Aarte prehistórica é un fenómenoartístico de alcance xeográfico global e unha amplitude temporal suficiente como para afectar as épocas máis diversas. Abrangue as formas artísticas desenvolvidas durante a etapa daPrehistoria chamadaPaleolítico. O concepto é moito máis amplo cófenómeno rupestrecuaternario, principalmente circunscrito áEuropa occidental, e comprende amais as manifestacións da chamadaarte paleolítica.[1]
Esta arte ten en Occidente os seus comezos aproximadamente sobre o ano 25.000 a.C., a principios doPaleolítico Superior, aínda que hai mostras de manifestacións artísticas anteriores propias da etapa Musteriana doPaleolítico Medio.
Acadou os seus momentos de maior importancia durante o períodoMagdaleniano, cara a uns 15.000 a.C. Tendo grande importancia as manifestacións artísticas de tipo figurativo: pintura e escultura.
Aínda que cronoloxicamente,Europa debería ocupar o primeiro posto, e malia que moitas das expresións artísticas prehistóricas son relativamente cedas nalgunhas zonas do globo, onde sobreviviron pobos primitivos, a exposición realizarase seguindo a orde alfabética. Aínda que iso derive nun problema adicional:é lícito comparar manifestacións tan afastadas no espazo e no tempo? Neste sentido, a confrontación de equivalencias culturais, obviando os particularismos empíricos, permite obter xeneralizacións.
En base a iso, pódese apreciar que, nasartes plásticas e visuais dos pobos primitivos, o realismo é algo excepcional, fronte ao simbolismo, aabstracción, aestilización e oesquematismo, que parecen un constante mundial.
Outra posible xeneralización é que case toda a arte rupestreholocena desenvólvese no exterior, como máximo, en zonas rochosos,canóns e covas pouco profundas.
En terceiro lugar, omegalitismo e a construción detúmulos, en relación aoculto aos mortos, ou a necesidade de desenvolver unhaarquitectura defensiva, a miúdo conconstrucións ciclópeas (cuxa motivación, excede, con moito, ás necesidades militares), tamén son constantes da arte prehistórica mundial.
Por último, está o feito de que, malia o innegablesignificado relixioso daarte prehistórica, esta non só se vencella aomundo funerario oumitolóxico, senón que os temas abranguen todos os eidos da vida social dos humanos (caza, guerra, traballos, cerimonias, xerarquías, sexo, familia, lecer...) e, sobre todo, a medida que as sociedades humanas evolucionan, a glorificación do poder e dos poderosos.