Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Asemblea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unhaasemblea é unha reunión onde afectados por un determinado asunto ou membros dunha organización opinan ou deciden sobre un tema directamente e sen representantes (democracia directa), ou ben son representantes doutras persoas os que debaten e deciden (democracia indirecta). No primeiro tipo de asembleas adoita tomarse adecisión por consenso para acadar acordos mínimos aceptables para tódolos implicados, e reservarse asvotacións para os casos nos que non hai acordo posible.

En moitas organizacións a asemblea é un órgano político que toma decisións. En ocasións asume total ou parcialmente opoder lexislativo e, ás veces, mesmo o executivo e xudicial. Unha asemblea fórmase por persoas da propia organización, que están relacionadas ou que teñen o permiso explícito da mesma para participar.

Moitas organizaciónsdemocráticas teñen unha asemblea como órgano máximo de decisión, como as organizacións sociais, sindicais, profesionais e osestados. As asembleas máis coñecidas son osparlamentos oucongresos dos estados.

Historia

[editar |editar a fonte]

Historicamente (na política) as asembleas se formaron para facilitar a participación democrática do pobo nas decisións que podían afectarlles. Esta forma de política foi unha das primeiras para contribuír á desaparición dodespotismo. Por esa razón as asembleas foron prohibidas nos países e rexiónstotalitarias.

Na actualidade aínda son vetadas en moitos lugares.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Asemblea&oldid=6704929»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp