Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Apollo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apollo 4
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión:Apollo 4
Rampla de lanzamento:Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe:9 de novembro de1967
12:00:01UTC
Amaraxe:9 de novembro de1967
20:37:00 UTC
30°06′N172°32′O / 30.100,-172.533
Duración:8 h 36 m 59 s
Número de órbitas:3
Apoxeo:188 km (min.)
18.092 km (max)
Perixeo:183 km (inicial)
-74.1 km (órbita final)
Período:88.3 m
Inclinación orbital:32.6°
Masa:Total 73731 kg
Foto da tripulación
Misión non tripulada
Misión non tripulada
Outras misións
Anterior misiónSeguinte misión
Apollo 1Apollo 5

OApollo 4 (tamén coñecido comoApolo-Saturno 501 eAS-501), foi o primeiro voo proba sen tripulación doprograma Apolo, que tivo lugar o9 de novembro de1967 e que usou un lanzadorSaturno V como vehículo impulsor,[1] cuxa terceira fase ía ser posta en marcha, despois de permanecer parada en órbita de aparcamento e ingravidez, para conducir a nave espacial a un punto máximo de afastamento da Terra de 18 340 km. Activouse entón o motor do módulo de mando para que a cápsula alcanzase ao regresar unha velocidade de 40 000 km/h, a mesma que debería levar ao penetrar na atmosfera terrestre e probar os sistemas de protección térmico. O voo foi un éxito técnico.[2]

Este voo debía ser o primeiro lanzamento tripulado, estando previsto o seu lanzamento o 21 de febreiro de 1967.

O 27 de xaneiro de 1967, durante unhas probas simuladas de lanzamento a bordo dunSaturno IB, produciuse un incendio na cápsula de mando no cal pereceron queimados os tripulantesVirgil Grissom (comandante da nave),Edward White e o doutorRoger Chaffee.

O incendio, acaecido cando apenas quedaban 10 minutos para finalizar a conta atrás e tras un simulacro real de 5 horas e 45 minutos, debeuse posiblemente a un curtocircuíto que inflamou a atmosfera de osíxeno puro ao 100%, que unido ao deficiente illamento dos cables, ás tubaxes mal deseñadas e protexidas, a falta de sistemas de evacuación de emerxencia, así como á carencia de sistemas antiincendios e de asistencia de urxencia, produciron a morte dos tripulantes por asfixia.

Na primavera de 1967 aNASA anunciou que a desafortunada misión Apolo IV pasaría a chamarse Apolo 1, que non habería Apolo 2 nin Apolo 3, e que o primeiro lanzamento do Saturno V programado para novembro de 1967 sería coñecido como Apolo 4, e o seguinte sería oApollo 5 coa misión SA-204.

Apolo 4 na plataforma do Complexo de Lanzamento 39 doCentro Espacial Kennedy, o9 de novembro de1967.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Saturn V Launch Vehicle Flight Evaluation Report--AS-501 Apollo 4 Mission"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  2. Brooks (2009),Apollo 4 and Saturn VArquivado 07 de novembro de 2016 enWayback Machine..

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Apollo 4

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Apollo_4&oldid=6224638»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp