Chámase arame[1] a todo tipo de fío delgado que se obtén por estiramento dos diferentes metais de acordo coa propiedade deductilidade que posúen os mesmos. Os principais metais para a produción de arame son:ferro,cobre,latón,prata,aluminio, entre outros. Porén, antigamente chamábase arame ó cobre e as súas aliaxes debronce e latón. Caracterízase por ser un bo condutor daelectricidade,[2][3] ademais de ser un bo condutor dacalor.[3]
Hai moitos tipos e calidades de arame de acordo coas aplicacións que teñan. Asemade, o diámetro do arame é moi variable e non hai un límite exacto cando un fío pasa a denominarse barra no canto de arame. A principal característica do arame é que permite enrolarse en rolos ou bobinas de diferentes lonxitudes que facilitan a súa manipulación e transporte.[4]
O arame de cobre emprégase para fabricarcables eléctricos, así que o arame máis usado industrialmente é o que se fai de aceiro e deaceiro inoxidable.
O arame normal de aceiro adoita ter un tratamento superficial de galvanizado para protexelo da oxidación e corrosión e tamén hai arame endurecido con proceso derevenimento.
↑Swiger Coil Systems."Edgewound Coils". Swiger Coil Systems, A Wabtec Company. Arquivado dendeo orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 1 de xaneiro de 2011.