Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Arabia Saudita

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:23°43′00″N44°07′00″L / 23.71667,44.11667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaArabia Saudita
المملكة العربية السعودية (ar)
السعودية (ar)
Kerajaan Arab Saudi (ms)
Arab Saudi (ms)
Kingdom of Saudi Arabia (en)
Saudi Arabia (en)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoAash Al MaleekEditar o valor en Wikidata

Lema«Shahada»Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialFalcón (paxaro nacional)Editar o valor en Wikidata
EpónimoSaud I(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 23°43′00″N44°07′00″L / 23.71667,44.11667
CapitalRiad(1819–)Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación33.000.000(2018)Editar o valor en Wikidata (14,67hab./km²)
Número de fogares4.643.151 (2010)Editar o valor en Wikidata
XentilicioSaudita
Lingua oficiallingua árabeEditar o valor en Wikidata
RelixiónislamEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.250.000 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Pérsico,Mar Vermello eGolfo de AqabaEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoJabal Sawda(pt)Traducir (3.015 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Vermello (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorFounding Leaders of Saudi Arabia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Creación 1727DinastíaCasa de SaudEditar o valor en Wikidata
Evento clave
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta
teocracia
monarquíaEditar o valor en Wikidata
Órgano executivoCouncil of Ministers of Saudi Arabia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataSalmán I(2015–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoprimeiro ministro de Arabia Saudita ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Judicial Council of Saudi Arabia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal868.585.871.465 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaRiyal(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sa eAlSaudiahEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+966Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,911(en)Traducir,999 e911Editar o valor en Wikidata
Código de paísSAEditar o valor en Wikidata

Sitio websaudi.gov.saEditar o valor en Wikidata
BNE: XX455680

Arabia Saudita[1] (enárabe: السعودية,as-Suʻūdiyya), oficialmenteReino de Arabia Saudita (enárabe: المملكة العربية السعودية ,al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado naPenínsula de Arabia. É o segundo meirande dos paísesárabes, detrás deAlxeria, cunha área de 2 150 000 km² que abrangue case toda aPenínsula Arábiga. Fai fronteira conIraq eXordania polo norte,Kuwait polo noroeste,Qatar,Bahrain e osEmiratos Árabes Unidos polo leste,Omán polo sueste e oIemen polo sur. É o único país con costa noMar Vermello e noGolfo Pérsico.

Antes do establecemento doReino de Arabia Saudita, o estado moderno estaba formado por catro rexións distintas:Hejaz,Najd e partes de Arabia Oriental (Al-Hasa) e Arabia Meridional ('Asir).[2] O Reino de Arabia Saudita foi fundado en 1932 porIbn Saud; el uniu os catro reinos nun só estado nunha serie de conquistas que comezaron en 1902 coa captura deRiad, o fogar ancestral da súa familia, aCasa de Saud. Dende entón, o estado é unhamonarquía absoluta de liñasislámicas, principalmente baixo a influencia dowahhabismo.[3] Arabia Saudita é chamada "a Terra das Dúas Mesquitas Sagradas", en referencia aAl-Masjid al-Haram (naMeca), eAl-Masjid an-Nabawi (enMedina), os dous lugares máis sagrados do islam. O Reino ten unha poboación de 28,7 millóns, dos cales 20 millóns son sauditas e 8 millóns son estranxeiros.[4][5][6]

Arabia Saudita é o maior produtor e exportador depetróleo do mundo, e controla a segunda maior reserva de hidrocarburos.[6] Debido ós seus recursos enerxéticos, o reino caracterízase pola súa economía de gran crecemento e por ser o único país árabe que forma parte das economíasG20.[7][8] Tamén é destacable que a súaeconomía é a menos diversificada do GCC.[9] O país ten un altoÍndice de Desenvolvemento Humano (IDH).[10] Está gobernado por un "réxime autoritario"[11] e está clasificado como "Non Libre" polaFreedom House.[12] É o cuarto país do mundo en gasto militar.[13][14]É membro activo daConsello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo, daOrganización para a Cooperación Islámica e daOPEP.[15]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Despois da unificación dos reinos deHejaz eNejd, o novo estado chamouseal-Mamlakah al-ʻArabīyah as-Suʻūdīyah (unha transliteración de المملكة العربية السعودية en árabe) polo real decreto de 23 de setembro de 1932 do seu fundador, Abdulaziz Al Saud (Ibn Saud). Normalmente, tradúcese como "Reino de Arabia Saudita" engalego,[1] malia que literalmente tradúcese como "Reino dos Árabes Sauditas".[16]

A palabra "Saudita" deriva do elementoas-Suʻūdīyah no nomeárabe do país, que é unha clase de adxectivo coñecido comonisba, que provén do nome dinástico da familia real do país, osAl Saud (آل سعود). A súa inclusión indica que o goberno do país é visto como unha posesión persoal da familia real.[17][18]Al Saud é unha palabra árabe formada pola inclusión deAl, que significa "familia de" ou "casa de",[19] ó nome persoal dun antergo. No caso de Al Saud, é o pai fundador da dinastía no século XVIII,Muhammad bin Saud.[20]

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Arabia Saudita.
Península de Arabia en 1914.

O estado saudita naceu na Arabia central sobre o1750. Un líder local,Muhammad bin Saud, uniuse ó reformista islámicoMuhammad ibn Abd Al-Wahhab, para crear unha nova entidade política. Durante os seguintes 150 anos, os sauditas loitaron conExipto, oImperio Otomán, e outras familias árabes polo control da península. O estado saudita moderno fundouno o reiAbdul Aziz Al-Saud (tamén coñecido comaAbdul Aziz Ibn Saud).

No1902 Abdul Aziz Al-Saud conquistouRiad, a ancestral capital da dinastíaAl-Saud, que estaba en poder da familia rivalAl-Rashid. Continuando coas súas conquistas, Abdul Aziz someteuAl-Ahsa,Nejd eHijaz entre1913 e1926. O8 de xaneiro de1926 Abdul Aziz Al-Saud converteuse no rei de Hijaz. O29 de xaneiro de1927 conseguiu o título de Rei de Nejd (anteriormente foraSultán). PoloTratado de Jedda, firmado o20 de maio de1927, oReino Unido recoñeceu a independencia do reino de Abdul Aziz (naquel tempo chamadoReino de Hijaz e Nejd). No1932, esas rexións unificáronse tomando o nome deReino de Arabia Saudita.

O novo reino foi un dos países máis pobres do mundo, dependendo da limitada agricultura e dos ingresos das peregrinacións. Porén, en1938 atopáronse grandes reservas depetróleo na rexión de Al-Hasa ao longo da costa dogolfo Pérsico, e o desenvolvemento a grande escala dos campos petrolíferos comezou en1941 baixo a empresa controlada polosEstados Unidos Aramco (Arabian American Oil Company). O petróleo proporcionoulle ao país prosperidade económica e unha influencia política substancial a nivel internacional. A vida cultural desenvolveuse rapidamente, principalmente en Hejaz, que sería o centro para os xornais e a radio. Pero a grande afluencia de estranxeiros para traballar na industria do petróleo aumentou a xa existente propensión cara a xenofobia. Ao mesmo tempo, o goberno fíxose cada vez máis dilapidador e extravagante. Cara a década dos 50 isto levou a grandes carencias gobernamentais e a un excesivo endebedamento externo.

O reiSaud sucedeu no trono ao seu pai tras a súa morte en1953. Porén, xurdiu unha intensa rivalidade entre o rei e o seu medio irmán, opríncipe Faisal, alimentada polas dúbidas na familia real sobre a competencia de Saud. Como consecuencia, Saud foi deposto en favor de Faisal en1964. Arabia Saudita gañou o control do 20% de Aramco en1972, diminuíndo así o control estadounidense do petróleo saudita. En1973 Arabia Saudita levou a cabo un boicot de petróleo contra os países occidentais que apoiaron aIsrael naguerra do Yom Kippur contraExipto eSiria. Os prezos do petróleo multiplicáronse por catro. Faisal foi asasinado en1975 polo seu sobriño, o príncipe Faisal bin Musaid, e sucedeuno o seu irmanastro orei Khalid.

Cara1976 Arabia Saudita converteuse no maior produtor mundial de petróleo. Durante o reinado de Khalid produciuse un progreso económico e social moi rápido, transformando o sistema de infraestruturas e educativo do país; en política exterior desenvolvéronse un fortes lazos cosEstados Unidos. En1979 ocorreron dous eventos que afectaron en gran medida ao réxime de Al Saud, e tiveron unha forte influencia nas políticas internas e externas sauditas. O primeiro foi arevolución iraniana. Temíase que a minoría xiíta naprovincia de Ash Sharqiyah (onde estaban os campos petrolíferos) podía rebelarse baixo a influencia dos seus correlixionarios iranianos. De feito, houbo varios levantamentos contra o goberno na rexión en1979 e1980. O segundo evento foi a toma da Gran Mesquita daMeca por extremistas islámicos. Os militantes involucrados estaban en parte descontentos polo que eles consideraban corrupción e unha natureza anti-islámica do réxime saudita. O goberno recuperou o control da mesquita despois de 10 días e os capturados foron executados. Parte da resposta da familia real foi facer cumprir de xeito máis estrito as tradicionais normas relixiosas e sociais no país (como por exemplo pechando os cines) e dándolles aosulemas un maior papel no goberno.

En1980 fíxose coa totalidade de Aramco. En xuño de1982 o rei Khalid morreu dun ataque ao corazón e foi sucedido polo seu irmán, orei Fahd, que engadiu o título de "Custodio da Dúas Mesquitas Sagradas" ao seu nome en1986. Fahd continuou estreitando relacións cos Estados Unidos e incrementou a compra de equipo militar estadounidense e británico. A gran riqueza xerada polos ingresos do petróleo comezou a ter un grande impacto na sociedade saudita. levou a unha rápida modernización, urbanización, educación pública masiva e á creación de novos medios de comunicación. Estes feitos e a presenza de cada vez máis traballadores estranxeiros afectou enormemente as normas e valores tradicionais sauditas. Aínda que houbo un cambio dramático na vida social e económica do país, o poder político continuou estando monopolizado pola familia real, levando o descontento a moitos cidadáns que comezaron a buscar unha maior participación no goberno.

Nos anos 80 o réxime saudita gastou 25.000 millóns de dólares apoiando aSaddam Hussein naguerra Irán-Iraq. Porén, Arabia Saudita condenou a invasión iraquí deKuwait en1990 e pediu aos Estados Unidos que interviñese. O rei Fahd permitiu aos estadounidense e aliados estar baseados en Arabia Saudita. Convidou ao goberno de Kuwait e a moitos dos seus cidadáns a estar no país, pero expulsou os cidadáns doIemen eXordania debido a que os seus gobernos apoiaron aIraq. En1991 a forzas sauditas interviñeron tanto nos bombardeos sobre Iraq como ba invasión terrestre para liberar Kuwait.

As relación do réxime saudita con occidente comezaron causar unha preocupación crecente entre algúns dos ulemas e estudantes daxaria, e foi un dos motivos que levaron a un incremento do terrorismo islámico en Arabia Saudita, así como a ataques terroristas en países occidentais realizados por cidadáns sauditas.Osama bin Laden era saudita (ata que lle quitaron a nacionalidade en1994). 15 dos 19 secuestradores involucrados nosatentados do 11 de setembro de 2001 eran de nacionalidade saudita. Moitos sauditas, que non apoiaban de ningún xeito o terrorismo islámico, estaban aínda así profundamente descontentos coas políticas do goberno do país.

O islamismo non era a única fonte de hostilidade cara ao réxime. Aínda que agora era extremadamente rica, a economía de Arabia Saudita estaba preto de estancarse. Os altos impostos e un crecente desemprego contribuíron ao descontento, reflectido nun aumento da axitación social e o descontento coa familia real. En resposta, o rei Fahd iniciou un feixe de limitadas "reformas". En marzo de1992 introduciu a "Lei básica", que facía fincapé nos labores e responsabilidades dun gobernante. En decembro de1993 inaugurouse o Consello Consultivo, composto por un presidente e 60 membros (todos elixidos polo rei). A intención do monarca era responder á disidencia ao mesmo tempo que procuraba facer os mínimos cambios reais posibles no status quo como lle fose posible. Fahd deixou claro que non tiña en conta a democracia: "Un sistema baseado nas eleccións non é consistente co noso credo islámico".

En1995 sufriu un derramo cerebral e o príncipe herdeiro,Abdullah, asumiu o papel de rexente de facto, asumindo o día a día do país. Porén a súa autoridade viuse obstaculizada por conflitos cos irmáns de Fahd. Dende os 90 continuaron a verse sinais de descontento e nos anos2003 e2004 houbo unha serie de atentados e violencia armada en Riad, Jeddah, Yanbu e Khobar. En febreiro-abril de2005 houbo as primeiras eleccións municipais no país, na que as mulleres no puideron votar.

En2005 o rei Fahd morreu e sucedeuno Abdullah, que continuou a política de reformas mínimas e de represión das protestas. O rei introduciu varias reformas económicas co obxectivo de reducir a dependencia do país dos ingresos polo petróleo: desregulación limitada, fomento do investimento estranxeiro e privatización. En febreiro do2009 Abdullah anunciou unha serie de cambios no poder xudicial, as forzas armadas e en varios ministerios para modernizar esas institucións. Entre eses cambios estaban a substitución de altos cargos na xudicatura e noMutaween (a policía relixiosa), entrando persoas máis moderadas, e o nomeamento da primeira viceministra muller do país.

Política

[editar |editar a fonte]

A institución principal do goberno de Arabia Saudita é amonarquía. ALei Básica adoptada no1992 declara que Arabia Saudita é unha monarquía dirixida polos descendentes do ReiAbdul Aziz Al-Saud, e que oCorán é a constitución do país, que se rexe no legal polaShari'a. A formación de partidos políticos está prohibida e non se celebran eleccións estatais.

Os poderes do rei están limitados pola Shari'a e outras tradicións sauditas. Tamén debe procurar o consenso da familia real saudita, os líderes relixiosos (ulema) e outras persoas importantes da sociedade saudita. A ideoloxía do estado é oWahhabismo. Esta seita doislam tenta expandirse financiando a construción demesquitas e escolas do Qur'an por todo o mundo. A familia real elixe o rei de entre os seus membros e sempre coa aprobación dosulema.

Debido á enfermidade do reiFahd bin Abdul Al-Aziz a dirección do país recaeu nas mans do seu irmán máis novo, o príncipe herdeiroAbdullah bin Abdulaziz Al Saud que actuou comarexente ata a morte deste o1 de agosto do2005.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Arabia Saudita.
Ecorexións segundo oFondo Mundial para a Natureza. A liña amarela sinala as ecorexións do deserto de Arabia.

Arabia Saudita ocupa un 80% daPenínsula de Arabia,[21] entre as latitudes 16° e 33° N, e as lonxitudes 34° e 56° E. Debido a que a fronteira do sur, que limita cosEmiratos Árabes Unidos eOmán, non está definida con exactitude, o tamaño do país é descoñecido.[21] ACIA World Factbook estima unha área de 2250000 km² e clasifícao no posto 13 dos países meirandes.[22]

A xeografía do país está dominada poloDeserto de Arabia e polo semideserto con escasa vexetación (ver imaxe satélite da dereita). Trátase, de feito, de varios desertos simultáneos que inclúen óRub' al Khali ("Espazo Baleiro") na parte sur do país, o maior deserto continuo dearea con 647.500km2.[23][24] Non hai ningún río nin lago en todo o país, pero si numerososuadis. As escasas terras fértiles atópanse nos depósitos aluviais dos uadis e dosoasis.[23] O principal accidente xeográfico é a meseta central que se ergue abrutamente do Mar Vermello e descende gradualmente ataNejd cara ao Golfo Pérsico. Na costa do Mar Vermello, hai unha estreita chaira costeira coñecida comoTihamah, paralela á cal hai un gran cantil. A provincia suroeste deAsir é montañosa, e nela está oMonte Sawda de 3.133m de altitude, o punto máis elevado do país.[23]

Paisaxe deNejd:Tuwaiq preto deRiad.

Agás a provincia de Asir no suroeste, Arabia Saudita ten unclima árido con temperaturas extremadamente altas durante o día e unha aguda caída durante a noite. As temperaturas medias do verán roldan os 45 °C, pero poden chegar ós 54 °C. No inverno, a temperatura raramente baixa dos 0 °C. No verán e no outono a calor é moderada, con temperaturas medias de 29 °C. As precipitacións anuais son extremadamente baixas. A rexión de Asir difire do resto pola influencia dosmonzóns doocéano Índico, que adoitan producirse entre outubro e marzo. Unha media de 300mm de choivas caen durante este período, o cal se corresponde co 60% das precipitacións anuais.[25]

A vida animal inclúelobos,hienas,mangosta,babuínos,lebres,ratos do deserto exerbos. Aniamis maiores comogacelas,oryx eleopardos eran relativamente numerosos ata a década de 1950, cando a caza con vehículos de motor reduciu a poboación destes animais case á desaparición. Entre as aves destacan osfalcóns (que seon adestrados para a caza), aguias, voitres egangas. Existen diversas especies decobra, moitas delas velenosas, e moitas clases de lagartos. Tamén existe moita variedade de vida mariña no Golfo Pérsico. Entre os aniamis domesticados estáncamelos,ovellas,cabras,burros egaliñas. Como un reflexo das condicións desérticas do país, a vexetación de Arabia Saudita consiste en pequenas herbas e matas que requiren de pouca auga. Hai unhas poucas áreas de herba e árbores no sur de Asir.

División administrativa

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Provincias de Arabia Saudita.

Arabia Saudita está dividida en 13provincias[26] (manatiq idāriyya, – singularmintaqah idariyya). Á súa vez, as provincias están divididas en 118 gobernacións (en árabe: manatiq idāriyya, منطقةإدارية, ). Neste número inclúense as 13 capitais de provincia, que teñen un status diferente como concellos (amanah) gobernados por alcaldes (amin). As gobernacións están divididas en sub-gobernacións (marakiz, sing. markaz).

No.ProvinciaCapital

Provincias de Arabia Saudita
1Al Jawf (ou Jouf)Sakaka
2Fronteira do NorteArar
3Tabukcidade de Tabuk
4Ha'ilcidade de Ha'il
5Al MadinahMedina
6Al QasimBuraidah
7MakkahMecca
8Al RiyadhRiad
9Provincia OrientalDammam
10Al Bahah (ou Baha)cidade de Al Bahah
11AsirAbha
12Jizancidade de Jizan
13Najrancidade de Najran

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Arabia Saudita.

A economía de Arabia Saudita está baseada nopetróleo; un 75% dos ingresos orzamentarios e un 90% das exportacións proveñen da industria do petróleo. É fortemente dependente da man de obra estanxeira, sendo o 80% dos seus empregados do sector privado non sauditas.[27][28] Entre os retos da economía saudita están deter a regresión do PIB per cápita, mellorar a educación para preparar a mocidade como forza de traballo e ofrecerlles empregos, diversificar a economía, estimular o sector privado e o da construción, e eliminar a corrupción e a desigualdade.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Mapa de Arabia Saudita.
    Mapa de Arabia Saudita.
  • Mapa topográfico.
    Mapa topográfico.
  • Tormenta de area sobre o Mar Vermello.
    Tormenta de area sobre o Mar Vermello.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parasaudita.
  2. Madawi Al-Rasheed (2013).A Most Masculine State: Gender, Politics and Religion in Saudi Arabia. p. 65. 
  3. Focus on Islamic Issues – Páxina 23, Cofie D. Malbouisson – 2007
  4. Saudi Arabia profile
  5. "Saudi Arabia Launches New Housing Scheme To Ease Shortage". 
  6. 6,06,1Mehrdad Izady, ed. (2013)."Demography of Religion in the Gulf". 
  7. James Wynbrandt (2004). Infobase Publishing, ed.A Brief History of Saudi Arabia. p. 242.ISBN 978-1-4381-0830-8. 
  8. Soldatkin, Vladimir; Astrasheuskaya, Nastassia (9 de novembro de 2011)."Saudi Arabia to overtake Russia as top oil producer-IEA". Reuters. Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2011. 
  9. "UAE has most diversified GCC economy". 
  10. Human Development Report 2014(PDF). United Nations. 2013. p. 159. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  11. (2013 edition behind paywall)The Economist Intelligence Unit, ed. (2012).Democracy index 2012 Democracy at a standstill(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 20 de marzo de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  12. "Freedom House. Saudi Arabia".freedomhouse.org. Arquivado dendeo orixinal o 02 de agosto de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  13. The Military Balance 2014: Top 15 Defence Budgets 2013Arquivado 24 de setembro de 2015 enWayback Machine. (IISS)
  14. Stockholm International Peace Research Institute (ed.)."The 15 countries with the highest military expenditure in 2013 (table)". Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de abril 2014. 
  15. Middleeastmonitor.com, ed. (7 de novembro de 2013)."The erosion of Saudi Arabia's image among its neighbours". Arquivado dendeo orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  16. Lewis, Bernard (2003).The Crisis of Islam. pp. xx–xxi (Introdución).ISBN 0-679-64281-1. 
  17. Wilson, Peter W.; Graham, Douglas (1994).Saudi Arabia: the coming storm. p. 46.ISBN 1-56324-394-6. 
  18. Kamrava, Mehran (2011).The Modern Middle East: A Political History Since the First World War. p. 67.ISBN 978-0-520-26774-9. 
  19. Wynbrandt,, James; Gerges, Fawaz A. (2010).A Brief History of Saudi Arabia. p. xvii.ISBN 978-0-8160-7876-9. 
  20. Hariri-Rifai, Wahbi; Hariri-Rifai, Mokhless (1990).The heritage of the Kingdom of Saudi Arabia. p. 26.ISBN 978-0-9624483-0-0. 
  21. 21,021,1Stokes, Jamie (2009).Encyclopedia of the Peoples of Africa and the Middle East, Volume 1. p. 605.ISBN 978-0-8160-7158-6. 
  22. "CIA World Factbook – Rank Order: Area".The World Factbook. 26 de xaneiro de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2012. 
  23. 23,023,123,2"Encyclopaedia Britannica Online: Saudi Arabia".Encyclopædia Britannica. 
  24. Vincent, Peter (2008).Saudi Arabia: an environmental overview. Taylor & Francis. p. 141.ISBN 978-0-415-41387-9. 
  25. "Saudi Arabia". Weather Online. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  26. "Saudi Arabia: Administrative divisions". arab.net. Consultado o 21 de setembro de 2008. 
  27. Coy, Peter (16 de xullo de 2014)."Online Education Targets Saudi Arabia's Labor Problem, Starting With Women".Bloomberg Businessweek. Consultado o 26 de setembro de 2014.Saudi citizens account for two-thirds of employment in the high-paying, comfortable public sector, but only one-fifth of employment in the more dynamic private sector, according to the International Monetary Fund (PDF). 
  28. economists "estimate only 30-40 percent of working-age Saudis hold jobs or actively seek work," the official employment rate of around 12 percent notwithstanding. (fonte:McDowall, Angus (19 de xaneiro de 2014)."Saudi Arabia doubles private sector jobs in 30-month period".Reuters. Consultado o 12 de maio de 2014. )

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Arabia SauditaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
 Conflito árabe-israelí  
ParticipantesPersoeirosConflitosDiplomacia / Propostas de paz

Primarios:
Estados e autoridades:

ExiptoExipto
Iraq
Israel
Xordania
LíbanoLíbano
Palestina/Estado de Palestina
Arabia Saudita
Siria
Iemen

Organizacións:

Liga Árabe
Partido Baaz
Al-Fatah
Hamas
Consello Lexislativo
Hesbulá
FPLP
PIJ
OLP

Antigos participantes:

Exército da Guerra Santa
Man Negra
Haganah
Irgun
Lehi
Exército do Líbano do Sur
Mandato de Palestina

Outros:
Estados:

Canadá
Francia
AlemañaAlemaña
Irán
NoruegaNoruega
RusiaRusia
Reino UnidoReino Unido
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Organizacións:

Unión EuropeaUnión Europea
ONUONU

Antigas organizacións:

Unión SoviéticaUnión Soviética
República Árabe UnidaRepública Árabe Unida

Lester B. Pearson
ExiptoHosni Mubarak
República Árabe UnidaGamal Abdel Nasser
ExiptoAnwar Sadat
AlemañaJoschka Fischer
IránMahmoud Ahmadinejad
IránAli Khamenei
IránMohammad Khatami
IránRuhollah Khomeini
Reino de IraqFaisal I de Iraq
Saddam Husayn
Ehud Barak
Menachem Begin
David Ben-Gurion
Moshe Dayan
Levi Eshkol
Golda Meir
Benjamin Netanyahu
Ehud Olmert
Shimon Peres
Yitzhak Rabin
Ariel Sharon
Chaim Weizmann
Abdullah II de Xordania
Hussein I de Xordania
LíbanoHassan Nasrallah
LíbanoFouad Siniora
Mona Juul
Johan Jørgen Holst
Terje Rød-Larsen
Mahmoud Abbas
Yasser Arafat
Salam Fayyad
Marwan Barghouti
Ismail Haniya
Amin al-Husayni
Khaled Mashal
Ahmed Yassin
Folke Bernadotte
Hafez al-Assad
Bashar al-Assad
Idi Amin
Arthur Balfour
Ernest Bevin
Madeleine Albright
Ralph Bunche
George W. Bush
Jimmy Carter
Bill Clinton
Henry Kissinger
Dennis Ross
Cyrus R. Vance

1920 Revoltas de Palestina
1921 Revoltas de Iafa
1929 Revoltas de Palestina
1936–1939 Gran Revolta Árabe
1947 Revoltas de Xerusalén
1948 Guerra árabe-israelí
1953 Operación Shoshana
1956 Guerra de Suez
1967 Guerra dos Seis Días
1968–1970 War of Attrition
1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
1972 Operación Cólera de Deus
1973 Operation Spring of Youth
1973 Guerra do Yom Kippur
1975–1990 Guerra civil libanesa
1976 Operación Entebbe
1978 Operación Lintani
1979 Revolución iraniana
1981 Operación Ópera
1982 Guerra do Líbano
1982–2000 Conflito do Líbano do Sur
1985 Operación Perna de Madeira
1987–1990 Primeira Intifada
1991 Guerra do Golfo
1993 Operación Contabilidade
1996 Operación Uvas da Ira
2000–2005 Intifada de Al-Aqsa
2002 Operación Defensive Shield
2004 Operación Arco da Vella
2004 Operación Días de Penitencia
2006 Conflito de Gaza e Israel
2006 Conflito do Líbano e Israel
2007 Batalla de Gaza
2008-2009 Operación chumbo fundido
2014 Operación Marxe Protectora
2023 Conflito israelí-palestino
2023 Xenocidio de Gaza

Carta de Cambon
Declaración de Balfour de 1917
Acordo Faiçal-Weizmann de 1919
Conferencia de San Remo de 1920
Libro Branco de Churchill de 1922
Libro Branco de 1939
Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947
Declaración de independencia de Israel
Resolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948
Acordos de armisticio de 1949
Carta Nacional Palestina de 1964
Resolución de Khartoum de 1967
Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos de Camp David de 1978
Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Tratado de Paz exipcio-israelí de 1979
Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983
Conferencia de Madrid de 1991
Acordos de Oslo de 1993
Tratado de Paz xordano-israelí de 1994
Acordos de Wye River de 1998
Cume de Camp David de 2000
Cume de Taba de 2001
Iniciativa árabe de paz de 2002
Plan para a Paz de 2002
Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Cume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005
Plan de retirada unilateral israelí
Documento dos prisioneiros palestinos de 2006
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Arabia_Saudita&oldid=7071082»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp