Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Arsenii Tarkovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arseni Tarkovski»)
Modelo:BiografíaArsenii Tarkovskii

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1907(Xuliano)Editar o valor en Wikidata
Kirovohrad, UcraínaEditar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1989Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Moscova, RusiaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenzaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de PeredelkinoEditar o valor en Wikidata
ResidenciaMoscovaEditar o valor en Wikidata
EducaciónTop State Courses in Literature(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, lingüista, tradutor, escritorEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesíaEditar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioТарас ПодковаEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTatyana A. Ozerskaya(1951–)
Maria Tarkowska(1928–1940)Editar o valor en Wikidata
FillosAndrei Tarkovskii
 ()Maria Tarkowska
Marina Tarkovskaja
 ()Maria TarkowskaEditar o valor en Wikidata
PaiOleksandr TarkovksyEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тарковский Арсений Александрович)
Obálky knih,
Russian literature of the 20th century. Volume 3, 2005(en)Traducir, (p.472-474) >>>:ТАРКОВСКИЙ Арсений Александрович,Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1065925Musicbrainz: a5a1f00b-04c7-4282-abc4-2ecbc1012d1aDiscogs: 819227Find a Grave: 23980967Editar o valor en Wikidata

Arsenii Aleksandrovich Tarkovskii (en {{lang-ru|Арсений Александрович Тарковский]]) (25 de xuño,1907 -27 de maio,1989) foi un destacado poetaruso. Os seus poemas aparecen nos filmesO Espello (1975) eStalker (1978) dirixidos ambos polo seu filloAndrei Tarkovskii, destacado director ruso.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Tarkovskii naceu enElisavetgrad nunha familia denarodniks no24 de xuño de1907. Foi seu pai Aleksander quen inculcou o amor de Arsenii pola poesía, cando con só sete anos o levaba ás tertulias dos simbolistas Sologub, Balmont e Severianin. No1924 trasladáronse aMoscova, e desde o1924 ao1925, escribiu para un diario de traballadores doferrocarril chamado "Gudok."

Tarkovskii manexou unha sección que debía ter un editorial escrita en verso, iso era supostamente máis doado para os lectores que as ordinarias editoriais en prosa. Cada día, Tarkovskii debía escribir el esas editoriais ou encontrar alguén que o fixera. Convén dicir que a poesía deses editoriais non era usualmente de boa calidade.

Do1925 ao1929 estudou nunha Universidade do Estado para ser escritor. Ao mesmo tempo traducía poesía doturco,xeorxiano,armenio e doárabe.

Durante asegunda guerra mundial traballou no periódico da ArmadaBoevaia Trevoga (Alarma de Guerra).

Foi amigo deMarina Tsvetaeva, unha eminente poetisa rusa coetánea, e refírense a el nalgunha ocasión como o "último amor de Marina Tsvetaeva". Tras o suicidio dela en 1941, dedicoulle un ciclo de poemas.Foi correspondente de guerra nasegunda guerra mundial, na que sufriu a amputación dunha perna.

Aínda que compuxo poesía durante toda a súa vida, non publicou nada ata chegar aos cincuenta. A partir desa idade publicou nove libros:

  • Перед снегом -Antes da neve (1962);
  • Земле земное -A Terra para o terrestre (1966);
  • Вестник -Mensaxeiro (1969);
  • Стихотворения -Versos (1974);
  • Зимний день -Día de inverno (1980);
  • Избранное -Traballos escollidos (1982);
  • Стихи разных лет -Versos de diferentes anos (1983) - unha compilación dos seus últimos versos;
  • От юности до старости -Da xuventude á vellez (1987)
  • Благословенный Свет -A Luz Bendita (1993 -póstumo).

Viviu sobre todo en Moscova e enPeredelkino e morreu o27 de maio do1989 en Moscova. No1989 foi galardoado coPremio Estatal da URSS.

Poesía

[editar |editar a fonte]

Os poemas mais famosos son quizais:

  • Жизнь, Жизнь (Vida,Vida)
  • Первые Свидания (Primeiros encontros)

Estes dous son considerados por algúns críticos como parte das mellores poesías escritas en ruso no século XX.

Tamén son moi coñecidos:

  • С утра я тебя дожидался вчера...
  • "25 ИЮНЯ 1935
  • Отнятая у меня, ночами...
  • Если б, как прежде, я был горделив...

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arsenii_Tarkovskii&oldid=6227425»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp