6] especialmente enEstados Unidos logo dasegunda guerra mundial.[7] O termo ás veces redúcese de forma máis estreita para referirse á rexiónAsia-Pacífico, que non inclúe Oriente Medio, o Sueste Asiático nin Rusia,[8] pero si inclúe as illas do océano Pacífico e pode incluír partes deAustralasia ouOceanía, malia que os insulares do Pacífico non son considerados asiáticos.[9]

Xeografía física

[editar |editar a fonte]
Mapa de T en O

A tripla división doVello Mundo en África, Asia e Europa utilízase desde oséculo VI a. C., grazas axeógrafos gregos comoAnaximandro eHecateo.[10] Anaximandro situou a fronteira entre Asia e Europa ao longo do río Fasis (agoraRioni) enXeorxia do Cáucaso (desde a súa desembocadura enPoti na costa domar Negro, pasando polopaso de Surami e ao longo dorío Kura até o mar Caspio), unha convención que aínda seguíaHeródoto noséculo V a. C.[11] Durante operíodo helenístico,[12] esta convención foi revisada, e a fronteira entre Europa e Asia pasou a considerarse orío Tanais (o actual río Don). Esta é a convención utilizada por autores da época romana comoPosidonio,[13]Estrabón[14] eTolomeo.[15]

A fronteira entre Asia e Europa foi definida historicamente por académicos europeos.[16] O concepto europeo de tres continentes no vello mundo remóntase á antigüidade clásica, pero durante a idade media foi especialmente defendido debido aos estudos do erudito do século VIIIsidoro de Sevilla (véxaseMapa de T en O).

Fronteira entre Asia e Europa

[editar |editar a fonte]
Definicións utilizadas para delimitar Asia e Europa en diferentes períodos históricos. As definicións modernas coinciden na súa maioría coas liñasB eF indicadas.

Os límites entre Asia e Europa, convencionalmente, considérase que discorren entre osDardanelos, omar de Mármara, oBósforo, omar Negro, oCáucaso, omar Caspio, orío Ural e osmontes Urais ata omar de Kara (Rusia).[17]

En Suecia, cinco anos despois da morte dePedro o Grande, en 1730,Philip Johan von Strahlenberg publicou un novoatlas no que propuña osmontes Urais como fronteira de Asia.Tatishchev anunciou que el propuxera a idea a von Strahlenberg. Este último suxerira orío Emba como límite inferior. Durante o século seguinte fixéronse varias propostas ata que, a mediados do século XIX, prevaleceu a dorío Ural. A fronteira desprazouse forzosamente domar Negro aomar Caspio, no que desemboca o río Ural.[18] A fronteira entre o mar Negro e o mar Caspio adoita situarse ao longo da crista dasmontañas do Cáucaso, aínda que ás veces se sitúa máis ao norte,[16] nadepresión de Kuma-Manych (en).

Fronteira entre Asia e África

[editar |editar a fonte]

A delimitación entre Asia e África (no sueste) forma oistmo de Suez e omar Vermello. A fronteira entre Asia e África está formada polocanal de Suez, ogolfo de Suez, omar Vermello e o estreito deBab el-Mandeb.[19] Isto converte aExipto nunpaís transcontinental, coapenínsula do Sinaí en Asia e o resto do país en África.

Relevo

[editar |editar a fonte]
Proxección cartográfica equidistante por dous puntos de Asia.

O relevo de Asia está esencialmente constituído por unha dilatada meseta, en cuxos bordos érguense potentes cordilleiras e a cuxo pé setentrional esténdense as chairas que alcanzan o océano Ártico, en canto que na vertente sur dispóñense, como en Europa, tres dilatadas penínsulas. No núcleo central de todo o sistema orográfico é a meseta de Pamir ou teito do mundo (3.600 m de altura media), da que nas direccións oeste, nordeste e sueste arrincan amplas cordilleiras. Ao sueste do Pamir esténdese outra meseta excelsa, que é oTíbet, de maior extensión e altura (5.000 m) que o propio Pamir. Cadeas do suroeste do Pamir e do Tíbet: do leste da meseta nace a cadea dos Kuen-Lun que, cos Tian Shan, encerra a depresión de Tarim; máis ao sur, as formacións de Hedin (7.000 m) e do Karakorum (8.611); nos bordos do suroeste e sur do Tíbet levántanse as alturas máis importantes e excelsas da Terra:Himalaia (Everest 8.848;Kanchenjunga, 8.585). A zona montañosa central é, pois, un extenso país de mesetas de grande altura en cuxos bordos elévase a impoñente crista montañosa. Deste xeito as mesetas quedan confinadas, a xeito de depresións, no cerco das súas montañas limitantes, polo que son desérticas ou subdesérticas (Faixa de desertos: Arabia, Persia, Turquestán, deserto de Gobi).

Clima

[editar |editar a fonte]
Mapa climático da Asia de acordo coaclasificación climática de Köppen-Geiger

A grande extensión territorial e, polo tanto, as diferenzas delatitude, a presenza alterna de áreas baixas e altas, a grande influencia dasmasas de aire e xa que logo a continentalidade e a maritimidade traen ao continente gran variedade de tipos declima e, en consecuencia, deformacións vexetais.[20]

Nas terras situadas no extremo norte predomina oclima polar, que se vai facendo máis ameno en dirección ao sur. O centro docontinente, por situarse distante de influencias marítimas, en parte, debido á altitude doterreo, que bloquea o paso dos ventos oceánicos, é dominado poloclima temperado continental, que alternaveráns de elevadas temperaturas coninvernos moifríos. Por outra banda o clima oceánico sofre variacións en función da altitude do relevo, da latitude e da interioridade, ocupando grandes extensións do continente asiático.[20]

Máis ao sur, á retagarda das grandescordilleiras, que impiden o paso dosventoshúmidos deocéano, atópanse as vastas extensións dominadas porclima semiárido eclima árido, formando unha extensa franxa dedesertos. Asia alberga a maioría dos desertos existentes naTerra: odeserto de Arabia (Arabia Saudita), o deSiria, o de Thal (Paquistán), o deThar (ou gran deserto indio), o de Lut (ou deserto do Irán), o deGobi (Mongolia), o deTaklamakan (China), o deKarakum (Turkmenistán), o deKerman (Irán), o deXudea (Israel), o deNegev (Israel).[20]

No litoral daAsia Occidental xorde unha franxa estreita declima de tipo mediterráneo, mentres que nos arquipélagos do sur do continente, nas proximidades doEcuador, aparecen climas de tipo quente:ecuatorial etropical.[20]

Entre todos estes tipos declima, os que máis directamente inflúen nas condicións de vida locais, sobre todo orientando as actividadesagrícolas, son otropical e osmonzóns. Abranguendo as rexións máis poboadas docontinente, esténdense polaschairas costeiras da India e do sueste e leste da China, con violentaschoivas durante overán. Caracterízase pola actividade dosventos, coñecidos como monzóns, que sopran doÍndico e oPacífico cara ao continente durante o verán, e do interior de Asia para estesocéanos durante oinverno.[21]

A aparición demonzóns é debida ao feito de que as terras continentais quecen e arrefrían máis axiña que asaugasoceánicas. Durante overán, o interior de Asia, ao quecer, forma unha área de baixa presión, que contrasta coas altas presións dos océanos, provocando o desprazamento deventoshúmidos domar para a terra. Estes ventos son os monzóns do verán. Noinverno, ocorre o contrario: os océanos están máisquentes do que ocontinente, formando áreas de baixa presión e atraendo os ventos continentais. Son os monzóns do inverno.[21]

Asrexiónsmontañosas, independentemente da súalocalizaciónxeográfica, presentantemperaturas moi baixas, por motivo daaltitude .[20]

Hidrografía

[editar |editar a fonte]
Río Yangtzé na rexión dasTres Gargantas

Tanto aschoivas abundantes da rexión influenciada polosclimasecuatorial etropical como a gran cantidade deneve fundida das altasmontañas favorecen a existencia de grandesríos, que corren en case todas as direccións docontinente asiático. Podemos destacar:[22]

  • Pola vertente setentrional corren cara aoocéano Glacial Ártico, entre outros, os ríosObi (4 100 km)Ienisei (4 750 km) eLena (4 270 km). É moi interesante o réxime peculiar destes ríos siberianos: como as súas fontes están a milleiros de quilómetros. Máis ao sur que a súa desembocadura, ao sobrevir afluxos de auga no curso alto, aínda permanece xeado o tramo inferior, o que é causa de grandes inundacións.
  • No Pacífico desemboca oAmur (no golfo de Okhotsk); o Sikiang e o Song-ka, que desaugan por Cantón e Hanoi, proceden dos Kuen-lun e verten as súas augas no golfo de Pechili e nomar da China, respectivamente. Na meseta do Tíbet ten a súa orixe oMekong (4 200 km), que rega Indochina e desemboca no extremo sur da Península, formando un amplodelta.
  • Da vertente meridional do Himalaia descenden ata ogolfo de Bengala e omar Arábigo, dependencias doocéano Índico, oGanxes e oIndo: ambos dunha lonxitude aproximada duns 3 000 km. Que constrúen amplos deltas.
  • En Asia occidental, os ríos máis notables son oÉufrates (2 7000 km) e oTigris (2 000 km) que teñen o seu arranque na meseta de Armenia, e fundidos nun só río ao final do seu curso, desaugan nogolfo Pérsico, ao que aos poucos van colmando cos seus aluvións.
  • Nas estepas centrais son numerosas as concas interiores, pechadas, que desembocan en lagos. Así por exemplo ocorre cos ríosSir Daria eAmu Daria, que verten nomar de Aral, que, malia o seu nome, é un lago. Posúe Asia moitos lagos de augas salobres nas zonas esteparias, cuxo réxime depende da cantidade de precipitacións. Os máis importantes son: o Caspio, o Aral, xa citado, oBalkhash e olago Baikal. o máis fondo do mundo.

Vexetación

[editar |editar a fonte]
Paisaxe deSiberia, onde se ve o bosque detaiga

Como asformacións vexetais dependen do tipo desolo e principalmente doclima, Asia presenta moitas variedades vexetais, aínda que parcialmente destruídas ou alteradas pola milenaria ocupación humana.[23]

No extremo norte docontinente, xunto ao polo, non hai condicións para a existencia devexetación, no entanto máis ao sur, nachaira siberiana, comezan a xurdir formacións en forma detundra. Cara ao sur, á medida que oclima polar se fai menos intenso e o frío dura un número menor de meses, aparece a vasta rexión dataiga, case integramente pertencente á Rusia.[23]

Aínda que o que máis destaca son asestepas, que ocupan grandes extensións daAsia Central, aparecendo en áreas declima temperadocontinental.[23]

Osarquipélagos situados na Asia Meridional móstranse cuberto porbosquesecuatoriais etropicais, non moi diferentes dos daAmazonia brasileira. Estas formacións tamén se poden observar no centro-sur, onde tamén se comproba a presenza desabanas onde avexetación herbácea é dominante, mostrandoarbustos eárbores en pequenas asociacións densas, como axungla na Índia.[23]

Atópansebosquestemperados en considerables extensións noExtremo Oriente así comovexetaciónxerófita en zonas desérticas ousemiáridas do continente.[23]

Xeografía política

[editar |editar a fonte]

As circunstancias históricas e humanas marcaron a verdadeira división entre a Asia Occidental desde aIndia cara ao oeste e a Asia Oriental coñecida como oAfastado Oriente, desde a India cara ao leste.


Rexións xeográficas

[editar |editar a fonte]

Tendo en conta que unha rexión xeográfica é unha área máis ou menos definida, caracterizada por determinados aspectos físicos e humanos, sería posible atopar decenas delas nocontinente e mesmo algunhas nun mesmo país. Por ese motivo, e para facilitar o estudo e a comprensión das características e dos problemas políticos e sociais dun continente tan amplo, imos simplificar a súa división estudando a través de seis grandes rexións xeográficas. Son elas: oOriente Medio, osubcontinente indio, osueste asiático, o centro-leste, oExtremo Oriente e a parte asiática daComunidade de Estados Independentes .[24]

Oriente Medio

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Oriente Medio.
Mapa político doOriente Medio

Oriente Medio é a área, que se estende desdeTurquía ataAfganistán, presenta como característica física dominante o predominio do clima seco, o que dá como resultado a existencia de desertos. Como característica da poboación, destaca a ocupación por persoas deraza branca e unha dasdensidades demográficas máis baixas do continente.[23]

Esta rexión reúne a 16 países independentes, moi importantes polas notables reservas depetróleo que algúns posúen e pola súa posición estratéxica, xa que estarexión é oelo de conexión entreEuropa, Asia eÁfrica. É unha área constantemente axitada por conflitos de orixes diversas: o antagonismo histórico entre eses países; a gran mestura deseitas e relixións (islamismo,cristianismo,xudaísmo); os sistemaspolítico -económicos vixentes, levaos ao aliñamento cosEstados Unidos ou conRusia.[23]

A pesar de todas esas diferenzas, hai moitas semellanzas, principalmente a nivel económico: os países son todossubdesenvolvidos (exceptuandoIsrael,Qatar e osEmiratos Árabes Unidos ) e neles aactividade industrial de transformación é moi escasa, predominando pequenasindustrias téxtiles ealimentarias. Aagricultura é practicada nas poucas rexións onde non se producendesertos. Os principais produtos agrícolas sontrigo,cebada,millo,arroz ecítricos, cultivados sobre todo enTurquía,Siria,Líbano, Israel eIraq. Agandería restrínxese aopastoreonómade decamelos,cabras eovellas.[23]

O gran factor económico doOriente Medio, a nivel internacional, é a explotación dopetróleo, que e o responsable da entrada de beneficios fabulosos nos países produtores. Aínda así os beneficios do petróleo pouco contribuíron para paliar o alto grao desubdesenvolvemento da maior parte dos países desta área, acentuando, pola contra, a enorme disparidade nadistribución da renda.[25]

En 1960,Arabia Saudita,Iraq,Irán,Kuwait eVenezuela crearon aOrganización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP), á cal se afiliaran ao longo das décadas de1960 e1970:Qatar eAbu Zabi (un dosEmiratos Árabes Unidos),Indonesia (país deInsulindia),Ecuador,Libia,Alxeria,Nixeria eGabón. Liderada polos países árabes, a OPEP ten como obxectivo controlar o prezo dopetróleo. En1973, esta organización multiplicou o prezo do barril de petróleo, provocando unha serie de desaxustes económicos nos países importadores, feito que dou na coñecida comoprimeira crise do petróleo. En virtude diso, varios deses países importadores pasaron a explotar xacementos ata entón considerados non rendibles e desenvolveron fontes alternativas deenerxía polo que a OPEP viuse obrigada máis tarde a reducir o prezo do barril de petróleo, cuxo consumo se contraera.[25]

A maior parte do Oriente Medio está ocupado polos países árabes. Situados na Península Arábiga e nos seus arredores, son nacións fundamentalmente agropastorais, é o caso do Iemen, mentres que en Arabia Saudita, Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, IraqOmán, Qatar eBahrain son as grandes riquezas nacionais as que impoñen paisaxes de torres e oleodutos petroliferos onde durante séculos só había undeserto sen beneficio económico.[25]

No entanto no Líbano e Siria a agricultura e a industria están máis desenvolvidos que no resto, aínda que o Líbano, asolado por conflitos interminables, sobrevive con moita dificultade.Xordania difire de todos pola súa actividade mineira caracterizada pola explotación dofosfato emármore.[25]

Historia de Asia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Asia.
Asia cara ao 1200.
Mapa de Asia, 1892.

A gran dimensión do continente asiático fai que a súa historia non se poida ver desde un punto de vista global, senón que cada unha das súas rexións (Extremo Oriente,Asia Meridional,Asia Sur-oriental,Oriente Medio eAsia Central) teña unha historia propia, non necesariamente ligada á do resto de rexións.

Asia foi un dos continentes onde se desenvolveron as primeiras civilizacións nos vales dos principais ríos do continente, a deMesopotamia, a dorío Indo, e a do val doRío Amarelo (Huang He). De entre as civilizacións máis destacadas podemos mencionarSumeria,Acad,Asiria,Babilonia,Fenicia (un dos primeiros grandes pobos mariñeiros que estableceron colonias en todo omar Mediterráneo, entre elasCartago), todas elas no Oriente Próximo e Medio, ou a civilizaciónchinesa no Afastado Oriente. Estas civilizacións compartiron moitas similitudes. É posible que intercambiasen tecnoloxía e ideas. A escritura, en cambio, parece que se desenvolveu de forma individual a cada unha das rexións. A zona de Asia Central foi habitada desde tempo afastado por tribosnómades que montaban dacabalo, que realizaban incursións periódicas tanto na China, como en Europa ou Asia Meridional.

Ciro o Grande conformou oImperio Persa noséculo VI a.C. que se estendía desde o Indo ata a fronteira grega. OmacedonioAlexandre o Grande conquistou todo este vasto imperio noséculo IV a.C., pero coa súa morte, o imperio desmembrouse. A maior parte foi ocupada sucesivamente poloImperio Seléucida, o imperio doPartos e aImperio Sasánida. OImperio Romano controlou a parte de Asia Occidental, chegando aMesopotamia. Moitas destas culturas foron influenciadas polaruta da Seda, que conectou China,India, o Oriente Medio e Europa. As relixiónsbudista ehinduísta alcanzaron grande influencia en Asia do sur, do leste e do sueste .

NaIdade Media oIslam, procedente deArabia, invadiu gran parte do continente, desde o Oriente Medio e Próximo, pasando poloCáucaso ata Asia Central. Creouse aDinastía Omeia con sede enDamasco, máis tarde substituída polaAbbásida con sede enBagdad. Tribos turcas procedentes de Asia Central, que adoptaron aIslamismo, chegaron á zona noséculo X e crearon oImperio Selxúcidas. Noséculo XIII creouse oImperio Mongol que se estendeu desde a China ata Europa, un dos maiores imperios da historia.

NaIdade Moderna unha nova tribo turca formou oImperio Otomán que existiu desde oséculo XVI ata oséculo XX. OImperio Ruso empezou a expandirse desde oséculo XVII. Tamén neste século, osmanchús invadiron a China e derribaron adinastía Ming, establecendo adinastía Qing, que gobernou China ata a súa abolición en1911, logo daRevolución Xinhai. Os Europeos tomaron o control en numerosas zonas do continente, os portugueses enMacau eGoa, os españois enFilipinas, e arredor dos séculos XIX e XX, os británicos naIndia, os neerlandeses enIndonesia e os franceses enIndochina. Ingleses e rusos mantiveron unha forte loita polas rexións de Asia Central noséculo XIX. Varias zonas mantivéronse fóra do control dos europeos durante estes anos, aínda que non fóra da súa influencia, comoPersia,Tailandia e unha gran parte da China. Noséculo XX oImperio Xaponés invadiu China,Corea e o sueste asiático, durante asegunda guerra mundial. Logo da guerra, a maioría de territorios volvéronse independentes. Durante aguerra fría, producíronse diversos conflitos como aguerra de Corea, aguerra de Vietnam ou aguerra afgán-soviética. Oconflito árabe-israelí, as disputas entre India, China ePaquistán, aguerra de Afganistán ou aguerra de Irak son algúns das frontes abertas hoxe en día no continente.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Bailarina nun festival enCorea do Sur.

A poboación do continente asiático está preto dos 4 mil millóns de habitantes, concentrándose na costa do mar da China e na península indostánica, en rexións que chegan a alcanzar densidades de mil habitantes por quilómetro cadrado. Aínda que nos últimos lustros o seu crecemento diminuíu, en países do medio oriente mantéñense importantes taxas de crecemento demográfico; en xeral preto do 70% dos nacementos no mundo prodúcense en Asia de maneira que o envellecemento non é tan progresivo. Ademais, conta cunha alta proporción de poboación cuxa idade é inferior aos 30 anos e na que os anciáns son unha porcentaxe relativamente minoritaria.

Características da poboación

[editar |editar a fonte]

Apoboación asiática presenta diferentes características, non é homoxénea entre si; algúns trazos comúns en certas zonas de Asia son: pel amarela e de ollos rasgados (no Afastado Oriente desde Siberia, China, Vietnam, a península de Corea, as illas de Taiwán, Xapón, o arquipélago malaio e filipino). Dentro dese grupo étnico destácanse os nativos malaios, de pel morena ou escura que se dividen en diferentes ramas, xa que deles descenden os tagalos, visaios, iloacanes, polinesios, melanesios, micronesios etc. As etnias de fenotipo branco comprenden oMedio ePróximo Oriente. Entre elas destácanse osárabes,armenios,xudeus,persas,asirios,turcos,rusos etc. Existen tamén algunhas etnias de tipo negroide e inmigrantes de diferentes países europeos.

Poboación por sexo

[editar |editar a fonte]

Na maior parte dos países do continente asiático tanto doAfastado Oriente comoOriente Medio, predominan os homes, agás noXapón,Vietnam,Laos,Camboxa,Tailandia,Birmania,Líbano,Israel,Rusia,Kazakhstán,Armenia,Sri Lanka entre outros, onde predominan as mulleres. Aínda que enIsrael e oXapón, os homes menores de 65 anos son a maioría da poboación, non así enFilipinas, onde as mulleres entre 15 e 65 anos (e de aí en diante) son maioría. En Rusia o alto número de mulleres que ten débese ás guerras que atravesou o país, o que fixo que os homes diminuísen como noutros países deEuropa Oriental, así como outros casos tamén en Europa e Asia.

O continente ten máis de 3.800 millóns de habitantes, que supoñen case o 61% dapoboación mundial. É, ademais, o continente máis densamente poboado.

Lingua

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Linguas de Asia.

As linguas que se falan no continente asiático son numerosas. Entre elas a máis falada é o chinés oumandarín, seguidas dohindi, ochinés cantonés, ourdú, oárabe, entre outras destacamos como linguas oficiais e nativas oxaponés, obahasaindonesio, ocoreano,turco,hebreo,persa,birmano,tailandés,tagalo,ruso,armenio,tibetano etc. Debido á colonización europea en diferentes nacións asiáticas, algunhas linguas europeas son tamén de uso habitual. Por exemplo oinglés é utilizada como lingua asociada e comercial na India, Malaisia, Filipinas, Singapur, Birmania, Sri Lanka, Paquistán, Líbano, Israel, Emiratos Árabes Unidos etc. Ofrancés úsase nas nacións da península de Indochina, parte da India e o Líbano. Alingua castelá en forma minoritaria no continente asiático, é falada por minorías en Filipinas e nas comunidadessefardís de Oriente Próximo, principalmente nas nacións pertencentes á rexión de Israel e zonas de Turquía. Tamén se fala minoritariamente nas cidadestaiwanesas deIlan,Keelung eTamsui. Ademais do castelá, nesta Rexión Oriental xurdiu unha lingua crioula coñecida comochabacano, que é falado en determinados sectores de Filipinas así como tamén ao norte deSabah enMalaisia e a cidade deTernate en Indonesia, todas elas tamén antigamente posesións españolas. Ogrego é falado na illa de Chipre xunto co turco; e oportugués é oficial enTimor Oriental e fálase tamén nalgúns sectores da India (Dadra e Nagar Haveli,Daman e Diu,Goa), Malaisia (Malaca) e a China (Macau).

Economía

[editar |editar a fonte]
ABolsa de Tokyo é a segunda máis grande do mundo.

Asia é o terceiro continente, detrás de Norteamérica e de Europa, enPIB, pero o primeiro enparidade de poder adquisitivo. A data de 2007, o primeiro país asiático en PIB era aChina, seguida daIndia, oXapón,Corea do Sur eIndonesia. En troques, en termos nominais a clasificación é: o Xapón, a China, a India, Corea do Sur,Arabia Saudita,Taiwán eIndonesia.

O comercio entre os países asiáticos está aumentando en relación ás exportacións fora do continente; en 2003, o 44% das exportacións dos países asiáticos (sen incluír Xapón) destinábanse a outros países asiáticos, fronte ao 47,1% en 2010.[26] Con todo, a porcentaxe de exportacións aosEstados Unidos, aUnión Europea e oXapón baixou dun 43% a un 36,5% no mesmo período.[26]

Asia posúe o 60 % da poboación do planeta e cerca do 30 % das terras emerxidas, é o maior produtor global de alimentos, ademais de ser o maior consumidor ten as maiores reservas da maioría dos minerais. Asia é o continente que concentra o maior crecemento económico e consome a maioría do crédito global, cerca do 80% do crecemento económico mundial, o maior crecemento do investimento en ciencia e tecnoloxía, investimento en educación e o maior sector económico que poidamos imaxinar. A cooperación entre o goberno, as industrias e o dominio da tecnoloxía levaron ao Xapón ao éxito económico.

Pola súa banda desde 2004 aUnión Europea é o principal socio comercial da China, que á súa vez é o segundo socio comercial da organización europea. O2005 China converteuse na sexta economía mundial. Cun crecemento oficial do 9,5 % anual, a economía chinesa está considerada como a de maior crecemento do planeta , mantendo unha taxa media superior ao 8 % desde os anos 1980. Tamén se destaca aAsia Meridional con crecementos anuais do 8 %.

Moitas zonas de Asia están economicamente subdesenvolvidas. Unha elevada porcentaxe da poboación do continente dedícase á agricultura, pese ao cal gran parte da actividade agrícola caracterízase por colleitas e produtividade laboral relativamente baixas. En conxunto, unha minoría dos asiáticos está empregada en actividades de manufactura; en moitas ocasións os centros urbanos e as industrias non se integraron adecuadamente co sector rural. Os sistemas de transporte locais e internacionais dos países asiáticos aínda están pouco desenvolvidos en moitas zonas, pero melloraron notablemente nos últimos anos.

Con todo, hai un crecente número de excepcións. Xapón modernizou con éxito a súa economía, do mesmo xeito que Israel, Corea do Sur, Singapur, Hong Kong e, en menor grao, Indonesia, Malaisia, Tailandia, Turquía e os estados petrolíferos dapenínsula Arábiga. En xeral conseguiron taxas de crecemento económico que superan o 5% anual, unha porcentaxe que se afasta das súas taxas de crecemento demográfico. En cambio, aínda que os países do suroeste de Asia fixeron progresos, a distribución dos ingresos quedou máis concentrada que noutros países. Estimulada polos investimentos estranxeiros a grande escala, a rápida privatización e a industrialización, a República Popular da China conseguiu o crecemento máis rápido de Asia a principios da década de 1990. Estímase que a economía chinesa creceu un 12% en 1992, aínda que os niveis de renda per cápita permaneceron relativamente baixos. Vietnam e Laos, dous dos países máis pobres de Asia, están empezando a conseguir un significativo crecemento económico e a captar un notable nivel de investimento estranxeiro.

Véxase tamén:Asociación de Nacións do Sueste Asiático.

A crise financeira asiática de 1997

[editar |editar a fonte]

Enxullo de1997, a moeda tailandesa (obaht) desvalorizouse, contradicindo as repetidas declaracións das autoridades gobernamentais de que iso non ocorrería. En cuestión de días, as moedas de Indonesia, Filipinas e Malaisia foron fortemente atacadas e comezaron a derrubarse. Para fins de outubro, owon de Corea do Sur colapsouse e a crise xeneralizouse no continente asiático.

Pode soar paradoxal que apenas uns cantos meses antes dascrises estas economías eran vistas como sólidas e estables, con moi bo futuro económico. Ata, días antes das crises, os analistas financeiros e económicos parecían non ter a mínima noción do que pasaría. O feito de que ambas economías formasen parte do grupo das economías máis vixiadas pola comunidade financeira internacional fai a estas dúas características aínda máis insólitas.

O feito é que a maioría das economías deAsia Oriental sufriu unha severa recesión en 1998; oPIB esborrallouse: 14 % en Indonesia, 9 % en Tailandia, 7 % en Malaisia, 6 % en Corea, 5 % en Hong Kong e 3 % no Xapón. Como puido sufrir un colapso tan repentino e grave unha rexión que había ter tanto éxito? A resposta é que Asia viviu unha aguda crise financeira.

Relixión

[editar |editar a fonte]
Monxes budistas tibetanos deDrepung.
Artigo principal:Relixións orientais.

Asia é un continente de gran riqueza espiritual e de diametral importancia relixiosa xa que asrelixións máis practicadas do mundo xurdiron en Asia, sendo berce das cinco grandes relixións mundiais; oxudaísmo, ocristianismo, oislamismo, obudismo e ohinduísmo. Debido a isto, países asiáticos comoIsrael (lugar sagrado paraxudeus,cristiáns emusulmáns),Arabia Saudita (onde se atopan dúas das tres cidades santas dosmusulmáns) e aIndia (onde se atopan os lugares santos dehindús ebudistas), reciben millóns deperegrinos de todo o mundo.

Outras importantes relixións xurdidas en Asia son obahaísmo (Irán), oconfucianismo (China), oxainismo (India), osikhismo (India), oxintoísmo (Xapón), otaoísmo (China) e ozoroastrismo (Irán).

Entre diferentes pobos asiáticos tamén se practica oanimismo e oxamanismo, desde os seguidores do cultoBön noTíbet, e arelixión tradicional chinesa, ata as crenzas animistas de diferentes tribosindíxenas de todo o continente asiático.

A relixión maioritaria de Asia é obudismo, practicada principalmente noleste esueste asiático (abarcando desde o norte da India e oHimalaia ata oXapón), aínda que en moitos países é practicado de formasincrética á beira doutra relixión nacional (taoísmo,confucianismo erelixión tradicional chinesa naChina por exemplo,xintoísmo noXapón etc.).

De preto séguelle oIslam, predominante noMedio Oriente e aAsia Central (desde apenínsula do Sinaí ataPaquistán) máisMalaisia eIndonesia. Ohinduísmo é outra das grandes relixións de Asia aínda que máis xeograficamente concentrada, é maioritario só naIndia e noNepal, pero con minorías en moitos países asiáticos.

Oxudaísmo é maioritario en Israel (único país no mundo onde é maioría), e ocristianismo é maioritario só enFilipinas eTimor Oriental, e ten unha alta porcentaxe en Corea do Sur, pero ten importantes minorías en toda Asia, por exemplo noLíbano.

A diferenza doutros continentes, a relixión en Asia é de grande importancia e en moitos países é vista como parte da identidade étnica, o que motivou máis dunconflito étnico, como o son oconflito árabe-israelí, o enfrontamento entre hindús e musulmáns naIndia,Paquistán eBangladesh, entre hindús e budistas enSri Lanka, entre musulmáns e budistas enIndonesia, entre musulmáns e cristiáns noLíbano e entre hindús e sikhs naIndia.

Mitoloxía

[editar |editar a fonte]

Amitoloxía asiática é diversa. A primeira mitoloxía coñecida é amitoloxía sumeria (na que destaca oEpopea de Gilgamesh), a cal influíu na maioría de relixións e mitoloxías posteriores da zona. Amitoloxía hindú fala sobre unavatar dodeus Vishnu en forma de peixe que avisouManu dunha terrible inundación . Na antigamitoloxía chinesa, no texto clásicoShan Hai Jing, o lexislador chinésYu o Grande tivo que pasar 10 anos para controlar undiluvio que arrasou a antiga China, e foi axudado pola deusaNüwa que, literalmente, arranxou oceo roto por onde caía achuvia.

Relixións dharmicas e taoístas

[editar |editar a fonte]

As filosofías e relixiónsdharmicas, como ohinduísmo, obudismo, oxainismo e osikhismo, orixináronse naIndia. Ao leste, particularmente daChina e doXapón, tomaron forma oconfucianismo, otaoísmo e obudismo zen.

Relixións abrahámicas

[editar |editar a fonte]

Asrelixións abrahámicas, oxudaísmo, ocristianismo e aislamismo orixináronse noOriente Medio. O xudaísmo, a máis antiga das tres, é practicada principalmente enIsrael, ademais doutras pequenas comunidades noutros países. Ocristianismo católico é maioritario enFilipinas eTimor Oriental, mentres que enArmenia predomina ocristianismo ortodoxo. Tamén hai importantes comunidades cristiás no Oriente Medio, India ou China. O islamismo é a relixión dominante na maior parte do leste asiático, aínda que tamén é a relixión maioritaria en países comoIndonesia eMalaisia (sueste asiático);Paquistán,Bangladesh ouIrán (Asia meridional); Asia central e en boa parte deRusia.

Outras relixións

[editar |editar a fonte]

Outras relixións do continente son ozoroastrismo e oxamanismo, practicados en Irán e Siberia, respectivamente, oxintoísmo practicado no Xapón (usualmente cobudismo) e oanimismo nalgunhas partes da India e o sueste asiático.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Miyamoto Musashi, unha representación dasartes marciais doXapón.

No continente practícanse diferentes estilos deportivos, aínda que noExtremo Oriente, os máis populares son asartes marciais como ojudo, okarate, oaikido,okenjutsu,obojutsu, oninjutsu, okenpo, entre outros orixinarios doXapón. Otaichi, okung fu, ochoy le fut, oshaolin, entre outros orixinarios daChina. Otaekwondo, ohapkido, otaekkyon, otangsudo, entre outros enCorea. Oeskrima, okali filipino e outros son orixinarios deFilipinas. Ademais tamén no continente fixéronse famosos outros deportes como ofútbol,baloncesto,natación,esgrima, aximnasia,tenis,voleibol etc...

Certos países asiáticos, agrupados a través doConsello Olímpico de Asia, destacaron en diferentes torneos a nivel continental ou internacional, como osXogos Asiáticos celebrados a partir de1951 en diferentes países do continente; osXogos da Mancomunidade; osXogos da Francofonía;Filipinas eTimor Oriental participaron nun dos eventos deportivos dosXogos Iberoamericanos.

Xapón foi o primeiro país do continente en inaugurar unsXogos Olímpicos, os de1964 enTokyo. Tamén foron sede olímpica Corea do Sur enSeúl 1988 eChina enPequín 2008. Ademais por primeira vez dous países xuntos, oXapón e Corea do Sur, foron os anfitrións daCopa Mundial de Fútbol de 2002. Tamén foiQatar sede daCopa Mundial de Fútbol de 2022.

Yao Ming foi un dos mellores deportista da historia chinesa, xogou naNBA nosHouston Rockets, así mesmo taménPark Ji-Sung foi un dos mellores futbolistas surcoreano que xoga ao fútbol. Xapón é o seleccionado que máis veces conquistou aCopa Asiática, en catro ocasións.

Tamén cabo destacar queAustralia, malia estar xeograficamente situada naOceanía, forma parte desde2006 da confederación de Asia. Coa obtención daCopa Asiática 2015 converteuse na primeira selección do mundo en lograr o curioso récord de ser o único país campión en douscontinentes distintos, xa que anteriormente conquistara aCopa das Nacións da OFC en catro ocasións.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Asia: The largest continent on Earth". BBC Bitesize. Arquivado dendeo orixinal o 7 de outubro de 2022. 
  2. Boudreau, Diane; McDaniel, Melissa; Sprout, Erin; Turgeon, Andrew. Evers, Jeannie; West, Kara, eds."Asia: Physical Geography".National Geographic Society. Crooks, Mary; Gunther, Tim; Wynne, Nancy. Arquivado dendeo orixinal o 30 de xuño de 2022. Consultado o 29 de setembro do 2025. 
  3. 3,03,1AccessScience."Asia"(en inglés). McGraw-Hill. Consultado o 2/11/2014. 
  4. "Geography Is Destiny".The Atlantic(eninglés). 01-12-2008. Consultado o 20-04-2009. 
  5. Welty, Paul Thomas.The Asians Their Evolving Heritage, 6th ed., p. 21. New York: Harper & Row Publishers, 1984.ISBN 978-0-06-047001-2.
  6. World University Service of Canada. Asia-WUSC WorldWide. 2006. outubro 7, 2006.Asia - WUSC Worldwide.
  7. Menon, Sridevi. Duke University.Where is West Asia in Asian America?: "Asia" and the Politics of Space in Asian America. 2004. abril 26, 2007. páxina 71
  8. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 05 de febreiro de 2014. 
  9. American Heritage Book of English Usage Asian. 2005. 9/3/2016.
  10. Slomp, Hans (2011).Europe, A Political Profile: An American Companion to European Politics (Illustrated, revised ed.). ABC-CLIO.ISBN 978-0313391828. 
  11. Histories 4.38. Cf. James Rennell,The Geographical System of Herodotus Examined and Explained, Volume 1, Rivington 1830,p. 244.
  12. Segundo Estrabón(Geographica 11.7.4), mesmo na época deAlexandre o Grande, «todos coincidían en que o río Tanais separaba Asia de Europa»." (ὡμολόγητο ἐκ πάντων ὅτι διείργει τὴν Ἀσίαν ἀπὸτῆς Εὐρώπης ὁ Τάναϊς ποταμός; cf. Duane W. Roller,Eratosthenes' Geography, Princeton University Press, 2010,ISBN978-0-691-14267-8,Eratosthenes (24 de xaneiro de 2010).Geography. Princeton University Press. p. 57.ISBN 978-0-691-14267-8. Arquivado dendeo orixinal o 26 de marzo de 2022. Consultado o 18 de novembro do 2025. )
  13. W. Theiler,Posidonios. Die Fragmente, vol. 1. Berlin: De Gruyter, 1982, fragm. 47a.
  14. I. G. Kidd (ed.),Posidonius: The commentary, Cambridge University Press, 2004,ISBN978-0-521-60443-7,Posidonius (1989).p. 738. Cambridge University Press.ISBN 978-0-521-60443-7. Arquivado dendeo orixinal o 1 de agosto de 2020. Consultado o 18 de novembro do 2025. 
  15. Geographia 7.5.6 (ed. Nobbe 1845,Ptolomy, Claudio (1845).Geographia2. Arquivado dendeo orixinal o 24 de maio de 2020. Consultado o 18 de novembro do 2025. , p. 178).Καὶ τῇ Εὐρώπῃ δὲ συνάπτει διὰ τοῦ μεταξὺ αὐχένος τῆς τε Μαιώτιδος λίμνης καὶ τοῦ Σαρματικοῦ Ὠκεανοῦ ἐπὶ τῆς διαβάσεως τοῦ Τανάϊδος ποταμοῦ."E [Asia] está conectada con Europa polo estreito de terra entre o lago Maiotis e o mar Sarmático, por onde discorre o río Tanais."
  16. 16,016,1Lineback, Neal (9 de xullo de 2013)."Geography in the News: Eurasia's Boundaries".National Geographic. Arquivado dendeo orixinal o 8 de maio de 2016. Consultado o 23 de decembro do 2025. 
  17. International Geographic Encyclopaedia and Atlas.Springer, 24/11/1979[1]
  18. Lewis & Wigen 1997, pp. 27–28.
  19. "Suez Canal: 1250 to 1920: Middle East".Cultural Sociology of the Middle East, Asia, & Africa: An Encyclopedia. Sage. 2012.ISBN 978-1-4129-8176-7.doi:10.4135/9781452218458.n112. 
  20. 20,020,120,220,320,4ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed.Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania4. São Paulo. p. 78. 
  21. 21,021,1ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed.Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania4.São Paulo. p. 79. 
  22. ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed.Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania4. São Paulo. p. 77. 
  23. 23,023,123,223,323,423,523,623,7ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed.Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania4. São Paulo. p. 80. 
  24. ANTUNES, Celso (1991!volume=4). Scipione, ed.Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania(enportugués). São Paulo. p. 79. 
  25. 25,025,125,225,3ANTUNES, Celso (1991). Scipione, ed.Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania4. São Paulo. p. 81. 
  26. 26,026,1TIME,Global Trade's New DirectionArquivado 17 de agosto de 2013 enWayback Machine., 15 de novembro do 2010, p. 56 da versión impresa (en inglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AsiaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Lewis, Martin W.; Wigen, Kären (1997).The myth of continents: a critique of metageography. Berkeley: University of California Press.ISBN 978-0-520-20743-1. 
  • Ventris, Michael; Chadwick, John (1973).Documents in Mycenaean Greek (2nd ed.). Cambridge University Press. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asia&oldid=7266895»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp