Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Aquitania

Coord.:44°36′N0°00′L / 44.6,0
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAquitania
Aquitaine (fr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoaugaEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 44°36′N0°00′L / 44.6,0
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia MetropolitanaEditar o valor en Wikidata
CapitalBordeosEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.316.889(2013)Editar o valor en Wikidata (80,29hab./km²)
Lingua usadaErromintxela
lingua occitanaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie41.309 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación4 de xuño de 1960Editar o valor en Wikidata
Disolución31 de decembro de 2015Editar o valor en Wikidata
Sucedido porAquitania-Lemosín-Poitou-CharentesEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-BEditar o valor en Wikidata
Código NUTSFR61Editar o valor en Wikidata
INSEE region code(en)Traducir72Editar o valor en Wikidata

Sitio webaquitaine.frEditar o valor en Wikidata

Aquitania[1][2][3] (enéuscaro:Akitania, enfrancés:Aquitaine, enoccitano:Aquitània, enpoitevino-santoñés:Aguiéne), antigamenteGuyenne ouGuienne (enoccitano:Guiana), é unha das 26rexións de Francia, na parte suroeste da Francia metropolitana, ao longo doocéano Atlántico e os montesPireneos.

O nome da rexión provén do nome da antiga provincia romana deAquitania ou "país das augas". NaIdade Media foi un reino e máis tarde un ducado, cunhas fronteiras considerablemente meirandes que os modernas. A súa capital éBordeos.

A raíz dareforma territorial de 2014 fusionouse coas rexiónsPoitou-Charente eLemosín para formar a rexiónNova-Aquitania.

Historia

[editar |editar a fonte]

Provincia romana

[editar |editar a fonte]
A provincia romana de Aquitania

Durante a conquista romana daGalia porXulio César, chamouse Aquitania ao territorio ao sur doGarona, habitado por un pobo de xinetes que o propio César cualifica de afín aosiberos. Segundo algunha teorías o topónimo pode derivar da palabra latina para xineta:equites, ou derivan de "aqua" (auga) pola abundancia de balnearios, como por exemploDax (Aquae Tarbellicae).

O César encargou a Crasus someter a Aquitania, tarefa que foi rematando pouco a pouco. Finalmente no ano27 a.C. aGalia dividiuse en tres provincias: aGalia Aquitana (con capital enBurdigala), aGalia Celta e aGalia Belga. Noséculo II a parte sur converteuse na provincia deNovempopulania (ouAquitania Tertia) separada do resto daGallia Aquitania. O resto dividiuse en dúas provincias:Aquitania Prima (ao nordeste con capital aBourges) eAquitania Secunda (noroeste con capital a Burdigala ouBordeos).

No ano297Diocleciano dividiu á Galia en 120 cidade repartidas en 17 provincias. A Novempopulania tiña 12 cidades. Ocupada polos visigodos o412 o reiWalia (415-418) fixo recoñecer á Aquitania Secunda polo emperadorFlavio Honorio.

Idade Media

[editar |editar a fonte]

Durante aAlta Idade Media foi o territorio ampliado o que levou o nome de Aquitania, incluíndo a cidade deTolosa. Esta Aquitania foi primeiro entregada aosvisigodos, despois conquistada polosfrancos e finalmente estruturada como Ducado independente. A rexión ao sur doGarona recibía entón o nome deVasconia (de onde procedeGascuña) e permaneceu independente, uníndose logo aoDucado de Aquitania. Finalmente o Ducado de Aquitania e Vasconia acabou cedendo á presión dos francoscarolinxios tras a invasión musulmá.

O nome de Aquitania caeu posteriormente en desuso, sendo substituído por outros comoGascuña, ao sur do Garona, ouGüiena ao norte. Recentemente foi recuperado para denominar unha rexión da República Francesa que abarca parte de Gascuña e todo oPaís Vasco Francés baixo a súa xurisdición.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Praia de Arcachon, nasLandas

Aquitania ten unha superficie de 41.400 km2, o que supón o 7,6% da superficie total de todo o estado francés, ocupando o cuarto posto en superficie de entre tódalas rexións de Francia.

Limita ao suroeste polo ríoBidasoa que a separa dePaís Vasco e polomar Cantábrico dende a desembocadura do río Bidasoa até a do ríoAdur , ao oeste poloocéano Atlántico dende a désembocadura do río Adur até o estuario daGarona , zona coñecida popularmente de cara ao turismo como a Costa de Prata (Côte d'Argent). Ao sur, está limitada polosPireneos, que a separan deAragón eNavarra.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Aquitania ten unha Poboación 3 119 778, sendo a sexta rexión máis poboada. Isto xunto a súa grande extensión fai que teña unha densidade de poboación relativamente baixa de 76 hab/km2, o que o fai ocupar o posto número dezaseis nas rexións francesas por densidade.

As cidades máis importantes son (entre paréntese poboación en2006):

Administración

[editar |editar a fonte]

O Consello rexional de Aquitania está composto por 85 membros e encárgase de facer e aplicar na rexión as leis feitas e aprobadas polo goberno central deParís. Porén, non ten ningún tipo de poder lexislativo independente nin operatividade propia.

CandidatoPartidoPrimeira volta%Segunda volta%
 Alain RoussetPS-PRG-Verdes516,39238,42%769,89354,87%
 Xavier DarcosUMP-CNIP247,23218,40%469,38633,46%
 Jacques ColombierFN153,85911,45%163,73111,67%
 François BayrouUDF215,79616,06%--
 Jean Saint-JosseCPNT96,9257,21%--
 Annie GuilhametPCF-MRC58,4854,35%--
 Martine MailfertLCR/LO55,2154,11%--
Total1,343,904100,00%1,403,010100,00%

Departamentos

[editar |editar a fonte]

Dentro da Rexión de Aquitania atópanse cinco departamentos:

Economía

[editar |editar a fonte]
Casa tradicional Vasca noIparralde, ao sur de Aquitania

En2001 oPIB cifrábase en 63,8 miles de millones de euros, sendo un total do 4,4% da riqueza do estado, colocando á rexión no sexto lugar na clasificación francesa.

O sector predominante da rexión é o servizos, que supón un 71,5% do total, seguido pola industria cun 17,1% (por baixo da media francesa do 20,3%), agricultura 5,9% (unha cifra moi alto en comparación co resto do estado, que é do 2,8%) e construción 5,5%.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Linguas

[editar |editar a fonte]
Letreiro Bilingüe Vasco-Francés
Place de la Bourse, enBordeos
Artigo principal:Lingua éuscara.
Artigo principal:Lingua occitana.

A parte do francés na Aquitania fálanse outras dúas linguas (tres se se distingue ogascón dooccitano): oéuscaro e ooccitano.

Con respecto aooccitano os dialectos falados na Aquitania son:

Segundo un estudo realizado polo INSEE en1999, os falantes de occitano en Aquitania son 160.600, na súa meirande parte nas zonas rurais, sendo unha cuarta parte deles agricultores. Este mundo agrícola e rural segue sendo unha especie de gardián do occitano naDordoña, onde esta lingua está relativamente máis xeneralizada, nasLandas e nosPireneos Atlánticos.

En canto aoéuscaro é tradicionalmente falado na parte occidental dosPireneos Atlánticos, nas provincias vascas deBaixa Navarra,Lapurdi eZuberoa. NoPaís Vasco Francés ou Iparralde, hai 63.000 falantes adultos de vasco e no resto da Aquitania uns 11.000.

Cómpre destacar que de xeito moi limitado tamén é falado oPoitevin-saintongeais, idioma de Oïl, que se fala no Pays de Gabay, ao norte daGironda, no enclave de Little Gavacherie, e no extremo oeste do Périgord.

Viño de Bordeos

[editar |editar a fonte]

A rexión de Bordeos é fogar dos máis prestixiosos produtores deviño do mundo. Tanto os tintos como os brancos se elaboran aquí. Existen ao redor de 14.000 produtores de viño, 117.514ha de viñedos, 400 comerciantes e un volume de negocio de 14,500 millóns de euros.

A Academia de Viño de Bordeuos foi fundada en1948 pola iniciativa dun grupo de personalidades vinculadas ao negocio da viticultura bordelesa. Componse de corenta académicos entre os cales contan prioritariamente os propietarios das vendimas máis prestixiosas da rexión e tamén dous Académicos franceses, escritores, artistas, científicos e universitarios. Componse tamén de membros asociados que agrupan ao redor de cento dez castelos que producen o máis alto grao de calidade, así como comerciantes e axentes que son a súa prolongación.

A rexión vinícola de Bordeos está dividida en dúas subrexións, incluídas Saint Émilion, Pomerol, Médoc e Graves. Os cinco viños tintospremier cru (catro dende Médoc e unha, Château Haut-Brion, dende Graves), instituídos polaClasificación oficial de vinos de Bordeos de 1855 están entre os máis buscados e caros do mundo:Château Lafite Rothschild,Château Margaux,Château Latour,Château Haut-Brion eChâteau Mouton Rothschild.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraaquitano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed.Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). p. 111.ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed.Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 124.ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Rexións
Rexións de alén mar
Rexións ata 2015
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aquitania&oldid=6778809»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp