Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V![]() |
Morte | c. 460(Gregoriano)![]() |
Relixión | Arianismo![]() |
Actividade | |
Ocupación | rei![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Huno![]() |
Conflito | Batalla de Nedao Batalla dos Campos Cataláunicos ![]() |
Outro | |
Título | King of the Gepids(en)![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie![]() |
![]() |
Ardarico foi un rei dosxépidos durante oséculo V, que se destacou pola súa sabedoría e lealdade aAtila.
SegundoXordanes, o historiador doséculo V, era un dos seguidores máis ferventes de Atila, ao que este "apreciaba por enriba de todos os demais xenerais".
No 451, no norte daGalia, nabatalla dos Campos Cataláunicos, Atila enfrontouse a unha coalición deromanos efederados mandada porFlavio Aecio que rematou coa derrota de Atila e Ardarico permaneceu fiel ao seu señor huno. Cando, máis tarde, Atila realizou outro intento de penetrar enItalia, as tropas de Ardarico conseguiron conquistarAquileia,Pavia eMilán. No entanto, a enfermidade afectou moito ao exército huno que tivo que se retirar áGran Chaira húngara, onde Atila morreu no 453.
Tralo enterramento de Atila, o seu fillo máis vello,Elac, fíxose co poder. Apoiado polo lugartenente de Atila, Onegesio, quixo tomar o control absoluto de tódolos territorios que conquistara Atila mais os seus irmáns,Dengizic eErnac, opuxéronse reclamando reinos propios.
No 454, Ardarico, cos seus xépidos, e aliados cosostrogodos, enfrontouse aos hunos nabatalla de Nedao, conseguindo unha vitoria decisiva na que morreu Elac.[1] Deste xeito, rematou a supremacía doshunos enEuropa.
Descoñecese cando morreu Ardarico e, probablemente, o rei xépido Mundonus, que gobernou a comezos do século VI fose o seu neto.[2]Segundo Schütte, Ardarico provén de xermánico Hardu-reiks e identificou ao histórico rei xépido coHeiðrekr das lendas xermánicas.[3]