| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de outubro de 1906 Boiro, España |
| Morte | 6 de novembro de 1948 O Campo da Rata, España |
| Causa da morte | pena de morte,garrote |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
| Outros nomes | Julián Jorge |
| Actividade | |
| Ocupación | guerrilleiro |
| Partido político | Partido Comunista de España |
| Membro de | |
Antonio Seoane Sánchez, coñecido comoJulián ouJorge, nado enBoiro o13 de outubro de1906 e finado naCoruña o6 de novembro de1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Emigrou a Arxentina cando tiña cinco anos, instalándose no barrio de San Telmo, onde vivían miles de emigrantes galegos. Cando medrou comezou a traballar no xornalLa Prensa. Foi bailarín de tango e directivo daFederación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, o que o levou a relacionarse con moitos galegos do bando republicano, fuxidos da Guerra Civil. En1939 afiliouse aoPartido Comunista de España co propósito de loitar contra a ditadura franquista.
Volveu clandestinamente a España en1943 e logo de fallarlle os contactos establecidos enPamplona eBarcelona onde realizou tarefas de axitación e propaganda, pediu instrución aBuenos Aires e ordenáronlle dirixirse aMadrid. En 1946 chegou a Galicia como responsábel doExército Guerrilleiro de Galicia xunto aJosé Gómez Gayoso.
En 1948,Julián, como era coñecido dentro do Exército Guerrilleiro e no Partido Comunista, foi delatado por un infiltrado na guerrilla, e o10 de xullo agardábao o Xefe do Servizo de Información da Garda Civil no bar “Barlovento” da cidade da Coruña, onde foi detido por axentes da benemérita, xunto coa súa compañeiraJosefina González Cudeiro. O traidor que delatou a Seoane tamén lle facilitou información á policía sobre unha reunión que ía ter lugar a mañá seguinte entre Seoane e Gayoso no domicilio do primeiro, situado no número 23 da rúa Real no centro da Coruña. Cando Gayoso chegou ao domicilio de Seoane foi recibido por axentes que o feriron gravemente cun disparo que lle entrou pola sen e lle saíu por un ollo, conseguiu fuxir pero ao pouco foi detido completamente ensanguentado.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo o 18 de outubro con José Gómez Gayoso,José Bartrina Villanueva,Juan José Romero Ramos,Carmen Orozco Muñoz e outros,[1] foi condenado a morte. Seoane, como Xefe do Exército Guerrilleiro de Galicia e Gayoso, como Secretario Xeral do PCE en Galicia, sendo os máximos responsables, sabían que tiñan poucas opcións de salvar a vida, pero apelaron ás familias para que mobilizasen a opinión internacional e exerceran presión sobre a ditadura franquista e conseguir que lles rebaixen as condenas aos outros condenados. A campaña non deu os froitos agardados e o día 6 de novembro de 1948, ás 7 horas e 45 minutos, Seoane e Gaioso foron executados no garrote vil,[2] sendo soterrados noCemiterio Civil da Coruña, nas tumbas número 98 e 99.