
Oarroz moreno,[1] chamado taménarroz integral, éarroz debrullado, ao que só se lle tirou a casca exterior ougluma, non comestíbel. Conserva oxerme íntegro coa tona defarelo que o envolve, o que lle dá unha cor morena clara.
Ten máis valor nutritivo ca oarroz branco por mor de que o farelo contén moitos elementos comofibra,vitaminas B1 (tiamina),vitaminas B2(riboflavina),B3 (niacinamida),vitamina D,ferro,magnesio,calcio epotasio que se perden coa moedura á que é sometido o arroz branco. O arroz moreno tamén conserva o xerme que aportaproteínas eácidos graxos, así como a súa camada dealeuronas que contén elementos que eliminan aanxiotensina que inflúe no deselvolvemento daarteriosclerose e mailahipertensión.[2]
NosEstados Unidos, a lexislación federal garante que os niveis de vitaminas B1, B2, B3 e D, e os niveis deácido fólico, calcio e ferro contidos no arroz non estean por baixo de certo limiar; en caso contrario o arroz ten de ser enriquecido.[3]
O arroz integral cómpre máis tempo de cocedura, é máis duro ca o arroz branco ao mastigar, e vólvese axiñarancio. En condicións normais o arroz moreno consérvase meses, mais para alongar o seu tempo de vida e evitar a proliferación datraza da fariña (Plodia interpunctella), recoméndanse períodos de conxelación ou envasalo ao baleiro.
En Asia, foi considerado tradicionalmente coma un alimento para pobres e tempos de penurias e guerras. Nos países occidentais, desde a segunda metade do século XX asóciaselle a miúdo coa alimentación saudábel. Maiormente é utilizado na preparación de pratosvexetarianos.