Ariana Afghan Airlines é a principal liña aérea deAfganistán e serve comoaeroliña de bandeira do país[1]. A súa base de operacións é oAeroporto Internacional de Cabul, desde onde opera os voos nacionais conHerat eKandahar e as conexións internacionais que enlazan Afganistán coaIndia,Emiratos Árabes Unidos,Kuwait,Rusia,Arabia Saudita eTurquía[2]. A aeroliña está nalista de aeroliñas que non poden operar na Unión Europea[3] desde outubro de 2006.
A aeroliña fundouna en1955 o estadounidense Peter Baldwin[4] por encarga do goberno afgán[5] con catroDouglas C-47, dous anos despois o goberno afgán quedou co 51% da compañía, pasando o 49% restante a mans daPan Am ao tempo que incorporaba dousDouglas DC-4[6].
A frota de Ariana Afghan Airlines estaba composta en marzo de 2012 por:[7][8][9]
Aparellos | En activo | Ordes | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Clase Business | Clase económica | Total | ||||
Airbus A310-300 | 1 | 0 | 22 | 187 | 209 | |
1 | 0 | 28 | 212 | 240 | ||
Boeing 727-200 | 3 | 0 | ||||
Boeing 727-200F | 1 | 0 | Mercadoría | |||
Boeing 737-400 | 2 | 0 |