| Asemblea Xeral de Pensilvania | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Instancia de | |||||||
Composto por | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
Páxina WEB | |||||||
Descrito pola fonte
| |||||||
| Wikidata C:Commons |

AAsemblea Xeral de Pensilvania (eninglés,Pennsylvania General Assembly) é o parlamento dePensilvania, nosEstados Unidos. A súa sede está na cidade deHarrisburg, no edificio do Capitolio estatal. Conta cun total de 253 lexisladores elixidos porsufraxio universal e que integran o Senado ou a Cámara de Representantes.

A actualconstitución de Pensilvania, aprobada en1968, confire opoder lexislativo á Asemblea Xeral concretando a súa estrutura bicameral no seu artigo 2º:[1]
Os candidatos que concorran ás eleccións deben cumprir determinados requirimentos: un mínimo de idade (25 anos para o Senado, 21 para á Cámara de Representantes), ser residente de Pensilvania dende, polo menos, catro anos, e ser veciño do distrito polo que se presenta dende o ano previo, como mínimo.
As sesións lexislativas comezan o primeiro martes dexaneiro para estenderse ata o final denovembro. Tales sesións realízanse diariamente.
O lexislador de calquera das dúas cámaras pode iniciar o proceso facendo unha proposta de lei. A redacción do texto co faise co asesoramento dos servizos xurídicos parlamentarios (chamados en inglésLegislative Reference Bureau) para que cumpra cos requisitos legais. Logo de ser rexistrada, ante a cámara faise a primeira letura do proposta e a presidencia derívaa ácomisión parlamentaria que corresponda por temática. A comisión leva a cabo audiciencias públicas e pode aprobar a proposta, facelo con emendas, ou rexeitalo. Superada esta fase, a proposta de lei é obxecto de debate no pleno da cámara para logo ser votada.[2]
Aprobada pola cámara orixinal, envíase á outra, onde o proxecto seguirá as mesmas fases, podendo ser modificada. Se a segunda cámara vota modificacións deberá ser tamén votada na cámara orixinal. Se esta rexeita os cambios, constitúese un comité conxunto con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado. No caso de ser rexeitado a proposta de lei queda anulada.[3]
Unha vez superados os trámites parlamentarios e votado o mesmo texto por ambas cámaras, a lei é asinada polos presidentes das dúas e remítese ao Gobernador de Pensilvania. Este pode vetar as leis aprobadas pola Asemblea Xeral, mais o parlamento de Pensilvania pode revogalo se deste xeito votan dous terzos dos membros do Senado e da Cámara de Representantes.[2]

As orixes da Asemblea Xeral remóntanse á propia creación de Pensilvania. CandoWilliam Penn obtivo a propiedade deste territorio do reiCarlos II de Inglaterra, deseñou un regulamento para o goberno da colonia en1682. Deste xeito, o gobernador contaría cun Consello Provincial de 72 membros a quen lle reserva a iniciativa lexislativa. Ademais, tamén crea a Asemblea Xeral, que non debería ter máis de 200 membros e que podería emendar as leis propostas polo Consello.[4] A Asemblea reúnese por primeira vez en1682 e lograron que Penn revisara algúns puntos como a eliminación dos votos do gobernador no Consello e redución deste a 18 membros (tres por condado).[5]
Durante aGuerra de Independencia das 13 Colonias, en1776, Pensilvania dotouse da súa primeira constitución, que establecía unlexislativo exercido pola Asemblea Xeral, agora unicameral.[6] A Asemblea Xeral tiña amplos poderes sobre oxudicial e, sobre todo, sobre o goberno colexiado, chamado Consello Supremo Executivo. As disfuncións entre os poderes e a falta de balances entre eles levou á unha nova constitución, a de1790, que dividiu a Asemblea Xeral nas dúas cámaras que a integran ata hoxe.[7]
Varios dos membros da convención que redactou aConstitución dos Estados Unidos de 1787 foron membros da Asemblea Xeral de Pensilvania, foi o caso deGeorge Clymer,Thomas Fitzsimons,Thomas Mifflin,Gouverneur Morris,Robert Morris así comaBenjamin Franklin, que chegou a presidir a Asemblea Xeral aínda no período colonial.[8][9] Tamén,James Buchanan, presidente entre1857 e1861, foi representante entre1814 e1815.[10] O primeiro membro afroamericano foi o representanteHarry Bass, quen gañou o escano en1911.[11] As primeiras mulleres foron as representantes electas en1923.[12]