A moderna República de Armenia recoñece á Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa nacional máis antiga do mundo, como a principal relixión do país.[12][13] Osarmenios posúen ademais o seupropio alfabeto, inventado porMesrop Mashtots no ano405 d.C.
O nome nativo enlingua armenia para o país éHayk’. O nome evolucionou durante aIdade Media aHayastan, unha combinación das palabrasHayasa (Հայասա) ouHayk (Հայկ) cosufixopersa-stán que significalar ou lugar de. O nome foi tradicionalmente derivado deHayk (Հայկ), lendario patriarca dosarmenios e segundo a tradición o tataraneto deNoé. Hayk, supostamente, baixou domonte Ararat onde algúns cren que se pousou a Arca de Noé trala fin dodiluvio universal, e viaxou para axudar na construción datorre de Babel. Alí, derrotou aoRei babilonio Bel no ano2492 a.C., estabelecendo a súa nación na rexión deArarat, preto das montañas do lagoVan.
Outras fontes literarias como asgregas,[14]romanas,xudías,asirias,babilónicas,persas e outras, traducen e transliteran o nomeTogarma (enlingua acadia:Ti-garimmu) como pai de varias tribos seminómades que habitaron Armenia. Este nome componse de tres raíces:Bet (casa),To (tell e tur en lingua árabe equivalen a monte e en linguas irmás til, te, to, ta equivalen a outeiro, e figuradamente areino) eGarma (que significa os fillos de Gomer que viven nos montes) quedando traducido na Biblia comoBet Togarma. Relatos anteriores ao cristianismo suxiren que Nairi, que significa "a terra dos ríos", era o nome usado antigamente para chamar á rexión montañosa do país. O primeiro uso que se ten constancia deste nome é polos asirios arredor de 1200 a.C.
OexónimoArmenia atópase por vez primeira nun texto enpersa antigo coñecido como aInscrición de Behistún.[15] Neste texto do 515 a.C. o nome aparece comoArmina (). A vozArmenoi aparece engrego antigo nun texto do historiadorHeródoto:Ἀρμένιοι δὲ κατά περ Φρύγες ἐσεσάχατο, ἐόντες Φρυγῶν ἄποικοι. Nel relátase que osarmenios eran colonos da rexión deAsia Menor deFrixia. A etioloxía tradicional para o etónimo é de Armenak ou de Aram, o bisneto do bisneto de Hayk, e doutro líder que foi, segundo a tradición armenia, o antepasado de tódolos armenios. Tamén algúns historiadores antigos de Armenia, como Moisés de Khorene, din que os armenios eran urartos e que a palabra "Armenia" deriva dun rei urarto chamado "Aramu", teoría que algúns historiadores modernos descartan afirmando que non existe ningunha relación entre ambas civilizacións.
Segundo algúns historiadores,[16] a primeira mención da voz "Armina" faise nas escrituras cuneiformes da época do reiDarío I dePersia (séculos VI-V a.C.). Mais o nome dado aos armenios "Gai" (ouJai), provén do país Gaiasa ou Jaiasa, mencionado nas escrituras cerámicas hititas do século XII a. C. Algunhas décadas máis tarde,Xenofonte, un xeneral grego que guerreou contra os persas, describe moitos aspectos da vida do pobo armenio e a súa hospitalidade. Relata que a xente fala un idioma que soaba aos seus oídos como a lingua dos persas. Outro historiador, Arnold Toynbee, menciona que "Armenia" pode provir de "Erimena", pai do último rexente de Urartro, Russas III. Agrega ademais, que outra alternativa é que proveña de "Aruma-ni", que significa país dos arameos, pobo que arribou do norte das estepas árabes a finais doséculo XI ou comezos doX a.C. e conquistou Nairi.
O planalto armenio amosa pegadas de asentamentos da épocaneolítica. Recentes estudosarqueolóxicos afirman que na zona da actual cidade deAreni atopáronse os máis antigos zapatos de coiro, saias e instalacións vinícolas. Os arqueólogos falan da cultura Shulaveri-Shomu da rexión deTranscaucasia central como a primeira cultura coñecida na zona, datada aproximadamente entre o 6000 e o 4000 a.C.
Outra cultura primitiva, a comezos daIdade de Bronce, foi chamada a cultura Kura-Araxes, asignada ao período que vai dende 4000 a.C. ao 2200 a.C., e máis tarde desenvolvida na cultura Trialeti (2200 - 1500 a.C.). Entre os anos 1500 e 1200 a.C., existía na metade occidental do planalto armenio a cultura Hayasa-Azzi, con frecuentes enfrontamentos coImperio hitita. Entre o 1200 a.C. e o ano 800 a.C., a maior parte de Armenia foi unida baixo unha confederación de reinos, que as fontes asirias chamaron Nairi (doasirio: "terra dos ríos").
NaIdade de Ferro florece no Cáucaso e na parte oriental deAsia menor oReino de Urartu fundado por Aramu, que uniu tódolos principados do planalto armenio e outorgouse a si mesmo o título de "Rei de Reis", título tradicional dos reis urartios. Os urartios estableceron a súa soberanía sobre a totalidade de Taron e Vaspurakan. O principal rival de Urartu foi oImperio neo-asirio.
Durante o reinado de Sarduri I (834-828 a.C.) Urartu converteuse nun estado forte e organizado, impoñendo impostos ás tribos veciñas. Sarduri fundou ademais a cidade de Tushpa (a modernaVan) capital de Urartu. O seu fillo, Ishpuini, estendeu as fronteiras do estado polo que logo sería coñecida como a zona de Tigranocerta e Urmia. O rei Menua (810-785 a.C.) estendeu o territorio urartiano cara ao norte, cara aos campos de Araratian. Deixou máis de noventa inscricións utilizando aescritura cuneiformemesopotámica escritas na lingua urartiana. Outro rei, Argishti I conquistou Latakia aos hititas, e chegou atéBiblos eFenicia, construíndoErebuni (actualIereván) no ano782 a.C. usando aos prisioneiros de guerra. O Imperio asirio invadiu posteriormente Urartu, no ano612 a.C., e fíxose cargo da capital, Van, cara ao585 a.C. Este feito terminou de maneira efectiva coa soberanía de Urartu.
Despois da caída de Urartu, oSatrapado de Armenia foi gobernado pola dinastía Oróntida, que goberna o estado entre os anos585 e190 a.C.. Baixo esta dinastía, Armenia foi ás veces un reino independente, e outras unha satrapía doImperio Persa.Darío III foi unsátrapa armenio antes de converterse en emperador de Persia. Despois da destrución doImperio Seléucida, un estadogregohelenístico de curta duración sucesor do Imperio deAlexandre o Grande, foi fundado un estado armenio de corte helenístico en190 a.C. Os primeiros reis foron os artáxidas, dinastía fundada por Artaxias I. Ao mesmo tempo, creouse un reino divido e independente en Occidente, coñecido como Armenia Menor, mentres que o principal reino adquiriu o nome deGrande Armenia.
Os novos reis comezaron un programa de expansión que ía chegar ao seu apoxeo un século máis tarde. As súas conquistas son relatadas polo historiador gregoEstrabón: Zariadris conquistou Acilisene e todo o "territorio ao redor de Antitauros", referíndose probablemente ao distrito de Muzur ao oeste doÉufrates. Artaxias tomou terras dosmedos, dosiberos, e dossirios. Posteriormente, tivo enfrontamentos cos habitantes do Ponto, aSiria Seléucida e aCapadocia; e foi incluído no tratado que seguiu á vitoria dun grupo de reisanatolios sobre Farnaces no181 a.C., o cal perdeu tódolos seus territorios no oeste. Artaxias foi un monarca ambicioso con grande influencia na política internacional da época. No seu cénit, entre o95 e o66 a.C., a Grande Armenia estendeu o seu imperio sobre partes da rexión do Cáucaso e a zona que agora éTurquía oriental e central, ademais do noroeste deIrán,Palestina,Siria e oLíbano, formando o chamado Segundo Imperio armenio.
Por un tempo, Armenia foi un dos estados máis poderosos no Oriente romano, polo que o enfrontamento coaRepública Romana era inevitable, perdendo os armenios a guerra no 66 a.C., aínda que conservando a súa soberanía. O rei Tigranes o Grande seguiu gobernando Armenia como aliado de Roma, até a súa morte no55 a.C. De feito, a derrota do Rei do Ponto naTerceira Guerra Mitridática ante o romanoPompeio deu lugar a que o Reino de Armenia se convertese nun Estado cliente aliado de Roma. Máis tarde, no ano1 d.C., Armenia pasa a estar baixo completo control romano até o establecemento da dinastía arsácida. Durante a alianza con Roma, o pobo armenio adoptou ideas políticas, filosóficas e relixiosas occidentais. Segundo Estrabón, todo o mundo en Armenia fala "o mesmo idioma".
Durante os anos finais doImperio Otomán (1915-1923), unha gran proporción dosarmenios que vivían naAnatolia oriental (chamada polos armenios "Armenia Occidental") morreron no coñecido comoxenocidio armenio, un esforzo de deportación e erradicación foi levado a cabo polos otománs co patrocinio doestado turco. As estimacións do número de armenios que foron asasinados durante eses acontecementos varían entre 200.000 e 1 800 000. A morte desas persoas lémbrana os armenios en todo o mundo o24 de abril.
Armenia continúa envolvida nun longo conflito conAzerbaidján a propósito doNagorno-Karabakh, unenclave poboado por armenios que incluíuStalin no Azerbaidján soviético. Armenia e o Azerbaidján comezaron a loitar polo enclave en1988 e aguerra estalou despois de obteren os dous países a independencia daUnión Soviética en1991. En maio de1994, cando se acordou unalto o fogo, as forzas armenias controlaban non só oNagorno-Karabakh senón tamén un anaco do propio Azerbaidján. As economías de ambos os dous lados víronse afectadas pola súa incapacidade en facer calquera tipo de progreso substancial cara á resolución pacífica do conflito, e mais por bloqueos económicos mutuos.
A República de Armenia ten unha área de 2 9743 km². O terreo é principalmentemontañoso, con ríos de fortes correntes e poucos bosques. O seu punto máis elevado é omonte Aragats, que se atopa a 4 090m sobre o nivel do mar, e ningún terreo do país está por debaixo dos 390m.[17] A altura media do país atópase no posto 10 dos máis altos do mundo.
Monte Ararat
Omonte Ararat, que historicamente era parte de Armenia, é a montaña máis alta da rexión. No presente está en territorio de Turquía, aínda que é claramente visible dende Armenia, e está considerado polos armenios como un símbolo do seu país. Por mor disto, a montaña aparece noemblema nacional de Armenia no presente.[18][19][20]
O clima de Armenia écontinental de alta montaña. Os veráns son secos e soleados, durando dende xuño até mediados de setembro. As temperaturas flutúan entre os 22 e os 36 °C. Porén, o baixo nivel de humidade mingua o efecto das altas temperaturas. As brisas nocturnas que sopran das montañas achegan un efecto refrescante. As primaveras son curtas, mentres que os outonos son longos. Os outono son coñecidos pola súa follaxe vibrante e colorida.
Os invernos son bastante fríos con moita neve, e temperaturas entre os -10 e os -5 °C. Os afeccionados ós deportes de inverno desfrutan do esquí polos outeiros deTsakhkadzor, a trinta minutos de Iereván. Olago Sevan, situado entre as montañas armenias, é o segundo meirande lago a esa altura, a 1900m sobre o nivel do mar.
As emisións de dióxido de carbono per cápita en Armenia, Azerbaidján, Xeorxia, Rusia, Alemaña, Italia, USA en 2000–2012. World Bank data.
Armenia está clasificada no posto 63 entre 180 países noÍndice de Desempeño Ambiental (EPI) de 2018. O seu rango no subíndice Health Environmental (que se ponderou nun 40% en EPI) é de 109, mentres que o rango de Armenia no subíndice de Vitalidade do Ecosistema (ponderado nun 60% en EPI) é o 27 mellor de todo o mundo.[21] Isto suxire que as principais cuestións ambientais en Armenia son a saúde da poboación, mentres que a vitalidade do medio ambiente é de menor preocupación. Os sub-subíndices de Saúde Ambiental na calidade do aire á que se expón a poboación son particularmente insatisfactorios.
A xestión de residuos en Armenia está infradesenvolvida, xa que non hai eliminación de residuos nin reciclaxe nos 60 vertedoiros de Armenia. Unha planta de procesamento de residuos está prevista para a construción preto da cidade deHrazdan, que permitirá o peche de 10 vertedoiros.[22]
Malia a dispoñibilidade de abundantes fontes de enerxía renovables en Armenia (especialmentehidroeléctrica eeólica) e as peticións da Unión Europea para apagar acentral nuclear de Metsamor,[23] o goberno armenio está considerando a posibilidade de instalar novos pequenos reactores nucleares modulares. En 2018, a planta nuclear existente está prevista para a modernización para mellorar a súa seguridade e aumentar a produción de enerxía nun 10%.[24][25]
O obxectivo declarado polo goberno armenio é construír unhademocracia parlamentaria de estilo occidental como a base da súa forma de goberno. Ten sufraxio universal por riba da idade de dezaoito anos.
Observadores internacionais doConsello de Europa e doDepartamento de Estado dos Estados Unidos de América cuestionaron a imparcialidade parlamentaria de Armenia e as eleccións presidenciais e o referendo constitucional dende 1995, citando deficiencias nas votacións, falta de cooperación pola comisión electoral e un pobre mantemento das listas electorais e dos lugares de votación.Freedom House considerou a Armenia no seu informe de 2008 como un "Réxime Autoritario Semi-Consolidado" (xunto aMoldova,Kosovo,Kirguizistán e Rusia) e clasificouna no posto 20 de 29 nacións en transición, cunha puntuación democrática de 5,21 de 7 (7 representa o nivel máis baixo de progreso democrático).[29] Freedom House clasificou a Armenia como "parcialmente libre" no seu informe de 2007, aínda que non clasificou a Armenia como unha "democracia electoral", indicando a ausencia de eleccións relativamente libres e competitivas.[30] Porén, parece que se fixo un progreso salientable e asEleccións presidenciais de Armenia de 2008 foron aclamadas como democráticas polaOSCE e os observadores occidentais.[31]
↑Garsoïan, Nina G. (1997). Richard.G. Hovannisian, ed.Armenian People from Ancient to Modern Times: The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century (Palgrave Macmillan ed.). pp. Volume 1, p.81.ISBN0-312-10169-4."A conversión de Armenia ao cristianismo foi probablemente o paso máis crucial da súa historia. Armenia desligouse bruscamente do seu pasado iránico que durante séculos, cun carácter intrínseco, identificou claramente a poboación autóctona como a da súa contorna, case ao mesmo tempo se identificou Armenia como o primeiro estado que adoptou o cristianismo"
↑Grousset, René (1995).Histoire de l'Arménie. Payot. p. 122.ISBN2-228-88912-1.Os datos estimados varían dende o 284 ao 314.
↑(Garsoïan, Nina (1997). R.G. Hovannisian, ed.Armenian People from Ancient to Modern Times1.Palgrave Macmillan. p. 81.)
↑Nacións máis pequenas que reclamaron unha adopción oficial do cristianismo máis antiga foronOsroene, osSilures eSan Marino.
↑Grousset, René (1947).Histoire de l'Arménie (1984 ed.). Payot. p. 122.. As datas estimadas varían do 284 até 314. Garsoïan (op.cit. p. 82), segundo as investigacións de Ananian, é máis probable a última.
↑David, Frankel.The Ancient Kingdom of Urartu. British Museum Publications.
↑Otero, Edgardo (2003).El orígen de los nombres de los países del Mundo (y muchas de las islas que éstos poseen) (1º ed. ed.). De los cuatro vientos. p. 509.ISBN987-1027-68-0.
↑Marzes of the Republic of Armenia in Figures, 2002–2006, ed. (2007)."Geographic Characteristic of The Republic of Armenia"(PDF). National Statistical Service of the Republic of Armenia. Consultado o 22 de xullo de 2009.
↑Natasha May Azarian (2007).The Seeds of Memory: Narrative Renditions of the Armenian Genocide Across Generations. ProQuest. p. 96.ISBN978-0-549-53005-3. Consultado o 28 de abril de 2013.Mount Ararat is considered the 'heart' of historical Armenia as it is Armenian folklore which considers the majestic mountain to be the place where Noah's Arc landed. Armenian businesses, households, and schools almost ubiquitously have at ...
↑Rouben Paul Adalian (13 de maio de 2010).Historical Dictionary of Armenia. Scarecrow Press. p. 85.ISBN978-0-8108-7450-3. Consultado o 28 de abril de 2013.Although the mythology associated with the pagan worship of the mountain is now lost to popular belief, Mount Ararat has played a very ...
↑James Minahan (1998).Miniature empires: a historical dictionary of the newly independent states. Greenwood Publishing Group. pp. 2–3.ISBN978-0-313-30610-5. Consultado o 28 de abril de 2013.Mount Ararat, the legendary landing place of Noah's Ark, is located in what is now modern Turkey. Situated near the border, the peak is visible from nearly every area of Armenia. Historically, the mountain has been the Armenian people's most ...
↑Markarov, Alexander (15 de maio de 2016).Elgie, Robert;Moestrup, Sophia, eds.Semi-presidentialism in Armenia(PDF). Londres:Palgrave Macmillan UK. pp. 61–90.ISBN978-1-137-38780-6.LCCN2016939393.OCLC6039792321.doi:10.1057/978-1-137-38781-3_3. Consultado o 8 de outubro de 2017.Markarov discusses the formation and development of the semi-presidential system in Armenia since its foundation in 1991. The author identifies and compares the formal powers of the president, prime minister, and parliament under the 1995 Constitution as well as the amendments introduced through the Constitutional referendum in 2005. Markarov argues that the highly presidentialized semi-presidential system that was introduced in the early 1990s gradually evolved into a Constitutionally more balanced structure. However, in practice, the president has remained dominant and backed by a presidential majority; the president has thus been able to set the policy agenda and implement his preferred policy.