Oarado[1] é unapeiro usado enagricultura para preparar a terra parasementar ouplantar. Foi un instrumento básico na historia e representou un dos maiores avances datécnica agrícola. O uso primordial do arado é remover as capas superficiais da terra, permitindo a entrada dos nutrientes e que se meteorice.
Na súa forma básica o arado é un simple madeiro, máis ou menos groso, encurvado,cunha punta endurecida nun dos lados, que arrastrado por unha persoa ou un animal, mentres outra o sostén e empurra, serve para fender a terra. Este tipo simple é denominado en galegocambela, nome que deriva da raíz célticacamb- "curvo".
Arado simple 1. Temón 2. Chavellal e Chavella 3. Rodiña: dispositivo regulador 4. Teiroa ou seita 5. Rella 6. Dentil ou rastro 7. Orelleira ou abeaca
A evolución deste primitivo arado, conduciu para outro máis complexo, denominado comoarado romano. En esencia, consta dun madeiro con punta (dentil,dental,rastro,cabeza,cabazo), outro encurvado para atrás que se pode asir (rabela,rabiza). Ambas partes poden construírse dunha peza única. No extremo do rastro ou cabazo, pode ir unha punta de ferro, denominadarella, polo común . Outra peza, otimón outemón, alongada, une a rabela co instrumento que xongue o animal que deberá arrastrar o apeiro. Na parte onde xongue, o temón ten unha serie de furados (chavellal), que permiten graduar a súa lonxitude coa introdución dunha caravilla ouchavella. O timón e o rastro están unidos aínda por outra peza, vertical, denominada ateiroa outeiró, e taménseita,coitelo eenfesta. Nomes parecidos recibe a coitela que atravesa o timón e que vale para cortar a maleza:seita,coitelo. Nun burato da teiroa, por riba do temón, permite graduar o ángulo a formar entre o temón e o rastro, mediante unhacuña de pau.
A maior innovación do arado romano foi a introdución de dúas táboas ou a súa evolución, de madeira tamén, a cada lado anterior do dentil, que facilitaban apartar a terra segundo se araba, aínda que os primitivos arados romanos carecían delas. O seu nome varía en galego: orelleiras,abeacas, abecas, gueifas ou forcados. Poden levar cuñas para aseguralas ben. Unha peza travesa de madeira pode regular a maior ou menor abertura das abeacas; recibe o nome demeixelo,meixil,pespiñeiro,pezpiñeiro,pezcuño etc.
O arado evolucionou desde asaixadas ousachosneolíticos. Un simple madeiro curvo coa punta endurecida ao lume, para poder fender a terra, e posibelmente arrastrado por seres humanos, foi o antecedente.
A inserción dun madeiro longo, otimón, posibilitou xunguilo a un animal, para o que era obrigado dispor dun xugo ou unha coleira para o animal. Arella é foi o paso seguinte, pois permitía un mellor afondamento na terra, paso que non foi posíbel até aIdade dos Metais.
ParaMesopotamia descríbese un arado evolucionado con dental de madeira, rabiza dupla e timón[2].EnExipto coñécense representacións desde as grandes pirámides dadinastía IV, arredor de2700 a. C. O arado exipcio aparece como moi simple: rabiza e dental dunha única peza de madeira, o timón fixado á base da rabiza por unha corda; en tres mil anos apenas sofre evolucións. O tiro é efectuado por vacas e oxugo é un simple pau traveseiro que pasa por diante doscornos. O labor realizado por este tipo de arados era moi superficial e debía ser completado con traballo deaixada.[3] Mais parece que a falta de desenvolvemento estaba en relación coa bondade do terreo nas marxes doNilo.[4]
O arado grego evolucionou máis, pero carecía de orelleiras. Era de tipo composto, e estaba formado por rabiza, dental e timón, cunha rella de madeira, máis esta a partir do séculoIV a.C. era xa deferro. Porén, isto non impedía quearada tivese que ser repasada con aixada, quizais porque os animais de tiro eranmulas normalmente, xa que ogando vacún, polo menos naGrecia clásica escaseaba, salvo en zonas como oEpiro,Tesalia ouBeocia.[5]
Novidade romana foi a introdución das orelleiras ou vertedoiros, que permitían voltear a terra (porén algúns autores as adxudican tamén aos gregos). O seu arado esixía dúas aradas, a segunda transversal e impuña, en certo modo, campos cadrados. Lograron outros avances.Plinio o Vello cita naGalia un arado con rodas, arrastrado por oitobois, segundoVerxilio dotado de timón curvo. Porén este arado non triunfou, en parte porque a armazón non debía ser suficientemente forte, e en parte polo tipo dexugo de cangas que empregaban, aínda que isto é máis discutíbel.[6]
Charrúa simple medieval, ilustración do Breviario Grimani, ca. 1510.
ParaLynn White Jr. a revolución agrícola daIdade Media iniciouse noséculo VI d. C. cando oseslavos crearon o arado de rodas, que os occidentais adoptaron co nome decarruca. As primeiras mencións seguras atópanse no val dorío Po no643 e naLex Alemanorum do ano720. Posuía unha rella vertical (aseita oucoitela dos nosos arados),orelleiras ou abeacas angulares, e estrutura cuadrangular. Era máis pesado, polo que esixía varios pares de bois ou cabalarías. Este novo arado profundaba debidamente nas terras máis pesadas, con frecuencia limosas, dos países daEuropa central eoriental. Alentaba a asociación do campesiñado, que por si só non podían manter tantos bois, e obrigaba a campos abertos e longos.[7]
Con todo, de por si, este arado non se impuxo por todos os lados de xeito universal. ÁGran Bretaña non chegou até oséculo XI, xunto coa conquista normanda. Tampouco se adoptou naPenínsula Escandinava, aínda que si enDinamarca, nin no sur deFrancia. No extremo occidental daPenínsula Ibérica, naGaliza, está documentado co nome devesadoiro (un derivado do latínaratrum versatorium) a fins doséculo XIII, entre a documentación domosteiro de Sobrado, e como posesión dos monxes.[8] É probábel que fose entón unha novidade introducida polos cistercienses.
Charrúa con tiro de cabalarías. Gravado de Hans Holbein o Mozo, "Danza Macabra", ca. 1540.
A comezos doséculo XVIII opadre Sarmiento veuno ("o vesadoiro, que é arado ancho e grande, con tres rabizas e ten rodas" e "seis ou oito pares de bois"), preto dePontevedra, cando tiña entre dez anos, e fixo unha descrición de como araba: "sendo neno vin bicar unha terra, notei que o suco era unha gabia dunha vara de fondo e do ancho correspondente(...) En canto a raíces todas se arrincan con facilidade con a forza que aplican sete ou oito pares de bois". Cincuenta anos despois, cando pregunta polo "vesadoiro", non atopa resposta, aínda que se decata de que, "terra adentro" aínda se emprega. Sarmiento recolle tamén o uso galego dacharrúa, un directo descendente do francéscharrue, que á súa vez, procede dacarruca altomedieval arriba descrita. Acharrúa galega de mediados do XVIII, que coñece o moxe bieito, carece de rodas. Porén, aíndaHans Schneider, na cuarta década doséculo XX, coñece acharrúa propia, con rodas, naLimia Baixa.[9]
Nos albores daRevolución Industrial, en1730, oinglésJoseph Foljambe innovou o arado mantendo o seu deseño básico, con ou sen rodas. O seu arado foi denominado "arado Rotherham" (polo seu lugar de residencia). Forrou o dental completamente deferro, aínda que o apeiro resultou máis lixeiro que os arados convencionais coñecidos. O arado Rotterham debeu ser o primeiro arado construído en factorías.
En1837, onorteamericanoJohn Deere creou o primeiro arado enteiramente feito deaceiro. Entre tanto, efectuáranse tamén progresos enFlandres desde 1600, que culminaron, a inicios doséculo XIX, noarado brabante, que se estendeu rapidamente porFrancia e outros países europeos. Consistía nunha charrúa de ferro dotada dun par de vertedoiros móbeis, que viraban en sentido contrario, unha á esquerda e outra a dereita, alternativamente, o que permitía abrir mellor osregos ousucos.
Arado con vertedoiros de disco arrastrado por tractor, Estados Unidos, segunda década do XX
As innovacións subseguintes afectaron ao aparello de arrastre. Os primeiros tractores movidos portractores a vapor apareceron na década de1860 nosPaíses Baixos, e na década dos1890, logo da invención domotor de explosión, foi posíbel a fabricación de tractores con motores de gasóleo. Paralelamente foron introducidos novos tipos de vertedoiros, da que a innovación máis rechamante estivo constituída posibelmente por discos xiratorios, que se poden colocar en fileiras diferentes. Estes discos poden ser de deseño distinto consonte as calidades das terras. Porén precisan da subministración de enerxía adicional externa, o que os fai bastantes caros, polo que non están tan espallados como os arados provistos de vertedoiros ou coitelas tradicionais.
↑Vial, Cl.,Léxico de la antigüedad griega. Madrid. Taurus. 1983, s.v. agricultura, instrumentos de-, s.v. ganadería
↑cfr. Plinio,Historia Natural, XVIII, 18; Verxilo,Xeórxicas, I, 174. Cfr. Marc Bloch,La historia rural francesa:Caracteres originales, trad.española. Barcelona. Crítica. 1978, páx. 151-152; cfr. tamén Lynn White Jr.,La expansión de la tecnología, 500-1500, in VV. AA.,Historia económica de Europa:1. La Edad Media. Barcelona, Ariel, 1981, páxs. 155-157.
↑Pallares Méndez, M. C.,El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia medieval. A Coruña. Deputación Provincial. 1979, Ap. Doc., nº 54
↑Pensado Tomé, J.L.,Estudio preliminar, in Martín Sarmiento,Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega. Salamanca. Acta salmanticensia, 72. 1973, páxs. 100-103