Ten dousenantiómeros, D e L, e o máis frecuente na natureza é a L-arabinosa, que é un dos constituíntes dapectina e ahemicelulosa, e pode encontrarse principalmente nagoma arábiga. Esta predominancia do isómero L é unha excepción dentro dos monosacáridos, xa que nestas substancias o normal é que o máis abundante sexa o D. A súaisomería óptica non coincide coa D/L, xa que o isómero D-(-)-arabinosa desvía o plano da luz polarizada á esquerda e o isómero L-(+)-arabinosa desvíao á dereita. A arabinosa éepímero da ribosa no carbono 2.
Ooperón da L-arabinosa é de grande importancia en bioenxeñaría e en diversas técnicas debioloxía molecular[2].
O sistema clásico para a síntese orgánica de arabinosa a partir deglicosa é o proceso coñecido comodegradación de Wohl[3].
Facilita a expresión daproteína fluorescente verde (GPF) usada comobiomarcador en moitos estudos. En organismos transxénicos o xene da GPF comparte unpromotor cun xene para metabolizar arabinosa, polo que o xene da GPF se expresa en presenza de arabinosa.
O seu nome procede do da goma "arábiga", de onde foi illada por primeira vez.