Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Arxentina

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:34°S64°O / -34,-64
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Argentina (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaArxentina
República Argentina (es)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional da ArxentinaEditar o valor en Wikidata

Lema«En unión y libertad(pt)Traducir»Editar o valor en Wikidata
EpónimoprataEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 34°S64°O / -34,-64
CapitalBuenos AiresEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación47.327.407(2022)Editar o valor en Wikidata (17,02hab./km²)
XentilicioArxentino, arxentina
Lingua oficiallingua casteláEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.780.400 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAconcagua (6.961 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLagoa do Carbón (−105 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de xullo de 1816Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernorepública federalEditar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno da Argentina(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Presidente da Nación ArxentinaEditar o valor en WikidataJavier Milei(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongresso da Nação Argentina(pt)Traducir ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCorte Suprema de Justiça da Nação Argentina(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal487.227.125.386 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaPeso arxentinoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.arEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+54Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911,100,117 e101Editar o valor en Wikidata
Código de paísAREditar o valor en Wikidata

Sitio webargentina.gob.arEditar o valor en Wikidata
BNE: XX5308160

ARepública Arxentina (encastelán:Argentina) é un país situado no extremo sur deAmérica organizado como unharepública representativa efederal. Pola súa extensión, é o segundo estado deAmérica do Sur, cuarto no continente americano e ooitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo, a Arxentina reclama asMalvinas, asIllas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e aIlla Aurora baixo soberanía británica e unha áreaantártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola ArxentinaAntártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue gran parte doCono Sur, limita ao norte conBolivia eParaguai, ao nordés coBrasil, ao oeste e sur conChile e ao leste coUruguai e oocéano Atlántico.

Está dividido en 23provincias e unha cidade autónoma,Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal.[1] Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices dedesenvolvemento humano,renda per cápita, nivel de crecemento económico ecalidade de vida, que se encontran entre os máis altos deAmérica Latina.[2] Segundo oBanco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo,[3] aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo.[4][5] Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos[6] ou como unmercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.[7][8]

O25 de maio de1810 tivo lugar aRevolución de Maio, na que foi deposto o últimovicerreiespañol que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse aPrimeira Xunta de goberno. O9 de xullo de1816 foi proclamada formalmente en Tucumána súa independencia como país libre e soberano.

Toponimia

[editar |editar a fonte]

O nome oficial do país é «República Argentina». Por elipse do substantivo, adoita dicirse «Arxentina». O nome «Arxentina» provén dolatínargentum (‘prata’) e está asociado coa lenda daSerra de la Plata, común entre os primeiros exploradores europeos da rexión, tanto españois comoportugueses. Foron estes quen denominaronRío da Prata ó granestuario descuberto pola expedición portuguesa de 1502 na que participabaAmerigo Vespucci, e ó que despois chegouJuan Díaz de Solís en 1516, chamándoo Mar Doce.

Portada do poemaLa Argentina.

O nome menciónase por primeira vez no poema publicado en 1602 polo españolMartín del Barco Centenera tituladoLa Argentina y conquista del Río de la Plata, no que describe a rexión do Río da Prata, como tamén a fundación da cidade de Buenos Aires.[9][10]

Otopónimo aparece ratificado ó publicarse en 1612 a obraLa Argentina manuscrita, docriouloasuncenoRuy Díaz de Guzmán, obra de historia na que, no medio dun relatoépico, faise unha descrición da rexión. No final do século XVIII, a palabra era de uso común para denominar todo o relacionado co Río da Prata, a súa conca, o seu territorio e os seus poboadores, pero o vicerreinado creado en 1776, antecedente inmediato do país independizado en 1816, levou o nome de «Vicerreinado do Río da Prata».

A Primeira Xunta de Goberno empregou o nome deProvincias Unidas do Río da Prata, que foi tamén empregado polos gobernos que o sucederon ata que, en 1816, o Congreso de Tucumán proclamou a independencia dasProvincias Unidas de Suramérica, nome que mantivo naConstitución de 1819.

Oficialmente, empregouse por primeira vez a denominación República Arxentina naConstitución de 1826. Durante o goberno deJuan Manuel de Rosas (1835-1852) utilizáronse, entre outros, os nomes de Confederación Arxentina, República da Confederación Arxentina e Federación Arxentina.

AConstitución arxentina de 1853 sancionouse en nome do pobo da Confederación Arxentina, pero ó incorporarse oEstado de Buenos Aires, en 1860 cambiouse por Nación Arxentina e incorporouse o artigo 35:

As denominacións adoptadas sucesivamente dende 1810 até o presente, a saber: Provincias Unidas do Río da Prata; República Arxentina, Confederación Arxentina, serán en adiante nomes oficiais indistintamente para a designación do Goberno e territorio das provincias, empregándose as palabras «Nación Arxentina» na formación e sanción das leis.[11]

O 8 de outubro de 1860, na cidade deParaná, daquela capital da Confederación Arxentina, o presidenteSantiago Derqui decretou que:

[...] sendo axeitado a este respecto estabelecer a uniformidade nos actos administrativos, o Goberno ven de acordar que para todos estes actos se empregue a denominación República Arxentina.[12]

O nome foi confirmado definitivamente en 1862 porBartolomé Mitre, primeiro presidente do país reunificado, ó utilizar o título depresidente da Nación Arxentina.

Historia

[editar |editar a fonte]

A rexión noroeste da Arxentina formaba parte do Imperio Inca, chamadoTawantinsuyu, e as pampas eran dominadas poramerindios nómades. En febreiro de 1516, o navegante españolJuan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro doRío da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España.

O territorio foi colonizado porEspaña ao longo doséculo XVI eXVII; derivando o nome da Arxentina das pranchas deprata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas.

O país independizouse de España en1816, tralo cal producíronse disputas internas entre faccións federalistas ("federais") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en1994.

A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberais-civís. Tralasegunda guerra mundial, produciuse o triunfo do movemento popularperonista.

Até1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permitiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precedentes no final de2001.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

Desde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Politicamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente é a orixinal con algúns cambios realizados en1994.

Provincias da Arxentina

[editar |editar a fonte]
Provincias. A Arxentina reclama asIllas Malvinas, unterritorio de ultramar do Reino Unido, así como un anaco da Antártida, que se asigna á súa provincia deTierra del Fuego.
Salta.

O territorio da república está dividido nunhaCapital Federal e 23provincias:

Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica sonSanta Fe eCórdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía da Arxentina.
Mapa da Arxentina

A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, montañas no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase aPatagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrica, constantemente sucada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile.

O pico máis alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerroAconcagua, de 6950 m. No centro do país atópase a chaira pampeana, unha das máis fértiles do mundo: aPampa. Cara ao nordeste atopamos unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada oAltiplano.

Clima

[editar |editar a fonte]

A meirande parte doterritorio arxentino está situado nazona temperada dohemisferio sur. Verifícanse no país climastropicais esubtropicais,áridos efríos, con combinacións e contrastes diversos, resultantes das variacións de altitude e outros factores. En case todas as rexións da Arxentina rexístranse nevadas ocasionais, excepto no extremo norte, onde predomina unclima tropical. Nesa mesma área, os días son quentes deoutubro amarzo e fríos e secos deabril asetembro.

Máis amenos son os índices predominantes naPampa, húmido e fresco na súa parte oriental, nasprovincias deBuenos Aires eLa Pampa. Os veráns, aínda que son intensos, enMar del Plata non superan unha media superior a 21 °C. Máis seco para o lado do oeste eMendoza, o clima da Pampa, nesa franxa, ten as súas chuvias de verán rapidamente evaporadas.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía da Arxentina.
Exportacións a[13]Importacións de[13]
PaísPorcentaxePaísPorcentaxe
Brasil17,5 %Brasil32,6 %
China9,4 %Estados Unidos de AméricaEstados Unidos14,2 %
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos7,6 %China8,7 %
Chile6,9 %AlemañaAlemaña5,7 %
EspañaEspaña4,1 %

A economía arxentina vese beneficiada por unha gran riqueza e variedade derecursos naturais que posúe, unha poboación cun bo nivel deeducación, un sistema de agricultura e unha importante baseindustrial, que chegou a ser a máis desenvolvida daAmérica Latina, estancada a partir do último cuarto do século XX.

Actualmente, a Arxentina é a terceira potencia en materia económica deAmérica Latina, superada porBrasil eMéxico. Se aoPBI o consideramos enparidade de poder adquisitivo, segundo oFondo Monetario Internacional), en2007 alcanzou os 523,739 millóns de dólares,[14] acurtándose as distancias respecto ao PBI doBrasil ou deMéxico. OPBI per cápita medido enparidade de poder adquisitivo (paridade de poder adquisitivo) deUSD no 2007 foi estimado en 13.300,[13][14], un dos máis altos da rexión.

Asexportacións de bens totalizaron no2007 os 55.780 millóns de dólares, mentres que as importacións acadaron os 42.525 millóns, creando un superávit de 13.255 millóns de dólares. As exportacións e importacións de servizos nese mesmo ano, son uns totais de 10.283 e 10.782 millóns de dólares respectivamente, xerando un déficit de 499 millóns de dólares.[15]

Exportacións arxentinas,2007. O complexo hidrocarburos-químico-petroquímico-plásticos reúne o 21,9% das exportacións totais,[16] mentres que a cadea dasoia reúne un 16%.[17]

O país mantén unhadébeda externa de 123.196 millóns de dólares (dec. 2007), equivalente ao 46,74% do PBI. A cantidade da mesma débese principalmente a operacións fraudulentas realizadas durante oProceso de Reorganización Nacional (1976-1983),[18] período no cal a débeda medrou un 364%, e a toma masiva de préstamos externos durante os dous gobernos sucesivos deCarlos Menem, debido á política de dólar barato favorecida polalei de convertibilidade. A relación entre o PBI e a débeda externa chegou ao seu punto crítico en xaneiro de 2002 cando representou o 190% do PBI. Dende entón unha combinación de redución da débeda, moderación na toma de novos créditos e aumento do PBI, reduciron a débeda a pouco menos da metade do PBI, que de todos os xeitos, é elevada.

Apresión tributaria achábase ao finalizar 2007 no 25%. É un valor baixo comparado co Brasil (37%) e Europa (38%), mais no período 1997-2002, o valor da porcentaxe rexistrábase como o 16,7%. A estrutura impositiva descansa principalmente noImposto de Valor Engadido (IVE), que aporta o 31% do total, aínda que a súa importancia relativa reducíase fronte á media do período 1997-02, que foi do 39%, debido a un aumento doImposto da renda, que pasou dun 19% ao 21% do total, e sobre todo das retencións ás exportación, que pasou de supoñer do 1% ao 10%.

Segundo oINDEC, ainflación alcanzada no2007 foi do 8,5%, a cal continuaba cunha tendencia descendente. Mais, a veracidade das medicións do INDEC está actualmente sendo cuestionada por manipulación de datos. Outros analistas económicos estiman unha inflación de entre o 16% e o 18% no 2007.[19]

Os últimos indicadores de nivel nacional mostraron que a taxa depobreza no semestre de outubro de2007 a marzo de2008 representou o 20,6% da poboación e a deindixencia o 5,9%.[20] Odesemprego no cuarto trimestre do2007 encontrábase nun 7,5%, excluíndo os beneficiarios de plans sociais de emprego como “empregados”, que farían unha cifra do 7,8%-8,1% . Osubemprego, en tanto, situouse nun 6,0%.

A Arxentina forma parte do bloque rexional coñecido comoMercosur, integrado pola Arxentina, oBrasil,Paraguai e oUruguai, e taménVenezuela, en proceso de volverse membro pleno do bloque. Como consecuencia do Mercosur, as relacións comerciais entre a Arxentina e o Brasil aumentaron até volverse de primeira importancia para ambos os países. En maio do 2002 comezou un proceso de desequilibro nabalanza comercial entre ambos países, fortemente deficitario para a Arxentina, que foi motivo de preocupación para empresarios e funcionarios dese país.[21] No2006 os gobernos da Arxentina e o Brasil asinaron unha serie de acordos bilaterais, entre os que se encontra a cláusula de adaptación competitiva e os acordos referidos aos intercambios comerciais do sector dos automóbiles. O propósito de ambos acordos é reducir as asimetrías presentes no bloque.[22]

A moeda oficial da Arxentina dende1992 é opeso ($).

Demografía

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Inmigración na Arxentina.

A poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantesgalegos eitalianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas deEspaña,xudeus,alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins doséculo XIX e inicios doXX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades.

Os mesmos conservan as súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, nordeste e sur. O censo realizado en2001 incluía unha pregunta relativa á pertenza a pobos indíxenas co propósito de realizar posteriormente unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena.

Malia ser ocastelán o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos.

A relixión oficial na Arxentina é acatólica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidadesxudía,islámica eprotestante.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Música

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Música da Arxentina.
Un espectáculo de tango en Buenos Aires.

Otango é unestilo musical e unbaile nacido nos arrabaldes porteños con difusión internacional, ligado fortemente coa Arxentina e coUruguai, pero sobre todo conBuenos Aires. Neste xénero musical destacaronCarlos Gardel, considerado como oRei do Tango, e o marplatenseAstor Piazzolla.

Literatura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Literatura da Arxentina.

A literatura arxentina ocupa un lugar destacado dentro daliteratura castelá, con expoñentes de final doséculo XIX comoJosé Hernández (autor deMartín Fierro, traducido a máis de 70 idiomas), ou doséculo XX, comoJorge Luis Borges,Julio Cortázar eJuan Gelman, tres dos autores máis destacados da literatura en español.

Cine

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cine da Arxentina.

O cinema arxentino é, historicamente, un dos máis importantes de América Latina.[23] As primeiras longametraxes animadas, mudas e sonoras, foron realizadas porQuirino Cristiani. En1986, a películaLa historia oficial, dirixida porLuis Puenzo, conseguiu unpremio Óscar para omellor filme estranxeiro.

Festas
DataNome en galegoNome localNotas
1 de xaneiroAninovoAño Nuevo
marzo-abrilVenres SantoViernes Santo
2 de abrilDía do Veterano de Guerra e dos Caídos na Guerra das MalvinasDía del Veterano de Guerra y de los Caídos en la Guerra de las Malvinas
8 de abrilEpifaníaEpifanía
1 de maioDía do TraballadorDía del Trabajador
25 de maioPrimeiro Goberno NacionalPrimer Gobierno Nacional
20 de xuñoDía da Bandeira - Morte do xeneralManuel BelgranoDía de la Bandera - Muerte del generalManuel Belgrano
9 de xulloDía da IndependenciaDía de la Independencia
17 de agostoMorte do xeneralJosé de San MartínMuerte del general José de San Martín
12 de outubroDía da RazaDía de la Raza
8 de decembroInmaculada Concepción de MaríaInmaculada Concepción de María
25 de decembroNadalNavidad

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Argentina - Acerca del Gobierno"(en español). Arquivado dendeo orixinal o 31 de maio de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  2. United Nations Development Programme, ed. (2007)."Human Development Report"(PDF)(en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2009. 
  3. Banco Mundial, ed. (01/07/2008)."Gross domestic product 2007"(pdf)(en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2009. 
  4. International GDP rankingArquivado 27 de febreiro de 2009 enWayback Machine.(eninglés)
  5. Argentina Country Fact SheetArquivado 15 de xullo de 2010 enWayback Machine. Nacións Unidas.
  6. Country Classifications by the World Bank
  7. "Emerging Markets - Argentina". Arquivado dendeo orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  8. "The Global Emerging Markets Database". Arquivado dendeo orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2010. 
  9. "Martin del Barco Centenera"(en inglés). New Advent. Consultado o 27 de xuño de 2008. 
  10. Traba, Juan.Origen de la palabra «argentina». Rosario: Escola de Artes Gráficas do Colexio San Xosé, 1985.
  11. Declaracións, dereitos e garantías (segundo a Constitución).
  12. Rosenblat, Ángel (1964).El nombre de la Argentina. Buenos Aires: Eudeba Editorial Universitaria de Buenos Aires. 
  13. 13,013,113,2CIA, ed. (19/06/2008)."Argentina".The World Factbook(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 12/06/2007. Consultado o2008-06-22. 
  14. 14,014,1FMI.(eninglés)
  15. Instituto Nacional de Estadística y Censos (ed.)."Estimacións trimestrais do balance de pagos e de activos e pasivos externos da República Arxentina"(pdf).Sector externo/Balanza de pagos(en español). Consultado o2008-07-26. [Ligazón morta]
  16. Ministerio de Economía e Produción, ed. (2008)."Información económica".Información económica(en español). Arquivado dendeo orixinal(xls) o 25 de maio de 2015. Consultado o2008-06-22. 
  17. SENASA, ed. (2008)."Estadísticas"(en español). Arquivado dendeo orixinal(xls) o 12 de xullo de 2008. Consultado o2008-06-22. 
  18. Sentenza do xuíz Jorge Ballesteros no xuízo "Olmos, Alejandro c/ Martinez de Hoz y otros s/ Defraudación", do13 de xuño de2000
  19. Diario Clarín, ed. (08-01-2008)."INDEC: a inflación de 2007 foi do 8,5%, a menor en catro anos"(en español). Arquivado dendeo orixinal o 07-02-2009. Consultado o2008-08-07. 
  20. Instituto Nacional de Estadística y Censos (ed.)."Incidencia da pobreza e indixencia no total de aglomerados urbanos e por rexión estadística. Primer semestre 2005"(encastelán). Arquivado dendeo orixinal(xls) o 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  21. "Crece el déficit comercial con Brasil" esArquivado 13 de febreiro de 2007 enWayback Machine.,Clarín, 8 de maio de 2006(encastelán);"Gestiones para equilibrar la balanza comercial entre la Argentina y Brasil"Arquivado 16 de outubro de 2019 enWayback Machine.,La Nación, 26 de marzo de 2008.(encastelán)
  22. Graciela Baquero (3/2/2006). Mercosur ABC, ed."El Acuerdo entre Argentina y Brasil"(en español). Arquivado dendeo orixinal o 27/09/2007. Consultado o 22/6/2008. 
  23. Roman, José (2002)Panorama histórico do cine latinoamericanoArquivado 25 de xuño de 2007 enWayback Machine., Universidade de Chile.(encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  ArxentinaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Alonso, María, Roberto Elisalde y Enrique Vázquez (1994). editor Aique, ed.Historia Argentina y el Mundo Contemporáneo. Buenos Aires.ISBN 950-701-203-6. 
  • Gerchunoff, Pablo, y Lucas Llach (1998). Ariel, ed.El ciclo de la ilusión y el desencanto: un siglo de políticas económicas argentinas. Buenos Aires.ISBN 950-9122-57-2. 
  • Automóvil Club Argentino, ed. (2008-2009).Guía Turística Argentina.Buenos Aires. ISBN 7-7980-5273052-7. 
  • LOPRESTI, Roberto P. (1998). Buenos Aires: Unilat, ed.Constitución Argentina Comentada.ISBN 987-96049-3-8. 

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Enteiros
En parte
Dependencias
Estados soberanos
Territorios dependentes
Dinamarca
Estados Unidos
Francia
Países Baixos
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arxentina&oldid=6920944»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp