Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Arborícola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estroza (Hyla molleri), unha pequena ra arborícola presente enGalicia.
Representación deSuminia getmanovi.

Arborícola, dos elementoslatinosarbori-, dearbor, -ǒris, "árbore", e-cŏla, da raíz decŏlere, "vivir" (tamén "cultivar") é un adxectivo utilizado enbioloxía para cualificar a unanimal que vive nasárbores.[1]

Ás veces emprégase comosinónimo, algo inapropiadamente, o adxectivoarbóreo, que non deixa de ser un 'sinónimo parcial', pero que se utiliza moito na bibliografía internacional.[2]

Todos osbosques contaron sempre con animais vivindo neles. Estes animais teñen adaptacións que lles permiten vivir e desprazarse nas árbores.[3]

Otetrápodo máis antigo que se coñece con adaptacións especializadas para rubir ás árbores foiSuminia, unsinápsido doPermiano superior, hai aproximadamente 260 millóns de anos.[4]

Características dos animais arborícolas

[editar |editar a fonte]
Osxibóns son os mamíferos arborícolas de maior tamaño.
Osga (Tarentola mauritanica).

Os animais que viven nunbiótopo arborícola presentan xeralmente varias características específicas, que dependen do grupo animal ao que pertencen.

Mamíferos (principalmente os primates)

[editar |editar a fonte]
  • membros anteriores longos, e flexibilidade daarticulación dacintura escapular,
  • membros posteriores máis curtos, e flexibilidade da articulación dacintura pelviana,
  • polgares opoñíbeis en mans e pés,
  • ángulo importante entre o dedo opoñíbel e as outrasfalanxes, de grande importancia para a prensión,
  • falanxes longas.

Ademais, as especies arborícolas teñen comportamentos especializados para moverse nos seushábitats, principalmente en canto á postura e a marcha.

Especificamente, os mamíferos arborícolas dan pasos máis longos, estenden as súas extremidades máis, os pasos cara a atrás son máis curtos, adoptan unha postura máis 'agachada' para baixar o centro da súa masa corporal e utilizan pasos en secuencias diagonais.

Braquiación

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Braquiación.

Abraquiación é unha forma especializada de locomoción arbórea, utilizada polosprimates que se moven moi rapidamente mentres que colgan baixo as ramas. Podería dicirse que este tipo de locomoción implica bambearse cos brazos dunha agarradoira a outra. Só unhas poucas especies de primates son braquiadoras; é un importante medio de locomoción para osmonos araña e osxibóns e, ás veces, tamén é utilizado polas femias dosorangutáns. Os xibóns son os maiores expertos deste modo de locomoción, bambeando de rama en rama en distancias de até 15 m e viaxando a velocidades de até 56 km/h.

Réptiles e anfibios

[editar |editar a fonte]
  • presenza degarras en numerosas especies,
  • presenza desedas nos dedos ou nacola,
Caracois gabeando por unha árbore.
  • cola parcialmente prénsil,
  • frecuente presenza dunmimetismo que permite unhacamuflaxe eficaz.
  • aadhesión ou adherencia é unha alternativa ás garras, que funciona mellor en superficies lisas, e que é empregada por moitosréptiles eanfibios,
    • a chamada adhesión seca está moi ben representada polos dedos especializados dasosgas e osGekkoninae, que utilizan asforzas de van der Waals para adherirse a substratos moi lisos, como paredes e incluso de vidro,
    • a adherencia húmida é común enras esalamántigas arborícolas e funciona mediante succión ou adherencia capilar.

Invertebrados

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. arborícolaArquivado 22 de xullo de 2013 enWayback Machine. no dicionario daRAG.
  2. arbóreoArquivado 22 de xullo de 2013 enWayback Machine. no dicionario da RAG.
  3. Cartmill, M. (1985): "Climbing", en Hildebrand, D.et al, eds.Functional vertebrate morphology. Harward: Belknap Press, pp. 73–88.
  4. Jörg Fröbisch & Robert R. Reisz (2009): "The Late Permian herbivoreSuminia and the early evolution of arboreality in terrestrial vertebrate ecosystems".Proceedings of the Royal Society B.Resumo.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arborícola&oldid=7158479»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp