Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Arthur Rimbaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde agosto de 2019.)
Modelo:BiografíaArthur Rimbaud

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Jean Nicolas Arthur RimbaudEditar o valor en Wikidata
20 de outubro de 1854Editar o valor en Wikidata
Charleville, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1891Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Marsella, FranciaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro óseoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBoutet Cemetery(en)Traducir(1891–)49°46′34″N4°42′32″L / 49.776162,4.708892
grave of the Rimbaud family(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSimbolismo literário(pt)Traducir eDecadentismoEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónmilitar (1876–1876), poeta, escritor, viaxeiro polo mundo, arms trader(en)Traducir, explorador, libretistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1869Editar o valor en Wikidata - 1875Editar o valor en Wikidata
MovementoSimbolismoEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valorEditar o valor en Wikidata
ParellaPaul VerlaineEditar o valor en Wikidata
PaisFrédéric RimbaudEditar o valor en Wikidata  e Vitalie RimbaudEditar o valor en Wikidata
IrmánsIsabelle Rimbaud
Vitalie RimbaudEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рембо Артюр)
Biblioteca dixital BEIC
Encyclopædia BritannicaEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0727240Allocine: 36468
BNE: XX940856iTunes: 27813273Musicbrainz: 1f1b51eb-ebc8-49d9-b52c-d7d6e1ab53c6Discogs: 233897IMSLP: Category:Rimbaud,_ArthurWikiTree: Rimbaud-1Find a Grave: 8086Editar o valor en Wikidata

Jean Nicolas Arthur Rimbaud, nado enCharleville o20 de outubro de1854 e finado enMarsella o10 de novembro de1891, foi un poetafrancés.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Rimbaud naceu no número 12 da Rúa Napoleón enCharleville, convertida na "Rúa Thiers", antes de ser a actual "Rúa Bérégovoy". O seu pai, Frédéric Rimbaud, capitán do exército, en gornición a Mézières, participou na campaña deAlxeria, onde gañou a lexión de honor. Este coñece en Charleville a Vitalie Cuif, unha moza labrega de Roche, unha pequena localidade preto de Attigny. Terá con ela 5 fillos (Frédéric, Arthur, Victorine, Vitalie e Isabelle), antes de abandonar a súa familia. Ao irse o seu marido, Vitalie instálase cos seus fillos nuns tugurios da rúa de Bourbon, unha das máis miserábeis de Charleville. Arthur ten 7 anos.A súa nai é de carácter estrito. Está preocupada pola educación e o creto da familia: de feito, prohíbelles aos seus nenos xogar na rúa cos fillos dos obreiros. Nos domingos, víase pasar a familia Rimbaud cara á igrexa coa nai fechando a marcha. Nese lar máis ou menos reconstituído, Vitalie mira polos seus nenos coa mesma violencia e naturalidade coa que despois se rebela Arthur. Con todo, Rimbaud sempre quererá a súa nai, pero sobre todo a súa irmá máis nova, Isabelle.

Arthur segue os seus estudos na institución Rossat, despois no instituto, onde obtén uns resultados académicos excepcionais e mostra unha extraordinaria precocidade: recibe todos os premios de excelencia, enliteratura, así como en tradución directa e inversa. Redacta enlatín con virtuosidade variospoemas,elexías, diálogos... pero a alma fervíalle por dentro.

O camiño cara á poesía

[editar |editar a fonte]

En1870, coñece aGeorges Izambard, un novo profesor substituto en clase de Retórica. Izambard converterase para Arthur nun pai "substituto", unha clase de defensa contra a súa nai, que el mesmo chama "nai praga" ou "nai r". Sobre todo, Izambard serviralle de guía nos camiños da poesía, xa que o novo Arthur logo se consideroupoeta.

Nesta época, Rimbaud compón os seus primeiros versos:Les Étrennes des Orphelins,Soleil et Chair eOphélie. A orientación poética é entón claramente a doParnaso. A revista colectiva,Le Parnasse contemporain, iniciou a Arthur Rimbaud na poesía do seu tempo. Nunha carta do 24 de maio de 1870, enviada ao representante deste movemento,Théodore de Banville, Arthur, entón de 16 anos, afirma querer converterse en parnasiano. No seu correo axuntoulle varios poemas co fin de obter o seu apoio perante o editor Alphonse Lemerre.

O seu poemaÀ la musique, escrito no outono 1870, mostra ben o seu malestar vital en Charleville.

Moi afectado pola traxedia daComuna, a mozo Rimbaud quere ir aParís. O mesmo día no queNapoleón III e o seu exército imperial entran en Rethel, Arthur escapa a París, onde se quere converter enxornalista. Esta aventura acaba en prisión e, de volta a Charleville, a súa nai dálle unha memorábel labazada no medio do peirao da Madeleine, xunto ao actual Museo Rimbaud. Pero este é só o principio dunha longa serie de fuxidas, xa que Arthur expresa unha necesidade enfermiza de viaxar para a un mundo alén dos océanos e as montañas, sempre máis e máis lonxe.

Durante a súa estadía en París, Arthur aloxouse na casa de Théodore de Banville entre febreiro e marzo de1871. Pero a partir do mes de maio, Arthur expresou as súas diferenzas nas cartas chamadas "do vidente". En agosto de 1871, no seu poema paródico,Ce qu'on dit au poète à propos de fleurs, expresa unha crítica aberta á poética de Banville.

Nun poema violento,L'orgie parisienne ouParis se repeuple, denuncia a covardía dos vencedores. Coa derrota deFrancia antePrusia en 1871, a súa poesía radicalízase aínda máis tornándose cada vez máis sarcástica:Venus Anadyomène, por exemplo. O seu estilo transfórmase progresivamente e Rimbaud acaba aborrecendo a poesía dosparnasianos, e na famosa carta a Paul Demeny ouCarta do Vidente, afirma o seu rexeitamento da "poesía subxectiva". É tamén nesta carta na que expón a súa propia procura poética: quere facerse "vidente", mediante un "prolongado, inmenso e razoado desaxuste de todos os sentidos".

A vida bohemia

[editar |editar a fonte]
O recuncho da mesa, deHenri Fantin-Latour (1872,Museo de Orsay).Verlaine está sentado abaixo á esquerda eRimbaud á súa esquerda.

Rimbaud, alumno superdotado, négase a volver ao instituto. Foxe e bebeasente a miúdo. Mantén correspondencia de agosto a setembro de 1871 conPaul Verlaine, a quen lle envía algúns poemas. Finalmente, Verlaine chámao a París. Rimbaud chega cun poema como carta de presentación,Le Bateau ivre , que recita perante os amigos de Verlaine. Rimbaud e Verlaine tórnanse amantes, non sen choques coa muller deste último. Comeza entón para eles unha vida de escándalos e vagabundeo, marcada por tardes tumultuosas e alcoholizadas noCercle des poètes Zutiques. Rimbaud só ten 17 anos.

Esta unión tormentosa chega ao seu fin: en1873, os dous amantes están enLondres. Verlaine deixa precipitadamente a Rimbaud afirmando querer volver coa súa muller, decidido a suicidarse se esta non o acepta. Reside nun hotel enBruxelas. Rimbaud reúnese alí con el, convencido de que Verlaine non terá o valor suficiente de matarse. Cando Rimbaud quere deixalo, Verlaine, bébedo, dispara en dúas ocasións contra o seu amante, feríndoo lixeiramente no pulso. Verlaine é encarcerado enMons e Rimbaud marcha para a granxa familiar de Roche (Ardenas), onde escribeUne saison en enfer (Unha temporada no inferno).

Une saison en enfer é unha biografía alucinada. A escrita caótica vese interferida sen cesar por unha multiplicidade de voces interiores. Vese o seu sufrimento, a súa experiencia íntima: Rimbaud comprende non podía "roubar o lume" só para el. Unha "ardente paciencia" é indispensábel para que a derrota non sexa definitiva. Pero querer esquecer "o Inferno", é traizoar a humanidade. A atroz soidade da cidade, o cansazo pesa sobre o novo poeta.

Lanzando berros de odio cara áIgrexa e cara a unha sociedade do século XIX século que encerra ao individuo, Rimbaud confésalle ao lector os seus fracasos: en primeiro lugar, o fracaso amoroso na súa relación con Verlaine. Para Rimbaud, o amor debe ser reinventado. Fracaso tamén da súa proposta de "Vidente", o seu proceso autodestrutivo para encontrar o verdadeiro sentido dapoesía.

Por iso deixa de escribir, aos 21 anos, porque fixera todo o que estaba na súa man, no "deserto e a noite" que o rodea. Rimbaud decátase de que, por si propia, a poesía non pode mudar a vida das persoas.

A aventura africana

[editar |editar a fonte]
Rimbaud enHarar (1883?).

Despois dunha breve relación co poetaGermain Nouveau, con quen viviu en Londres en1874, o novo poeta abandona, aos 24 anos, o mundo da literatura coa intención de vivir a aventura en países exóticos deÁfrica e oOriente Próximo, pero que son soamente o escenario dunha longa deriva persoal, e nos cales termina por perderse.

EnAdén, traballa como obreiro. O 7 de agosto de1880, instálase como capataz da compañía cafeteira Bardey. Naquela época, o porto deMoca coñece un comercio florecente grazas ao café.

Tumba de Rimbaud en Charleville.

En decembro de 1880 chega aHarar, enAbisinia. A lenda di que Rimbaud foi un dos primeiros occidentais que puxeron os pés nesta cidade santa doislam. Faise xerente dun posto comercial no que se adquiría marfil, café, peles e ouro, que trocaba por tecidos deLión e outros produtos europeos. Tamén participou no comercio de armas, dado que aquela rexión coñeceu numerosos conflitos na época. Porén, a lenda que sinala a Rimbaud como traficante de escravos carece de fundamento: só é certo que en 1889 lle pide a un amigo un par de escravos "para o seu servizo persoal" (que, por certo, nunca chega a recibir).

Con todo, en Harar como en calquera outra parte, Rimbaud sempre aborrece e nunha das súas cartas á súa familia, di: "Aborrezo moito, sempre; non coñecín nunca a ninguén que aborrecese tanto coma min".

En1891 é repatriado para tratar untumor no xeonllo que lle custou unha perna. O 24 de xullo de 1891, chega á estación de Voncq, a 3 quilómetros de Roche, coa súa muleta e a súa nova perna de madeira. Pero agangrena non se puido frear e reaparece un mes máis tarde. Decide ir aMarsella en tren para "facer unha boa morte". Alí morre o 10 de novembro de 1891, á idade de 37 anos, entre terríbeis dores, velado pola súa irmá máis nova, Isabelle.

Museo de Rimbaud en Charleville.

Obras

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
AGalicitas posúe citas sobre:  Arthur Rimbaud
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Arthur Rimbaud

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arthur_Rimbaud&oldid=6825994»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp