AMariña de Chile, ou taménArmada de Chile (encastelán:Armada de Chile) é unha das institucións e ramas que compoñen asForzas Armadas do país. Foi fundada no1818 e a súa principal misión é a de participar da seguridade externa e da defensa militar deChile, realizando accións nos tempos de paz e de guerra.
En tempos de paz, entre outras actividades, contribúe ao desenvolvemento do poder marítimo do país para o cal ofrece unha navegación segura, monitorea o territorio marítimo nacional e apoia a comunicación por mar coas áreas remotas.
En tempos de guerra, debe desenvolver operacións para que Chile poida facer uso libre do mar como un medio de comunicación e debe rexeitar tal uso para o inimigo. Debe apoiar o esforzo de guerra das outras ramas das forzas armadas, co seu efectivo de 25.000 militares, ademais dos seus 3.000 soldados da infantaría naval.