Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Armada (mariña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2013.)
407 Sidi Mohammed Ben Abdallah (ex-Bristol County, LST 1198) e322 Raïs Al Mounastiri daMariña Real Marroquí, no porto deCasablanca.

Aarmada[1] é o conxunto de forzasnavais dunpaís. Ten como función a defensa nacional pormar,ríos oulagos, para o que conta cunha serie debarcos de guerra, comoportaavións,cruceiros,destrutores,fragatas e outrasembarcacións. Polo xeral, tamén contan cunhaaviación naval e unhainfantaría de mariña. Emprégase o termomariña de guerra[2][3] para se referir ao conxunto de navíos dunha armada.

Tipos de Armadas

[editar |editar a fonte]
  • Mariña oceánica: é aquela capaz de actuar lonxe das súas augas, en calquera localización e en calquera momento. Contan con portaavións, buques de asalto esubmarinos nucleares. Nesta categoría inclúense as mariñas de guerra dosEstados Unidos,Reino Unido,Francia eRusia.
  • Mariña de mar aberto: diferénciase da anterior en que, aínda sendo capaz de actuar lonxe das súas augas territoriais, non pode manter as operacións durante un tempo prolongado, debido á inexistencia de bases navais no estranxeiro e a unha frota de apoio insuficiente. Son armadas deste tipo as deEspaña,Italia, oXapón, aIndia e oBrasil. Tamén se poden incluír as mariñas daChina,Australia,Corea do Sur ou osPaíses Baixos.[Cómpre referencia]
  • Mariña costeira: é aquela que só pode operar nas súas augas territoriais, próximas á costa, ou en augas fluviais. Carecen de portaavións e buques de asalto e ás veces, de grandes barcos de escolta (destrutores ou fragatas). A maior parte das mariñas de guerra do mundo, agás as xa referidas, son deste tipo.[Cómpre referencia]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraarmada.
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paramariña.
  3. Así e todo, existe algunha tradición en asimilar a mariña de guerra coa armada; criterio seguido por algúns dicionarios, tal como é o caso doDIGALEGO
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  ArmadaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Armada_(mariña)&oldid=6828736»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp