Ario[1] foi unpresbíteroalexandrino, configurador doarianismo, morto no336, o día anterior ao fixado poloemperadorConstantino para que se reconciliase coaIgrexa, asunto tratado noPrimeiro Concilio de Nicea no ano325.
Discípulo deLuciano de Antioquía, enfrontouse ao seubispo proclamando queDeus (o Pai) creara do nada aoLogos (o seu Fillo); que «houbo un tempo en que o Fillo non existía», e que xa que logo o Fillo era unha creación de Deus e non era Deus mesmo. Este era divino (un deus) pero que esta divindade non era da magnitude que a do Pai, polo tanto non se podía chamalo Deus Verdadeiro.
A súa doutrina coñécese comoarianismo, aínda que xa existía antes de Ario; por exemplo, nas obras dePaulo de Samosata (bispo deAntioquía). EnTertuliano atópase a crenza análoga á de Ario de que o Fillo de Deus non existía antes de ser procreado. EnXustino Mártir atópanse sentenzas subordinacionistas similares ás de Ario, do mesmo xeito que enOríxenes.
A defensa do arianismo foi asumida por diversos lídereseclesiásticos, entre os que se destacaEusebio de Nicomedia (Arcebispo deConstantinopla), quen chegou a serconfesor do emperadorConstantino I o Grande.
Con todo, o arianismo foi condenado comoherexía poloConcilio de Nicea no ano325. Neste sínodo de bispos reafirmouse a doutrina daconsubstancialidade (homoousios, a mesma substancia) do Pai e do Fillo, polo que Ario e os seus seguidores foron exiliados eexcomungados, aínda que outrosconcilios posteriores restauraron o arianismo como doutrina lexítima daIgrexa. A condena definitiva chegou noPrimeiro Concilio de Constantinopla (381).
Posteriormente o arianismo perviviu entre osgodos e outrospobos xermánicos. Ario era un predicador popular e dicíase que os seus sermóns eran cantados e repetidos pola xente do pobo. A súa obra principal foiTalía (Θαλια), hoxe desaparecida, do mesmo xeito que o resto dos seus libros, que foron queimados e proscritos, aínda que fragmentos dos seus textos perduraron nas obras dos seus detractores e grazas a eles o seu pensamento púidose reconstruír ata certo punto.
Ario morreu en estrañas circunstancias (posiblementeenvelenado) enxaneiro de 2014[Cómpre referencia] en336, na véspera do día en que ía ser readmitido na comuñón da Igrexa.